Agregador de novas

WhatsApp chega á tenda de aplicación de Windows

códigocero - Xov, 02/01/2018 - 20:33

Para facilitar o uso do cliente web de WhatsApp en equipos informáticos vén de estrearse na tenda de Windows 10 a aplicación WhatsApp Desktop, que vén a ser un simple xeito de encapsular WhatsApp Web para permitir a súa instalación no sistema operativo de Microsoft e, especialmente, en Windows 10 S, versión de Windows que só permite a instalación de aplicacións da tenda oficial en aras da seguridade do sistema.
A aplicación ten un tamaño que pode parecer excesivo (242,66 MB) e non ofrece vantaxes fronte ao uso dun atallo á versión web orixinal, mantendo as súas limitacións, xa que realmente estamos ante unha ferramenta que se conecta ao smartphone, que é onde se executa realmente a aplicación de WhatsApp e onde se almacenan as conversas, mantendo así a seguridade propia desta plataforma, na que as conversas están cifradas entre extremos.

Categorías: Ciencia

O Clúster TIC e LaconNetwork entregan mañá na Coruña os seus premios conxuntos

códigocero - Xov, 02/01/2018 - 19:48

Este 2 de febreiro, no marco da celebración do oitavo aniversario da xuntanza de profesionais galegos LaconNetwork, entregaranse os galardóns da primeira edición dos Premios TIC Galicia. A cita dupla, como lembramos os días pasados, será na Coruña, no recinto de PALEXCO, incluíndo charlas, mesas de debate e a entrega de galardóns propiamente dita (pola tarde engadirase un Demo Day da aceleradora Conector e unha nova iniciativa de pitching onde emprendedores de proxectos exporán a asistentes e investidores cadansúas propostas de negocio). No que se refire aos premios, veñen da man do Clúster TIC Galicia e da organización da LaconNetwork. Segundo nos contan os promotores do certame, as mencións especiais irán dar Tino Fernández (Altia), o CNTG e a firma Supervisión e Control.
A entrega de condecoracións comezará ás 11:30 horas e, ao longo dela, daranse a coñecer oficialmente os gañadores das seis categorías que teñen finalistas. No transcurso da gala, que presentará Fran Hermida, faranse mencións especiais á Traxectoria, cuxo recoñecemento será para Tino Fernández da empresa Altia Consultores, mención especial a Iniciativa TIC, que será para o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) pola axuda na creación, lanzamento e/ou asentamento de empresas e, por último, para a Empresa Tractora, que este ano recae en Supervisión e Control pola súa aposta e confianza nas startups galegas, contratando os seus servizos e/ou produtos e, en palabras do xurado, “ofrecendo unha oportunidade firme de negocio”.
Finalistas das 6 categorías
Categoría: Startup
· Situm Techologies
· Citious Team (ConverFit)
· Boardfy Pricing
Categoría Software Libre
· Implantación de Koha ILS na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, de Xercode
· Migración a LibreOffice da Xunta de Galicia, de LibreBit
· Escornabot, de Escornabot
Categoría Marketing Dixital
· Campaña de lanzamento de Trazers, de Visual Publinet
· Campaña Menos Cotilleo más Pulpo, de Roi Scroll
· Campaña Fai Historia con nós, da axencia Nasas
Categoría: Innovación (I+D+i)
· CO2 Smart Tech, polo proxecto Cloud Computing aplicado á Xestión Enerxética Integral da Industria 4.0
· Bahía Software, polo proxecto uForest
· Cinfo, polo proxecto Multicam
Categoría: Internacionalización
· Imatia Innovation
· Netex Knowledge Factory
· Redegal
Categoría: Evanxelizador
· José Luis de la Casa de la Aldea
· Jacobo García Durán
· André Castelo

Categorías: Ciencia

A Fundación Uxío Novoneyra e a Deputación de Lugo crearán unha plataforma de literatura galega e integración social

códigocero - Xov, 02/01/2018 - 19:30

A Fundación Uxío Novoneyra e a Deputación de Lugo van pór en marcha unha plataforma tecnolóxica para promover a literatura galega entre colectivos vulnerábeis en Europa. O labor de promoción, que tamén se levará a cabo polas canles tradicionais de coñecemento e de acceso á lectura, terá como marco de acción o Proxecto Comunitario SILO (Operacións Literarias Socialmente Inclusivas), impulsado pola entidade que leva o nome do célebre poeta do Courel e coa colaboración da Deputación. A iniciativa SILO foi presentada hoxe (durante o Obradoiro do Libro do CENTRAD) pola deputada de Cultura, Pilar García Porto, o xerente da Fundación Uxío Novoneyra, Uxío Novo Rey.
O Proxecto SILO terá, nun principio, un alcance de tres anos. Trátase, como dixemos, de impulsar, visualizar e achegar a nosa literatura a Europa, e viceversa (a europea na nosa terra). A iniciativa, dotada de 335.000 euros, mostrará as letras galegas e europeas en lugares como, por exemplo, poboacións illadas do rural e da Montaña, coma O Courel sen ir máis lonxe; centros escolares; residencias de maiores, así como entre colectivos vulnerábeis: drogodependentes ou reos, entre outros. A Deputada avanzou que a primeira xornada deste encontro celebrárase dende o 21 ao 26 de agosto no Courel, e haberá un intercambio de escritores, poetas, tradutores de toda Europa.
García Porto avanzou que SILO é o único proxecto de Europa Creativa que se realiza na provincia de Lugo, cun investimento de 335.000 euros dos que 200.000 euros son financiados pola Unión Europea, e 135.000 euros polas 7 entidades internacionais: Fundación Uxío Novoneira, en España; Aarhus Public Libraries e Aaurus Universitet, en Dinamarca; Association Krokodil, en Serbia; Câmara municipal da Madalena do Pico, en Portugal; Cultuurhuis de Warande, en Bélxica; e Szepirok Tarsasaga, en Hungría.
Este proxecto, engadiu, contará tamén con unha plataforma dixital coa que os participantes de toda Europa poderán interactuar.

Categorías: Ciencia

Os usuarios dan un suspenso ás aplicacións das principais operadoras en España

códigocero - Xov, 02/01/2018 - 16:13

A consultora española BrainTrust vén de presentar os resultados dun estudo sobre as aplicacións móbiles das grandes operadoras telefónicas que operan no mercado estatal. A investigación salienta e sorprende, entre outras cousas, pola baixa puntuación que lle outorga ás app das dúas compañías con meirande cantidade de clientes e peso no mercado: Movistar e Vodafone. De feito, no estudo dise que ámbalas ferramentas móbiles obteñen un suspenso. Iso si, o suspenso é compartido (en maior ou menor medida) por todas as demais avaliadas e valoradas.
O Estudo Comparativo sobre as Apps móbiles do sector de telecomunicacións elaborouse en base ás valoracións realizadas por 6.530 usuarios de Android (que supoñen o 88% do mercado) no terceiro cuadrimestre de 2017. Segundo sinalan dende BrainTrust en relación á predisposición dos usuarios destas ferramentas, “hoxe en día os usuarios son cada vez máis esixentes coas aplicacións móbiles que ofrecen as operadoras telefónicas e castigan con dureza a través dos seus comentarios e valoracións a todas aquelas que non están deseñadas desde o principio co fin de facerlles a vida máis doada”.
BrainTrust salienta “a pésima valoración obtida polas apps da maioría das operadoras”. De feito, das 10 aplicacións móbiles analizadas, ningunha logra aprobar. As mellores valoradas polos clientes foron O meu Simyo (+4) e Lowi.es (-26) No lado oposto, as peor valoradas foron as aplicacións das operadoras O meu Yoigo (-76), A miña fibra ONO (-88) e Masmóvil (-93).
No estudo indica que se comparamos a evolución do posicionamento da valoración respecto ao cuadrimestre anterior, só a ferramenta de Movistar (-63,2) e Lowi.es (-26,9) melloraron a súa posición en 13 e 21 puntos, respectivamente.
Para entender as baixas valoracións dos clientes das apps, a consultura tamén analizou os comentarios deixados polos usuarios. Os clientes castigan fortemente nas súas valoracións ás aplicacions pola súa peor usabilidade, utilidade, servizo e deseño.

Categorías: Ciencia

O Concello de Ames convida aos estudantes a mergullarse no espírito Maker

códigocero - Xov, 02/01/2018 - 16:12

O Concello de Ames, a xeito de complemento da gran xornada Maker do 2 de febreiro no Milladoiro (a xuntanza argalleira Innovames, da que falamos polo miúdo os días pasados dende Código Cero), organizou esta terceira feira, martes 30, unha charla sobre a filosofía do Do it yourself (faino coas túas mans) aplicada á tecnoloxía, á robótica e ao desenvolvemento científico. A cita foi no IES do Milladoiro, e foi impartida por Marcos Saavedra, de Design Thinkers & Makers SL, quen mostrou perante o alumnado de 4º da ESO en que consiste o concepto Maker e que tipo de argalleira/o define: unha persoa innovadora que inventa ou desenvolve un produto e súbeo á Rede para compartilo co resto do mundo. Deste xeito, sinalou, “o mundo Maker é un movemento aberto, un modelo orientado a actividades de fabricación tecnolóxica, robótica, impresión 3-D, metalurxia, carpintería”.
Saavedra tamén explicou que este movemento a prol do coñecemento e as habilidades en aberto compleméntase coa firme crenza nas importantes capacidades de cada quen (todo o mundo sen excepción leva un deseñador ou creador de tecnoloxías dentro) e nas importantes potencialidades da reciclaxe (un mundo con máis reciclaxe é un mundo máis intelixente e sustentábel). Isto, sinalou, é aplicábel á xente de a pé, pero tamén ao eido empresarial: “Cada día son máis as empresas que advirten o potencial deste perfil e incorporan makers ao seu persoal para que solucionen os problemas máis variados”.
A charla tivo unha duración aproximada dunha hora, e ademais, de falar disto tamén se lles explicou aos rapaces e rapazas o programa da xornada Innovames deste venres 2 de febreiro. Por último, animouse ao alumnado a inscribirse nos obradoiros que se van a celebrar en dita xornada.
Sobre Innovames
Este 2 de febreiro, na Casa de Cultura do Milladoiro, temos unha cita co espírito Maker. A cita Innovames vén da man do Concello de Ames, e trátase dunha xornada de innovación e argalleira (Maker). Contarase coa presenza de grandes referentes da filosofía do Do it yourself aplicada ao software, á robótica, a proxectos científicos ou a calquera tipo de enxeño, tanto a nivel galego como estatal e internacional.
Pola mañá, de 09:00 a 14:00 horas, haberá unha xornada adicada a profesionais do sector. De seguido, pola tarde, entre as 16:00 e as 20:00 horas, desenvolveranse obradoiros para nenos/as, unha exposición de proxectos da Maker Faire Galicia 2018 e demostracións de experimentos científicos. Este é o segundo evento destas características que organiza o Concello de Ames, despois do Roteiro Maker feito en decembro de 2016. Para obter máis información ou inscribirse na xornada profesional e nos obradoiros hai que acceder á web innovames.gal. Segundo informa a organización, premendo na ligazón da dereita, baixo o apartado de descargas, poderemos obter o programa de Innovames.
O obxectivo deste encontro Maker é achegar as últimas tendencias no mundo da innovación a todos os públicos, “xerando un espazo para a aprendizaxe e o diálogo, onde se comparta coñecemento e xurdan sinerxías que dean lugar a proxectos innovadores”. Esta iniciativa está composta de conferencias e mesas de debate que versan sobre a tecnoloxía, a innovación, o audiovisual e a utilización de novos materiais. Todo isto, informa o Concello, conforma o groso dunha programación que se artella en dúas xeiras. Por unha banda, a matinal, que estará dirixida exclusivamente ao sector profesional. As 09:30 realizarase a presentación do evento. De seguido, de 10:00 a 10:30 horas, contarase coa presenza de Sonia Pazos Álvarez do INL, International Iberian Nanotechnology Laboratory, que ofrecerá un relatorio sobre as posibilidades que nos outorga a nanotecnoloxía en múltiples sectores e onde presentará todo o que se está a facer neste centro de referencia internacional. No programa matinal tamén destaca a presenza de diferentes representantes das empresas asentadas no polígono do Novo Milladoiro como NanoGap, Escenoset, Cartogalicia, CineMar films ou Zenit entre outras compañías locais, que ofrecerán a súa visión particular do estado da innovación dentro dos seus diferentes sectores.
Ademais, haberá un espazo de exposición no que os asistentes poderán coñecer de primeira man exemplos da Galicia máis innovadora, coa presenza de makers galegos creadores de proxectos de innovación de referencia. Uns petiscos porán o punto final a unha sesión de networking que se dirixe a impulsar creación de sinerxías entre empresarios e argalleiros asistentes.
A concelleira de Promoción Económica, Isabel González, destaca que “coa creación de Innovames o Concello de Ames busca pór en valor os recursos e a capacidade de innovación da nosa Comunidade, fomentando a colaboración entre as empresas e inventores galegos, e dando a coñecer ao público xeral o capital Maker galego”.
Programa de tarde
O evento completarase cunha sesión de tarde que estará máis enfocada ao público familiar a través da programación de diferentes actividades e obradoiros orientados aos máis cativos. Celebraranse demostracións de ciencia e de realidade virtual, obradoiros de robótica e videoxogos, e habilitarase un espazo para programar aplicacións móbiles. A xeira de tarde comezará as 16:00 horas cun obradoiro de papirotrónica, dirixido a nenos e nenas de máis de 6 anos. De 18:00 a 20:00 haberá outros dous obradoiros de robótica e de programación de apps, que están dirixidos a nenos/as de máis de 8 anos.
Ademais, durante toda a tarde haberá unha exposición de proxectos da Maker Faire Galicia 2017 na que participarán as entidades 3D Limitless, MAKEROID, Arcade Pi, B.R.A.I.S., I.E.S. Sánchez Cantón, MINIMO, IOTLAB, PSICOVR, e SPAINLABS, así como demostracións de experimentos científicos.

Categorías: Ciencia

Vodafone medra un 2% en materia de ingresos por servizo

códigocero - Xov, 02/01/2018 - 12:56

Vodafone anunciou hoxe os resultados financeiros do terceiro trimestre do seu ano fiscal (que, como lembraremos, vai do 1 de outubro ao 31 de decembro de 2017) en España. Entre os datos máis salientábeis da batería de números figuran, como eran de agardar, os relativos ao crecemento e aos ingresos. Segundo se fai saber no informe, no devandito período os ingresos por servizo acadaron os 1.144 millóns de euros, un 2% máis ca no mesmo período do ano pasado.
Os ingresos totais ascenderon a 1.257 millóns de euros no trimestre, un 0,3% máis ca un ano antes. Sobre as razóns para esta tendencia á alza, Vodafone esgrime que se debe a unha razón lóxica e visíbel, o aumento da carteira de clientes, e tamén ao lanzamento de novos plans de prezos a principios de ano.
Por outra banda, o crecemento viuse fortalecido cos esforzos en materia de innovación (diversificación da rede, Internet das Coustas, posta en marcha de novos modelos de atención personalizada) e de converxencia (meirande alcance da oferta de fibra, nova velocidade de banda larga fixa ultrarrápida até 1 Gbps simétrico, rápida evolución de Vodafone TV, etc). Este avance reflíctese no crecemento nun 13,1%, no último trimestre, dos ingresos por servizos converxentes no segmento residencial. Ademais, a carteira de clientes de Vodafone One pechou o trimestre con 45.000 máis que tres meses antes e 369.000 máis que hai un ano, até superar os 2,5 millóns ao peche de decembro.
Igualmente, a base de clientes de contrato de telefonía móbil de Vodafone España aumentou en 30.000 no devandito trimestre, acadando os 11,6 millóns, 220.000 máis que un ano antes. Doutra banda, a carteira total de usuarios de telefonía móbil achegouse aos 14,4 millóns a final do trimestre.
A maiores, o volume de datos facturábeis na rede de Vodafone España medrou un 63,3% no último trimestre, impulsado polo lanzamento da nova familia de Vodafone Pass (Vídeo e Maps, que se engadiron aos xa existentes Chat Pass, Social Pass e Music Pass), así como polo maior volume de datos móbiles incluídos nos plans de prezos e o crecente número de usuarios que visitan España.
A 31 de decembro de 2017, a rede 4G+ de Vodafone estendeuse a máis de 1.100 poboacións, que xa poden gozar de velocidades de ata 350 Mbps.

Categorías: Ciencia

A Deputación de Pontevedra ofrece dezaoito novos obradoiros TIC para a contorna de Vigo

códigocero - Xov, 02/01/2018 - 12:55

A rede SmartPEME da Deputación de Pontevedra ten deparado un amplo programa de actividades TIC para autónomos, empresarios e empresas da provincia este mes de febreiro. Segundo vén de informar a entidade que preside Carmela Silva, as oficinas da SmartPEME da área de Vigo, situadas nos concellos de Ponteareas, O Porriño e Vigo, acollerán durante este mes de febreiro dezaoito novos obradoiros. Como lembraremos, SmartPEME é a rede tecnolóxico-dixital de formación e asesoramento impulsada pola Deputación de Pontevedra, a rede SmartPEME (con sedes operativas en Pontevedra, Vigo, Porriño, Ponteareas, Cambados, Lalín e, a partir de datas vindeiras, todo apunta a que tamén na Estrada).
En febreiro, a primeira oficina en acoller un dos obradoiros será Ponteareas, que o venres 2 acollerá o curso Woocommerce II – A solución para vender por internet. Unha semana despois, o xoves 8 febreiro impartirase o obradoiro Edición de fotografía para plataformas e-commerce. Pola súa banda, o mércores 14 de febreiro será a quenda do curso Aprende a promover a túa empresa con Pinterest e o martes 20, Desenvolve a túa propia estratexia de email marketing. Dous días máis tarde, Ponteareas acollerá o curso Linkedin: a túa rede de networking e rematará o mes o luns 26 con Mide os teus obxectivos en redes sociais: Análise de estatísticas. A oficina SmartPEME de Ponteareas, no Centro de Desenvolvemento Local, atópase en Lomba do Cruceiro, nº 5. Todos os cursos tamén comezarán ás 19.00h.
Pola súa parte, as dependencias do Porriño acollerán o seu primeiro obradoiro do mes o vindeiro luns 5 de febreiro con Fotografía de vehículos para a súa venda online. Esa mesma semana, o mércores 7 de febreiro, celebrarase o obradoiro Unifica a xestión das túas redes con Hootsuite. A actividade no Porriño seguirá o luns 12 de febreiro, con Linkedin: a túa rede de networking. Tamén esa mesma semana, o xoves 15 de febreiro, terá lugar o curso Woocommerce I – A solución para vender por Internet. Para rematar, o mércores 21 de febreiro terá lugar o curso Aprende a promover a túa empresa con Pinterest e o martes 27, Sesión informativa: Así funciona Whatsapp Business. A oficina SmartPEME do Porriño, no Multicentro do concello, atópase na rúa Ribeira, s/n.
En canto as quendas na oficina de Vigo, a primeira será o martes 6 de febreiro, co curso Fotografía e vídeo para establecementos de turismo e hostalería. A segunda, será Facebook para non iniciados e impartirase o luns 12 de febreiro, tan só dous días antes do terceiro obradoiro do mes, Crea os teus propios informes: Google Data Studio. Unha semana despois, o martes 22 de febreiro, impartirase en Vigo o curso Sabes como converter a túa páxina web nunha páxina segura?. Pola súa banda, o xoves 22 de febreiro terá lugar o obradoiro Comercio electrónico para micropemes e para rematar, o mércores 28 de febreiro, Prestashop I: Comeza a crear a túa propia tenda online. A oficina SmartPEME de Vigo, na sede da Deputación da cidade, atópase na Rúa Oporto, nº 3. Os catro obradoiros comezarán ás 19.00h.
Datos sobre o Proxecto SmartPEME
SmartPEME é un novo modelo de servizo orientado á mellora competitiva das PEME e á procura dunha melloría nas vendas e na eficacia e eficiencia das tarefas, que abre novos eidos de actuación e acada novos grupos de interese coma os emprendedores, as asociacións empresariais e os axentes de dinamización en concellos.
O devandito obxectivo, nas oficinas do Porriño, Cambados, Pontevedra, Lalín, Ponteareas e Vigo abrangue seguintes actividades: itinerarios de obradoiros temáticos con diversos niveis de dificultade adaptados ás necesidades das empresas, eventos de networking trimestrais coa participación de profesionais de prestixio, colaboración con asociacións e promoción de alianzas institucionais, especialización sectorial dos asesores en función das necesidades da súa área de influencia, kits de asesoramento en novas tecnoloxías a emprendedores, identificación e difusión das necesidades TIC aos provedores de solucións para as PEME e, tamén, impulso de novas carteiras de servizos de asesoramento.

Categorías: Ciencia

Un simple análisis de sangre detecta la proteína del alzhéimer

Investigación y Ciencia - Xov, 02/01/2018 - 00:00
Se espera poder usar este nuevo análisis sencillo y barato para desarrollar mejores tratamientos para la demencia.
Categorías: Ciencia

¿Es posible transformar células cancerosas en neuronas?

Investigación y Ciencia - Xov, 02/01/2018 - 00:00
Descubren que la sobreexpresión de un receptor de estrógenos, no solo inhibe la progresión del neuroblastoma, también promueve su diferenciación en células neuronales.
Categorías: Ciencia

Coruña Dixital mobilizou a creatividade local cunha chea de sesións divulgativas e obradoiros en 2017

códigocero - Mér, 01/31/2018 - 21:30

O Concello da Coruña (Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento) vén de facer reconto do acadado coa programación da segunda tempada de Coruña Dixital, que dende maio a novembro fortaleceu e ampliou o cometido inicial do programa: facilitar a expansión das distintas prácticas de cultura dixital que se dan na cidade e na súa contorna. Segundo lembra a organización, este ano fíxose fincapé na creación audiovisual coa posta en marcha do LAIC: Laboratorio Audiovisual de Innovación e Creación. O seu obxectivo foi potenciar o talento, facer comunidade e tirar proveito das posibilidades da Internet.
Entre as principais actividades desenvolvidas ao abeiro do LAIC atopouse a súa presentación a Casa dos Peixes (o 16 de xuño, contando coa participación dos principais colectivos de creación audiovisual e dixital da Coruña, como por exemplo Videolume ou Bricolabs) ou a convocatoria aberta para facer comunidade arredor do LAIC (o 26 de xuño, nunha xuntanza á que acudiron medio cento de persoas de diversos perfís: youtubers, cineastas, expertos en redes sociais e mercadotecnia, arquivos, etc). Asemade, o 13 de setembro presentouse de xeito oficial a programación do LAIC, nunha xuntanza arredor da innovación audiovisual na que estivo presente o concelleiro de Culturas, José Manuel Sande, coa asistencia de 40 persoas. Neste encontro presentouse a imaxe de marca propia do LAIC, e comezouse a difundir o cartel e mais o folleto coa programación por toda a cidade e polas redes sociais.
A programación do #LAIC desenvolveuse “de xeito intensivo”, en palabras do Concello, durante os meses de outubro e novembro en distintos espazos da cidade. Estas foron as nove sesións celebradas:
· Jorge Lama debullou o uso de licenzas libres na primeira actividade da programación #LAIC
· Unha tarde aprendendo a sacarlle o máximo partido a Youtube
· Supercine: o valor das comunidades para facer unha película
· Todo o que tes que saber para seres "legal" en Youtube
· A Coruña Rebelde: experimentamos coa memoria histórica da cidade
· Un encontro sobre as novas posibilidades de traballo no audiovisual en Internet
· Dos memes analóxicos aos microvídeos no Taller de Narrativas Populares Contemporáneas
· Pensando videoxogos coa xente de MOLAB
· As emocións dos participantes no taller de Lance Weiler estarán presentes no festival de Sundance
Fóra da programación do LAIC, Coruña Dixital estivo presente na organización de distintas actividades impulsadas por outras iniciativas na cidade, facilitando espazos ou apoiando en tarefas de produción e comunicación. Ao abeiro desta liña de actividade, realizáronse varias charlas sobre software libre ao abeiro dos GPUL Labs, estreouse a serie Peter Brandon no Teatro Rosalía (co apoio de Coruña Dixital), celebrouse o Noroeste Videocampo ou desenvolveuse o Hackatiño (onde seu deu forma a catro aplicacións para mellorar a mobilidade na Coruña.
Ademais, Coruña Dixital colaborou con outras actividades como o LabComSeaSons, un laboratorio de comunicación multimedia para o festival Sea Sons, que xurdiu do colectivo Videolume. A maiores, o programa viaxou até Pontevedra para participar na segunda edición do Tek-Fest, Encontro de Tecnoloxía e Patrimonio, nunha mesa redonda sobre culturas de vangarda en Galicia, xunto con outras iniciativas e festivais como SinSal, WOS ou Carballo Interplay.
Outra das actividades foi o desenvolvemento do Kit de activación dixital, que se define como un punto de encontro e guía profesional web para poñer en común experiencias, retos e recursos cos que poder expandir novas prácticas culturais e activistas a través da creación e a innovación audiovisual, especialmente nas aulas de centros educativos e nos espazos socioculturais de proximidade.

Categorías: Ciencia

As startups galegas lanzan concurso para converter aos escolares en investigadores espaciais: o programa Hamsternauta

códigocero - Mér, 01/31/2018 - 18:15

Este 2 de febreiro celébrase o oitavo aniversario do evento Laconnetwork, tal e como avanzamos os días pasados dende Código Cero, detallando o programa de actividades, e entre as cousas que vai acoller esta oitava edición e que non podemos deixar de lado atópase sen dúbida a presentación do Programa Especial Hamsternauta (HANA). De que se trata o programa Hamsternauta? Pois basicamente de facilitar aos centros de educación secundaria os recursos precisos para converter o soño espacial do seu alumnado en realidade: o soño de contribuír, cos seus recursos, á carreira espacial e ao coñecemento do que está alén das nosas nubes.
Máis polo miúdo, a través desta iniciativa poderán enviar fóra da Terra o dummy dun hámster coa axuda dunha sonda e un globo meteorolóxico. O programa vén da man das startups da Asociación Galega de Innovadores en TICs. O reto do alumnado participante: lograr a misión máis completa.
Segundo nos explica Frankie Gómez dende a organización, a clave para acadar a misión máis completa e as mellores valoracións do xurado reside nas seguintes tarefas: ensamblaxe de compoñentes informáticos con programacións sinxelas, adestramento do Hamster, cálculos de gases, aceleracións, deceleracións, xeolocalización e “unha longa listaxe de posíbeis investigacións tan reais como as que até hai moi pouco só eran posíbeis para as axencias espaciais”.
Como dixemos, os instrumentos básicos a empregar son un globo meteorolóxico e unha sonda desenvolvida polos propios escolares. A súa misión consistirá en recuperala e manter con “vida” o seu boneco-hámster, polo que terán que avaliar ao detalle cada fase do proxecto.
A xeito de respaldo tecnolóxico, achegando a súa bagaxe, as empresas da dita asociación (asiduas dende hai oito anos ao evento Laconnnetwork, estreitando ligazóns e xerando colaboracións) subministrarán dende diferentes áreas de actividade os elementos técnicos, os coñecementos en programación e as sinerxías precisas para que este proxecto colectivo se converta en éxito.
Entre estas firmas innovadoras atópanse, por exemplo, Fitting Pup, adicada a facer seguimento da saúde das mascotas (será a encargada de prover o dummy e a sonorización do hámster); Lupeon ou IPglobal, que interveñen fornecendo de compoñentes de impresión 3D ou aditiva, así como compoñentes tecnolóxicos de última xeración, entre os que se contan sensores, placas e sistemas de alimentación para que os enxeños soporten os menos de setenta graos que pode acadar a sonda a 30.000 pés de altura (unha altura dúas veces máis grande cá aquela na que adoitan voar os avións). Tamén contribuirán ao proxecto APDTIC, Confirmsign, Mememtum, Taniwa, Filament2print, Tuco Systems, Primate, Cactus Digital ou Imaxin.
Para elixir o proxecto gañador, teranse en conta aspectos como o investimento en compoñentes, o número de participantes por grupo, cantos mozos e mozas concorren no grupo, os experimentos e cálculos realizados antes da misión, o grao de colaboración con outros equipos, se é a súa primeira sonda ou é un reincidente, etc. “En resumo”, lembran a organización, “trátase dunha verdadeira carreira espacial divertida para nenos, pero coma nos anos sesenta”.
Como parte do proxecto está previsto realizar un campamento científico a finais de curso cos colexios que finalicen as sondas onde expertos de diferentes áreas darán o visto e prace definitivo aos lanzamentos. Aqueles que consigan un maior éxito da misión, poderían gozar dunha viaxe ás instalacións da NASA ou a unha das axencias espaciais da nosa contorna.
HANA é un programa educativo que achega a ciencia e a tecnoloxía de maneira divertida aos nenos de educación secundaria a través do desenvolvemento dunha misión espacial real.

Categorías: Ciencia

O CPEIG mostra aos escolares da Pobra as pautas para unha boa navegación

códigocero - Mér, 01/31/2018 - 13:46

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) impartirá este 31 da xeneiro unha charla de balde no Centro de Estudos Profesionais (CEP) Pilar Maestú Sierra da Pobra do Caramiñal (Lugar Cadreche, s/n. Posmarcos), sobre navegación en Internet e sobre os mellores instrumentos que as novas xeracións poden aplicar para tirar o máximo proveito da Rede, en positivo. A charla, organizada pola AMPA Cadreche, celebrarase ás 16:00 horas no propio colexio.
A xornada informativa, dirixida a alumnos de 4º, 5º e 6º de Primaria, pais, nais, titores e profesores, organízase con motivo do Día Europeo da Protección de Datos (efeméride que se conmemorou o pasado domingo 28 de xaneiro, promovida polo Consello de Europa, a Comisión Europea e todas as autoridades implicadas da Unión Europea). Estará impartida polo colexiado Gabriel Ferreiro, que fará fincapé nas posibilidades que se abren a través dun uso axeitado da Internet, posibilidades para “aprender, divertirse e comunicarse”, pero empregándoa con sentido común.
O colexiado avanza tamén que a navegación por Internet serve para comunicarse, a través de correo electrónico, mensaxes instantáneas, chats ou das redes sociais, e para expresarse de forma máis extensa empregando outros espazos destinados a ese fin como son os blogs. Tamén manifesta que se pode ter un tempo de lecer escoitando música, vendo películas, xogando a videoxogos ou lendo libros en liña ou descargando os seus arquivos, “pero sempre de maneira legal”. Tamén fai fincapé na importancia documental da Rede para facer os traballos escolares, empregando os buscadores para acceder a todo o coñecemento que se precise.
Gabriel Ferreiro, a xeito de avance do seu relatorio na Pobra, recomenda aos rapaces que teñan o control sobre o perfil para non expoñerse innecesariamente a riscos como o phishing (fraude), o correo lixo, os correos masivos, o software malicioso ou o ciberacoso, ciberbullying ou grooming ou acoso sexual. O experto argumenta que sempre se debe ter en conta esta frase: “Non fagas en internet nada que non farías na vida real”.
O colexiado engade igualmente que se debe ter coidado cos datos, fotos (sobre todo de menores), información persoal, da familia ou dos traballos, sempre pensando antes de publicar. Explica tamén que cando se interactúa na Rede, os rapaces deben empregar alcumes e nicks axeitados (non empregar nunca o nome real, nin a idade ou ano de nacemento) e tampouco usar a webcam, non citarse con alguén fóra da rede ou publicar fotos sen consentimento dos fotografados.
Nas redes sociais, Gabriel Ferreiro lembra que a idade mínima para ter un perfil é de 14 anos, excepto en redes sociais específicas para menores, como Blindworlds ou Chaval.es, e sempre coa vixilancia dos pais ou titores encargados de velar pola súa privacidade.
En situacións de ciberacoso, o experto destaca que se debe denunciar ao intimidador.

Categorías: Ciencia

A xestión TIC de vehículos, ao detalle nunha nova xornada no Club Financeiro Atlántico

códigocero - Mér, 01/31/2018 - 12:35

O Club Financeiro Atlántico da Coruña prosegue coas súas xeiras formativas, divulgativas e de debate arredor das múltiples facianas que adopta a innovación e a creatividade aplicada ás tecnoloxías. Se os días pasados falabamos da cita con José Luis Orihuela arredor da comunicación do noso tempo (e do que tempo que nos espera), agora é a quenda de facer fincapé no transporte e na xestión tecnolóxica de vehículos (o transporte e a xestión de hoxe, e a do día de mañá). Estamos a falar do Curso Avanzado de Xestión de Frotas, que se celebra este 2 de febreiro no Club Financeiro, e que, co fío temático do control e o seguimento dos custes de equipamentos de mobilidade, vén da man da firma galega Ferreira Dapía Technology Consultant, en colaboración con Escola de Finanzas e Advanced Fleet Management Consulting.
O curso, que segundos os organizadores é o primeiro destas características que se celebra na Coruña, artéllase nunha xornada de cinco horas de duración e está dirixido a empresarios, directivos, xerentes, xestores de frotas, directores de loxística e profesionais relacionados coa xestión de frotas de vehículos.
A xornada será inaugurada por Venancio Salcines, fundador de Escola de Finanzas, e clausurada por José Antonio Ferreira, director de Ferreira Dapía. A formación será impartida por José Miguel Fernández, manager de Advanced Fleet Management Consulting, firma referencial na xestión de frotas, que entre outros traballos encargouse para a Axencia para os Refuxiados da ONU (UNHCR) da optimización e xestión das actividades do seu equipamento de 6.500 vehículos en todo o mundo.
Para quen non o saiba, Ferreira Dapía é un servizo coruñés de consultoría tecnolóxica fundado por José Antonio Ferreira, que amoreou ao longo das tres últimas décadas unha ampla experiencia na creación de empresas relacionadas coas radiocomunicacións, a telefonía fixa, a telefonía móbil e os servizos de localización por GPS.
As especialidades de Ferreira Dapía Technology Consultant son a Internet das Cousas (IoT), a información a gran escala (Big Data), a telemática, a xestión de frotas, de emerxencias e seguridade, a telemetría, a transmisión de datos en mobilidade, as solucións para dispositivos móbiles, as comunicacións M2M e as radiocomunicacións.

Categorías: Ciencia

A terceira entrega do premio da FIC ao mellor traballo aplicado xa ten finalistas

códigocero - Mér, 01/31/2018 - 12:00

Os días pasados, e logo das votacións feitas polas empresas colaboradoras, a Facultade de Informática da Coruña (FIC) deu a coñecer os finalistas da terceira edición do seu Premio ao Mellor Traballo Fin de Grao Aplicado. O certame, no que colaboran o Centro de Investigación TIC (CITIC) e a FUAC, busca enxalzar e visualizar a capacidade investigadora e desenvolvedora do alumnado.
A relación de finalistas, dispoñíbel nun documento en PDF, ficaría do seguinte xeito: Sistema de automatización para a obtención de rastrexabilidade de envases mediante a integración da tecnoloxía RFID, de Mateo Fuentes Pombo; Sistema para a monitorización da acumulación do gas radon en interiores, de Marcelo Galán Morada; Extracción de zonas quísticas en imaxes OCT de fondo de ollo, de Plácido Francisco Lizancos Vidal; Análise de patróns cerebrais para o control de cadeiras de rodas, de Laura Montes Pombar; e Desenvolvemento de módulos para robótica educativa en AppInventor, de Miguel Ángel Vilar Rodríguez.
A terceira edición do Premio ao Mellor TFG da FIC inclúe un primeiro galardón de 1.500 euros para o gañador e dous accésit de 500 euros. Os gañadores daranse a coñecer este mes de febreiro, trala resolución do certame.
Lembrar que esta terceira convocatoria conta novamente co patrocinio de importantes empresas como Everis, Grupo Voz, Indra, Instituto Tecnolóxico Galego (ITG) ou Telecom, amais da devandita colaboración do Centro de Investigación TIC (CITIC) e a Fundación Universidade da Coruña (FUAC).
O xurado que avaliará o aspecto técnico das solicitudes presentadas e o interese práctico do desenvolvemento das mesmas será conformado unha vez máis polas propias empresas colaboradoras.

Categorías: Ciencia

¿Qué pinta un trozo de corteza terrestre canadiense en Australia?

Investigación y Ciencia - Mér, 01/31/2018 - 00:00
También las rocas migran: un pedazo de corteza terrestre, del tamaño de Aragón, viajó en tiempos remotos entre Norteamérica y Australia.
Categorías: Ciencia

El escáner cerebral revela las relaciones amistosas

Investigación y Ciencia - Mér, 01/31/2018 - 00:00
El cerebro influye con quién entablamos amistad más de lo que se pensaba hasta ahora.
Categorías: Ciencia

¿Qué pinta corteza terrestre canadiense en Australia?

Investigación y Ciencia - Mér, 01/31/2018 - 00:00
También las rocas migran: un pedazo de corteza terrestre, del tamaño de Aragón, viajó en tiempos remotos entre Norteamérica y Australia.
Categorías: Ciencia

Instagram por fin permite ás empresas programar as súas publicacións

códigocero - Mar, 01/30/2018 - 23:00

A partires de hoxe Instagram conta cunha nova API, de xeito que as ferramentas de terceiros que se relacionan con popular aplicación de imaxes e vídeos orientada ao seu uso móbil conta con novas funcionalidades especialmente atractivas para empresas, como é o feito de que a partires de agora sexa posible que programen publicacións, prestación que estreará Hootsuite, aínda que nos vindeiros días é de esperar que moitas outras plataformas faciliten esta esperada funcionalidade. As novidades chegarían a contas persoais a primeiros do ano que vén.
Até o momento, as ferramentas de xestión de redes sociais o que permitían era gardar mensaxes a xeito de borrador e programar alertas, de xeito que a publicación final sempre tiña que completarse en directo dende un smartphone, o que resulta moi complexo para marcas e a organización de campañas de marketing nas que as publicacións noutras plataformas como Twitter ou Facebook poden programarse de xeito doado.
Os cambios na API de Instagram tamén supoñen a eliminación da API anterior, procedemento que desenvolverase de xeito progresivo durante 2 anos a partires do 31 de xullo, dando así tempo ás compañías a adaptarse ás novidades de Instagram.

Categorías: Ciencia

O CPETIG colabora nas Xornadas de Orientación ao Emprego do IES de Teis

códigocero - Mar, 01/30/2018 - 22:32

O secretario do Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG), Juan Luis Miguéns, participou na tarde deste 30 de xaneiro nun coloquio acerca dos recursos dos colexios profesionais e das asociacións. A mesa redonda, celebrada no IES de Teis, encadrouse na celebración das XIX Xornadas de Orientación ao Emprego. A intervención de Miguéns estivo centrada nos servizos que ofrece o CPETIG, nas accións formativas e eventos profesionais que organiza e nas vantaxes de colexiarse para defender colectivamente a profesión.
A colaboración do CPETIG nesta iniciativa que convoca anualmente o IES de Teis diríxese a fortalecer o obxectivo principal das xornadas: facilitar información ao alumnado sobre futuras saídas laborais despois de rematar os ciclos ou a FP Básica e contribuír a unha toma de decisións fundamentada.
Nesta edición, que remata mañá día 31, o alumnado ten a oportunidade de coñecer a experiencia de emprendedores novos que se formaron no IES de Teis e acceder a información útil sobre como enfrontarse con éxito a unha entrevista de traballo ou sobre os recursos de apoio para montar unha empresa propia. E, asemade, hai obradoiros prácticos e charlas con profesionais das diferentes ramas dos ciclos que se imparten no centro.

Categorías: Ciencia

COGAMI e Equalitas Vitae amosarán nos móbiles os destinos galegos accesíbeis

códigocero - Mar, 01/30/2018 - 20:51

Entre as iniciativas presentadas na pasada edición de FITUR que nos collen de preto atopábase un proxecto innovador que converterá a nosa terra nun destino accesíbel e favorábel para todas as persoas que decidan visitar Galicia, teñan as características motrices e funcionais que teñan. O proxecto foi dado a coñecer pola confederación galega COGAMI e a empresa Equalitas Vitae, e consiste nun traballo conxunto con vertentes turísticas, tecnolóxicas, culturais, hostaleiras, gastronómicas e, por suposto, inclusivas. Ao abeiro da iniciativa, impulsada polas dúas ditas entidades, COGAMI realizará estudos para diagnosticar as condicións de accesibilidade no aloxamentos e oferta turística e cultural con propostas de melloras nos casos nos que existan carencias nesta materia.
Segundo fixo saber o presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, o proxecto é de gran importancia para todos os colectivos, e máis se tempos en conta “a importancia do lecer, un elemento básico na nosa vida cotiá, amais dun dereito e un factor de inclusión social, polo que temos que acceder en igualdade de condicións ao goce do turismo”.
Equalitas Vitae, pola súa banda, axudará na promoción e na visibilidade dos destinos que cumpran cuns requisitos de accesibilidade establecidos e que garantan un servizo turístico de calidade para clientela con necesidades especiais. Ditos recursos aparecerán promovidos na páxina web www.equalitasvitae.com, portal referente en promoción do turismo accesíbel, e máis na aplicación móbil Turismo accesible, operativa para Android e IOS.
Durante a presentación, que contou coa presenza do xerente da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, Rafael Sánchez, tamén se anunciou que aqueles establecementos que cumpran coas condicións de accesibilidade establecidas van recibir un Distintivo de Accesibilidade, #Galiciaaccesible, un certificado que garanta un nivel de accesibilidade que testemuña que as instalacións son aptas para persoas con discapacidade. “Con esta iniciativa”, fíxose saber na cita en FITUR, “trátase de incentivar ás empresas ou entidades turísticas que traballan en iniciativas de turismo inclusivo e dálas a coñecer dentro do colectivo de persoas con diversidades funcionais”.

Categorías: Ciencia

Páxinas

Subscribirse a IGACIENCIA lector de novas