Arte e Ciencia. Balance

Submitted by admin on Mar, 11/26/2013 - 16:32

Dentro do “ciclo Arte e Ciencia” realizáronse: propostas de actividades nas webs, concursos, obradoiros de cúpulas xeodésicas nos centros educativos, xornadas de formación para o profesorado, conferencias e a exposición Arte e Ciencia, que pechamos o pasado día 20 de novembro.

O balance é positivo, pola diversidade de colectivos e número de asistentes –ao redor de mil seiscentos- e pola  satisfacción por contribuír a establecer visións integradas e integradoras que, sen dúbida, propician unha maior comprensión da ciencia e da arte.

Etiquetas

Conferencias de Arte e Ciencia 2013

Submitted by admin on Mar, 11/26/2013 - 16:32

Ademais da conferencia do presidente da RAG o día 4 de novembro, clausuramos o ciclo coa conferencia Estética e Semiótica da Química: formulando con Arte do Profesor da Facultade de Ciencias de Lugo, Marcelino Maneiro no IES Leiras Pulpeiro o día 15 de novembro co motivo do Día da Ciencia en Galego e organizada por IGACIENCIA

IV Día da Ciencia en Galego e entrega de premios, nova “retocada” na prensa

Submitted by admin on Dom, 11/10/2013 - 16:32
A celebración do IV Día da Ciencia en Galego e a entrega de premios do concurso, organizados por IGACIENCIA, son novas que aparecen en El Progreso hoxe, 10/11/2013, aínda que o texto precise ser traducido para poder entendelo e axustalo á realidade:
O presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, lembrou o 50 aniversario dunha exposición bibliográfica sobre ciencia en galego que se celebrara no Círculo das Artes, na conferencia Primeiras manifestacións científicas formuladas en Lingua Galega, para celebrar o IV Día da Ciencia en Galego organizado por IGACIENCIA; 

Etiquetas

Gañadores e gañadoras dos concursos do IV Día da Ciencia en Galego

Submitted by admin on Ven, 11/01/2013 - 16:32

Os premios entregaranse no salón de actos da Deputación de Lugo, o día 4 de novembro, día da Ciencia en Galego, ás 12 horas, antes da conferencia do presidente da Real Academia Galega, D.Xesús Alonso Montero.

Premiados/as

Do IES Xoan Montes, a alumna Yesica Fernández Ramos de 1º de BAC, Presentado polo departamento de deseño: 1 premio

Carmen, profesora de Física e Química no CPI Fonte Díaz de Touro, presenta tres traballos das súas alumnas:

Etiquetas