Agregador de novas

Theft of South African relics riles researchers

Nature - Lun, 08/21/2017 - 15:56

Efforts to relocate artefacts to sites of origin could stall after gold robbery at national park.

Nature News doi: 10.1038/nature.2017.22479

Categorías: Ciencia

Game of Thrones dispara os ingresos móbiles de HBO pese ás filtracións

códigocero - Lun, 08/21/2017 - 14:11

Nas últimas semanas a HBO viviu todo un pesadelo por mor da filtración de numerosa información interna da compañía tras padecer unha intrusión, e os responsables do ataques están de volta, difundindo agora as credenciais de acceso ás plataformas sociais da HBO (como as contas de @HBO, @GameOfThrones e @WestworldHBO) á vez que advirten que está preparando a filtración do derradeiro capítulo da sétima tempada de Game of Thrones, o que claramente é unha medida de presión para que a HBO ceda á chantaxe ou, simplemente, para que o mundo vexa as consecuencias de non facer tal, xa que os responsables da intrusión recoñecen realizar este tipo de actividades criminais con ánimo de lucro á vez que aseguran que a meirande parte das empresas ás que atacan rematan someténdose á extorsión.
Parece bastante claro que a HBO non pagará, pois as filtracións das últimas semanas, pese a afectar negativamente á imaxe da compañía, en termos de audiencia non é así, e as publicacións temperás na Rede de varios capítulos da serie tiveron como principal consecuencia un incremento da audiencia da HBO durante a emisión tradicional. De feito, a aplicación de HBO Now leva varios días sendo líder na App Store en ingresos económicos, superando a Netflix, Tinder e mesmo Candy Crush. Ao parecer, o 16 de agosto a aplicación de HBO Now ingresou 2,6 millóns de dólares, superando a súa anterior marca máxima (1,9 millóns de dólares o pasado mes de xuño), deixando así constancia de que o fenómeno de Game of Thrones é claramente un dos motores da plataforma de streaming.

Categorías: Ciencia

Microsoft abre a feira de videoxogos de Colonia

códigocero - Lun, 08/21/2017 - 13:36

Aínda que a feira de videoxogos Gamescom de Colonia está programada entre os días 22 e 26 de agosto, Microsoft ten por costume adiantarse, sendo a primeira compañía en realizar anuncios no marco do encontro internacional, que este ano tiña especial interese xa que a finais de ano chegará ás tendas a Xbox One X, e esperábase que a compañía de Redmond aproveitase a ocasión para dar detalles ao respecto, como ben fixo onte.

Novas consolas e mandos

A nova consola sairá á venda o 7 de novembro a un prezo de 499,99 euros, pero para os máis entusiastas da familia Xbox abriuse xa a reserva da Xbox One X Edición Project Scorpio, edición limitada da Xbox One X que presenta un deseño personalizado (ten impreso Project Scorpio na consola e no mando, deixando claro que é unha das primeiras unidades da nova máquina). A consola tamén inclúe soporte vertical e non só presume de ter un 40% máis de potencia que outra consola do mercado, senón que tamén se diferencia claramente da PS4 Pro por incorporar no seu lector de discos Blu-ray a posibilidade de reproducir filmes en formato Blu-ray 4K (algo do que prescindiu a consola de Sony).
Pero para moitos a grande sorpresa da presentación de Microsoft foi que o 3 de outubro vai pórse á venda unha edición limitada da Xbox One S inspirada no xogo Minecraft, que incorporará un disco duro de 1 TB, sons personalizados de inicio e apagado, soporte vertical, o xogo Minecraft co pack Restone e cunha aparencia externa moi peculiar que fai que a consola pareza uns bloques de terra e herba do propio xogo. Tamén inclúe un mando sen fío co deseño Creeper (que tamén poderá mercarse por separado a un prezo de 69,99 euros, existindo tamén unha versión do mando inspirada nos porcos de Minecraft). A consola pode reservarse xa a un prezo de 399,99 euros.
Outra edición especial da Xbox One S que estará dispoñible é a do xogo Tierra Media: Sombras de Guerra, que sairá á venda o 10 de outubro a 279,99 euros con 500 GB de disco duro e a 349,99 euros con 1 TB de disco duro. En ambos casos inclúe o xogo baseado na franquía de Tolkien compatible con Xbox Anywhere (ou sexa, que tamén estará dispoñible para a súa instalación en Windows 10 sen recarga).
No que respecta aos mandos de Xbox One, non só se anunciaron os novos mandos de Minecraft, senón que tamén confirmouse que o programa Xbox Design Lab que permite personalizar cas cores dos distintos elementos dos mandos conseguindo máis de 8 millóns de combinacións chegará a 24 novos países entre os que figura España. O lanzamento deste servizo de personalización de mandos está previsto que bote a andar nos novos territorios hoxe mesmo ás 21:30 horas.

Novidades relativas a videoxogos

Pero Microsoft non limitou as novidades ao hardware, e aproveitou a cita europea para presumir de catálogo de xogos para Xbox e Windows 10, dos que unha boa parte gozarán de xogo cruzado entre ambas plataformas (como serán Age of Empires: Definitive Edition, Forza Motorsport 7, Crackdown 3, Super Lucky"s Tale e Sea of Thieves). Presentaron novos detalles de Assassin"s Creed Origins (xogo que chegará ao mercado o 7 de novembro), detallaron que Halo Wars 2: Awakening the Nightmare chegará o 26 de setembro contando con optimización para Xbox One X no seu lanzamento (soportando 4K e HDR), confirmaron que Halo 5: Guardians recibirá no Nadal o soporte de 4K e avanzaron pequenos detalles doutros xogos como desculpa para dar conta de que contarían con soporte de 4K e HDR na nova Xbox One X, máquina que busca converterse na referencia do mercado a nivel gráfico.

Categorías: Ciencia

ReAcciona TIC facilita o acceso de máis de 70 PEME a servizos de dixitalización empresarial

códigocero - Lun, 08/21/2017 - 12:07

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a resolución da cuarta convocatoria das axudas para os servizos de asistencia, diagnóstico e soporte na implantación de solucións de Empresa Dixital e Industria 4.0 para a súa realización en empresas galegas dentro do programa ReAcciona TIC, impulsado conxuntamente pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do IGAME, e a AMTEGA. A través desta convocatoria un total de 71 PEME tiveron acceso a servizos de dixitalización empresarial.
A iniciativa está deseñada para impulsar a mellora da competitividade e a transformación dixital das empresas a través de diferentes servizos tecnolóxicos e de Industria 4.0. No eido da empresa dixital, o Programa ReAcciona TIC ofrece servizos de elaboración da diagnose para a aplicación de solucións dixitais na empresa, así como, servizos de soporte á implantación de solucións dixitais de mobilidade, de mellora da xestión empresarial ou de mercadotecnia dixital.
Con estes servizos tecnolóxicos, a Xunta busca contribuír a mellorar o futuro das empresas galegas mediante o achegamento de novas competencias e a incorporación de tecnoloxías que permitan ás empresas gozar de vantaxes competitivas, da man dunha rede de axentes colaboradores especializados, integrada por empresas especializadas, que as asesoran e acompañan en todo o proceso.
ReAcciona TIC ofrece tamén un catalogo de solucións para impulsar a Empresa 4.0 con servizos orientados a establecer novas fórmulas de produción e a fabricación de produtos diferenciados e de calidade a través de novos modelos e procesos de deseño, creación e distribución.
O catálogo completo de servizos ofrecidos no programa está cofinanciado pola Unión Europea, no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020, orientado a promover o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación e conseguir un tecido empresarial máis competitivo.
A posta en marcha deste programa enmárcase nun convenio de colaboración, asinado entre a AMTEGA e o IGAPE, co que a Xunta suma esforzos e recursos para impulsar a modernización e a innovación tecnolóxica do tecido empresarial de Galicia para desenvolver actuacións de impulso á empresa dixital e a industria 4.0.
Este acordo reforza a aposta da Xunta de Galicia pola incorporación efectiva e continua das solucións 4.0 e das TIC en xeral nos sectores produtivos da Comunidade. Esta actuación enmárcase no establecido na Axenda Dixital de Galicia 2020, liderada pola AMTEGA, que fixa como obxectivo a Aceleración da Economía Dixital como un factor de relevancia para impulsar o crecemento económico na Comunidade.
Para apoiar a innovación e o desenvolvemento do sector TIC, a Xunta conta, ademais, coa a Axenda Galicia-Industria 4.0 e a Estratexia de Especialización Intelixente RIS3 que, cun balance satisfactorio nos seus primeiros anos de vixencia, buscan conseguir unha maior presenza das TIC nas empresas galegas.
Por outra banda, é preciso lembrar que a Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de activar unha nova convocatoria do programa ReAcciona, unha iniciativa pioneira do Goberno galego que nos últimos catro anos xa impulsou a competitividade de 850 empresas a través de 1400 proxectos de mellora.
A nova edición do programa, dotada con dous millóns de euros, permitirá desenvolver preto de 500 novos proxectos de mellora de xestión empresarial e a posta en marcha de plans estratéxicos de futuro nas empresas galegas ata 2018. A presentación de solicitudes está aberta ata o 15 de setembro. A continuación activaranse novas convocatorias en novembro e decembro deste ano e en febreiro e maio de 2018.

Categorías: Ciencia

Falece Alfonso Azpiri, un dos principais creadores de portadas de videoxogos españois

códigocero - Ven, 08/18/2017 - 23:30

A finais dos anos 80 a industria española do videoxogo vivía toda unha idade de ouro, con compañías como Dinamic, Topo e Opera publicando xogos para os ordenadores domésticos da época (principalmente os equipos de 8 bits ZX Spectrum, Amstrad CPC, MSX e Commodore) e ante a reducida resolución gráfica dos ordenadores daqueles tempos as compañías tiñan que apostar por impresionantes ilustracións de portada que non só fixesen de reclamo para os consumidores, senón tamén para nutrir a súa imaxinación con imaxes que achegasen os detalles que non se podían amosar no xogo.
Temos así como nesa época gloriosa destacaron figuras como Luis Royo, Juan Giménez e Alfonso Azpiri, destacando especialmente este último grazas ao seu traballo para xogos tan representativos como Army Moves, West Bank ou Abu Simbel Profanation, de aí que en 2009 editasen un libro titulado Spectrum que recolle os seus traballos para a industria dos videoxogos, e que actualmente é toda unha xoia difícil de atopar ao seu prezo orixinal de 14,95 euros, pois é toda unha peza de colección.
Por desgraza, aínda que a obra permaneza, non pasa o mesmo co artista, e esta tarde deixounos Alfonso Azpiri, pasamento que está a chorar boa parte das industrias da banda deseñada e dos videoxogos, xa que en ambos eidos deixou un grato recordo na memoria de moitos españois, xa sexa por ter xogado a algún dos xogos de 8 bits aos que puxo portada como por ter lido as súas historietas (entre as que destacan os cómics infantís de Mot publicados inicialmente en El Pequeño País e a serie para adultos de Lorna y su robot) de aí que non sorprenda que Azpiri chegase a figurar como tendencia en Twitter.

Imaxe de Alfonso Azpiri durante unha charla que impartiu en Vilagarcía de Arousa o ano pasado
Categorías: Ciencia

Anglers' online boasts reveal illegal shark hunting

Nature - Ven, 08/18/2017 - 18:14

Researchers fear sport fishing is a serious threat to endangered species — but study of Internet forum also finds awareness of environmental issues.

Nature News doi: 10.1038/nature.2017.22475

Categorías: Ciencia

Atari denuncia a KitKat por copiar o xogo Breakout nun anuncio

códigocero - Ven, 08/18/2017 - 17:30

A marca KitKat está ligada estreitamente ao mundo da tecnoloxía, tanto por ser un aperitivo de chocolate moi consumido por profesionais do sector TIC (o que incluíu no feito de que incluso chegase a dar nome a unha versión de Android) como polos moitos acenos que Nestlé facía nas súas campañas publicitarias a distintos videoxogos clásicos, de aí que sorprenda enormemente que Atari, unha das marcas máis lonxevas das industria, decidirse denunciar a Nestlé por copiar o xogo Breakout (un machacaladrillos dos anos 70, na liña do tamén clásico Arkanoid) nunha campaña publicitaria.
No anuncio en cuestión pode verse como unha serie de persoas están a xogar de xeito cooperativo a un xogo na liña de Breakout no que os ladrillos eras substituídos por barras de KitKat, o que anoxou a Atari, compañía que decidiu presentar unha demanda nun xulgado de San Francisco (EE.UU.).
Dende Nestlé están sorprendidos polo feito pois, tal e como recoñeceu un voceiro da compañía, o anuncio en cuestión emitiuse na televisión británica en 2016 e non hai plans de volver a emitilo.
Un dos detalles máis curiosos do Breakout de Atari é que este xogo que buscaba ser un sucesor do Pong foi deseñado Nolan Bushnell, Steve Bristow e o propio co-fundador de Apple, Steve Wozniak, aínda que o produto que se comercializaría finalmente non sería o creado por Wozniak (xa que o seu deseño demasiado optimizado resultaba complicado de fabricar).

O uso de xogos e videoxogos clásicos é algo que KitKat fixo en numerosas ocasións no pasado
Categorías: Ciencia

Supernova’s messy birth casts doubt on reliability of astronomical yardstick

Nature - Xov, 08/17/2017 - 22:58

Brightness of exploding stars may vary more than researchers realized.

Nature News doi: 10.1038/nature.2017.22066

Categorías: Ciencia

Instagram estrea un novo xeito de responder a imaxes e vídeos

códigocero - Xov, 08/17/2017 - 21:30

Nos últimos meses Instagram non deixa de introducir novidades na súa aplicación móbil, enriquecendo os xeitos de comunicarnos de xeitos que até hai pouco poderían parecer ridículos, pero que cada vez gozan dunha maior aceptación. Avanzando neste liña, e animando aos usuarios a conversar cos seus amigos en privado, Instagram estrea un novo xeito de responder con fotografías e vídeos, de xeito que agora, cando se responsa a unha imaxe oou vídeo específico e se comparta a entrada nunha mensaxe directa, a resposta incluirá de xeito automático un adhesivo co contido ao que se responde.
Esta función permite así integrar unha fotografía á que estamos a responder dentro dun selfie ou incluso ofrece a posibilidade de premer no adhesivo para que pase a verse a pantalla partida e, como vén a ser habitual, aplicar logo as modificacións que desexemos da imaxe resultando (engadindo texto, outros adhesivos, debuxando sobre a pantalla...).
Estas actualizacións chegan na versión 10.34 de Instagram tanto para iOS como para Android nas súas respectivas tendas de aplicacións.

Se prememos no adhesivo podemos presentalo a pantalla partida
Categorías: Ciencia

O vindeiro martes abrirase a inscrición para a vindeira edición de Xuventude Galicia Net

códigocero - Xov, 08/17/2017 - 14:51

O encontro informático Xuventude Galicia Net prepara unha nova edición en Silleda, nas instalacións da Feira Internacional de Galicia, destacando esta XVII edición por adoptar o nome de XGN R Encounter para indicar claramente o patrocinio oficial do operador R, que colaborará tamén a nivel técnico e de contidos.
Dende a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia informan de que o encontro que terá lugar entre os días 8 e 10 de setembro abrirá a súa inscrición o vindeiro 22 de agosto ás 10:00 horas a través da súa páxina web oficial, tendo que aboar 30 euros os interesados en participar. Como novidade, durante o procedemento de inscrición poderanse elixir os postos a ocupar durante o encontro, o que facilitará que os participantes que acudan en grupo poidan situarse na mesma zona do recinto no que habilitarán 1.044 postos.
Outra novidade da vindeira edición de Xuventude Galicia Net é que o evento contará cunha aplicación móbil de seu.

Máis velocidade de conexión

A XGN R Encounter manterá en 2017 a súa formulación, se ben se reforzarán as súas prestacións ao multiplicar por cinco a velocidade de conexión grazas a R (contará con 10 Gbps simétricos de fibra óptica, ademais de 1 Gbps de respaldo). Tamén se potenciará o seu programa de torneos e actividades.
Estas melloras forman parte dun proxecto conxunto que pretende que a XGN R Encounter medre ata converterse en tres ou catro anos nunha das LAN partys máis importantes de España, ao tempo que significa fraternizar e contar a nivel técnico e de contidos coa bagaxe da party Euskal Encounter, organizada por Euskaltel en Bilbao e que acaba de celebrar a súa edición número 25. Ademais, supón a vinculación da party coa rede de Encounters da que tamén forman parte a Gipuzkoa Encounter, que suma 11 citas, e a Araba Encounter, que este ano celebrará a súa cuarta edición.
A XGN R Encounter contará cunha zona Intranet orientada aos inscritos, os cales poderán desfrutar dun posto con dereito a acampar no interior do pavillón e tamén a participar en numerosas actividades e torneos exclusivos. Unirase de novo a ela a Extranet, unha área que acollerá un completo programa con multitude de actividades ás que poderán acceder tanto os inscritos como os visitantes que acudan ao recinto. Ademais, volverá a incluír un espazo expositivo complementario con presenza de empresas relacionadas co material informático e o ocio electrónico, entre outros.
Aínda que o evento comezará oficialmente o día 8, abrirá as súas portas de forma non oficial o 7 de setembro ás 16.00h, co obxectivo de facilitar o acceso dos inscritos e permitir que aqueles que o desexen comecen a instalar os seus postos e útiles para durmir. Será unha xornada de probas técnicas e montaxe.

Categorías: Ciencia

Obama supera os 4 millóns de gústames nun chío

códigocero - Xov, 08/17/2017 - 11:40

A relación dos últimos presidentes dos EE.UU. con Twitter é moi próxima, pero por moitas polémicas que esperte Donald J. Trump coas súas declaracións incendiarias e impulsivas nas redes sociais, o público continúa a amosar unha maior adhesión ao seu predecesor, Barack H. Obama, quen xa arrasara en 2012 ao publicar unha fotografía apertando á súa dona como símbolo da felicidade por ter revalidado a súa presidencia, superando os 900 mil rechouchíos, e estes días superou unha nova marca, xa que a súa reacción aos acontecementos destes días en Charlottesville conseguiu máis de 4 millóns de gústames (e 1,5 millóns de rechouchíos) en Twitter.
A anterior marca de número de gústames correspondía a Ariana Grande, nun chío publicado tras o ataque terrorista no seu concerto en Manchester (sumando 2,7 millóns de gústames).
Obama, ante os disturbios raciais, en vez de realizar comentarios polémicos, optou por publicar unha fotografía na que mira para uns cativos de distintas razas engadindo unha cita de Nelson Mandela: «ninguén nace odiando a outra persoa pola súa cor de pel, orixe ou relixión».

Categorías: Ciencia

O FSE financiará 5 iniciativas galegas de emprego xuvenil dixital

códigocero - Xov, 08/17/2017 - 11:09

O Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital, a través da entidade pública Red.es, destinará 18,36 millóns de euros a axudas para impulsar a formación e o emprego xuvenil na economía dixital das que se beneficiarán 27 entidades que desenvolverán os seus proxectos integrais de emprego en 14 comunidades autónomas. En total, mobilizarase un orzamento de 24,1 millóns de euros en actuacións de formación e inserción laboral incluíndo a achega dos beneficiarios.
O programa Profesionais Dixitais Emprego Novo (cofinanciado polo Fondo Social Europeo con cargo ao Programa Operativo de Emprego Xuvenil e enmarcado no Plan de inclusión dixital e empregabilidade da Axenda Dixital para España) diríxese a ofrecer a mozos desempregados do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil formación orientada á industria dixital e os novos modelos de negocio, e a facilitar o seu acceso a postos de traballo que impulsen a transformación dixital das empresas.
Subvencionaranse 32 proxectos integrais de emprego para realizar 74 actuacións de formación nas diferentes comunidades autónomas, das que 5 corresponderán a Galicia.

Axudas entre 100.000 e 2.000.000 de euros por beneficiario

As axudas están dirixidas a entidades (tanto empresas como asociacións ou fundacións) que desenvolvan proxectos integrais de emprego no ámbito das TIC e a Economía Dixital en polo menos dúas comunidades autónomas. Terán un importe mínimo de 100.000 euros por proxecto e máximo de dous millóns de euros por solicitante.
Subvencionaranse proxectos de formación cun mínimo de 150 horas que ademais inclúan un compromiso de contratación de polo menos seis meses, para un mínimo do 30% dos alumnos que conclúan os programas formativos. Estes postos estarán relacionados co sector TIC e a Economía Dixital (cun máximo do 5% como traballadores autónomos).
Para as actuacións de formación, as axudas cubrirán o 91,89% dos proxectos de asociacións e fundacións, e o 60% no caso das empresas (ata o 70% se son PEME). Na modalidade de contratación, concederase un 50% dos custos salariais por contrato, cun máximo de ata 3.000 euros por mozo en contratacións por conta allea e de 1.800 para os autónomos.
Os proxectos integrais de emprego iniciarán as súas actuacións durante o último trimestre de 2017 e finalizarán en outubro de 2018.

Categorías: Ciencia

Lowi ofrece fibra óptica por 30 euros/mes sen custos de instalación

códigocero - Mér, 08/16/2017 - 19:49

A poucos meses de revolucionar o mercado coa súa oferta de fibra óptica + móbil, o operador de baixo custo de Vodafone, Lowi, sorprende agora cunha oferta de fibra, ou sexa, que os usuarios que precisen dunha conexión doméstica á Rede a través de fibra óptica e non queiran ter que contratar teléfono fixo, móbil ou televisión teñen unha nova opción moi asumible, xa que Lowi ofrece conexións a 50 Mbps por 30 euros/mes.
O máis rechamante desta nova oferta comercial é que conta con router Wi-Fi e instalación de balde e cun compromiso de permanencia de só 3 meses (non respectar a permanencia suporía ter que facer fronte a un gasto de instalación de 150 euros, mentres que o router estaría valorado en 100 euros), e aínda que a oferta de Lowi con 1 GB de datos e chamadas sen límite a móbiles e fixos nacionais é moito máis competitiva (pois só custa 37 euros/mes), o novo plan resulta moi interesante para quen non quere mudar de compañía móbil.
A velocidade desta nova conexión de fibra é de 50 Mbps de descarga garantidos e até 30 Mbps de subida, ofrecéndose alí onde teña cobertura Vodafone. Dadas as súas condicións de contratación semella unha opción moi atractiva para estudantes, que podería gozar de banda larga fixa sen ter que soportar elevados custos iniciais nin subscribir longos compromisos de permanencia.

Categorías: Ciencia

Opioid emergency, climate language and a frozen fruit cake

Nature - Mér, 08/16/2017 - 17:05

The week in science: 11–17 August 2017.

Nature 548 264 doi: 10.1038/548264a

Categorías: Ciencia

California’s scientists push to create massive climate-research programme

Nature - Mér, 08/16/2017 - 17:05

Effort backed by the state’s flagship universities comes as US President Donald Trump shrugs off global warming.

Nature 548 267 doi: 10.1038/548267a

Categorías: Ciencia

China’s embrace of embryo selection raises thorny questions

Nature - Mér, 08/16/2017 - 17:05

Fertility centres are making a massive push to increase preimplantation genetic diagnosis in a bid to eradicate certain diseases.

Nature 548 272 doi: 10.1038/548272a

Categorías: Ciencia

O vindeiro episodio de Game of Thrones puido serve de madrugada a través de HBO España

códigocero - Mér, 08/16/2017 - 13:57
Imaxe coa que demostraban que o vindeiro episodio de Game of Thrones estaba dispoñible a través de HBO España

Este verán está a ser todo un pesadelo para a HBO, e tras as polémicas ao redor das filtracións de material confidencial roubado dos seus sistemas informáticos e a filtración do episodio 4 da actual tempada de Game of Thrones a través dunha compañía asiática, agora a cousa complicouse aínda máis, pero non por mor de axentes externos, senón que o vindeiro episodio da serie estrela da compañía estivo dispoñible s pasada noite por mor dun erro de HBO Nordic, división da compañía que é a que subministra os contidos a HBO España, ou sexa, que os países europeos nos que está presente a plataforma de streaming da HBO puideron acceder en primicia ao episodio 6 de Game of Thrones.
Inicialmente a xente soubo na Rede do acontecido a través de usuarios de HBO España, chegando a desatarse un grande rebumbio nas redes sociais por parte de usuarios norteamericanos que querían que lles facilitasen o episodio filtrado, chegando a anoxarse ante o feito de que non houbese usuarios españois que capturasen con calidade o capítulo, chegando incluso a promover o cancelo #NukeSpain. Parece que dende o outro lado do Atlántico non entenden de cambio horario (a filtración aconteceu durante a madrugada) e tamén tardaron bastante en caer na conta de que HBO España non ten infraestrutura de seu, senón que era HBO Nordic a responsable do servizo de streaming.
Durante os momentos de máxima tensión, moitos usuarios con pouco sentidiño tiveron a mala idea de retransmitir o episodio da serie en vivo e con malísima calidade a través de Twitch, YouTube, Periscope ou incluso Instagram, conseguindo certa relevancia un español co nome de usuario afaga23, quen viu como Instagram pechoulle a emisión do seu directo, e agora mesmo ten a súa conta de usuario en Twitter suspendida. Tras o peche da retransmisión en Instagram comentou en Twitter que «non insisto porque non quero problemas nin o fixen con mala intención», o que demostra o pouco tino que teñen moitos usuarios da Internet, ignorantes de que están a cometer un delito moi doado de perseguir dada a publicidade co que se comete.
Nos primeiros momentos dende a HBO conseguiron frear boa parte das retransmisións ilícitas, pero a proliferación de fontes que difundiron o episodio, finalmente con boa calidade (Full HD e audio correcto, en vez de son captado co móbil), fixo que esta loita non puidese trunfar, e neste momento a distribución do episodio filtrado é masiva, de xeito que calquera persoa ansiosa por ver as aventuras de Poñente con antelación pode facelo, aínda que queda por ver se iso afectará negativamente á audiencia do vindeiro episodio, pois no caso do episodio 4 conseguiuse a mellor audiencia da historia da serie, non quedando claro que a filtración foi negativa, xa que puido xogar un rol importante ao animar ao público a ver un capítulo que presumía ser moi impactante.

Categorías: Ciencia

China launches brain-imaging factory

Nature - Mér, 08/16/2017 - 02:11

Hub aims to make industrial-scale high-resolution brain mapping a standard tool for neuroscience

Nature 548 268 doi: 10.1038/548268a

Categorías: Ciencia

Why 14 ecology labs teamed up to watch grass grow

Nature - Mar, 08/15/2017 - 20:02

Multi-lab efforts point the way to shoring up the reliability of field studies.

Nature 548 271 doi: 10.1038/548271a

Categorías: Ciencia

A little democracy could go a long way

Nature - Mar, 08/15/2017 - 11:11

The Middle East is freezing out Qatar. A science academy could help — and would set an important precedent for the region, says Ehsan Masood.

Nature 548 261 doi: 10.1038/548261a

Categorías: Ciencia

Páxinas

Subscribirse a IGACIENCIA lector de novas