Ciencia

¿Cómo aprende un niño que el martillo percute?

Investigación y Ciencia - Lun, 03/26/2018 - 00:00
Un estudio sugiere que, al familiarizarse con el uso de herramientas, los niños basan sus decisiones en un entendimiento rudimentario de las leyes de la física, no en recompensas previas.
Categorías: Ciencia

¿Ecos en el horizonte?

Investigación y Ciencia - Dom, 03/25/2018 - 00:00
Las ondas gravitatorias han inaugurado nuevas formas de examinar las propiedades de los agujeros negros, y con ellas a la propia teoría de la relatividad general.
Categorías: Ciencia

2 millóns de usuarios evitaban os anuncios de Spotify sen pagar

códigocero - Ven, 03/23/2018 - 22:30

A primeiros de mes soubemos que Spotify estaba a tomar medidas contra copias modificadas da súa aplicación móbil que permitían aos usuarios de balde saltar a publicidade que financia o servizo de música en streaming dos usuarios que non pagan polo mesmo, e agora coñécese o alcance da piratería de Spotify: preto de 2 millóns de usuarios estarían a evitar os anuncios de Spotify sen pagar.
Ao peche do ano pasado o número de usuarios activos de Spotify era de 157 millóns, dos que o 86% eran usuarios que non pagaban pola súa subscrición, de xeito que o volume de fraude entre usuarios de balde sería de menos do 1,5%.
Este tipo de informacións fanse públicas de cara á saída aos mercados bolsistas da compañía, para clarexar as súas contas, pois non podemos esquecer que os usuarios que nin pagan nin consumen publicidade ocasionan un gasto, aínda que o feito de que sexan conscientes do seu proceder permite tomar medidas.
Cómpre salientar que parte do modelo de negocio de Spotify consiste en atraer a usuarios de balde ao modelo de pagamento, o que é complicado se existen métodos doados de gozar da música sen publicidade e sen subscrición de pagamento.

Categorías: Ciencia

O Carballo Interplay acollerá a estrea da webserie en galego Hai vida en Bran?

códigocero - Ven, 03/23/2018 - 22:30

Carballo, a través do seu quinto Festival Interplay, vai acoller a estrea da webserie en galego Hai vida en Bran?, dirixida, escrita e protagonizada por Ángela Andrada, que obtivo na cuarta edición do certame o Premio a proxecto de webserie na nosa lingua. A estrea será o 5 de abril no Pazo da Cultura de Carballo. Ademais, o certame xa elixiu os catro finalistas para a nova edición do dito recoñecemento: Sígueme; Áureas, unha historia dos anos 20; Premios Darwin e Cativos na cociña.
Volvendo a Hai vida en Bran? está producida por Macondo Prod e conta cun elenco de prometedores actores novos integrado por Pastor Rodríguez, Cristina Mariño, Daniel Celester, Gonzalo Faílde, Maite Vilar, Benigno Suárez e Ewa Jabukowska, amais de ter tamén a colaboración de facianas ben coñecidas do audiovisual galego, como Isabel Blanco, Monti Castiñeiras ou Cris Iglesias.
A serie, que é innovadora por forma (é unha serie concibida plenamente para ser vista en liña) e tamén por contido (a intención da directora é “cambiar o rumbo do audiovisual rompendo estereotipos”), conta a historia de Mariña, unha licenciada en Belas Artes que, despois de fracasar no seu intento de abrirse paso no mundo do cómic, volve á casa da súa nai “na pequena e aburrida vila de Bran”, segundo se desprende da sinopse, na que tamén se explica que en Bran, sen cartos e en plena crise dos 25, Mariña comeza a traballar na tenda da gasolineira e combate a soidade e o tedio coa creación dun novo cómic inspirado polo seu glam rock do seu idolatrado David Bowie.
Ángela Andrada, formada no Instituto de Cine de Madrid e que agarda a estrea da súa primeira longa como guionista, retrata en Hai vida en Bran? a chamada “Xeración Xabarín”, ou sexa, a rapazada toda dos anos noventa e posteriores aos que “se lles prometeu que chegarían lonxe e que agora se atopan diante dun futuro incerto”, segundo apunta a directora, que engade a webserie foi gravada en Celas de Peiro (Culleredo) e na Coruña.

Categorías: Ciencia

Elon Musk agocha as páxinas de Facebook de Tesla e SpaceX

códigocero - Ven, 03/23/2018 - 20:39

A polémica ao redor do abuso da plataforma de Facebook por parte de Cambridge Analytica levou a unha campaña na Rede que co cancelo #deletefacebook instaba a abandonar a plataforma social de Mark Zuckerberg, e como curiosidade tiña que o persoeiro que deu maior visibilidade ao fenómeno foi Brian Acton, un dos fundadores de WhatsApp, que durante a absorción da súa compañía por parte de Facebook traballou para tal empresa.
Durante esta tarde o propio Elon Musk quixo amosar a súa adhesión á protesta, primeiro a título persoal, o que levou a que o público reclamase o borrado tamén das páxinas das súas compañías, levando case de inmediato ao borrado das páxinas de SpaceX e Tesla das súas páxinas de Facebook.
Polo momento a presenza das empresas de Musk en Instagram (tamén propiedade de Facebook) mantense porque considera que se manteñan até certo punto independentes. Lembra que nunca usou Facebook e nunca o fará.
Temos así que non resultará sorprendente que, como mostra de adhesión aos movementos de protesta contra Facebook moitas marcas nos EE.UU. oculten as súas páxinas temporalmente (por exemplo, Sonos suspendeu por unha semana as súas campañas publicitarias en Facebook e Instagram, mentres que Mozilla tamén asegura ter pulsado o botón de pausa á súa publicidade en Facebook), aínda que dificilmente deixarán de estar presentes en Facebook a longo prazo, pois a ausencia podería supor tanto perdas económicas como unha importante perda do control da súa imaxe alí onde está o público.

Actualmente a páxina de Tesla en Facebook está oculta da vista dos usuarios
Categorías: Ciencia

Os proxectos de ViaGalicia Lugo luciron potencia innovadora

códigocero - Ven, 03/23/2018 - 18:00

ViaGalicia, a aceleradora do Consorcio da Zona Franca de Vigo, celebrou hoxe en Lugo unha xornada (DemoDay) para esculcar as posibilidades (moitas) de mercado cada unha das iniciativas aceleradas na vertente norte de ViaGalicia (vertente que vai pola súa terceira edición e que está a ser xestionada pola Fundación CEL). Na xuntanza déronse cita unhas oitenta persoas. A sesión, máis en detalle, serviu para para que cada un dos proxectos que participaron e remataron con éxito a fase de academia do programa (moitos deles proxectos directamente dixitais ou apoiados no uso das novas tecnoloxías) se presentasen por vez primeira e de forma pública da man das persoas que os puxeron en marcha.
Foron xeiras de presentación breves, en formato elevator pitch, desenvolvidas perante o comité técnico da aceleradora (CZFV, GAIN, Xesgalicia e Vigo Activo) e as entidades colaboradoras do mesmo, así como ante observadores convidados do ecosistema galego de emprendemento. A xornada terá continuidade este sábado na sede de ViaGalicia en Vigo.
Os DemoDays servirán, en última instancia, para que o comité técnico cualifique cada proxecto e seleccione, de entre os 40 participantes iniciais nas dúas fases de academia celebradas en Lugo e Vigo, os 15 como máximo (en total, de ambas as sedes) que pasarán á última fase do programa, a de aceleración, onde xa recibirán unha proposta formal de financiamento por parte da Xunta e o CZFV, en forma de préstamos participativos e subvención a fondo perdido, e máis formación e titorías.
Entre os proxectos que superaron a fase de pre aceleración ou academia con éxito atópanse:
· Besherpa (TIC/Turismo), ferramenta en liña para venda de escapadas de aventura recomendadas por usuarios reais, dirixida a xente sen tempo para planear o seu tempo libre.
· Bisquato (Agroalimentario/Pesca), taller lácteo artesanal adicado á produción de queixos (pasta branda e cortiza lavada) e á súa comercialización, transformando leite galego en produto de alto valor engadido.
· CC Datos (TIC/Industria 4.0), deseño, produción e comercialización de produtos e servizos para o seguimento de procesos utilizando tecnoloxías de fonte aberta (open source).
· Exclusive Cellar (Enerxía, recursos naturais), adegas domésticas para conservación e goce do viño activadas mediante intercambiadores xeotérmicos aire-terra 100% autosuficientes e sustentábeis.
· Emérita Legal (TIC/Legaltech) Comparador cualitativo de avogados. Permite aos usuarios atopar o mellor avogado para o seu caso, baseado en datos públicos de millóns de resolucións xudiciais para coñecer de maneira obxectivo a taxa de éxito dos avogados.
· Experiencias del destino (TIC/Turismo), plataforma en liña de produtos turísticos e de lecer (experiencias); aplicados en tempo real, para todo tipo de público e en todas as provincias de España.
· A Gran Faba (Agroalimentario/Pesca), comercialización da faba de Lourenzá e produtos de quinta gama.
· Legalmit (TIC/Legaltech), servizos para avogados que permite a dixitalización das tarefas dun bufete. Celebración de acordos legalmente vinculantes mediante videoconferencia que funciona como firma dixital avanzada. Transformamos o MP4 da videoconferencia en PDF.
· LudoApp (TIC/Educación), aplicación móbil orientada á educación das crianzas dunha maneira divertida e coa que aprenden de forma natural, a esforzarse, valorar as cousas e a ser máis autónomas mediante a gamificación das relacións entre pais e fillos.
· Noukee (TIC/Industria 4.0), solución de Internet das Cousas (IoT), software e hardware, de control de accesos e seguimento de activos da industria de forma segura, sen necesidade de conexión a Internet.
· Netfeeling (TIC/comercio), servizos avanzados para sector retail (grandes comerciantes polo miúdo, franquías, etc.), achegando a creación de programas de mantemento no tempo de clientela, e servirse das opinións e a bagaxe xerada polos usuarios para segmentar e obter a percepción de valor do cliente dunha forma altamente precisa e pouco intrusiva.
· Orballo, té de Galicia (Agroalimentario/Pesca), produción e comercialización do primeiro té ecolóxico certificado e producido en Europa que poida ofrecer ao consumidor un sabor propio, unha orixe única e as garantías de produción que esixe a normativa europea tanto a nivel laboral como sanitario.
· Osigris (TIC/Agroalimentario) é unha startup de agricultura de precisión, baseada na utilización de SIX (Sistemas de Información Xeografía) e na mellora da precisión para aumentar a cantidade de datos que se poden recoller de calquera cultivo. Como resultado obtense unha mellor resposta ás incidencias e un maior coñecemento dos datos de cada parcela.
· RocketForms (TIC), software-servizo enfocado na xeración de formularios en liña e a súa integración de forma sinxela en calquera web para a validación, captura e priorización de leads ou potenciais clientes que logo se integran noutras aplicacións para axilizar o procesameento da información.
· SCS Logistics, servizos B2B de aluguer, desenvolvemento e xestión 360º de embalaxe industrial reutilizábel.
· SmartWood (TIC/Agrícola-Forestal) é a plataforma de apoio á decisión dentro do ámbito das parcelas rurais. Propietarios e empresas poden obter a información crítica para pór en valor as súas parcelas agrícolas e forestais de xeito sinxelo e cómodo, así como contratar os traballos relacionados con esas producións.
· Tidyant cloud utilities (TIC/Outros servizos), solución dirixida a empresas e servizos técnicos. Xestiona, automatiza e optimiza os procesos rutineiros de postventa. Utiliza os dispositivos móbiles como canle de comunicación cos clientes.
· Tractus (TIC/agroalimentario), ferramenta para a xestión integral do proceso produtivo e de elaboración en empresas alimentarias, desenvolvido nativamente en web, cun manexo cómodo, visual e fluído. Permite un manexo doado dos distintos pasos na transformación de alimentos, a través dun computador/móbil/tableta, non só por unha programación pensada nun manexo moi visual, senón tamén pola instalación de controladores para control de procesos e recollida de información que é tratada automaticamente por Tractus.
Os proxectos seleccionados de Lugo e Vigo que pasen a aceleración terán acceso a un financiamento de ata 125.000 euros para lanzamento. En total, ViaGalicia mobiliza nesta edición até 1.875.000 euros de financiamento para emprendedores, entre préstamos participativos e achegas a fondo perdido. Desde a Fundación CEL destácase que é, por tanto, “unha gran oportunidade para os emprendedores seleccionados, non só polo acceso a financiamento senón tamén e sobre todo pola evolución positiva e maduración que experimentan as empresas participantes”.

Categorías: Ciencia

As lanzadeiras galegas de Telefónica compartiron éxitos de empregabilidade en Santiago

códigocero - Ven, 03/23/2018 - 15:30

O Centro de Novas Tecnoloxias de Santiago de Compostela acolleu hoxe unha xuntanza entre as/os participantes das Lanzadeiras de Emprego que desde novembro operan na Coruña, Pontevedra e Santiago, impulsadas (na nosa terra e no ámbito estatal) pola Fundación Telefónica e a Fundación Santa María A Real, contando co co-financiamento do Fondo Social Europeo e, na súa actividade, cunha marcada vertente de formación en innovación. Na cita participaron as 60 persoas desempregadas ás que dan servizo as tres ditas lanzadeiras, o conselleiro de Economía, Francisco Conde, a responsábel de Empregabilidade Europa en Fundación Telefónica, Laura Castela, e a vogal da Fundación Santa María A Real, Soraya de las Sías.
Estas lanzadeiras comezaron en novembro a súa nova andaina, achegando formación e empregabilidade a persoas sen traballo de diversas idades, perfís formativos e traxectorias laborais, activando e optimizando a súa procura de traballo durante un período de cinco meses, coa orientación de técnicos especializados e o uso de novas tecnoloxías e ferramentas de comunicación, marca persoal e promoción profesional, “acordes ás necesidades do mercado laboral actual”, informaron hoxe os responsábeis da iniciativa estatal, facendo fincapé nos éxitos acadados xa polas edicións en curso: “Froito de todo o aprendido, do esforzo individual e colectivo desenvolvido nestes meses, hai 20 participantes que atoparon traballo por conta allea en diferentes sectores: enxeñaría, arquitectura, administración, sector servizos, educación, terceiro sector, tecnoloxías, industria, hostalaría ou comercio, entre outros”.
Na xuntanza de hoxe, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, puxo en valor as Lanzadeiras de Emprego sinalando que son un bo mecanismo para atopar un traballo porque “axudan a adquirir confianza e unha posición activa e comprometida” e porque “poñen de manifesto a importancia que ten hoxe en día a formación”. Ao fío disto, Conde apuntou que a cualificación é a antesala do emprego, "a clave para conseguir un tecido empresarial competitivo".

Categorías: Ciencia

Un centenar de técnicos de concellos participaron na xornada do CPEIG sobre protección de datos

códigocero - Ven, 03/23/2018 - 13:25
Fernando Suárez na apertura da xornada celebrada en Santiago

Achegar información de utilidade sobre os cambios inminentes en materia de regulamento sobre salvagarda de información persoal e privacidade, facendo fincapé en como atinxen estes cambios ás administracións. Este foi un dos grandes obxectivos do evento celebrado hoxe polo Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), unha xornada técnica e divulgativa que foi inaugurada pola directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira, o vicepresidente executivo da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Manuel Mirás, e o presidente do CPEIG, Fernando Suárez. O obxectivo da xornada, máis en detalle, foi botar luz sobre o impacto do regulamento xeral de protección de datos sobre a actividade dos concellos e outras administracións públicas. A actividade, que se celebrou esta mañá no edificio CERSIA de Santiago, contou coa colaboración da FEGAMP e AMTEGA e a presenza dun centenar de técnicos.
Na xornada abordouse a cuestión da importante responsabilidade das administracións públicas, incluídas por suposto as locais, no que se refire á información dos cidadáns. Así, lembrouse aos presentes que os concellos e as restantes entidades públicas son “responsábeis e encargadas de tratamentos de datos persoais no desenvolvemento de moitas das súas actividades”, polo que o Regulamento Xeral de Protección de Datos (RXPD), que será de aplicación a partir do 25 de maio, implicará un gran esforzo de adaptación de todas as partes implicadas (cidadáns, empresas, entidades públicas), atinxindo de cheo ás administracións locais.
En palabras de Fernando Suárez, “o novo regulamento de protección de datos suporá unha garantía adicional e seguridade para os cidadáns, especialmente nas súas relacións electrónicas. Isto supón un reto para concellos e resto de administracións públicas que terán que facer un gran esforzo para adaptarse a esta normativa de alcance europeo. Entre as principais novidades destacan a realización dunha análise de riscos, o consentimento verificábel para a obtención de datos de carácter persoal e a creación da figura do delegado de protección de datos”, indicou o presidente do CPEIG, que engadiu que o colexio confía que este regulamento “supoña tamén un punto de inflexión de cara á concienciación da necesidade dunha regulación profesional, xa que é obvio que asuntos críticos como a seguridade xurídica e física das persoas deben ser garantidos por profesionais coas competencias e coñecementos acordes á súa responsabilidade”.
Na súa intervención, Manuel Mirás destacou que os concellos “somos os primeiros que temos que aplicarnos o conto e ser máis esixentes con nós mesmos e cos nosos veciños” á hora de cumprir a lei en calquera materia. “Non só temos que mellorar nós, as demais administracións tamén teñen que esforzarse e apoiarnos economicamente, informarnos, axudarnos coas estratexias de cambio de mentalidade, ofrecernos campañas informativas, pero sobre todo non darnos máis competencias sen acompañalas dunha memoria económica que clarifique os gastos e quen se fará cargo deles”.
O tamén alcalde de Oroso indicou que desde a FEGAMP, amais de “pedir vehementemente a necesidade de aclarar os ámbitos competenciais e de facer orzamentos de custo dos servizos”, decidiuse “apoiar aos concellos nesta época de cambios con formacións en diferentes materias”, e por iso tan só no mes de marzo a entidade organizou varias xornadas formativas dirixidas aos concellos e aos seus representantes e técnicos/as.
Polo que se refire a Mar Pereira, salientou na inaguración que a nova normativa obriga ás administracións a xerar un clima de confianza cos cidadáns no actual contexto dixital e que tamén contribuirá a concienciar á sociedade sobre a importancia de xestionar de maneira axeitada a súa privacidade na Rede e nas súas relacións online con empresas e entidades públicas. Mar Pereira fixo fincapé na complexidade que supón a adaptación ao novo regulamento, especialmente para as entidades de menor tamaño como os concellos e avanzou as liñas que está a seguir a Xunta para cumprir co RXPD.
Na cita tamén participaron o profesor de Dereito Constitucional e director do Centro de Estudos de Seguridade (CESEG-USC), José Julio Fernández; a directora Xeral de UNIVE Avogados, Carmen Cas; o xefe do departamento de Seguridade en Amtega, Gustavo Herva; e o doutor en Dereito e director do Master Protección e Tratamento de datos da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Daniel Neira.

Categorías: Ciencia

As visitas ás Illas Atlánticas xestiónanse xa con novas tecnoloxías

códigocero - Ven, 03/23/2018 - 13:24

Mellor e maior control na entrada de visitantes ao Parque Nacional das Illas Atlánticas. Este é o obxectivo básico do novo sistema tecnolóxico estreado hoxe pola Xunta no embarque dos primeiros pasaxeiros que partiron rumbo ao arquipélago das Cíes, onde estivo presente a directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz. O sistema, moi semellante ao implantado dende o ano 2015 na Praia das Catedrais, introduce unha metodoloxía tecnolóxica de xestión para garantir as súas eficacia e eficiencia. Para comezar, os viaxeiros están obrigados a obter unha autorización previa de acceso, de carácter persoal, intransferíbel e de balde, a través da páxina web, habilitada pola axencia AMTEGA.
Segundo informa a Administración autonómica, este cambio de sistema implica a obtención dun permiso previo para visitar as illas, co que logo se poderá mercar o billete nunha das tres empresas autorizadas durante o período de Semana Santa (Mar de Ons, Nabia e Rías Gallegas). Unha vez obtida a autorización, o visitante poderá descargala no seu dispositivo móbil (ou ben imprimila) para a súa posterior comprobación en porto por parte do persoal do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas.
Ana María Díaz lembrou que tamén se establece un mecanismo de lectura e control dos códigos QR que levan inseridos todas as autorizacións e que estará ligado coa web en tempo real. “Isto permitirá ao persoal do parque despregado tanto nos portos de Vigo, Baiona e Cangas como no de Rodas, en Cíes, comprobar a validez das autorizacións dos pasaxeiros”, engadiu.
A directora xeral engadiu que xa se teñen emitido máis de 1.800 autorizacións “sen rexistrarse incidencias” e recordou que ditos cambios pretenden evitar “a posíbel sobre-venda de billetes por parte das empresas de transporte que ofrecen este servizo”.

Categorías: Ciencia

Files Go permite localizar ficheiros no noso móbil

códigocero - Ven, 03/23/2018 - 12:51

Unha das aplicacións máis prácticas para dispositivos móbiles dos últimos anos, Files Go, que facilita dende a transferencia rápida de arquivos entre smartphones até a liberación de espazo no noso dispositivo, está a renovarse, e dende Google queren destacar que agora incorpora tres novas funcionalidades: busca de arquivos (poderanse localizar ficheiros no móbil coma quen busca na Internet, incluíndo resultados instantáneos, historial de busca, autocompletado e filtros), amosar a localización dos duplicados (poderemos saber onde están os documentos duplicados no móbil antes de borralos) e borrar fotografías e vídeos dos que teñamos copia na nube (Files Go sincronízase con Google Fotos para detectar os ficheiros dos que teñamos copia na nube de Google para proceder ao seu borrado en local e así aforrar espazo no móbil).

Categorías: Ciencia

O servizo Wi-Fi de Marineda City acada picos de 2.500 usuarios simultáneos

códigocero - Ven, 03/23/2018 - 12:40

A tecnoloxía Wi-Fi é xa unha parte fundamental dos espazos comerciais, sexan do tamaño que sexan. Proba diso son as importantes cifras de uso que acadan, unhas cifras que tenden a incrementarse tendo en conta a gran cantidade de cuestións que se resolven con Internet no móbil de cada quen, e tendo en conta que cada vez hai máis xente que usa o seu terminal para procurar onde fica unha tenda ou un servizo, as ofertas de cada establecemento ou simplemente o seu horario. Entre os espazos que meirandes taxas de uso acadan atópase o Centro Comercial Marineda City da Coruña, que, segundo a información que mide os parámetros das conexións, acada picos de 2.500 usuarios accedendo á rede Wi-Fi local de maneira simultánea.
Estes e outros datos figuran nun balance de éxitos feito polo operador galego R, subministrador do servizo, en base á información achegada polo centro comercial. Segundo fan saber, a orixe da optimización actual do servizo está en marzo de 2017, cando Marineda City comezou a brindar aos seus clientes unha nova solución sen fíos con máis cobertura, máis largo de banda e con capacidade para dar servizo a un meirande número de usuarios. Isto implicou que ao longo dos 100.000 metros cadrados da súa superficie se distribuíran 34 puntos de acceso da rede, dando cobertura a todos os recantos do centro. A velocidade de conexión desta rede é de 3 Mbps de suba e de baixada.

Categorías: Ciencia

O CiTIUS e o investigador Ismael Faro ábrennos as portas da computación cuántica

códigocero - Ven, 03/23/2018 - 12:19

Hoxe a partir das 12.00 imos ter unha cita de gran interese co cálculo avanzado, o cálculo que emprega principios da mecánica cuántica no desenvolvemento de métodos, técnicas e procesos, para almacenar e tratar datos. Estamos a falar da conferencia Despois da IA, Computación Cuántica, un relatorio organizado polo CiTIUS de Santiago (e dende o CiTIUS) e que vén da man de Ismael Faro, integrante da sede central de IBM Research e líder do equipo de desenvolvemento de prototipos e servizos emerxentes na nube nas áreas de Intelixencia Artificial e Computación Cuántica.
Na cita de hoxe, que poderemos seguir en streaming, o conferenciante falará da importancia do devandito novo paradigma de computación, un aliado fundamental nos eidos da aprendizaxe das máquinas, as simulacións químicas, a resolución de problemas de optimización de cifrado, etc.
Ismael Faro, como dixemos, lidera unha equipa de investigadores especializados en computación cuántica. Foron os encargados de crear a primeira plataforma en liña que deu acceso libre a un dos primeiros computadores cuánticos xeneralistas (usado por 76.000 usuarios até hoxe, que executaron máis de 2 millóns de experimentos na plataforma), e que a nivel académico permitiu xerar máis de 60 papers a terceiras institucións.

Ismael Faro retratado por Abdón Rodríguez
Categorías: Ciencia

Instagram devolverá a relevancia ás publicacións recentes

códigocero - Ven, 03/23/2018 - 12:04

A mediados de 2016 Instagram fixo un cambio radical no seu funcionamento que consistía principalmente en deixar de amosar contidos en orde cronolóxica inversa, de xeito que dende entón é un algoritmo o que elixe as publicacións que vemos antes en función das nosas interaccións, provocando que se perdesen no esquecemento boa parte das publicacións dos usuarios máis activos e anoxando tanto a creadores de contido como a consumidores, o que quedou constancia co fugaz xurdimento de Vero, e conscientes do descontento dos usuarios dende Instagram anuncian que están a introducir cambios para dar un maior control sobre a visualización das publicacións, que agora serán máis recentes.
Non só procurarán que as primeiras publicacións que vexamos en Instagram sexan as primeiras en verse, senón que tamén mudan o xeito de refrescarse a cronoloxía, de xeito que están a probar un botón de novas publicacións que permitirá elixir cando se refrescará a listaxe de publicacións, para evitar o incómodo efecto de estar a explorar os contidos e ver como, de súpeto, aparecemos ao comezo de todo, cunha relación de publicacións actualizada e cunha grande dificultade para retomar a navegación no punto no que estaba anteriormente.
Durante os vindeiros meses realizarán outras máis melloras para facer que as publicacións de Instagram recuperen atractivo, xa que os cambios efectuados nas mesmas provocou que perdesen relevancia fronte ás historias, elemento efémero que encaixa menos na estratexia comercial de Instagram.

Categorías: Ciencia

Máis de 74.000 galegos de 181 concellos poderán gozar de accesos á Rede de máis de 100 Mbps

códigocero - Ven, 03/23/2018 - 10:00

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijoo, avanzou na rolda de prensa do Consello da Xunta desta semana que o Plan de Banda Larga facilitará o acceso á Internet de 100 Mbps a máis de 74.000 galegos de 181 concellos, para o que realizarase un investimento de máis de 14 millóns de euros.
Esta iniciativa da Xunta para garantir á Rede en núcleos de menos de 300 habitantes compleméntase coa que ten en marcha o Goberno de España, centrada en núcleos de maior tamaño e coa que se mobilizan 21 millóns para dotar de conexión por fibra óptica a 258.000 galegos máis. Deste xeito, o traballo conxunto de ambas administracións posibilitará que en 2020 máis do 74% dos galegos poidan acceder a Internet de alta velocidade.
Entre as dúas iniciativas, sinalou o titular do Goberno galego, beneficiaranse máis de 332.000 galegos que viven nas zonas brancas, é dicir, sen conexións de máis de 30 Mbps. A continuación, valorou a nova de que este venres o Consello de Ministros aprobe un investimento de 150 millóns en axudas á extensión da banda larga.
A segunda edición do Plan de Banda Larga, que se estende ata 2020, ten tres liñas fundamentais: Internet en polígonos industriais, cun investimento de 3,4 millóns de euros, e este ano completarase a conexión a redes de até 350 Mbps para que Galicia dispoña de 130 polígonos con este tipo de redes. Internet para empresas situadas en zonas illadas, unha liña de axudas de 400.000 euros da que se benefician máis de 30 empresas. E Internet para núcleos de menos de 300 habitantes, «unha liña de actuación que vimos de activar no Consello de hoxe», tal e como asegurou hoxe o presidente da Xunta.

Categorías: Ciencia

Lentes de contacto inteligentes para diabéticos

Investigación y Ciencia - Ven, 03/23/2018 - 00:00
Su empleo permitiría un seguimiento en tiempo real del nivel de glucosa de forma indolora.
Categorías: Ciencia

A galega Tokio New Technology School, distinguida como mellor escola en liña de novas tecnoloxías

códigocero - Xov, 03/22/2018 - 23:09
Christian Moure recollendo os galardóns de excelencia educativa

A startup galega Tokio New Technology School vén de ser elixida como mellor escola en liña TIC nos Premios Excelencia Educativa na súa máis recente edición. Amais deste galardón, a firma recibiu neste certame até media ducia de distincións, entre as que se contan, tamén, o de mellor responsabilidade social en formación e novas tecnoloxías polo seu apoio ao proxecto HANA, o programa educativo que permite aos centros de educación secundaria converter ao seu alumnado en novos enxeñeiros aeroespaciais (fornecendo aos estudantes de recursos para enviar fóra da Terra un dummy-hámster coa axuda dunha sonda e un globo meteorolóxico).
Os devanditos premios, promovidos pola Fundación Mundo Cidade coa colaboración da Asociación Española de Escolas de Negocios (AEEN), poñen en valor a importancia dos estándares de calidade e perfeccionismo nas mellores escolas de negocios, universidades e centros de formación.
Ademais de cinco premios de excelencia educativa, a fundación outorgou a Tokio New Technology School a mención especial como centro máis innovador de 2018 polas súas técnicas creativas en formación interactiva e os seus estudos para implantar as metodoloxías da gamificación nos seus programas formativos.
A entrega destes recoñecementos reuniu no Ateneo de Madrid a representantes, directivos e membros de empresas e organizacións relacionadas coa educación.
No momento de entrega dos galardóns, Cristian Moure, director de Tokio New Technology School, recoñeceu que “estar a recoller estes premios significa moito para nós. Ás veces, cando innovas, vas un pouco a cegas e que unha entidade externa recoñeza o teu traballo quere dicir que vas polo camiño correcto”.
O xurado dos Premios Excelencia Educativa, composto por salientábeis profesionais do sector da formación, premiou a Tokio New Technology School tras realizar unha exhaustiva análise do funcionamento de miles de escolas de negocios e centros formativos a nivel mundial. O seu obxectivo é recoñecer a excelencia e as boas prácticas educativas.

Categorías: Ciencia

O grupo de tradutores de GNOME achega en galego a versión 3.28 do escritorio libre

códigocero - Xov, 03/22/2018 - 17:09

O escritorio libre GNOME (polas súas siglas en inglés GNU Network Object Model Environment) estreou esta semana nova versión, a 3.28, e unha vez máis podemos tirarlle proveito en galego, na súa totalidade, grazas ao traballo despregado polo Grupo de Tradución de GNOME. Segundo conta o propio grupo e reflicte Mancomún, tamén se publicaron os recursos lingüísticos derivados dos labores de localización á nosa lingua de GNOME 3.28 para a súa posíbel reutilización por parte doutros tradutores, pois están licenciado coa licenza libre Creative Commons By-SA 3.0 (Recoñecemento-CompartirIgual). Volvendo á nova versión do escritorio libre, abrangueu un total de 28.459 cambios e 753 contribuidores.
Entre as principais novidades figura a posibilidade de escoller favoritos: no navegador podemos marcar como favoritos ficheiros e cartafoles que logo aparecerán na barra lateral. Tamén houbo importantes optimizacións na organización persoal, melloras de aparencia (letra máis lexíbel, aumento da colección de fondos de escritorio), melloras en multimedia e lecer (máis facilitades para agregar fotos á nosa colección, ampliándose a listaxe de ferramentas de edición) ou novidades de xestión (por exemplo a aplicación Uso, que permite visualizar o consumo de CPU, de memoria e de disco, con funcións para limpar o lixo e ficheiros temporais).
Segundo informa o grupo galego, a nova versión estará dispoñíbel nas distintas distribucións de GNU/Linux á medida que os desenvolvedores vaian incorporando a nova versión nos acubillos das distribucións.

Categorías: Ciencia

Vilar de Santos estrea aplicación móbil e aposta pola implicación cidadá

códigocero - Xov, 03/22/2018 - 14:00

O Concello de Vilar de Santos (Ourense) vén de lanzar unha aplicación móbil (chamada Vilar de Santos App) concibida, en palabras do Goberno local, para “potenciar a mobilidade e a participación veciñal, mediante unha ferramenta tecnolóxica moi sinxela de instalar e manexar”. A aplicación, engade o Concello, é un recurso para o servizo público pero, tamén, para o beneficio da xente e para a súa implicación. De feito, a idea é tirarlle proveito para acadar a máxima actividade dos residentes, que poderán facer cousas como conectar cos contidos da actualidade municipal, facer consultas, enviar incidencias ou suxestións (en cuestións como avarías de auga, saneamento, alumeado público, camiños, mobiliario urbano) e ao mesmo tempo recibir notificacións e avisos importantes en tempo real.
Os servizos e características do recurso móbil artéllanse da seguinte maneira: actualidade municipal, axenda de actividades, participación cidadá (envío de consultas e incidencias), directorio municipal, información práctica dos lugares de interese, avisos á cidadanía, acceso aos contidos multimedia da web e notificacións en tempo real.
Segundo informa o Concello, esta primeira versión da aplicación xa está dispoñíbel para Android a través da plataforma de Google Play, sendo a previsión fornecer a medio prazo unha versión para sistemas iOS.
O Concello tamén quere tirar partido desta nova plataforma para “potenciar novas canles de participación” e recibir as achegas de cara a incorporar informacións ou novos servizos, “podendo contar coa opinión dos usuarios para verificar o bo funcionamento, as posíbeis melloras ou calquera outro aspecto da aplicación móbil”. Para facilitar este proceso, as achegas poderán ser comunicadas a través do correo electrónico habilitado participa@vilardesantos.com.
O desenvolvemento e lanzamento da ferramenta insírese Plan local de Modernización Dixital, que contempla a implantación dun conxunto de medidas dirixidas “a fomentar a transición do modelo analóxico ao dixital co horizonte deste ano 2018”. Os obxectivos do Concello son acadar o máximo afianzamento da administración local no ámbito dixital, e todo isto mediante a incorporación tanto de novos servizos como na xestión interna municipal. Ao abeiro deste plan fixéronse iniciativas concretas como a modernización e actualización do portal web do Concello, vilardesantos.gal, mellorando contidos nun novo formato e adaptando a web para os dispositivos móbiles as redes sociais, amais de dispoñibilizar o portal con dominio galego, o .gal. Asemade, púxose en marcha novo servizo da Administración Electrónica, vilardesantos.sedelectronica.gal, que é o punto de referencia para as xestións administrativas en liña do Concello, co obxectivo de simplificar e facilitar os procedementos, eliminando o papel e permitindo facer trámites en calquera momento e desde calquera lugar con acceso a Internet.

Categorías: Ciencia

As mulleres tech serán as protagonistas da Ourense ICC Week

códigocero - Xov, 03/22/2018 - 13:40

En maio, do 2 ao 5, chega unha das grandes citas galegas coa creatividade e a innovación, a cuarta entrega da Ourense ICC Week. O evento sobre industriais culturais e creativas de Ourense, organizado pola Deputación, contará novamente (coma nas anteriores edicións) cun importante recanto adicado ás novas tecnoloxías da información. Desta volta, o recanto das TIC enriquecerase e cubrirá novos horizontes coa entrada en xogo dunha óptica feminina: a das mulleres tech. Trátase da xornada Unha viaxe cara a Sociedade do Coñecemento, prevista para o 4 de maio.
Neste encontro coa cultura dixital participarán mulleres referentes e expertas en tendencias de máxima actualidade como por exemplo a realidade virtual, a realidade aumentada, o mundo do software, a chamada gamificación (aplicar en actividades da vida real metodoloxías propias dos videoxogos, estimulando a creatividade e a cooperación) ou a economía colaborativa.
Nesta xornada de mulleres tech, Sara Rodríguez, Cynthia Gálvez e Luz Castro contarán de primeira man o que están a facer e mostrarán o que está por vir en materia de tecnoloxías e, por suposto, en materia de tecnoloxías impulsadas dende o ámbito feminino e con vontade de romper calquera fenda de xénero, incluídas as dixitais.
Por outra banda, na mesma xornada do 4 de maio o presidente da AGAG (Asociación Galega de Guionistas), Nico Campos, falará das novas sobre o futuro dos contidos, os guións e a dirección, achegando as vivencias do sector da man da da directora e escritora, Gracia Querejeta, autora de filmes tan destacábeis como A derradeira viaxe de Robert Rylands ou a máis recente Felices 140.

Categorías: Ciencia

O director xeral de contidos de Mediaset fala na Coruña da nova xestión televisiva

códigocero - Xov, 03/22/2018 - 12:05

Este 23 de marzo temos unha cita cos contidos dixitais e, máis ca nada, coas cousas que se están a facer para que a televisión que coñecemos (a de toda a vida) evolucione até converterse en algo completamente distinto: accesíbel, inmediato, adaptábel aos nosos gustos e a todo tipo de aparellos tecnolóxicos terminais. De todas estas cousas e da experiencia de Mediaset España falaranos esta sexta feira (venres) o galego Manuel Villanueva, director xeral de contidos da dita compañía, quen participará nunha charla ao abeiro dos Parladoiros Audiovisuais de AGADIC. A cita será no Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)-Filmoteca de Galicia na Coruña.
Dirixida tanto a profesionais como a estudantes do sector, a sesión dará comezo ás 12,00 h. e será de entrada libre até completar a capacidade da sala.
Segundo informa a organización, o público terá a oportunidade de coñecer de primeira man a xestión de contidos de Tele 5, Cuatro e toda a oferta multicanle de Mediaset España. Cuestións como a permanencia do modelo de negocio da televisión xenérica en aberto, a súa convivencia coa oferta en liña e de pagamento, as tendencias dos formatos de lecer e a achega ás grellas televisivas do cine e a ficción de produción.
Nado en Marín, Manuel Villanueva atesoura unha longa e brillante experiencia na xestión de contidos en televisións públicas e privadas. Os seus primeiros pasos deunos na TVG, onde chegou a ser director de programas, para máis tarde ocuparse deste traballo en canles como Canal + ou Antena 3. Ocupa o seu posto de director xeral de contidos en Mediaset España dende o ano 2002, situando Tele 5 como a cadea televisiva líder en audiencia en España.

Categorías: Ciencia

Páxinas

Subscribirse a IGACIENCIA agregador - Ciencia