Agregador de novas

A Xunta aposta por un modelo de orientación laboral apoiado nas TIC

códigocero - Ven, 09/01/2017 - 20:03

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, durante a inauguración do Curso de Posgrao de Especialización en Orientación Laboral, que se realizou no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia destacou a aposta da Xunta por contar cun modelo de orientación laboral aberto e apoiado nas TIC.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria apoia esta iniciativa formativa dentro do escenario da Axenda 20 para o Emprego en Galicia co obxectivo de impulsar unha mellora da orientación e os servizos para as persoas demandantes de emprego e as empresas. Trátase de ir cara a un modelo de orientación laboral aberta, moi centrada no uso das TIC como ferramenta esencial tanto para o traballo en rede do persoal como para a interacción coas persoas orientadas na súa procura de novas oportunidade de emprego.
Tal e como explicou Marnotes, a Xunta potenciará tamén a atención personalizada a empresas e a formación continua do persoal técnico.
Durante este curso, impulsado polo Consorcio para o desenvolvemento de aplicación de xestión universitaria, as 60 persoas matriculadas accederán a 650 horas de formación tanto presencial como teleformación nas que coñecerán os conceptos e metodoloxías de traballo máis importantes e novidosos aplicables á orientación laboral.

Categorías: Ciencia

Nature videos help to calm inmates in solitary confinement

Nature - Ven, 09/01/2017 - 19:20

Controversial experiment ignites debate over whether scientific work could be used to justify harsh prison tactics.

Nature News doi: 10.1038/nature.2017.22540

Categorías: Ciencia

Altia implantará unha aplicación web de xestión de expedientes en Patrimonio Nacional

códigocero - Ven, 09/01/2017 - 17:30
Fachada do Palacio Real de Madrid

Altia integrará unha ferramenta web de xestión de expedientes en Patrimonio Nacional. Máis polo miúdo, a empresa galega vén de resultar adxudicataria do proxecto Consultoría tecnolóxica dunha Oficina Técnica de proxectos para a xestión, coordinación e soporte á implantación da aplicación web de Xestión de Expedientes, licitado polo organismo público Patrimonio Nacional para o seu sitio do Palacio Real de Madrid. Segundo informa a compañía que preside Tino Fernández, na resolución tívose en conta a experiencia dilatada da empresa en proxectos de Administración Electrónica e, especialmente, “na implantación de solucións de xestión de expedientes”.
O proxecto consiste na realización dun conxunto de actividades de consultoría tecnolóxica, desde o ámbito dunha oficina de proxectos, para a xestión e soporte de implantación dunha aplicación de xestión de expedientes, denominada WECO.
Segundo explica a compañía galega, entre os seus cometidos principais ao abeiro deste proxecto figura o de xestionar a adaptación ao novo contexto dixital do Palacio Real de Madrid e de todas as persoas involucradas. En palabras da Altia, esta é unha das actividades “máis críticas a realizar”, posto que o cambio cultural que supón a tramitación de expedientes mediante o pleno apoio dunha ferramenta informática de xestión de expedientes, fronte á tramitación dos expedientes de forma tradicional en soporte papel, require “dun forte respaldo de persoal cualificado”.
O obxectivo do proxecto é o de “conseguir a implantación de procedementos administrativos a través do xestor de expedientes WECO”, prestando un servizo de apoio ao equipo de implantación, que permita unha análise exhaustiva das actividades dos procedementos.

Categorías: Ciencia

Daniel Cerqueiro introduce á veciñanza de Redondela na mercadotecnia dixital

códigocero - Ven, 09/01/2017 - 16:16

Daniel Cerqueiro, xerente da empresa galega Abertal e un dos nosos principais expertos en mercadotecnia dixital, vai participar hoxe en Redondela nun obradoiro sobre as metodoloxías máis avanzadas (e útiles) para acadarmos a máxima repercusión en liña cunha campaña empresarial. O Obradoiro Marketing Dixital celebrarase no espazo Startupvila, na Casa da Cultura local, entre as 19 horas e as 21 horas. Lembrar que Dani Cerqueiro, amais de xerente de Abertal, ten impulsado na nosa terra proxectos tan salientábeis como Phottic, o proxecto de memoria dixital nacido de Abertal Networks (hoxe en día operando como start-up e centrando os seus esforzos en recuperar o noso pasado e a nosa identidade, a través de milleiros de fotografías, coa axuda da cidadanía, das asociacións e dos concellos).
No obradoiro, Cerqueiro mostrará aos presentes en que consiste unha estratexia dixital, botando luz sobre as cuestións máis relevantes que atinxen a unha PEME e complementando a súa explicación con exemplos concretos de éxito. A actividade rematará cunha análise das estratexias online dos proxectos daqueles participantes que así o desexen.
Esta xeira formativa dirixida á orientación de emprendedoras/es intégrase nas actividades que a Startupvila de Redondela está a desenvolver ao abeiro do seu período inicial de proba e maduración (datos en PDF). As vindeiras citas serán un encontro con David Pombar (director executivo de SetPay) o día 14 de setembro e un obradoiro (día 13 de outubro) que, baixo o epígrafe Coñece ao teu cliente, correrá a cargo de Paloma Barreiro, manager en SeedRocket. Lembrar que a iniciativa StartupVila de Redondela foi presentada o pasado 11 de agosto pola concelleira de Desenvolvemento Local, Carmen Amoedo e por Sonsoles Castiñeiras e Alexandre Bastos, da empresa OnTheBus, como un “xeito para dar resposta ao grande número de persoas de Redondela con inquedanzas emprendedoras”.

Categorías: Ciencia

O Congreso TADEGa incluirá múltiples obradoiros para reivindicar o espírito maker nas aulas

códigocero - Ven, 09/01/2017 - 16:16

A asociación TADEGa, plataforma galega a prol das novas tecnoloxías diversas e inclusivas, vén de achegar máis datos (programa, obradoiros) sobre a que será unha das grandes xuntanzas tecnolóxicas da tempada: a quinta edición do Congreso TADEGa, a celebrar os días 20 e 21 de outubro baixo o obxectivo de visualizar e defender metodoloxías e recursos para acadarmos un panorama educativo-dixital que non deixe a ninguén fóra. Haberá, entre outros moitos, obradoiros sobre gamificación, sobre creación de contidos coas tabletas ou sobre robótica nas aulas. O nexo común de todas estas actividades será un compromiso conxunto a prol das capacidades de cada quen: diferentes pero complementarias maneiras de reivindicar o espírito do “faino ti mesmo”, ou sexa, o espírito maker.
Como sinalamos recentemente, a nova edición do evento será unha edición especial. De feito, TADEGa celebra este ano 2017 o seu décimo aniversario (foi constituída como tal en 2007, establecéndose xa dende ese intre o seu firme compromiso a prol de non deixar a ninguén fóra da Sociedade do Coñecemento). Para celebralo, os seus integrantes queren rematar o ano convocando unha serie de festexos-actividades, entre as que se inclúe o devandito congreso.
O roteiro de celebracións comezará polo tanto en outubro, entre o 20 e o 21, da man da quinta edición do Congreso TADEGa (décimo aniversario), que se vai celebrar na Facultade de Educación da Universidade da Coruña baixo o lema Destino: inclusión educativa e dixital e desenvolvendo o seu programa a través de múltiples obradoiros, todos eles abrindo novos vieiros para facilitar a chegada e afianzamento de tecnoloxías para todas e todos, dende as escolas até os ámbitos académicos e profesionais.
O Congreso TADEGa comezará o venres 20 ás 16.30 horas, coa recollida de documentación, e proseguirá ao día seguinte durante toda a xornada. Incluiranse os seguintes obradoiros:
· Creación de contidos nas tabletas. Con Avelino Correa de creAPPcuentos.
· Dalle ao Dado. Con Susana Lamela e Ana Mariño.
· #Soy Visual. Con José Manuel Marcos Rodrigo de Arasaac e a Fundación Orange.
· Gamificación e atención á diversidade. Con Aitor Barbosa.
· Impresión 3D e diversidade funcional: Diversidade Impresa. con Paz Freire.
· Monta o teu Robot, escornabot, de Aula. Con Xabier Rosas de Bricolabs.
· Arduino Echidna. Con Xabier Rosas de Bricolabs.
· MyGame, Pictodroid e a linguaxe natural. Co equipo ACCEGAL.
· ABP e robótica nas aulas: Babot. Con María Nimo de DISMEDIA.
· Método CODES: lectoescritura na diversidade motriz. Con Javier Martin Betanzos.
· Robótica Educativa e DIY: Eiro. Con Marcos Alonso de Neukos Robotic.
· Faino ti: BricoPictos e outras adaptacións. Con Cuca da Silva de Por Dereito.
· Xoguetes adaptados de Terapia ocupacional de Coruña.
· Pictoeduca de Pictoaplicaciones.com e a Fundación Barrié.
· Prácticas restaurativas: diversidade e convivencia. Con Rafael Pérez de Lis Nieto e Ana Pérez Figueroa da Asociación Arela.
· Hablar y Signar. Con Manuel Gómez Villa e Fco. Javier Soto Pérez da asociación Divertic.
Máis citas para conmemorar os dez anos de actividade
A segunda parada de TADEGa este ano será a oitava convocatoria co Congreso TecnoNEEt, que se celebra entre o 30 de novembro e o 2 de decembro, en Murcia, xirando arredor da tecnoloxía accesíbel e inclusiva e facendo fincapé nos logros e nos desafíos que esta loita a prol da accesibilidade implica.
A terceira parada será a segunda edición do II Startup Weekend EDU Galicia, previsto para os días 15, 16 e 17 de decembro, en Santiago, baseándose boa parte do seu programa en mostrar as achegas máis innovadoras das nosas novas empresas en materia de novas tecnoloxías aplicadas ao ámbito docente.

Categorías: Ciencia

Volcanic views, stalking storks and the ephemeral eclipse

Nature - Ven, 09/01/2017 - 12:57

August’s sharpest science shots, selected by Nature ’s photo team.

Nature News doi: 10.1038/nature.2017.22544

Categorías: Ciencia

Chega Xeoclip, a canle en galego para formar aos nosos vindeiros xeólogos

códigocero - Ven, 09/01/2017 - 10:43

Fan falta iniciativas de divulgación científica en galego a través das redes, inspirándonos en parte no éxito do proxecto Unicoos impulsado por David Calle? A resposta é un “si” sen fisuras, e máis se temos en conta a importancia que lles dan aos servizos de comunicación dixital as novas xeracións. Servizos como por exemplo YouTube. Por isto e por outras razóns, dámoslle a benvida a Xeoclip, unha nova (e innovadora) canle educativa dende a que se están a lanzar vídeos explicativos sobre xeoloxía e ciencia. A proposta vén da man dos profesores Xacobo de Toro e Adela Otero.
Segundo puidemos saber a través do xornal Que pasa na Costa, o xermolo do proxecto está nunha licenza de estudos da Consellería de Educación e, antes diso, na constatación do poder de influencia das redes e dos contidos dixitais entre a nenez e a mocidade. Non só poder comunicativo, senón tamén divulgativo. A actividade audiovisual do profesor de Toro (IES Urbano Lugrís, de Malpica) estase a publicar baixo licenza de atribución Creative Commons (reutilización permitida) e xa deu como resultado (a día de hoxe) 14 vídeos, aos que se suman as pezas previas de Xacobo de Toro ao abeiro do Plan Proxecta Meteoescolas. En Xeoclip están a tocar múltiples facetas e aspectos relacionados co estudo da xeoloxía, como por exemplo a estrutura interna da Terra, os recursos para estudar a actividade sísmica, a teoría da deriva continental o o estudo das placas tectónicas.

Categorías: Ciencia

How labs are coping with Hurricane Harvey's devastating floods

Nature - Ven, 09/01/2017 - 00:04

Advance planning has kept some Texas facilities safe during the unprecedented storm.

Nature News doi: 10.1038/nature.2017.22542

Categorías: Ciencia

Artificial warming trial reveals striking sea-floor changes

Nature - Ven, 09/01/2017 - 00:04

Researchers deliberately heated up a slice of the Antarctic sea bed to see how ecosystems responded.

Nature News doi: 10.1038/nature.2017.22543

Categorías: Ciencia

Doubts raised about gene-editing study in human embryos

Nature - Ven, 09/01/2017 - 00:04

Alternative explanations challenge whether CRISPR-Cas9 technique actually fixed a genetic mutation as claimed

Nature News doi: 10.1038/nature.2017.22547

Categorías: Ciencia

Cómo adquirieron las ballenas su gran tamaño

Investigación y Ciencia - Ven, 09/01/2017 - 00:00
Una nueva teoría relaciona su gigantesco tamaño con el cambio en la disponibilidad de alimentos durante las glaciaciones.
Categorías: Ciencia

O catálogo dixital da Biblioteca de Lugo recibiu máis de 8.900 visitas

códigocero - Xov, 08/31/2017 - 23:28

A Biblioteca Municipal de Lugo vén de facer balance da súa actividade en 2017. Entre os datos de meirande relevancia figuran os 10.000 préstamos realizados entre xaneiro e xuño ou as 186 novas altas de usuarios. Segundo engadiron os responsábeis da Biblioteca, o centro conta cun fondo de 38.350 exemplares, dos que 31.956 son libros, 14.151 infantís e xuvenís e 17.805 de adultos; 4.535 documentos audiovisuais; 1.361 documentos sonoros e 501 documentos electrónicos. Hoxe, o número de persoas usuarias inscritas no servizo de préstamo son 12.132, das cales 10.768 son adultos e 1.364 nenos e nenas. Polo que atinxe ao catálogo dixital, que permite realizar consultas e reservas de fondos a través de Internet, recibiu máis de 8.900 visitas, o 46% delas de 12:00 a 18:00 horas.
Segundo lembra o Concello de Lugo, ao devandito catálogo dixital pódese acceder dende http://biblioteca.lugo.gal e a través da web municipal. O acceso xeral ao catálogo, para o que non é preciso estar rexistrado, permite a visualización dos resultados de cada busca cos datos bibliográficos do documento e ofrece ligazóns sobre os seus autores e materias. A maiores do devandito, os usuarios con cartón de lector dispoñen de servizos como a recepción de mensaxes relativas a reservas, devolucións e informacións de interese; a visualización do histórico dos préstamos realizados; ou a renovación dos préstamos, sempre que non estean atrasados ou non posúan reservas.

Categorías: Ciencia

A Deputación da Coruña reproducirá en 3D as escalinatas de Mariñán

códigocero - Xov, 08/31/2017 - 22:55

Sen dúbida unha das grandes xoias arquitectónicas galegas é o Pazo de Mariñán, situado no concello de Bergondo e declarado Conxunto Histórico-Artístico dende 1972. Este fito do barroco galego é ademais un dos edificios oficiais da Deputación da Coruña, cuxo actual equipo de Goberno quere mostrar pór en valor os seus principais e máis senlleiros elementos. Como por exemplo as escalinatas do edificio, datadas no século XVIII e, en palabras da entidade provincial, “unha das pezas de maior singularidade e calidade artística do conxunto de Mariñán, e que distinguen ao edificio doutros pazos da nosa terra”. Para reivindicalas (e lucilas) a Deputación anunciou o compromiso de empregar as máis avanzadas técnicas de dixitalización. Con este fin, sacou a licitación a contratación dun servizo de escaneado láser para realizar unha reprodución en tres dimensións (3D) das escadas.
A tecnoloxía que se aplique, informa a entidade provincial, posibilitará a creación de imaxes dixitais de gran calidade “mediante unha nube de puntos, que posibilitarán visualizar cada compoñente da escalinata desde tódolos ángulos e posicións”. Ademais, a Deputación engadiu que as imaxes tridimensionais resultantes, alén de preservar documentación gráfica do estado actual da escalinata, servirán para “vindeiros labores de restauración, limpeza e arranxos puntuais”.
Como dixemos, as escadas principais de Mariñán data do século XVIII e están construídas por enteiro en granito. Inclúen unha manchea de gravados, esculturas e elementos ornamentais de gran valor artístico e histórico, incluíndose 14 bustos labrados en pedra, todos eles diferentes entre si, que se sitúan sobre as pilastras que delimitan cada treito das balaustradas. Segundo lembra a entidade provincial, “a función ou o significado concreto dos bustos de Mariñán considérase unha das cuestións máis enigmáticas do conxunto; algunhas estruturas parecen representar monxes, indios americanos, aztecas e persoas con vestimentas de diferentes épocas, pero non se sabe a ciencia certa a que personaxes representan”. Estes detalles e outros moitos elementos singulares, unido á necesidade de amosalos, reivindicalos e preservalos, están na orixe do proxecto que vén de impulsar a Deputación. “A calidade das esculturas”, explica a entidade, “fan aínda máis necesaria a documentación exacta das características de cada busto, facilitando así o seu estudo e que non se perdan os trazos únicos das pezas”.

Categorías: Ciencia

Red.es e a BNE xa dixitalizaron dous millóns de páxinas en 2017

códigocero - Xov, 08/31/2017 - 22:54

Red.es e a Biblioteca Nacional de España (BNE) veñen de anunciar novos avances en materia de dixitalización e divulgación de coleccións. Segundo informou a entidade público-empresarial, ao longo deste ano en curso un total de 3,3 millóns de páxinas de monografías modernas e antigas, manuscritos, incunábeis e obras gráficas dos fondos da Biblioteca Nacional de España (BNE) poranse a disposición dos usuarios a través da Biblioteca Dixital Hispánica. Esta actuación, que conta cun orzamento de 826.430 euros, enmárcase nun convenio de colaboración para o período 2015-2018, que no seu día rubricaron Red.es e a BNE. Dos 3,3 millóns de páxinas que se van abordar este ano, case 2 millóns xa están dispoñíbeis.
O acordo xeral no que se insiren os traballos anunciados hoxe está dotado de cinco millóns de euros, abranguendo a posta en marcha de novos sistemas de información para a xestión, captura, depósito, indexación, acceso e difusión de contidos, así como un sistema de preservación a longo prazo para as publicacións web capturadas por medios automáticos, para as publicacións transferidas á BNE por outros medios (e-books, revistas electrónicas, etcétera), e para o fondo dixitalizado da Biblioteca.
Os 3,3 millóns de páxinas previstas para ao seu tratamento e divulgación ao longo deste 2017 divídense en 1,5 millóns de páxinas de monografías modernas, 800.000 de monografías antigas, 1 millón de páxinas de manuscritos, incunábeis e post incunábeis, e outras 25.000 de material gráfico e orixinal de belas artes e cartografía. O acordo proseguirá en 2018 cun volume análogo de documentos.
Segundo informa Red.es, da colección de monografías modernas xa é posíbel consultar (en dominio público) obras de autores como Apeles Mestres, Miguel de Unamuno, Ramón Mª del Valle-Inclán, Pedro Muñoz Seca, Federico García Lorca ou Ramiro de Maeztu.

Categorías: Ciencia

Convocadas cinco licitacións públicas para desenvolver tecnoloxías baseadas en UAV

códigocero - Xov, 08/31/2017 - 10:59

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) está a informar ao detalle das novas oportunidades de compra pública innovadora a nivel europeo que se nos abren en materia de UAV, drones e tecnoloxías análogas e complementarias. Segundo lembra GAIN, o Diario Oficial da Unión Europea (DOUE) publicou hoxe as cinco primeiras licitacións para a compra de solucións tecnolóxicas innovadoras baseadas no uso de Vehículos Aéreos non Tripulados (UAV polas súas siglas en inglés) para mellorar a prestación de determinados servizos públicos. O importe total das contratacións ascende a 7.250.000 euros. Poderán presentarse entidades ou consorcios ata o vindeiro 27 de setembro. Os pregos están dispoñíbeis xa nas webs de GAIN e da Civil UAVs Initiative.
Ademais, a axencia lembra que se vai celebrar unha xornada a mediados de setembro para explicar os pregos e facilitar a colaboración entre as entidades interesadas en participar. Estas contratacións enmárcanse no contexto do Polo Tecnolóxico e Industrial de avións non tripulados de Rozas e están financiadas con cargo a un convenio de colaboración co Ministerio de Economía, Industria e Competitividade, co-financiado a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). “O seu contido”, informa GAIN, “é resultado dun proceso de consultas ao mercado que durou máis dun ano e no que interviñeron máis de 200 entidades (entre empresas, centros tecnolóxicos, centros de investigación e as consellerías da Xunta de Galicia)”.
En concreto, as solucións que se licitan son: un xestor de conxunto de datos xeorreferenciados obtidos por UAV; a adquisición, mantemento e automatización de bases topográficas e cartográficas mediante medios aéreos non tripulados; o seguimento das dinámicas de ocupación do solo e axuda á planificación territorial mediante o uso de vehículos aéreos non tripulados; o reforzo da seguridade marítima da frota pesqueira galega e das actividades de seguimento da súa actividade mediante o uso de vehículos aéreos e mariños non tripulados e a automatización de mostraxes oceanográficas mediante vehículos non tripulados.

Categorías: Ciencia

Volven en setembro os obradoiros de SmartPEME con 32 actividades novas

códigocero - Xov, 08/31/2017 - 10:18

A Deputación de Pontevedra, logo de presentar os resultados acadados pola súa rede SmartPEME ao longo deste último ano (uns resultados moi salientábeis tanto en número de accións de asesoramento como de participantes), retoma a actividade da mesma este mes de setembro. E faino con 32 novos obradoiros TIC a desenvolver durante catro semanas e na media de ducia de centros de operacións cos que conta SmartPEME: Pontevedra, Vigo, Porriño, Ponteareas, Cambados e Lalín. Polo que atinxe a Pontevedra, serán cinco actividades, todas elas no Edificio Administrativo da Deputación e en horario de 19.00 horas. A primeira desenvolverase o martes 5 de setembro e celebrarase baixo o seguinte epígrafe: Seguridade informática: conceptos básicos.
O xoves 7 impartirase A túa información sempre á man: almacenamento na nube. O seguinte mércores, día 13, A túa páxina web en menos de 90 minutos, ao que lle seguirá o venres 22 Imos chamar á porta da túa clientela: posicionamento SEO. Por último, o xoves 28 de setembro, desenvolverase o obradoiro Aprende a xestionar o teu negocio con follas de cálculo.
Polo que respecta a Vigo, incluirá as seguintes actividades: o mércores 5, A túa información sempre á man: almacenamento na nube, seguido de Como utilizar Instagram para promover a túa empresa o seguinte martes día 12. A seguinte semana, desenvolveranse Seguridade da información: protexe o teu smartphone o mércores 20 e Emprego de vídeos nas redes sociais: Youtube, Periscope… o venres 22. Para rematar, o luns 25 desenvolverase o obradoiro que leva por título Unifica a xestión das túas redes con Hootsuite. Lembrar que a oficina SmartPEME de Vigo está emprazada na sede da Deputación da cidade, na Rúa Oporto, nº 3.
Polo que atinxe á oficina de Ponteareas, acollerá os seguintes obradoiros: o martes 5, Plataformas online para crear o teu e-commerce. O xoves 7 será a quenda de Facebook Ads, que dará paso o mércores 13 a Promove o teu negocio: mercadotecnia sectorial. O venres 15 seguiralle Seguridade informática: conceptos básicos e, por último, o xoves 21 desenvolverase Fotografía de vehículos para a súa venda online. A oficina de Ponteareas, no Centro de Desenvolvemento Local, atópase en Lomba do Cruceiro, nº 5.
A oficina do Porriño acollerá os seguintes obradoiros: o mércores 6 Mostrario virtual: a fotografía é o produto no medio en liña. O seguinte martes, día 12, A túa páxina web con Wordpress. Rendibiliza o teu perfil profesional aumentando seguidores en Facebook desenvolverase o xoves 14 de marzo, ao que lle seguirá Xestión da túa empresa: Facturación e ferramentas integradas o luns 18. Despois, Como facturar electronicamente para as empresas e administracións públicas chegará o venres 22 e, a última quenda, será a de Promove o teu negocio: mercadotecnia sectorial o mércores 27. A oficina SmartPEME do Porriño, no Multicentro do concello, atópase na rúa Ribeira, s/n.
No que respecta a Cambados, todos os cursos celebraranse no Centro ExpoSalnés en horario de 19:00 horas. O luns 4 de setembro, A túa páxina web con WordPress. O xoves 7 impartirase Google Analytics: Iniciación á analítica web. O martes da semana seguinte, día 12, Xestiona o teu negocio desde o teléfono móbil, ao que lle seguirá o mércores 20 A túa información sempre á man: almacenamento na nube e, xa por último, o mércores 27 de setembro, desenvolverase o obradoiro Redes sociais para a empresa: é Twitter a túa solución?.
Por último, os obradoiros de Lalín terán lugar no Viveiro de Empresas do Polígono Lalín 2000. As quendas para o mes de setembro son as seguintes, todas elas en horario de 19:00 horas: o martes 5 de setembro, A túa páxina web en menos de 90 minutos. O luns 11 impartirase Imos chamar á porta da túa clientela: posicionamento SEO. O seguinte mércores, día 13, Deseña sinxelamente imaxes abraiantes e profesionais, ao que lle seguirá o martes 19 Rendibiliza o teu perfil profesional aumentado seguidores en Facebook. A seguinte quenda será a de Vén descubrir que son e para que serven as redes sociais o xoves 21 e, xa por último, o venres 29 de setembro, desenvolverase o obradoiro Xestiona o teu negocio desde o móbil.
O Proxecto SmartPEME
SmartPEME é un novo modelo de servizo orientado á mellora competitiva das PEME e á procura dunha melloría nas vendas e na eficacia e eficiencia das tarefas, que abre novos eidos de actuación e acada novos grupos de interese coma os emprendedores, as asociacións empresariais e os axentes de dinamización en concellos.
O devandito obxectivo, nas oficinas do Porriño, Cambados, Pontevedra, Lalín, Ponteareas e Vigo abrangue seguintes actividades: itinerarios de obradoiros temáticos con diversos niveis de dificultade adaptados ás necesidades das empresas, eventos de networking trimestrais coa participación de profesionais de prestixio, colaboración con asociacións e promoción de alianzas institucionais, especialización sectorial dos asesores en función das necesidades da súa área de influencia, kits de asesoramento en novas tecnoloxías a emprendedores, identificación e difusión das necesidades TIC aos provedores de solucións para as PEME e, tamén, impulso de novas carteiras de servizos de asesoramento.

Categorías: Ciencia

María Yáñez e Juan Lesta amosan en Sadurniño os segredos dos memes e dos móbiles como ferramentas audiovisuais

códigocero - Xov, 08/31/2017 - 10:04

O Concello de San Sadurniño segue adiante coas súas xeiras divulgativas de traballo arredor dos novos xeitos de crear audiovisual e facer coñecemento. Materializadas nas Chanfaina Labs, estas xeiras chegan esta fin de semana á súa cuarta edición, abranguendo dous obradoiros e dúas charlas na Casa da Xuventude. Os dous obradoiros desenvolveranse o venres, o primeiro deles a partir das 10.00 e contando coa presenza da xornalista transmedia e investigadora en múltiples eidos dixitais María Yáñez, quen exporá (entre outras cousas) as metolodoxías a seguir para facer un meme que deixe pegada nas redes (ou sexa, un concepto ou contido multimedia, principalmente humorístico, que teña a capacidade de estenderse en Internet e nas ferramentas de comunicación dixital).
Pola tarde, a partir das 16.30 horas, o realizador Juan Lesta mostrará como montar un vídeo usando unicamente unha tableta ou un móbil. Para inscribirnos nalgunha das prazas dispoñíbeis para estas actividades teremos que chamar ao 616 332 919 ou enviar un correo á conta agustin.perez@sansadurnino.gal.
Segundo nos lembra o Concello de San Sadurniño, María Yáñez é a responsábel do Laboratorio Audiovisual de Innovación e Creación (o LAIC) impulsado recentemente pola Concellaría de Culturas da Coruña. Antes diso foi guionista para distintos programas da TVG, directora durante unha etapa do xornal dixital Vieiros, co-fundadora da empresa A Navalla Suíza, co-impulsora, entre outros proxectos, da desaparecida Flocos.tv e da web Fálame de San Sadurniño. Na súa intervención nos Chanfaina Labs, titulada Folclore dixital: o uso cultural dos memes, os microvídeos e os gifs animados, poderemos coñecer a fondo a orixe e a gramática destes contidos virais e aprenderemos tamén algunhas bases prácticas para producir as nosas propias pezas e crear memes que poidan funcionar a nivel local.
Na sesión da tarde, o realizador Juan Lesta ofrecerá un curso acelerado de edición de vídeo usando dispositivos móbiles. Segundo informa o Concello, a idea é prepararnos para tirar o máximo proveito do potencial creativo destes trebellos: “Cámaras de alta definición, procesadores ultrarrápidos, pantallas hiperluminosas e cristalinas, e centos de aplicacións converten o móbil non só nun fantástico elemento de captura de imaxe, senón tamén nun estudio de edición e posprodución co que elaborar vídeos de calidade fantástica para publicalos de inmediato nas redes, para compartilos con familia e amizades ou para velos na casa”, explica a organización do obradoiro sobre as posibilidades que se abren co mesmo, lembrando tamén que para participarmos nel deberemos dispor dun móbil intelixente ou unha tableta compatíbel con Premiere Clip (ou sexa, cos sistemas operativos iOs 8.1 ou Android 4.4) e espazo e memoria de abondo para poder traballar con vídeo.
Juan Lesta, pola súa banda, é especialista en imaxe e en formación relacionada coa posprodución dixital. Participou canda Belén Montero no primeiro Chanfaina Lab, con quen (precisamente) fundou Esferobite, xermolo dunha manchea de documentais, videoclips e cursos como o de San Sadurniño desta fin de semana. Lesta-Montero impartiron recentemente o Noroeste Videocamp como acción que vencellou a música e o audiovisual no Festival Noroeste Estrella Galicia, no marco do programa Coruña Dixital.
O sábado a xornada estará centrada na gravación de pezas polo territorio e ás 20.00 horas realizarase o pase dunha escolma de curtametraxes portuguesas producidas en contextos rurais coma o de San Sadurniño. A proxección presentaraa o realizador luso Carlos Viana e a entrada é libre.
Por último, o domingo celebrarase unha clase maxistral ofrecida polo director galego Óliver Laxe ás 17.00h. na Casa da Cultura. Laxe (gañador do Gran Premio da Semana da Crítica en Cannes co filme Mimosas) achegará unha ollada á creación audiovisual do rural galego desde a súa andaina creativa como director independente e cun marcado compromiso social.

Categorías: Ciencia

Reprogrammed cells relieve Parkinson's symptoms in trials

Nature - Xov, 08/31/2017 - 01:57

Monkeys implanted with neurons derived from stem cells showed sustained improvement after two years.

Nature News doi: 10.1038/nature.2017.22531

Categorías: Ciencia

Constrúen unha Polaroid de imaxes GIF

códigocero - Mér, 08/30/2017 - 23:00

Aínda que pode parecer absurdo, non son poucas as persoas que ao introducirse nos últimos anos no mundo da Internet teñen dificultades para entender conceptos como que non poden imprimir imaxes animadas en formato GIF (conservando a animación), pero hai quen ten imaxinación dabondo para superar tal atranco, e o argalleiro Abhishek Singh conseguiu facer realidade a Instagif NextStep, unha modificación dunha clásica cámara fotográfica Polariod OneStep que en vez de disparar fotografías que se revelan automaticamente no seu cartucho inclúe unha pequena pantalla que simula ser unha fotografía Polaroid animada.
Os interesados poden ver todo o proceso de creación desta cámara capaz de disparar imaxes GIF, aínda que o cartucho só ten batería dabondo como para funcionar uns 20 minutos fóra da cámara (por ter que contar cunha batería o suficientemente pequena para integrala nun cartucho de Polaroid).
Para facer realidade este proxecto empregáronse distintos elementos baseados en Raspberry Pi tanto na cámara como no cartucho, de xeito que por un lado constrúese unha cámara baseada en hardware libre e, polo outro temos unha pequena pantalla de 2,8 polgadas para amosar as imaxes animadas captadas.
Estamos ante unha creación moi intelixente, na que conséguese recrear dun xeito revolucionario un produto clásico, facendo uso de elementos relativamente doados de conseguir e cun resultado final que deixa a calquera coa boca aberta.

Vídeo de presentación da Instagif NextStep

Categorías: Ciencia

Skeleton plundered from Mexican cave was one of the Americas’ oldest

Nature - Mér, 08/30/2017 - 21:34

Rock-encased bone shard left behind by thieves allowed researchers to determine that the remains are probably more than 13,000 years old.

Nature News doi: 10.1038/nature.2017.22521

Categorías: Ciencia

Páxinas

Subscribirse a IGACIENCIA lector de novas