Agregador de novas

As Termas e o Concello de Lugo presentan a segunda edición do concurso de innovación Wonderful

códigocero - Mar, 04/10/2018 - 23:38

As Termas Centro Comercial e o Concello de Lugo presentaron na mañá deste 10 de abril a segunda edición do seu certame conxunto de innovación, o concurso Wonderful. Segundo fixeron saber, a nova convocatoria do certame vai dirixida a apoiar unha vez máis a posta en marcha (da man de empresas ou persoas de Lugo) de iniciativas que marquen un antes e un despois (no económico, no produtivo pero tamén no social) na contorna da que xorden, a lucense. Ou sexa, que do que se trata é de recoñecer o esforzo dos lucenses a prol de dar forma a cadansúa visión de futuro empresarial. A iniciativa foi dada a coñecer pola concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico de Lugo, Ana Prieto, e o xerente do Centro Comercial As Termas, Esteban Patiño.
As propostas candidatas poden participar en catro categorías diferentes. A primeira é a de Solucións Innovadoras para tendas e centros comerciais; a segunda, Solucións Innovadoras que melloren a calidade de vida do cidadán con respecto á súa cidade (Smart Cities); a terceira é a de Negocios ou tendas innovadoras, e a cuarta, Ideas Innovadoras.
Segundo informaron, as tres primeiras están concibidas para empresas ou startups que traballan con innovación nos ámbitos das Cidades Intelixentes, as vendas ao por maior (retail) ou do comercio. A última diríxese sobre todo a emprendedores e universitarios con ideas de negocio innovadoras en calquera ámbito e coa posibilidade de plasmar os seus proxectos ou mesmo participar mediante os seus traballos de fin de grao.
Os gañadores conseguirán un conxunto de premios orientados a axudarlles nas fases iniciais, grazas aos patrocinadores e impulsores de Wonderful: Bstartup de Banco Sabadell, BizSpark de Microsoft, El Economista, IBM, a Universidade Francisco de Vitoria ou Indra. Os premios terán unha contía de 5.000 euros en metálico que entregará Lar España (propietaria, precisamente, do Centro Comercial As Termas), unha entrevista nun medio de comunicación do eido estatal, o acceso a financiamento bancario e investimento privado, axudas de software e novas tecnoloxías, consultoría estratéxica, formación e asesoramento personalizado. Ademais, os gañadores das categorías de innovación en retail participarán no Wonderful Summit 2018, presentando os seus proxectos no segundo Encontro Nacional de Innovación en Centros Comerciais e Retail que se celebrará en xullo de 2018.
Na cita de hoxe tamén se lembrou que Wonderful desenvólvese en Lugo grazas ao impulso de As Termas que, xunto co Concello de Lugo e outras entidades locais, colaboran no fomento da innovación na provincia. “Este tipo de iniciativas son clave para axudar ao desenvolvemento económico e social da nosa cidade e o das empresas ou emprendedores que están a innovar, xa que toda axuda é importante nos difíciles momentos iniciais”, sinalou Esteban Patiño.
Desde este 10 de abril e até o 31 de maio os emprendedores ou empresas poderán participar, presentando os seus proxectos de negocio a través do portal www.proyectowonderful.es.

Categorías: Ciencia

As historias de Instagram estrean modo retrato

códigocero - Mar, 04/10/2018 - 22:30

Coa chegada das cámaras duais aos móbiles púxose de moda a función de enfoque selectivo ou desenfoque de fondo, que en todos os casos é un efecto realizado en base a software, de xeito que non é preciso contar con dobre cámara para aplicalo, e como proba diso temos que Instagram está a estrear na súa cámara a función de Focus, un novo modo de disparo que funciona tanto coa cámara traseira como coa frontal e que permite enfocar a unha persoa á vez que desenfoca suavemente o fondo. Este efecto pode empregarse tanto para disparar fotografías como para gravar vídeo, e cando o usuario remata pode tamén engadir filtros, adhesivos ou texto como en calquera outra historia.
A función de Focus está presente ca nos iPhone SE, 6S, 6S Plus, 7, 7 Plus, 8, 8 Plus e X, así como nun número limitado de dispositivos con Android. Para poder gozar da funcionalidade temos que ter a versión 39.0 ou superior da aplicación de iOS para iOS ou Android.
Outra novidade que estrea Instagram é que agora en iOS será posible facer uso de adhesivos nos que mencionar a outros usuarios, facilitando así o conectar con amigos a través das historias.

Categorías: Ciencia

O Campus de Ourense celebrará a súa LAN Party entre o 3 e o 6 de maio

códigocero - Mar, 04/10/2018 - 21:30
Imaxe da pasada edición da LAN Party ourensá

A programación da cuarta edición da Ourense ICC Week, que organiza a Deputación de Ourense, xa está pechada e entre os eventos que inclúe está unha nova edición do encontro informático que cada ano se celebra no campus, e que nesta ocasión leva leva o nome de ICC Technium R Encounter, estará acompañada por unha actividade que xirará arredor da competición de videoxogos e deportes electrónicos chamada ICC eSports.
A ICC Technium R Encounter, organizada pola Asociación Sectorial de Estudantes de Enxeñaría Informática coa colaboración da Escola Superior de Enxeñaría Informática e a Vicerreitoría do campus, desenvolverase desde o día 3 até o día 6 de maio no pavillón de deportes universitario. Contará con catro grandes torneos de League Of Legends, Counter Strike Global Offensive, Hearthstone e Super Smash Bros Brawl e entregará 4.000 euros en premios de torneos ou noutras actividades lúdicas dentro da quedada. A entrada ten un custo de 25 euros que inclúe unha inscrición gratuíta aos torneos e acceso a todo o recinto e ás actividades. Tanto o rexistro como a inscrición poden realizarse a través da web do evento.
O ICC eSports tamén se celebrará no pavillón do campus de Ourense desde o día 5 de maio ás 10:00 horas ata o día 6 de maio ás 15:00 horas. Dentro desta celebración os torneos que se disputarán serán FIFA 18, Clash Royale e GT Sports, podendo participar xente de fóra da ICC Technium R Encounter. O torneo de Clash Royale dividirase en varias modalidades, sendo unha delas un torneo profesional invitacional por equipos no que se darán cita os mellores clubs a nivel estatal, como Valencia CF Esports, Giants, Movistar Riders, Teamqueso, Artic Gaming ou Team Heretics, e no que se repartirán máis de 4.000 euros en premios. O torneo de FIFA 18, no que participarán 128 persoas, terá como premios para o primeiro clasificado unha PlayStation 4, para o segundo un mando de PlayStation 4, e para o terceiro unha tarxeta PSN de 20 euros. No torneo de GT Sports poderán participar 32 persoas e os premios deste torneo serán un Thrustmaster T-GT para o primeiro, unha tarxeta PSN de 50 euros para o segundo, e unha tarxeta PSN de 20 euros para o terceiro clasificado.

Categorías: Ciencia

Telefónica proba o 5G para a condución autónoma e o consumo de contidos

códigocero - Mar, 04/10/2018 - 19:44

Telefónica presentou hoxe en Talavera de la Reina o primeiro caso de uso de 5G cun minibús eléctrico EZ10 de condución autónoma, o que supón o fito inicial do proxecto Cidades Tecnolóxicas 5G presentado pola operadora o pasado xaneiro. Trátase a primeira demostración 5G en facer uso da banda 3,5 GHz en mobilidade e consiste nun vehículo eléctrico autónomo da compañía EasyMile no que se instalou un terminal 5G de Ericsson e a plataforma de CarMedia Solutions para gozar de contidos multimedia, servizos dixitais e de aplicacións de oficina virtual durante o traxecto. A cobertura 5G achegouse a través dunha unidade móbil de Telefónica onde se despregou unha antena 5G de Ericsson.
Con este caso de uso móstranse as capacidades do 5G mentres discorre a condución autónoma, en concreto a alta capacidade de transferencia de datos e ultra baixa latencia a través da descarga en streaming de contidos de alta definición; a creación dunha contorna de traballo no vehículo con aplicacións de oficina virtual e a asistencia á condución remota a partir da análise e procesado dos datos de telemetría enviados por vehículo autónomo en tempo real.
Os pasaxeiros puideron gozar de contidos de produción propia de Movistar+ e de contidos turísticos xeorreferenciados de Talavera de la Reina grazas á plataforma CarMedia. Deste xeito, a medida que o vehículo autónomo ha avanzado pola cidade, ofreceuse na pantalla unha experiencia multimedia inmersiva contextualizada coa contorna: onde comer, puntos de interese turísticos e mesmo onde comprar. Por último, a solución integrou servizos dixitais orientados ao mundo empresarial en mobilidade, como o acceso a unha oficina virtual ao simular unha contorna de traballo remoto.
Esta experiencia permite anticipar o concepto de quinta pantalla, ideado por CarMedia Solutions. Despois da do cinema, a televisión, o PC e o smartphone, dita pantalla terá sen dúbida un impacto equiparable nas nosas vidas. Estimacións indican que en 2022 existirán uns 10 millóns de vehículos autónomos, moitos deles recollendo pasaxeiros 24 horas ao día, que xerarán entón unha nova audiencia de 200 millóns de horas diarias.
O vehículo eléctrico de EasyMile vai equipado coa tecnoloxía máis avanzada en condución autónoma, integrando numerosos sensores (LIDAR, GPS, videocámaras) que permiten analizar a contorna e crear un mapa tridimensional do mesmo. O vehículo autónomo, ao estar permanentemente conectado, pode xestionarse remotamente permitindo o acceso en tempo real aos seus datos de telemetría internos (sensores, localización extremadamente precisa, velocidade, rango de xiro, etc), de modo que se pode actuar sobre el en calquera instante.

Categorías: Ciencia

Máis dun centenar de profesionais xúntanse en Santiago arredor das tecnoloxías que revolucionan o mundo

códigocero - Mar, 04/10/2018 - 18:30
Os participantes no seminario nunha imaxe de Pablo Candamio (autor de todas as fotos da reportaxe)

O conselleiro de Economía e Emprego, Francisco Conde, e o director xeral da Fundación Gas Natural Fenosa, Martí Solà, inauguraron hoxe en Santiago o seminario Enerxía, Medio Ambiente e Industria 4.0, organizado pola devandita entidade enerxética (en colaboración coa Xunta) no Hotel AC Palacio do Carme. Durante a xornada, á que asistiron máis dun centenar de profesionais, avaliáronse diversos casos prácticos de aplicación da chamada Industria 4.0 no sector enerxético, no tecnolóxico e no da alimentación. Asemade, o conselleiro debullou a estratexia da Xunta ante a chegada da que sería, nas súas palabras, a cuarta revolución industrial. Nun plano máis concreto, os asistentes familiarizáronse estas tecnoloxías interactuando co robot humanoide Pepe da Fundación Gas Natural Fenosa e cunhas lentes de realidade virtual.
Entre as principais conclusións ás que se chegou no seminario figura a seguinte: dixitalizar os procesos de fabricación nas nosas empresas pode mellorar a súa produtividade e a súa xestión enerxética, e na obtención destas vantaxes xogan unha importancia decisiva o noso bo facer ante a información masiva (Big Data) e contarmos coas ferramentas axeitadas para extraerlle o miolo, a cerna. Asemade, xogará un papel crucial o feito de termos coñecementos amplos de robótica colaborativa e realidade virtual.
No evento, Marti Solà lembrou aos presentes que a presenza da Industria 4.0 é “unha realidade para as empresas que cren, entre outros beneficios, que unha mellor xestión enerxética ambiental é posíbel”. Desde a Fundación Gas Natural Fenosa, engadiu, “traballamos para xerar un debate construtivo e incrementar a cultura dixital e impulsar melloras sustentábeis no sector da enerxía”.
Pola súa banda, Francisco Conde, salientou as vantaxes que a Industria 4.0 achega ás empresas “tanto desde o punto de vista da mellora dos procesos produtivos, como da eficiencia e o servizo ao cliente”, e asegurou que aproveitar estas oportunidades non é unha opción, “senón unha obriga para gañarmos en competitividade”.
Durante a xornada tamén falou o director xeral da Fundación ESDI, Antoni Garrell, que abordou os conceptos fundamentais que definen a Industria 4.0 na nosa sociedade, resaltando que “estamos mergullados nunha revolución tecnolóxica que modificou a forma de informar, comunicar, traballar e relacionarnos”. Para Garrell, nesta nova era en que a “Intelixencia Artificial está e estará omnipresente, os procesos produtivos víronse afectados de tal maneira que xa se fala dunha cuarta revolución industrial”. Asemade, lembrou unha das principais características da Sociedade 4.0, que é a de ser ser “tecno-dependente”, un gran ecosistema “onde conviven os nativos dixitais, os conversos dixitais e as persoas analóxicas”.
Blanca Losada, directora de Enxeñaría e Innovación Tecnolóxica de Gas Natural Fenosa, mostrou como se aplican as novas tecnoloxías na Industria 4.0 no sector enerxético, no que destacou o labor da compañía. “Dende a nosa empresa están a impulsarse novas fontes de enerxía como o gas renovábel e os novos modelos de mobilidade e transporte, a partir por exemplo de novas solucións loxísticas do gas natural licuado”. Neste proceso, dixo, “búscase a optimización das tecnoloxías como a realidade virtual aumentada e créanse contornas de desenvolvemento colaborativo como é o caso do Innova Hub de Gas Natural Fenosa”.
Durante a segunda parte da xornada, expuxéronse exemplos concretos das aplicacións da Industria 4.0 en dúas empresas de sectores produtivos en Galicia como son o de alimentación e o tecnolóxico. En primeiro lugar, o xerente do Centro de Produción en Galicia da empresa de bebidas Pernod Ricard España, Víctor Rodríguez-Marqués, explicou o funcionamento da súa fábrica intelixente, amosando como a dixitalización dos procesos “permite a toma automática e en tempo real dos datos da planta de produción”. Logo, o xerente de CO2 Smart Tech, Gustavo Amann, ofreceu a visión da súa empresa, que converteu o seu software de xestión enerxética nun recurso crucial para dar resposta aos factores que afectan os consumos nas industrias. O seu obxectivo é que os datos de valor que fornecen estas ferramentas avanzadas se traduzan en aforro nas empresas e entidades, e xa contan cunha manchea de experiencias de aplicación real que así o corroboran. En palabras de Amann, o xurdir da Industria 4.0 “xorde da necesidade de aumentar produtividade, competitividade e reducir os custos operativos”. Nese sentido, o desenvolvemento das novas tecnoloxías “permiten a medianas e grandes empresas acceder a ferramentas ás que hai poucos anos só podían acceder as grandes industrias”, engadiu.

Categorías: Ciencia

O servizo TIC de padrón municipal da Deputación de Pontevedra xa recibiu 19 solicitudes

códigocero - Mar, 04/10/2018 - 17:04
Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra vén de avaliar a resposta entre os concellos dos novos servizos tecnolóxicos da entidade provincial, servizos destinados a facilitar a xestión e o traballo arredor do padrón de habitantes e das tarefas ligadas á impresión e á dixitalización. Segundo fai saber a entidade que preside Carmela Silva, as catro semanas pasadas dende a presentación dos novos plans provinciais tecnolóxicos para os municipios, xa se recibiron 19 solicitudes de adhesión ao servizo de padrón municipal de habitantes e 49 entidades locais mostraron o seu interese polo servizo de impresión e dixitalización. En concreto, respecto a este último servizo, a titular do Goberno provincial dixo que que “xa entraron por rexistro 30 peticións e outras 19 entidades locais manifestaron a súa intención de presentar a solicitude de maneira inmediata”.
Como lembraremos, o sistema de padrón municipal de habitantes diríxese a emendar os problemas existentes nos concellos á hora de optimizar a axilizar os procesos de rexistro de cidadanía, atrancos que se derivan (principalmente) da heteroxeneidade das solucións implantadas para xestionar o padrón, incluíndo, en palabras da Deputación, “solucións desfasadas con mantementos incorrectos e que non se atopan integradas coa Administración Electrónica”. Para arranxar estas eivas, a Deputación de Pontevedra destinou 500.000 euros e o resultado foi un “servizo cen por cen de balde para os concellos de menos de 50.000 habitantes, que permite migrar os datos existentes nas aplicacións actuais de cada administración local así como integralas na plataforma de Administración Electrónica, facilitando a xestión de expedientes e a realización de trámites municipais, evitando colas e desprazamentos”.
O servizo de padrón, que se ofertará a través dunha nube privada, inclúe tamén formación en cada concello e mantemento correctivo e evolutivo, “co obxectivo de garantir a corrección de incidencias e a actualización e inclusión de novas funcionalidades”, engade a entidade provincial.
A Deputación de Pontevedra tamén informou que o servizo de impresión e dixitalización encamíñase a pór en xogo condicións “máis favorábeis e custos máis competitivos” en relación ás devanditas tarefas. Desta maneira, a entidade que preside Carmela Silva facilita a xestión administrativa dos contratos e unifica o parque de equipos de acordo ás necesidades de cada entidade. De feito, explica a titular do Goberno pontevedrés, “conseguimos un dos prezos máis baixos de todo o Estado”.

Categorías: Ciencia

A Fundación TIC da Deputación de Lugo encherá o rural de cursos tecnolóxicos para maiores

códigocero - Mar, 04/10/2018 - 13:28

A Fundación TIC da Deputación de Lugo anunciou hoxe un importante fortalecemento da súa actividade formativa e divulgativa, un proceso que tamén pon en xogo un relevante reforzamento das súas ramificacións na provincia, abranguendo o rural. Segundo fixeron saber os responsábeis da entidade lucense, esta incrementará nun 60% o número de cursos e obradoiros de novas tecnoloxías para maiores no segundo trimestre do ano, dos que 12 impartiranse na provincia. Os datos foron achegados esta terza feira, martes, polo presidente da Deputación, Darío Campos, durante a presentación da nova programación do InLugo, na que estivo acompañado pola alcaldesa de Lugo, Lara Méndez. O prazo de inscrición xa está aberto en www.fundaciontic.org e en www.deputacionlugo.gal, ou chamando ao teléfono 982 225 186.
Campos Conde subliñou que “como alcalde dun concello pequeno, o da Pontenova, coñezo de primeira man a utilidade das novas tecnoloxías na vida cotiá dos maiores que residen no rural e as posibilidades que ofrece esta ferramenta nas súas relacións con familiares e amigos”. Por iso, engadiu, “este trimestre imos facer un esforzo especial para retomar as actividades do InLugo na provincia”. Desta volta, o programa inclúe 12 obradoiros, maioritariamente de Internet e de uso do móbil, que, segundo fixo saber, son os máis demandados. “A nosa vontade é que, en función dos nosos recursos, cheguemos a toda a provincia en futuras edicións”, engadiu.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o presidente da Deputación, Darío Campos, na presentación dos novos obradoiros

Entre as novidades desta nova tempada, o presidente da TIC destacou “o importante incremento de actividades”. E apuntou: “Neste segundo trimestre haberá 81 cursos e obradoiros, con 1.085 prazas, fronte aos 51 cursos e 713 prazas da edición anterior, o que supón un incremento do 60%. Queremos dar resposta así á alta demanda que hai destas actividades. De feito, vemos como en cada edición as prazas se cobren nas primeiras horas de apertura de inscrición”.
Darío Campos dixo que tamén se están a atender as demandas dos usuarios coa incorporación de novas materias, como por exemplo un curso de Instagram, “unha rede social que está moi de moda e na que os maiores poderán compartir as súas fotos”, ou outro obradoiro de Word que, por primeira vez, estará enfocado á Memoria Dixital, a iniciativa da Deputación para dinamizar tecnoloxicamente as comarcas lucenses a través da recuperación e posta en valor do seu pasado (dixitalizando contidos e todo tipo de materiais achegados pola veciñanza). Segundo explicou o titular da Deputación, a incorporación do curso de Word responde a un interese concreto das usuarias e usuarios de Memoria Dixital, que precisaban de ferramentas que lles permitisen dar conta por escrito das súas historias e anécdotas, que agora poderán engadir ao banco de recordos dixital.
Por outra banda, os cursos con máis demanda, os de móbil, Internet e tabletas, ampliarán o número de horas. Deste xeito, os de móbil e Internet pararán a ser de 4 días, e o de tabletas, de tres. Tamén aumentará o número de cursos de reforzo e os obradoiros de memoria.

Categorías: Ciencia

Laboralia centra a súa nova edición nas ligazóns entre TIC e emprego

códigocero - Mar, 04/10/2018 - 12:52

Esta semana, dende onte, estase a celebrar na Coruña o salón de emprego Laboralia 2018, organizado polo consello social da Universidade da Coruña e coa sede de Afundación como centro de operacións (até esta sexta feira, venres 13). Este ano, incluíuse unha importante novidade que nos colle de preto aos integrantes da “comunidade” Código Cero: a inclusión dun programa especialmente centrado na relación entre as novas tecnoloxías dixitais e o emprego. Esta edición de Laboralia, polo tanto, está a ser un evento especialmente acaido para toda persoa (empresarias/os, emprendedoras/es, profesionais, estudantes, tituladas/os) que queira facer sondaxes de por que vieiros tecnolóxicos vai discorrer o mercado de emprego.
O programa desta convocatoria inclúe obradoiros e unha xornada formativa na que se celebrarán conferencias e mesas redondas. Os relatores dos obradoiros son Yaiza Rubio, primeira muller hacker de España en participar en Def Con & Black Hat en Las Vegas; Álvaro Núñez, máster en Seguridade Informática e membro de Telefónica Dixital España e de Hackers Club Academy; Ángel Hernández, experto en Intelixencia Artificial e desenvolvemento e adestramento de chatbots; Félix Brezo, analista de intelixencia en Eleven Paths; Pablo González, hacker e responsábel de negocio tecnolóxico en Telefónica Digital España e Ignacio Villoch, construtor de ecosistemas de innovación aberta en BBVA.
A xornada formativa, prevista para o día 13 de abril, contará coa presenza de relatores relacionados co ámbito universitario e con Juan Antonio Rosell, director de Talento e Transformación de Everis.

Categorías: Ciencia

Datalawyers asesorará aos creadores de videoxogos adheridos a DEV

códigocero - Mar, 04/10/2018 - 11:46

O despacho de avogados galego Datalawyers, formado por Xosé Manuel Rey Piñeiro e Eva Rivera Fernández, que naceu en 2003 cun enfoque orientado ao dereito nas TIC (aínda que co tempo foi espallando o seu ámbito de actuación á propiedade intelectual, os dereitos de autor, o dereito público, a consultoría de procesos, o dereito empresarial e a elaboración de normativa) vén de asinar un convenio de colaboración coa Asociación Española de Empresas Produtoras e Desenvolvedoras de Videoxgos e Software de Entretemento, DEV, en virtude do que ofrecerase un servizo de balde de resolución de consultas xurídicas aos socios de DEV, que tamén poderán gozar de descontos nos seus servizos xurídicos.
DEV representa ás empresas que desenvolven videoxogos en España, un sector que lidera o lecer a nivel de mercado, pese a que aínda non conseguiu consolidarse como unha industria acorde ao seu volume de negocio, de aí que sexa preciso que os axentes neste dinámico sector en continua innovación teñan que mobilizarse na defensa dos seus intereses, ao que agora contribuirá a firma Datalawyers co seu asesoramento.

Categorías: Ciencia

A nova edición da feira virtual Finde.U terá 120 expositores, 30 máis ca en 2017

códigocero - Mar, 04/10/2018 - 09:41

A Universidade de Vigo vén de facer reconto do acadado até agora, en materia de participación, pola nova edición da Feira Internacional Virtual de Emprego Finde.U, a terceira, que se celebra entre o 16 e o 18 de abril. Segundo fai saber a institución educativa galega, xa se inscribiron 1.200 demandantes de emprego (procedentes sobre todo de ámbalas beiras da raia galego-portuguesa pero tamén doutros países europeos como Francia e Reino Unido, entre outros) e a previsión é acadar os 3.500 da anterior edición. Ademais, está previsto que concorran máis de 120 expositores, 30 máis ca en 2017. Destes expositores, 90 son empresas con necesidades de contratación de persoal, 17 son servizos/puntos de información relacionados con emprego e mobilidade e 12 son espazos de atención dos diferentes países participantes no ámbito da rede Eures.
A feira vén da man das universidades de Vigo, Porto, UTAD (Trás-os-Montes e Alto Douro) e a Universidade Católica Portuguesa – Oporto, en cooperación con IEFP / EURES Portugal e EURES Transfronterizo Galicia-Norte de Portugal.
Segundo informan as entidades organizadoras, a cita da vindeira semana será o primeiro gran acontecemento da fieira Finde.U no ano 2018, acontecemento que se completará cos eventos presenciais que terán lugar no mes de outubro: en Porto, os días 16 e 17, e en Vigo, o 23 e 24 .
En palabras de Alejandro Martínez, director da Área de Emprego e Emprendemento, a feira permite a aquelas persoas egresadas que estean a buscar un emprego, “presentar a súa candidatura a ofertas de traballo e a oportunidades de investigación, coñecer empresas e/ou expertos no mercado laboral dalgúns países europeos e mesmo ser convidado ou convidada a entrevistas de tipo laboral”. A maiores, sinala, “as persoas participantes tamén terán á súa disposición un programa cunha ampla oferta de obradoiros e sesións informativas sobre competencias transversais e desenvolvemento persoal, emprendemento, empregabilidade a nivel europeo, así como presentacións de empresas e institucións sobre as súas necesidades de contratación de persoal”.
Polo que se refire a ofertas de traballo, xa se publicaron preto de 300, dando acceso a máis de 700 empregos. Porén, a maior parte das contribucións iranse publicando ao longo desta semana. “O perfil máis demandado é o tecnolóxico e o sanitario, pero, en xeral, búscanse profesionais cualificados en practicamente todas as áreas, sobre todo nos países nórdicos”, explica o director da Área de Emprego e Emprendemento, engadindo que a nivel internacional as ofertas chegan de países como Reino Unido, Bélxica, Alemaña ou Dinamarca. “Hai moita demanda de especialistas nas diferentes ramas do mundo da enxeñaría (mecatrónica, eléctrica, telecomunicacións...), pero tamén no da medicina, enfermaría e fisioterapia”, informa, incidindo na importante presenza de empresas do sector TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación), do turismo, da saúde e da alimentación.
Entre as firmas galegas que xa achegaran ofertas salientan nomes como Televés, con sede en Santiago de Compostela e máis de 800 persoas no seu cadro de persoal, e Vegalsa-Eroski, con máis de 200 puntos de venta, repartidos ao longo de Galicia, Asturias e Castela-León e 6.000 persoas contratadas.

Categorías: Ciencia

As cámaras de Santiago e Coruña recoñecerán o pulo dixitalizador das nosas empresas

códigocero - Mar, 04/10/2018 - 09:40

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela e a Cámara de Comercio da Coruña, xunto co Banco Santander, veñen de convocar a segunda edición do seu galardón empresarial conxunto, o Premio PEME do Ano, lanzado co obxectivo de recoñecer o labor das pequenas e medianas empresas como “xeradoras de riqueza e creadoras de emprego no desempeño do seu labor cotián”. A segunda edición do recoñecemento, que ten a colaboración de La Voz de Galicia, vén con algunha que outra estrea. Por exemplo, amais do devandito premio, o xurado concederá tres accésit a outras tantas empresas nas categorías de internacionalización, dixitalización e innovación e formación e emprego.
A firma que finalmente sexa elixida PEME do Ano da Coruña concorrerá ao Premio PEME do Ano 2018 de España, que se fallará no primeiro trimestre de 2019.
Poderán presentar a súa candidatura a este premio todas as pequenas e medianas empresas de menos de 250 empregados, cunha facturación anual inferior aos 50 millóns de euros no exercicio 2017 e con sede social na provincia da Coruña.
As empresas interesadas poden consultar as bases publicadas nas páxinas web da Cámara de Comercio de Santiago e a Cámara de Comercio da Coruña. Tamén a través destes espazos en liña poderán cumprimentar o formulario de inscrición aberto até o vindeiro 15 de xuño.
O xurado (composto por representantes das devanditas entidades organizadoras) valorará nas súas deliberacións méritos como a creación de emprego, as accións de formación para os seus empregados, a actividade internacional e as iniciativas de transformación dixital e innovación.

Categorías: Ciencia

La materia y la antimateria: pero ¿dónde está la diferencia?

Investigación y Ciencia - Mar, 04/10/2018 - 00:00
Se busca desde hace mucho una diferencia entre la materia y la antimateria. Una nueva medición lo ha investigado con mayor precisión.
Categorías: Ciencia

¿Por qué la grasa se acumula cuando el reloj circadiano se altera?

Investigación y Ciencia - Mar, 04/10/2018 - 00:00
En ratones, el ritmo interno del organismo regularía la liberación de hormonas que promueven la maduración de las células adiposas. La desregulación del ciclo biológico afectaría este proceso y favorecería la formación de tejido graso.
Categorías: Ciencia

Santiago achegou 38 candidaturas á edición 2018 de Youtubeir@s

códigocero - Lun, 04/09/2018 - 22:50

O certame Youtubeiras.gal, o concurso encamiñado a encher YouTube de vídeos en galego, rematou prazo de presentación de candidaturas o pasado 15 de marzo e, tres semanas despois, logo dos membros do xurado visualizaren as 229 propostas desta edición 2018, xa foron elixidas as 26 propostas que chegarán directas á final. O xurado (composto por Adrián Dios, Anxos Sobriño, Estela Romasanta, Iván Capón e Laura Cruxeiras) e as entidades impulsoras deste certame (os servizos de normalización lingüística dos Concellos da Baña, Ames, Carballo, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago, Teo e O Grove; as Universidades de Coruña, Santiago e Vigo; e da Deputación da Coruña) darán a coñecer as achegas finalmente recoñecidas o 20 de abril, nunha gala no Teatro Colón da Coruña.
Segundo puidemos saber dos datos achegados pola organización do certame, esta edición ten un marcado acento compostelán. Por que motivo? Pois porque Santiago, con 38 candidaturas, é o municipio con máis participantes: 20 inscribíronse na categoría video-facermos, 13 na video-opinarmos e 5 na de canles.
Volvendo ao evento do 20 de abril, lembrar que será presentado pola compañía teatral A Panadaría, ou sexa, polas Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman. O público poderá acceder de balde á gala, tras reservar previamente as súas entradas a través da ligazón da web do Teatro Colón.
Os finalistas desta edición 2018 son:
Categoría de vídeo-facermos
Como escaquearse dunha comida familiar, de As Cousas do Choio.
Descargar vídeo de facebook online, de Xacobo de Toro Cacharrón.
Fart@ de tantas varices, de Chola & Lola.
Categoría de vídeo-opinarmos
• A expedición Balmis e a vitoria da vacinación, de Xacobo de Toro Cacharrón.
As 5 preguntas máis absurdas sobre a Comunidade Xorda, de A Familia Vázquez TV.
Recordos, de Tito FM.
Categoría de canle
• Nubes baixo ti.
• Teño unha horta en San Sadurniño.
• TradiGaita.
Categoría de creatividade
Mascarilla Detox Titorial, de BI Uke,
Os cazapantasmas video-facermos, de Moustache Media Producciones.
Review nostálxica: Discoteca El Bosque, de Edu Fernández.
Categoría de eficiencia comunicativa
Como distinguir as bandeiras LGBT+, de Carolina G.
O galego fermoso (e o que non o é tanto), de Aquel-e.
Videopinarmos || A adopción animal, de Tania Veiras.
Categoría de calidade técnica
Recordos, de Tito FM.
Tempo de decidir, de Nubes baixo ti.
Viaxar, de Aarón Vilariño Figueiras.
Categoría de calidade lingüística
Chaveiro de pompóns – Amigo Invisible, de IES A Cachada Boiro.
Descubrindo as palabras | Encaldabourada. de Anduriña TV.
Reivindicación oceánica, de Xosé Iglesias.
Categoría de proposta youtubeira
Como dar cartos ás agachadas, de As Cousas do Choio.
Fareleiro18 enzoufeime todiña!, de Susanasusue.
Galiza a Eurovisión, de Aquel-e.
Slime faciliño!, de Platicando en galego.
Vídeo denuncia de Bipelo Film.
Máis detalles desta segunda edición
Os galardóns artelláronse este ano, logo da primeira edición de 2017, en cinco categorías: video-facermos, vídeo-opinarmos, canle, creatividade, eficiencia comunicativa, calidade técnica, calidade lingüística e o premio do público. A estes cinco apartados puideron concorrer todas as persoas maiores de 14 anos a través de vídeos de opinión ou videotitoriais autoproducidos en galego subidos a Youtube de xeito independente ou nunha canle.
Na edición presente hai 5.500 euros en premios. Este repartiranse as ditas categorías, que incrementan o seu número con respecto ao ano pasado. O premio do público, chamado #propostayoutubeira, é unha das grandes novidades deste ano. Como temos sinalado dende Código Cero noutras ocasións, a través deste recoñecemento, os membros de Facebook poderán propoñer a través dun comentario no perfil de Youtubeir@s un vídeo do que sexan seareiros/as incluíndo o cancelo #propostayotubeira.
Segundo puidemos saber, a convocatoria 2017 saldouse cunhas importantes cifras de convocatoria, con máis de 200 vídeos presentados da man de internautas de idades comprendidas entre os 17 e os 30 anos. Todas estas pezas salientaron pola súa riqueza temática, tocando temas que oscilaron entre a crítica de cine e as cuestións de actualidade, pasando por titorías con trucos e consellos no ámbito da tecnoloxía, a mecánica ou a cociña. Ademais, lográronse altos niveis de implicación por parte de diferentes asociacións e colectivos, e de persoas de idades moi diversas.

Categorías: Ciencia

A Deputación da Coruña lanza axudas para innovar nas empresas

códigocero - Lun, 04/09/2018 - 22:49
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso

A Deputación da Coruña, no marco do seu Plan de Emprego Local 2016- 2019, vén de convocar axudas para a realización de actividades e actuacións de impulso empresarial. Esta liña (a liña PEL Emprende Actividades) inclúe subvencións para iniciativas innovadoras que sirvan para desenvolver unha empresa e para potenciar a súa competitividade. Entre estas iniciativas inclúense accións de consultoría, titorado, formación ou asesoramento relacionadas coa mellora ou implantación de medidas de responsabilidade social empresarial, mercadotecnia e comunicación, e espallamento de mercados.
“Estas medidas subvencionábeis”, sinala a Deputación”, “van destinadas principalmente a implantar na organización cambios e/ou ideas innovadoras que supoñan unha clara diversificación da actividade da empresa e incidan de maneira positiva nunha mellora na visualización da empresa e na eficacia dos procedementos internos da organización”.
Polo tanto, subvencionaranse os gastos relativos a colaboracións externas para asistencia técnica, gastos externos de auditoría, consultoría, asesoramento, formación e actividades ou actuacións relacionadas con melloras nos seguintes ámbitos: responsabilidade social empresarial, mercadotecnia (márketing) e comunicación, e competitividade e expansión.
As entidades poderán presentar con carácter xeral un orzamento mínimo de gasto de 2.500 € e máximo de 6.000 € (excluído IVE), do cal poderán solicitar, como máximo o 80% polo que o importe máximo da subvención para conceder con carácter xeral é de 4.800 € (excluído IVE), podéndose ampliar até os 5.520 euros no caso de colectivos desfavorecidos ou situados nalgún concello que conte cunha poboación inferior a 20.000 habitantes.
As actividades para desenvolver ao abeiro desta convocatoria deberán ser realizadas entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro de 2018.
As bases reguladoras desta liña pode consultarse no Boletín Oficial da Provincia nº 55 de 21.03.2018 ou premendo na seguinte ligazón bop.dicoruna.es. Para as persoas que queiran recadar máis información sobre esta nova iniciativa de apoios da Deputación da Coruña, teñen todos os datos que poden precisar na web de emprego da entidade provincial, emprego.dacoruna.gal.



Categorías: Ciencia

A galega Boardfy vaise a Silicon Valley da man do Spain Tech Center, que terá presenza en Israel

códigocero - Lun, 04/09/2018 - 19:00

Hoxe presentáronse dúas iniciativas de interese para as empresas galegas que estean concibindo plans de espallamentos. Unha delas é o Spain Tech Center en Israel, unha iniciativa que tende pontes no mundo, dende Oriente Próximo, para empresas innovadores do ámbito estatal. A nova foi dada a coñecer por Red.es e ICEX España Exportación e Investimentos, que tamén informaron de cal será a sede do centro tecnolóxico: Tel Aviv. Por certo que o centro israelí é un novo chanzo do proxecto Spain Tech Center, creado en 2011 polo Goberno español en San Francisco, co obxectivo de “asesorar e acompañar ás empresas españolas no seu acceso ao mercado norteamericano”. A outra nova achegada hoxe é, precisamente, a confirmación dun novo equipo estatal en dirección a California, equipo que no toma parte a viguesa Boardfy, innovadora plataforma de seguimento de prezos en liña.
Segundo confirmaron hoxe, polo STC pasaron xa máis de 700 emprendedores e 500 empresas. Ademais, dixeron as ditas entidades, máis dun 80% das empresas participantes nos programas de inmersión en San Francisco captaron clientes en Estados Unidos.
O novo paso confirmado hoxe, o Spain Tech Center de Israel, basea os seus obxectivos na bonanza tecnolóxica e empresarial que vive o país, un dos máis emprendedores do mundo en materia de novas tecnoloxías e que, ademais, mostra unha vantaxe salientábel para as empresas chegadas de fóra: trátase dun mercado pequeno onde, porén, os novos negocios nacen cunha marcada visión global, “aspecto este de máximo interese para proxectos estatais de alicerce tecnolóxici con necesidade de escalar”. A isto cómpre engadir o feito de que un bo número de corporacións teñan os seus centros mundiais de I+D+i en Tel-Aviv, onde non só desenvolven tecnoloxía propia senón que tamén buscan innovacións.
Rede.es e ICEX achegarán a este novo STC un orzamento total de 600.000 euros para xestionar a participación de empresas españolas a través de actividades de asesoramento, formación e programas de aceleración.
Este anuncio realizouse no marco do programa de inmersión de primavera de STC en San Francisco que comezou hoxe na sede de Red.es. As 10 empresas participantes, entre as que se conta a galega Boardfy, foron seleccionadas por desenvolver un produto ou servizo de alto valor tecnolóxico e con tracción de mercado demostrábel. O dito programa de Silicon Valley, que vai pola súa sétima edición, inclúe formación (do 9 ao 10 de abril nas instalacións de Red.es) e dúas semanas intensivas de obradoiros especializados, sesións con empresas emblemáticas, reunións con investidores e eventos de networking (do 23 de abril ao 4 de maio de 2018 en San Francisco).
A relación de startups seleccionadas é a seguinte:
· Boardfy: (martech/ mercadotecnia dixital / comercio electrónico) é unha ferramenta para o seguimento de prezos de competidores en liña que permite automatizar o proceso de fixación de prezos en función do comportamento do mercado.
· Checkealos: (experiencia de usuario / mercadotecnia dixital) é unha plataforma de análise e optimización da experiencia de usuario e coñecemento do cliente.
· Ecertic: (identidade dixital / biometría / ciberseguridade) abrangue ferramentas de contratación electrónica, identidade en liña e sinatura dixital con garantía legal.
· JVSP: (e-learning) é unha plataforma de ensino en liña que promove a conversación e participación dos usuarios.
· Last Mile: (transporte / cidades intelixentes) é unha plataforma de optimización do transporte de última milla.
· ShopAdvizor: (mercadotecnia dixital / analítica de datos) é unha comunidade en liña que interconecta consumidores, tendas e marcas, na que os consumidores proban novos produtos de forma gratuíta a cambio de achegar a súa opinión e de xerar contido de valor.
· Valeet: (transporte / turismo) é unha aplicación móbil de servizo de aparcacoches nos aeroportos.
· Wallbox: (transporte / coche eléctrico) adícase á fabricación e comercialización de solucións de carga de baterías de vehículos eléctricos e híbridos.
· Wenalyze: (fintech / insurtech) trátase dunha erramenta de análise dos perfís de risco dos clientes de bancos e aseguradoras, dos seus estilos de vida e dos seus trazos de personalidade.
· Woom: (saúde / benestar) é unha aplicación móbil que axuda ás mulleres a ficar grávidas.

Categorías: Ciencia

O Anti-Phishing Working Group alerta no CITIC da nosa falta de expertos en ciberseguridade

códigocero - Lun, 04/09/2018 - 17:30

O Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade de A Coruña, xunto coa Facultade de Informática, acolleu a semana pasada o Ciclo CyberCoruña 2018, no que se deron cita diferentes profesionais do sector da ciberseguridade e se puxo en valor a aposta da UDC por unha formación e investigación aplicada en ciberseguridade. Zoriana Dmytryshyna é a directora de Comunicación e Proxectos de APWG (Anti-Phishing Working Group), unha coalición de diferentes empresas e organismos dedicados á seguridade informática, e artífice da campaña STOP. THINK. CONNECT., a prol da concienciación da sociedade en materia de ciberseguridade.

-En 2018 haberá máis ciberataques que en 2017?
-O ano 2017 foi moi intenso en ataques masivos e con gran repercusión, pero temos que ter en conta que cada día ocorren ataques e non todos están nas primeiras páxinas en medios de comunicación. Polo tanto, 2018 non será unha excepción, continuarán tanto por motivos políticos e espionaxe como por motivos económicos ou industriais, pero tamén máis enfocados ás infraestruturas críticas.

-Que podemos aprender dos últimos grandes ataques?
-Puxeron en relevo a necesidade de concienciar aos empregados e contar cunha boa formación de ciberseguridade nas empresas, porque o factor humano é o máis determinante na prevención dos ciberataques. É recomendable preparar un plan de evacuación ou protocolo de reposta en caso de ciberataque e organizar simulacros de ciberataques para adestrar aos empregados. Mellor investir na formación dos empregados que pagar polas consecuencias dunha nula prevención. Ningunha empresa está libre de ser atacada, pero a combinación dunha boa formación dos empregados e un ecosistema tecnolóxico axeitado minimizará as consecuencias de calquera ataque.

-Que sectores empresariais sofren máis phishing?
-Segundo o noso último informe (APWG Phishing Attack Trends Report - 4Q 2017) que publicamos en febreiro deste ano, sofren máis phishing os provedores de servizos de pago, por exemplo PayPal, tamén os provedores de SAAS/webmail, as institucións financeiras e Cloud Storage & File Hosting.

-España é un dos países que máis ciberataques recibe cada ano. A que cres que é debido?
-Nos últimos anos os ciberataques afectan máis aos países que están menos preparados para defenderse. Neste sentido, España sofre a falta de profesionais expertos en ciberseguridade para protexerse no cibercampo.>

-Cres que a sociedade está concienciada no ámbito da ciberseguridade? Tanto a nivel empresarial como individual.
-Por desgraza, falta concienciación fronte ao cibercrime, e non só no ámbito empresarial, senón que tamén individual. A xente segue vendo os delitos dixitais como algo afastado que non lles afecta. Coa nosa campaña de concienciación, STOP.THINK.CONNECT, tentamos ensinar tanto a mozos como a maiores sobre ciberhixiene e ciberseguridade. Ningún particular nin empresa están libres de perigo.

-Deberiamos investir en educación para protexernos contra os ciberataques ou para evitar que se produzan?
-Sen dúbida, temos que investir na educación non só en profesionais en ciberseguridade, senón tamén en instruír e concienciar a usuarios dixitais sobre ciberseguridade e a importancia de sermos conscientes dos perigos que existen no mundo dixital. Sempre miramos aos dous lados da estrada cando cruzamos a rúa, nunca damos a nosa información bancaria a un descoñecido que pregunta nunha cafetería; así mesmo temos que comportarnos no espazo dixital, sempre con coidado e precaución.

Categorías: Ciencia

Ardán brinda en formato descargábel a súa base de datos empresarial de 2016

códigocero - Lun, 04/09/2018 - 13:47

O sistema de información empresarial do Consorcio da Zona Franca, Ardán, puxo hoxe a disposición do público, en formato descargábel, a base de datos que recolle as 20.000 maiores empresas de Galicia con datos identificativos e económicos do exercicio 2016. Esta base de datos pódese adquirir desde a páxina www.ardan.es, no seu apartado de compra en liña. O produto, que sae a un prezo de 99 euros, permítenos, en palabras do Consorcio, “realizar unha manchea de filtros sobre a mostra de empresas, ben sexa por nome da sociedade, datos económicos, sectoriais, xeográficos, etc”.
Ademais, posibilítanos para facermos escolmas de fichas de empresa e listaxes, con datos cen por cen exportábeis a Excel, “o que deixa marxe para traballar con eles en calquera computador, nun formato descargábel con software de manexo doado para a contorna Windows”.
Nos datos que se proporcionan de cada empresa tamén se fai constar se ten algún dos indicadores Ardán de mellores prácticas empresariais e outros indicadores.
Para quen non o saiba, sobre o alicerce dos datos empresariais contidos nesta mostra de empresas os técnicos do servizo de información empresarial Ardán, coa colaboración por primeira vez este ano da Cátedra Ardán da Universidade de Vigo, elaborarán nos vindeiros meses o Informe Económico e de Competitividade de Galicia 2018, cuxas fichas reflectirán novamente as 10.000 empresas de meirande facturación da nosa terra.


Categorías: Ciencia

Gas Natural Fenosa lévanos esta semana ao miolo da Industria 4.0

códigocero - Lun, 04/09/2018 - 13:17

Meternos de cheo na Industria 4.0 e nas novas tecnoloxías para mellorar a xestión das empresas galegas é o gran obxectivo do seminario que vai organizar esta semana en Compostela a Fundación Gas Natural Fenosa en colaboración coa Xunta de Galicia. Na actividade divulgativa e formativa, que se desenvolve no Hotel AC Palacio do Carme este 10 de abril, analizaranse os conceptos que definen a Industria 4.0, que xa se coñece como nova revolución industrial polos moitos elementos que marcarían un antes e un despois entre os xeitos de producir do noso pasado recente en relación cos do futuro máis inmediato (poderíase dicir que este presente no que vivimos é o punto de inflexión).
Tocaranse, deste xeito, cuestións como a Internet das Cousas, a impresión 3D, a análise de datos masivos (Big Data), a intelixencia artificial, a robótica colaborativa ou a realidade virtual.
No foro Enerxía, Medio Ambiente e Industria 4.0 darase a coñecer “como a dixitalización acelerada dos procesos de fabricación, pode mellorar a produtividade e a xestión enerxética das empresas galegas. Logo, exporanse casos prácticos de aplicación no sector enerxético e no da alimentación.
A xornada, que contará coa participación do director xeral da Fundación Gas Natural Fenosa, Martí Solà e o co conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Xunta de Galicia, Francisco José Conde, desenvolverase a partir das 09:00h no Hotel AC Palacio da Carmen (rúa Oblatas, s/n), en Santiago de Compostela.
Durante o seminario, os asistentes “convivirán” literalmente con exemplos concretos da Industria 4.0. Por exemplo co robot humanoide PEPE, que estará presente na actividade xunto cunhas lentes de realidade virtual que estarán, tamén, a disposición dos participantes.

Categorías: Ciencia

O CPEIG fai unha proclama a prol do uso responsábel dos nosos datos no Día da Internet das Cousas

códigocero - Lun, 04/09/2018 - 12:36
Fernando Suárez, presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) fai hoxe un novo chamamento a prol dun uso responsábel das novas ferramentas dixitais e (sobre todo) a prol dun maior coidado no emprego dos nosos datos persoais ao abeiro delas. A proclama insírese no Día Internacional da Internet das Cousas, este 9 de abril, unha celebración mundial impulsada polo IOT Council co obxectivo de garantir unha evolución racional das tecnoloxías que conectan uns obxectos cos outros e a nós con eles (co fin de garantir espazos privados e públicos con meirande calidade de vida, mellor conectados, mellor xestionados e máis sustentábeis).
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) súmase a este acontecemento cun manifesto onde considera “de vital importancia” que a sociedade galega “sexa consciente dos dispositivos da Internet das Cousas que emprega e faga un uso responsábel e seguro dos mesmos de cara o envío de datos persoais e a súa publicación en Internet”.
Segundo lembra o colexio que preside Fernando Suárez para poñernos en situación, coñécese como Internet das Cousas todo ecosistema de dispositivos que procesen datos e información e están conectados entre eles e con Internet. A entidade tamén recorda que hoxe en día calcúlase que máis de 8.400 millóns de dispositivos conectáronse a Rede en 2017 (algunhas consultoras como Gartner calculan que no ano 2020 serán 20.000 millóns de dispositivos, sen contar teléfonos móbiles, tabletas ou ordenadores).
“O medre da Internet das Cousas”, engade o CPEIG, “traerá evidentes melloras sociais e económicas e, segundo a tecnoloxía avance, poderanse obter mellores produtos e servizos para a sociedade, por exemplo, no eido da teleasistencia ou do control continuo de variábeis de saúde”. Por outra banda, continúa, “as empresas posuirán cada vez máis datos dos usuarios e poderán anticipar as súas necesidades e proporcionarlle servizos que axuden á toma de decisións e a aforrar cartos e tempo, como no ámbito do fogar cos dispositivos de control de consumo e de medición dos parámetros ambientais”.
Por todos estes motivos, o CPEIG considera que os cidadáns deben tomar conciencia dos dispositivos que manexan e que se conectan a Internet para o envío de datos ou seguimento de diversas actividades, como termostatos intelixentes, cámaras web intelixentes, Smart TV, teleasistencia, pulseiras de control deportivo ou reloxos intelixentes. “Todos estes aparellos poden ser unha fonte de ataques á privacidade e á seguridade dos cidadáns; por exemplo, no ámbito da seguridade están documentados ataques masivos a cámaras web dos fogares ou a televisións intelixentes; e no ámbito da privacidade a publicación sen control de datos de pulseiras deportivas (tipo fitbit) con información sensíbel como as rutas xeográficas nas que practica deporte ou a súa actividade sexual”, explica o presidente do CPEIG, Fernando Suárez.
O colexio recomenda usar estes dispositivos de forma segura, protexendo os nosos datos persoais e a súa difusión mediante a lectura e comprensión das cláusulas de contratación que son aceptadas na instalación e uso dos mesmos. Tamén incide na necesidade de reforzar as conexións dos dispositivos conectados, sobre todo no fogar, mediante instalacións profesionais con redes seguras e inhabilitar calquera tipo de opción de conexión que non sexa precisa para o bo funcionamento do servizo.

Categorías: Ciencia

Páxinas

Subscribirse a IGACIENCIA lector de novas