Ciencia

José Luis Orihuela mostraranos na Coruña as novas tendencias en comunicación dixital

códigocero - Xov, 01/25/2018 - 13:29

O vindeiro 31 de xaneiro, ás 14.00 horas, celébrase no Club Financeiro Atlántico da Coruña un almorzo-coloquio dirixido a mostrar os camiños que vai adoptar en anos vindeiros o noso xeito de acceder á información de actualidade, e tamén de traballar con ela, uns camiños que van ficar inevitábelmente marcados polo dixital, tanto no fondo, coma na forma, coma no código. A cita, organizada polo Foro de Comunicación Alumni Universidad de Navarra, contará coa presenza de José Luis Orihuela, que ofrecerá o relatorio Escenario e tendencias da comunicación dixital.
Orihuela, para quen non o saiba, é profesor na Facultade de Comunicación da Universidade de Navarra, amais de consultor de comunicación do Banco Mundial e autor dunha manchea de investigacións acerca da comunicación multimedia, as redes sociais e o novo xornalismo.
Orihuela, ademais, está considerado un experto referencial en materia de comunicación dixital, prestixio ao que contribuíron o seu blog eCuaderno.com e máis a súa comunidade en Twitter (@jlori), con 162 mil seareiros. A cita vai dirixida a empresarios e profesionais da comunicación.

Categorías: Ciencia

O CPEIG ilustra aos escolares de Sanxenxo sobre as vantaxes e os riscos das redes

códigocero - Xov, 01/25/2018 - 11:51

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) impartirá hoxe 25 de xaneiro unha charla no CEIP Noalla-Telleiro (Estrada. da Lanzada, 140. Noalla) de Sanxenxo, sobre os aspectos positivos e enriquecedores das redes sociais e Internet e sobre os riscos derivados dun mal uso destas tecnoloxías. O coloquio, organizado polo colexio, a AMPA O Telleiro e a Asociación de Veciños San Esteban de Noalla, celebrarase ás 20:30 horas na biblioteca do centro escolar.
A xornada informativa, dirixida a escolares, pais, nais ou titores, organízase con motivo do Día da Protección de Datos (efeméride que se conmemora o 28 de xaneiro, promovida polo Consello de Europa, a Comisión Europea e todas as autoridades de protección de datos dos países membros da Unión Europea), e estará impartida polo colexiado Iván Luis Vázquez, quen avaliará a evolución da nosa sociedade cara ao dixital, e na que xorden termos como o nativo dixital ou os nacidos a partir de 1980 e o inmigrante dixital ou aquelas persoas que naceron entre 1940 e 1980.
Porén, de maneira máis ampla, Iván Luis explicará que é Internet e os seus usos como un medio de comunicación para “informar, comunicar e entreter”. Ademais, analizará a influencia das redes sociais, falando de conceptos como a identidade dixital ou a pegada dixital.
Iván Luis tamén falará dos perigos dun uso incorrecto de Internet, un emprego sen a debida formación previa, “desde o feito de consumir ou xerar contido desaxeitado ou falso, sentir a obriga de estar sempre conectado e sufrir roubo de información ou suplantación de identidade”. Ademais, fará especial fincapé en “algo máis cotián, pero non menos perigoso” como é a perda da intimidade, privacidade e confidencialidade, onde xorden delitos como o coñecido ciberbullying no que rapaces e rapazas empregan as redes sociais e a mensaxería instantánea para agredir psicoloxicamente a outro rapaz. Por outra banda, comentará outro delito de acoso sexual a menores coñecido como grooming, ou a práctica de producir ou reenviar contidos eróticos ou pornográficos de menores.
Segundo o estudo Screening do uso problemático de internet entre os adolescentes da comunidade galega, elaborado en 2014 pola Xunta de Galicia, a Universidade de Santiago e o Valedor do Pobo para coñecer os hábitos de uso de Internet entre os estudantes de ESO en Galicia (255 centros participantes e 44.051 adolescentes de 12 e 17 anos), un 71% dos enquisados afirmaron que usaban a diario internet, o 13,5% conéctase máis de 5 horas ao día (22,9% no fin de semana) e un 81% accede a través do seu móbil.

Categorías: Ciencia

Os mellores robots dos nosos estudantes medirán forzas na UVigo o 4 de maio

códigocero - Xov, 01/25/2018 - 10:22

O bo destes tempos é que os robots, o seu deseño e construción, deixaron de estar ao alcance duns poucos. Agora, non hai dúbida, existen tecnoloxías, comunidades e movementos sociotecnolóxicos (por exemplo o movemento Maker) que nos permiten botar abaixo as barreiras que nos separan do que, en tempos, era pouco máis que ciencia ficción. Por se isto fose pouco, tamén hai certames onde o futuro faise presente e aléntase abertamente á creatividade tecnolóxica. Por exemplo a Competición de Robots da Escola de Enxeñería Industrial (UVigo) que se celebra o 4 de maio, convocando a estudantes de ensino secundario e superior da nosa terra. No certame, que vai pola súa cuarta edición, convidarase aos participantes a dar forma aos seus propios robots. O 4 de maio, os seus enxeños veranse as “caras”.
Segundo fai saber Juan Pardo, director da Escola de Enxeñería Industrial, un dos obxectivos da cita é “achegar á Universidade aos futuros e futuras estudantes”, amais de “fomentar o interese do alumnado polas disciplinas STEAM (Science, Technology, Engineering, Art and Mathematics)” e potenciar o traballo por proxecto e a autoaprendizaxe no deseño, construción e programación dos robots autónomos.
A competición realizarase por equipos, que deberán deseñar, construír e poñer en funcionamento cadanseu robot a partir dun kit básico que lles entregará a organización. O 4 de maio será o día no que os equipos porán a proba os seus robots, que deberá superar unha serie de probas de destreza. Os alumnos e alumnas de ensino secundario que desexen vivir esta experiencia e desenvolver as súas capacidades tecnolóxicas deberán facelo na categoría Wall-E, mentres que os estudantes de titulacións superiores pode inscribirse na modalidade R2D2. A data límite para formalizar a matrícula é o vindeiro luns 29 de xaneiro.
Como dixemos, neste 2018 a competición acada xa a súa cuarta edición, consolidándose, en palabras dos organizadores, “como unha cita de referencia que cada ano reúne centos de estudantes de toda Galicia”. Segundo indican, facendo balance de edicións previas, en 2017 superáronse os 800 inscritos e as expectativas desta nova convocatoria pasan por manter o mesmo grao de participación.
Respecto das categorías, a modalidade Wall-e está concibida para estudantes de ESO e Bacharelato, sendo o seu obxectivo que as e os participantes se familiaricen co mundo da robótica, participando na montaxe e programación dun robot móbil partindo do kit mBot Robot Educativo (2.4G), programábel de xeito doado con Scratch e compatíbel coa plataforma aberta Arduino. A competición realizarase en equipos de entre tres e seis estudantes e un profesor titor que deberán someter o seu autómata a dúas probas: completar no menor tempo posíbel un circuíto con obstáculos e unha especie de combate ente droides que deben sacar do campo de xogo aos seus opoñentes.
Polo que atinxe á outra categoría, o alumnado de Formación Profesional e de titulacións universitarias competirá en grupos de menos de seis persoas ou ben de maneira individual na modalidade R2D2, que comprende catro probas, tres individuais e unha colectiva. Neste caso cada equipo debe crear un robot cun tamaño máximo de 20 cm de lado e un peso máximo 1.500 gramos. Na proba de rastrexo os robots deben completar unha volta completa de non máis de catro metros, pero si con cambios bruscos de dirección, nun máximo de 60 segundos. Nun tempo inferior a un minuto, os robots deberán superar o seguinte exame de clasificación, un labirinto rectangular de 2x2 metros. Na terceira proba deberán retirar seis latas dun recinto de aproximadamente 1 metro de diámetro, e o derradeiro test será tamén un combate entre droides, como na modalidade Walll-e.

Categorías: Ciencia

Logran clonar monos con la técnica de la oveja «Dolly» por primera vez en la historia

Investigación y Ciencia - Xov, 01/25/2018 - 00:00
Científicos chinos producen dos clones de macaco que podrían revolucionar el estudio de las enfermedades humanas.
Categorías: Ciencia

La microbiota de la piel podría acelerar la curación de las heridas

Investigación y Ciencia - Xov, 01/25/2018 - 00:00
Tras una lesión, las bacterias que pueblan la epidermis inducirían la respuesta del sistema inmunitario. Ello favorecería el proceso de cicatrización.
Categorías: Ciencia

Plex convida a consumir vídeos en realidade virtual

códigocero - Mér, 01/24/2018 - 23:00

O organizador e reprodutor de contidos multimedia Plex continúa a medrar en posibilidades, e agora tira proveito da posibilidades da tecnoloxía Daydream de Google para permitir que poidamos gozar da nosa colección de vídeos a través dun casco de realidade virtual.
A idea de Plex VR é non precisar dun potente ordenador equipado cun caro casco de realidade virtual, senón operar directamente cun casco baseado nun smartphone con Android, facendo así como máis accesible esta tecnoloxía que non se limita a permitir empregar Plex nunha pantalla pegada aos ollos (o que pode aproveitarse para transmitir a impresión de que temos unha pantalla xigante), senón que ao integrar a visualización dentro dun espazo virtual decidiron abrir a experiencia á interacción con outros usuarios, de xeito que permiten que no noso salón virtual estean tamén amigos vendo os mesmos contidos para poder interactuar en tempo real a través dun chat de voz.
Aínda que Plex VR é unha aplicación para Android que pretende acceder aos contidos dun servidor Plex, tamén permite a reprodución de vídeos almacenados no smartphone, incluíndo vídeos en 3D e en 360 e 180 graos, converténdose nunha ferramenta moi práctica para o consumo audiovisual en dispositivos compatibles con Daydream.
Cómpre salientar que a reprodución multimedia con Plex VR é de balde para todos os usuarios, mentres que as opcións para compartir a experiencia con outros usuarios é exclusiva para subscritores de Plex Pass.

Vídeo promocional de Plex VR

Categorías: Ciencia

A nova edición de Galicia Open Future dá un viraxe cara o ámbito 4.0

códigocero - Mér, 01/24/2018 - 22:35

O Pacto Dixital de Galicia, a alianza asinada entre a Xunta e compañías referencias do eido TIC a prol de sacarlle ao noso tecido innovador o rendemento e a excelencia que atesoura, segue sumando azos. Se os días pasados falamos dun fortalecemento do pacto para impulsar o noso talento TIC, hoxe puidemos saber que Telefónica (unha das empresas da alianza dixital) vén de pechar un novo acordo de colaboración co Goberno galego para pór en marcha a nova edición de Galicia Open Future, o centro de crowdworking posto en marcha na Cidade da Cultura pola operadora de telecomunicacións en colaboración coa axencia autonómica AMTEGA.
Haberá novidades nesta cuarta entrega? Segundo Telefónica, a resposta é afirmativa: daráselle unha viraxe á palestra de innovación e emprendemento cara o que se coñece como Industria 4.0, ou sexa, cara ás metodoloxías intelixentes de traballo que resultan da confluencia entre a industria e o mundo das tecnoloxías da información e que se dirixen a converternos en máis rendíbeis, eficientes, eficaces, sustentábeis e mellor xestionados e comunicados coa demanda.
Baixo o título de Galicia Open Future_: Edición Retos Industria 4.0, o novo modelo busca “dirixir o talento emprendedor cara á resolución de problemas concretos da industria galega”, informa Telefónica, engadindo que nesta nova edición de GOF, a cuarta, colaborarán novamente a Axencia Galega de Innovación (GAIN), a Axencia Galega para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).
Ao abeiro do novo programa, proporase a grandes empresas referenciais galegas que lancen publicamente un total de seis retos reais de negocio, baixo un modelo de innovación aberta. Ao abeiro desta proposta colectiva, abriranse convocatorias a través da plataforma Telefónica Open Future para cada un dos desafíos, ás que poderán presentarse startups, PEME, centros tecnolóxicos, universidades e emprendedores, e entre os que se seleccionará a un gañador, que poderá desenvolver un piloto da súa solución coa empresa tractora, e tres finalistas.
O gañador terá unha axuda de GAIN de 20.000 euros para a posta en marcha do proxecto piloto. Ademais, tanto o gañador como os tres finalistas poderán acceder a un programa de aceleración dentro do ecosistema Open Future de Telefónica, e recibirán ademais un patrocinio de 10.000 euros, achegado por GAIN, como “recoñecemento ao seu esforzo innovador”. Logo, transcorrido o tempo de aceleración, seleccionarase ao mellor do tres finalistas, que recibirá unha axuda adicional de 10.000 euros achegada por AMTEGA.
Telefónica tamén explica que aparte das achegas económicas directas, Xesgalicia concederá á empresa gañadora un préstamo reembolsábel pola cantidade de diñeiro investido para a posta en marcha do piloto nas empresas, até un máximo de 100.000 euros. Ademais, poderá conceder aos finalistas un préstamo reembolsábel de até 50.000 euros.
A operadora, por último, lembra que neste intre se atopa na fase de contactos coas empresas referenciais, potencialmente achegadoras dos devanditos retos. Dúas delas, engade Telefónica, fornecerán os desafíos na primeira quincena de febreiro. A partir dese punto abrirase un prazo de inscrición dun mes para empresas e emprendedores nacionais ou internacionais, período a partir do cal elixiranse o gañador e mailos tres finalistas por cada un dos retos.
416 proxectos presentados en edicións anteriores
A presentación da nova convocatoria de GOF serviu para facer balance do acadado nas andainas previas. Segundo informan os impulsores do centro de crowdworking, nas tres edicións anteriores de Galicia Open Future presentáronse un total de 416 proxectos de alicerce tecnolóxico, dos cales foron acelerados 145, o que supuxo un total de 1.100 horas de traballo individualizado e o desenvolvemento de 90 actividades formativas e obradoiros abertos en materias como fiscalidade, mercadotecnia dixital, imaxe de marca ou novos modelos de financiamento.
Durante a súa participación, as novas firmas innovadoras puideron presentar os seus proxectos a potenciais clientes, participar en eventos internacionais como o South Summit, recibir apoio á internacionalización, celebrar sesións de adestramento e retro-alimentación con directivos de Telefónica, entrar en contacto coa rede global da plataforma Telefónica Open Future e recibir un apoio económico por parte da consellería de Economía, Emprego e Industria dirixido a aquelas empresas con mellor aproveitamento na aceleración.

Categorías: Ciencia

Alertan dunha posible estafa telefónica aproveitando o prefixo +881 de teléfonos satelitais

códigocero - Mér, 01/24/2018 - 22:30

Nos últimos anos e coa chegada de operadores de telecomunicacións como R afixémonos a unha nova numeración telefónica de xeito que aparte do histórico 981 como prefixo provincial da Coruña tamén aparecían números que comezaban por 881, o que está a facilitar unha inesperada confusión co prefixo internacional +881 creado en 1996 para servizos de telefonía por satélite. Por iso, R vén de alertar de chamadas de números que comezan por +88183810 que, pese a parecer da Coruña, non sería así, polo que non recomendan responder á chamada e moito menos devolvela, xa que o máis probable é que se trata de chamadas mal intencionadas.
Cando empregamos a numeración completa, os teléfonos da provincia da Coruña comezarían por +34881 ou +34981, polo que cando vexamos números longos teremos que fixarnos en se comezan co prefixo de España (+34), xa que en caso contrario é probable que, se non recibimos habitualmente chamadas dende o estranxeiro, esteamos ante algún tipo de estafa telefónica.

Categorías: Ciencia

O streaming musical vai camiño de xerar máis ingresos que a venda de discos físicos

códigocero - Mér, 01/24/2018 - 21:00

O impacto da dixitalización na industria musical foi un dos máis rotundos que se viviron nas últimas décadas, de xeito que o negocio da venda de discos está considerado residual, pero esta revolución non levou a unha adopción masiva da compra en formato dixital, senón que finalmente o que está a callar é o consumo da música en streaming e, aínda que os artistas protestan dos poucos ingresos que reciben por parte de plataformas como Spotify, dá a impresión de que o mercado do streaming podería continuar a medrar até conseguir un volume de negocio que lembrase ao dos vellos tempos e, de feito, dende o punto de vista do consumidor o gasto é xa maior que antes.

Dende Goldman Sachs aseguran que «o consumidor medio pagaba 50-60 dólares ao ano para mercar cinco CD» e no contorno dixital actual «moitos consumidores estadounidenses pagan 120 dólares ao ano por unha subscrición de 10 dólares/mes». Os propios datos da consultora sosteñen que o streaming de pagamento triplicaría en rendemento á venda de discos físicos e dobraría o rendemento das venda en formato descargable.

As previsións de ingresos da industria musical que sostén Honeycomb amosan un futuro moi optimista

A industria musical estaba no seu mellor momento en 1999, cando naceu Napster, plataforma que mudou o sector para sempre ao facilitar as descargas musicais sen pasar por caixa, levando a un período de 15 anos consecutivos de caída de ingresos, pero 2015 marcou un punto de inflexión, e o feito de que Spotify, Apple Music, Amazon Music e outros servizos semellantes acumulen máis de 100 millóns de subscritores fixeron que se mantivese un crecemento do sector que, de manterse no tempo, tal e como sostén o fondo de investimentos Honeycomb Asset Management (con participacións en Spotify), podería superar incluso o volume de negocio dos tempos da venda de discos físicos.

Dende Goldman Sachs sosteñen que o streaming musical é mellor negocio que a venda de discos en dixital e físico
Categorías: Ciencia

ABANCA aumentou nun 39,1% a cifra de interaccións dixitais mensuais

códigocero - Mér, 01/24/2018 - 20:10

ABANCA fixo hoxe balance do acadado en 2017, tanto a nivel de números (obtivo un resultado neto de 367 millóns de euros, un 10,0% máis que no exercicio anterior) como a nivel de pasos innovadores. Neste último punto, os responsábeis da entidade bancaria galega fixeron saber que se conseguiu “un importante avance do modelo de negocio dixital de ABANCA”, o que se traduciu, engadiron, “nun aumento do 39,1% no número de interaccións dixitais mensuais”. Polo que atinxe á actividade comercial con clientes, tamén medrou, dando como resultado un volume de negocio total de 65.556 millóns de euros.
Os responsábeis da entidade bancaria tamén fixeron reconto dos principais fitos tecnolóxicos logrados ao longo do ano que vimos de deixar atrás, un ano que se caracterizou por “un fortalecemento da capacidade de adaptación aos cambios que as novas tecnoloxías están a exercer nos hábitos de consumo da cidadanía”. Na cita cos medios de comunicación (na que participaron Juan Carlos Escotet Rodríguez, Francisco Botas e Alberto de Francisco, presidente, conselleiro delegado e director xeral financeiro de ABANCA) lembrouse a relevancia do lanzamento, en 2017, da aplicación de banca que permite ás empresas asinar operacións desde o seu móbil, do servizo Wallet de ABANCA Pay, da implantación da identificación facial Face ID para acceder á banca móbil con iPhone X ou do servizo de videochamada como procedemento para facerse cliente. Rodríguez, Botas e de Francisco tamén salientaron o fornecemento da posibilidade de realizar envíos de diñeiro de móbil a caixeiro a través de voz. “Estes avances no modelo de negocio dixital”, recordaron, “víronse apoiados cun aumento do 39,1% no número de interaccións dixitais mensuais”.
Por outra banda, no plano visíbel da tecnoloxía, lembraron que ABANCA continuou coa implantación do seu novo modelo de oficina na súa rede comercial e coa renovación do seu parque tecnolóxico (caixeiros, TPV, Microsoft Surface, etc.).

Categorías: Ciencia

PC Componentes estrea tarifa plana de envíos

códigocero - Mér, 01/24/2018 - 20:00

A chegada de Amazon.es supuxo toda unha revolución para o comercio electrónico estatal en 2011, non só por achegar un grande catálogo de produtos, senón tamén por mudar de xeito radical a loxística especialmente co seu servizo Amazon Premium (agora chamado Amazon Prime) que permitía recibir os pedidos en 2-3 días pagando só 14,95 euros/ano, e aínda que agora custa 19,95 euros/ano, os envíos tamén son máis áxiles (en moitos produtos o envío chegar a completarse en menos dun día) e inclúen incentivos como Prime Video, Twitch Prime e Prime Photos.
En vista desta situación, unha das meirandes tendas en liña de informática a nivel español, PC Componentes, finalmente move ficha, e vén de estrear PcComponentes Premium, un servizo que por 15,99 euros/ano cubre os gastos de envío de todos os pedidos que se lles faga, ao que suman ofertas exclusivas, promocións e sorteos especiais. Até o 28 de febreiro este servizo está en promoción, de xeito que quen o contrate terá que pagar só 9,99 euros o primeiro ano (que contará a partires do segundo mes, xa que o primeiro é de proba).
Os envíos de balde con PcComponentes Premium entregaranse en 24 horas (en días laborables) pero só para pedidos superiores a 25 euros dentro da España peninsular e Illas Baleares e para produtos que estean indicados dentro deste programa (dun xeito semellante ao que acontece con Amazon Prime).

Categorías: Ciencia

A empresa galega Tecalis entra no Clúster TIC

códigocero - Mér, 01/24/2018 - 19:47

A compañía galega Tecalis, centrada na consultoría e nos proxectos tecnolóxicos adicados á transformación dixital, vén de adherirse ao Clúster TIC Galicia, unha incorporación que reforza a vontade do Clúster de reunir ao macrosector das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (TIC) da Comunidade Autónoma de Galicia e darlle auxe, visibilidade e fortaleza.
Esta acción atópase inserida no proceso de expansión e crecemento que Tecalis ten co fin de converterse nun referente empresarial, empregando para iso a innovación nun contexto de Responsabilidade Social Empresarial (RSE), que abrangue diferentes accións como é a colaboración con outras empresas do eido tecnolóxico galego.
Asemade, cómpre subliñar que Tecalis tamén quere apostar pola conciliación e igualdade aplicada ao seu persoal, traducíndose isto na súa incorporación ao Cluster TIC Galicia da man dunha muller, Berta Caro, nomeada Responsábel de Desenvolvemento Corporativo e de Negocio do grupo empresarial conformado por Tecalis. Así, Tecalis pon o seu gran de area de cara a combater a forte desvantaxe feminina que existe neste sector e, en xeral, no mundo TIC.

Categorías: Ciencia

997 millóns de euros de multa a Qualcomm por abuso de posición dominante

códigocero - Mér, 01/24/2018 - 14:00

A Comisión Europea fixou en 997 millóns de euros a sanción que impón a Qualcomm por abuso de posición dominante no mercado dos procesadores LTE cos que funcionan os smartphones, por considerar que Qualcomm procurou evitar a competencia realizando pagos significativos a clientes cruciais coa condición de que non traballasen cos seus rivais, o que incumpre coas normas antimonopolio da Unión Europea.
A responsable da política da UE, a comisaria Margrethe Vestager asegurou en rolda de prensa que «Qualcomm pagou millóns de dólares a un cliente crucial, Apple, para que non mercarse aos seus rivais. Estes pagamentos non foron simples rebaixas de prezo, senón que puxeron condicións para que Apple mercase en exclusiva os chipsets de baseband de Qualcomm para todos os seus iPhone e iPad. Iso significa que ningún rival podería competir efectivamente con Qualcomm, con independencia do bos que fosen os seus produtos. O comportamento de Qualcomm negou aos consumidores e a outras compañías unha maior elección e innovación».
Aínda que Qualcomm sexa o meirande subministrador dos procesadores que facilitan a conexión con redes LTE, hai máis fabricantes no mercado, como Intel, e, de feito, constan documentos internos de Apple nos que confírmase que estaban a considerar recorrer a Intel para parte dos seus chipsets.
O acordo entre Qualcomm e Apple expirou en setembro de 2016, polo que a sanción castigaría as prácticas da compañía entre 2011 e 2016 (durante 5 anos, 6 meses e 23 días) e a cantidade fixada, 997.439.000 euros, correspondería ao 4,9% dos ingresos de Qualcomm en 2017. Búscase así persuadir á compañía de realizar prácticas semellantes no futuro.

Categorías: Ciencia

Instagram permite engadir imaxes GIF ás historias

códigocero - Mér, 01/24/2018 - 13:20

Aínda que o formato de imaxes animadas GIF estaba chamado a desaparecer, nos últimos anos recuperou folgos e converteuse no sustento de numerosos memes na Rede, conformando un inmenso catálogo de imaxes animadas que nas redes sociais empréganse frecuentemente a xeito de resposta rápida e que agora dende Instagram tiveron a ben aproveitar, non como un formato de vídeo que publicar, senón como un novo tipo de adhesivos para as historias.
Dende agora, cando publicamos unha fotografía ou vídeo nas nosas historias podemos engadirlle unha imaxe GIF como adhesivo, que poderemos elixir entre os centos de milleiros de imaxes animadas que hai no catálogo de GIPHY, dun xeito semellante a como fai Facebook cos seus comentarios, facendo así que as imaxes poidan ser máis divertidas e creativas.

As historias ábrense aos contidos cadrados ou en horizontal

Outra novidade que anuncian dende Instagram é que están a preparar a opción de poder compartir fotografías e vídeos nas historias nas súas dimensións orixinais, de xeito que cando teñamos contidos que non estean en vertical será posible publicalos sen recortalos. O espazo sobrante en pantalla completarase cun fondo degradado en cores acordes ao contido compartido.

Categorías: Ciencia

A Internet ultrarrápida chegará este ano a catro novos polígonos da Coruña

códigocero - Mér, 01/24/2018 - 13:09

Comeza o ano e, tal e como anunciou a axencia AMTEGA no balance dos días pasados (no que se fixo saber que máis de mil empresas de 51 polígonos galegos xa conta con acceso á Rede de alta velocidade), o ano 2018 ía ser un ano de importantes novidades neste avance da Internet avanzada polos nosos complexos industriais nos que a chegada das TIC de vangarda aínda segue a ser materia pendente. Este proceso, incluído no Plan de Banda Larga da Xunta, vai abranguer nos meses vindeiros catro novas superficies da provincia da Coruña, o que se saldaría cun total de 26 polígonos contactos ás redes ultrarrápidas da compañía de raizame galega R. Así o anunciaron esta mañá a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Mar Pereira, o director xeral de R, Alfredo Ramos, e o delegado da Xunta en A Coruña, Ovidio Rodeiro.
Tamén se lembrou, ao remate de 2017 había xa 22 polígonos da provincia con este servizo. Agora, o roteiro a seguir é que na recta final de 2018 estean cubertos coas ditas tecnoloxías os 26 complexos empresarias previstos no Plan, que sumados aos que xa dispoñían deste servizo, “suporá que o 98% das superficies empresariais ocupadas da provincia terán acceso a redes de máis de 100Mbps”, explicouse na cita cos medios, na que tamén se fixo saber que estas actuacións estanse a complementar con recursos TIC ao alcance das empresas e autónomos do rural: axudas para que conten tamén con redes ultrarrápidas, unha liña de incentivos que xa se traduciu en preto de 400.000 euros destinados a subvencionarlles solucións específicas. Disto xa se beneficiaron máis de 30 empresas, que agora dispoñen de velocidades de acceso a Internet de entre 50Mbps e 350Mbps.
Volvendo aos traballos despregados nos polígonos, o resultado dos mesmos é que as empresas beneficiadas teñen ao seu alcance servizos de Rede a través de fibra óptica cunhas velocidades de até 350 Mbps de baixada e 35 de suba, “cunha garantía de caudal do 80% sen límite de descargas”. Como lembraremos, estas melloras tecnolóxicas están a ser desenvolvidas polo operador R, adxudicatario do Plan.
No acto tamén se fixo saber que os procesos de incorporación dos nosos complexos industriais á Rede de alta capacidade abren un abano de posibilidades que vai alén do simple fornecemento de infraestrutura. En palabras de R, achandan o camiño para que as empresas “acometan a súa transformación dixital”. Ou sexa, para que boten man de servizos e solucións na nube como por exemplo a videoconferencia, o acceso á Internet das Cousas (IoT) ou os procedementos do que se coñece como Industria 4.0, vencellados a conceptos e metodoloxías como a eficiencia enerxética, o control de intrusións nas edificacións, os servidores virtuais e a analítica de datos (Big Data), entre outros eidos. “Todas estas cousas e outras moitas máis”, explica a compañía de raizame galega, “son posíbeis grazas ás vantaxes das redes FTTH (Fiber To The Home) que levan a fibra óptica ata a propia empresa nestes polígonos xa conectados ás redes ultrarrápidas de R”.
AMTEGA subvenciona estes despregues cunha axuda de 3,4 millóns de euros, que se estima que xeren un investimento total de 5,2 millóns de euros. Estas subvencións co-fináncianse ao 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR).
O Plan xa completou o despregue en 51 polígonos da Comunidade e este ano chegará aos 30 restantes. Deste xeito, en 2018, un total de 130 polígonos, que concentran case o 93% da superficie empresarial ocupada, disporán de acceso a redes de máis de 100 Mpbs.
Axudas para núcleos de poboación do rural
Tralas dúas primeiras actuacións orientadas a mellorar a conectividade no tecido empresarial, a AMTEGA vén de poñer en marcha a terceira actuación para facilitar o acceso a redes ultrarrápidas en zonas do rural que non contan con esta cobertura nin previsión de dispoñer destas redes.
O pasado día 15 xaneiro publicouse no DOG unha axudas, cun importe de 14,2 millóns de euros, dirixida a operadores de telecomunicacións para facilitar o acceso a internet de cando menos 100Mbps en núcleos de menos de 150 habitantes.
Os operadores poderán actuar en calquera das 26.386 entidades de poboación de menos de 150 habitantes e noutros 80 núcleos de entre 150 e 300 habitantes. Poderán presentar varios proxectos cunha subvención mínima de 20.000€ para cada un deles ata esgotar a dotación orzamentaria prevista. O prazo de presentación e dun mes a contar dende o día seguinte á publicación no DOG.
As redes coas que se dote ás entidades de poboación deberán proporcionar servizos de cando menos 100 Mbps de baixada e 20 de subida, non establecer limitacións de descargas e permitir a realización de comunicacións de voz e vídeo en tempo real.
A Administración autonómica concederá unha subvención máxima do 90% do custo total de cada proxecto. Estas subvencións cofináncianse ao 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR).
Segundo se informou hoxe, esta medida a Administración autonómica actuará nos núcleos máis pequenos con fondos FEADER, mentres que o Estado focalizará os seus esforzos en cubrir as entidades de maior tamaño coas convocatorias xa en marcha e as que licite nos vindeiros anos no marco do Programa Nacional de Extensión da Banda Larga de Nova Xeración (PEBA).

Categorías: Ciencia

Volven os Amigus Labs (o 3 de febreiro) e as súas xornadas argalleiras para toda a familia

códigocero - Mér, 01/24/2018 - 12:48

A asociación Amigus, con sede operativa nas Pontes, comeza o ano retomando o fío de actividades argalleiras e tecnolóxicas con que agasallou aos seareiros das tecnoloxías, pequenos e maiores, ao longo dos meses pasados. Este 3 de febreiro, sen ir máis lonxe, celébrase no Lar de Endesa (en As Pontes) unha nova edición dos obradoiros Amigus Labs, adicados á arte, á creación dixital e máis á formación. A nova xeira de traballo (Maker 18.1) servirános para introducirnos no manexo de pequenas placas de prototipado e a facer os nosos propios proxectos de robótica realidade.
Segundo informan dende Amigus, máis en detalle, mediante placas libres Arduino e Raspberry Pi darase comezo a “un novo prototipo de instalación interactiva, unha instalación manexada mediante Internet onde os usuarios terán ao seu alcance a posibilidade de interactuar os obxectos fabricados”. A xornada ten o engadido extra de abranguer múltiples aspectos da creación tecnolóxica actual, dende a Internet das Cousas ao audio e o vídeo dixital, pasando pola robótica, o uso de impresoras 3D e as fresadoras CNC.
Na xeira de traballo tamén se definirán conceptos e funcionamentos, avaliaranse custes e botarase luz sobre como aplicar melloras no desenvolvemento final. Amais de todo o devandito, nesta xornada e nas vindeiras haberá marxe para montar robots velocistas de competición, pequenos vehículos intelixentes de carreiras, controlados por un microcontrolador ATmega328 con micromotores, Bluetooth e repleto de sensores e cámaras, entre outros elementos tecnolóxicos.
Dentro da área Amigus Labs Kids, e xa que estamos a piques de mergullarnos de cheo no Entroido, organizarase un obradoiro de fabricación de disfraces con téxtil interactivo, no que os rapaces poderán crear máscaras e outros elementos. A idade mínima para participar tanto no obradoiro como na Amigus Labs é de 8 anos en adiante, a inscrición é de balde. Tódalas actividades realizaranse de 11:00 a 20:00, facendo unha parada para o xantar de 14:00 a 16:00. Máis información en http://www.amiguslabs.org.

Categorías: Ciencia

WhatsApp Business chega a España e funciona con números de teléfono fixo

códigocero - Mér, 01/24/2018 - 12:40

A semana pasada anunciouse a estrea da aplicación WhatsApp Business (WhatsApp para Negocios) que botou a andar en Indonesia, Italia, México, Reino Unido e EE.UU., para espallarse logo internacionalmente durante semanas, pero no caso español non se fixeron esperar moito, e xa está dispoñible a través de Google Play, facilitando así que as PEME poidan ter presenza en WhatsApp, facilitando incluso que nun mesmo teléfono podamos xestionar un número persoal e outro profesional.
WhatsApp Business conta con todas as funcionalidades da aplicación de mensaxería instantánea persoal, ás que engade a posibilidade de configurar un perfil de empresa (para poder amosar a información de contacto, o enderezo físico e web ou incluso o horario de apertura), permite configurar mensaxes automáticos de benvida ou de ausencia, conservando a compatibilidade con WhatsApp Web (para poder empregar a aplicación dende o ordenador) e incluso coa posibilidade de configurar a aplicación para o seu uso cun teléfono fixo (empregando como verificación de identidade unha chamada telefónica en vez dunha mensaxe de texto).
Estamos ante un importante paso por parte de WhatsApp, que até o momento só permitía o uso da súa plataforma no ámbito persoal, e agora comezaremos a ver as novas liñas de negocio que emprenderán para facer economicamente sustentable un servizo con volume de tráfico impresionante que é de balde para o usuario final.

Categorías: Ciencia

Vitae achéganos unha nova oportunidade de formarnos en React e Redux

códigocero - Mér, 01/24/2018 - 11:50

O desenvolvemento de software, coma calquera outra ou tarefa, está suxeito a múltiples condicionantes que afectan positiva ou negativamente a todos os treitos do camiño, dende a orixe do proxecto até a súa resolución. Así, de escoller unha determinada ferramenta de traballo, poderemos non só rematar antes senón tamén coordinar mellor o noso equipo (repartir dunha maneira máis óptima as tarefas) e termos un mellor acadado final do produto. Sobre este último punto, o do acabado, elixir os recursos de desenvolvemento máis axeitados pode significar a diferenza entre obter produtos estáticos ou vivos (dinámicos, flexíbeis, con capacidade de evolución, doados de xestionar e de testar). A cuarta edición do Curso React e Redux: Desenvolvemento frontend moderno que organiza a consultora Vitae en Vigo (23 e 24 de febreiro, 2 e 3 de marzo) garántenos chegar a bo porto nos devanditos procesos e obxectivos.
Segundo informa a organización do obradoiro, React é unha libraría Javascript para construír interfaces de usuario que nos facilitan ao máximo a creación de compoñentes personalizados. A maiores, sinala a consultora, “é extremadamente eficiente e flexíbel” e ten capacidade para afacerse a novas contornas e necesidades. Por outra banda, atesoura recursos para xestionar a vista e os seus estados de xeito sinxelo, “o que incrementa a produtividade no desenvolvemento de aplicacións”.
Respecto da súa orixe, React foi materializada e mantida por Facebook, e arestora é unha ferramenta en proceso de rápido espallamento. Está a ser empregado pola devandita rede social e por outras de primeiro nivel como Instagram, Netflix, Paypal, Imgur, Feedly ou Airbnb. Por outra banda, é código aberto, polo que conta con respaldo de desenvolvedores de todo o mundo, garantindo o seu bo funcionamento e a súa axeitada evolución.
Redux, pola súa banda, é un contedor de estado que funciona de maneira preditiva e que nos axuda a xestionar o estado dunha aplicación cando esta incrementa a súa complexidade. En parte foi posta en funcionamento por Flux, que é o patrón de arquitectura de aplicación que empregan Facebook e outras moitas compañías no desenvolvemento de aplicacións React.
“Neste curso”, explican dende a consultora, “o alumno aprenderá a empregar estas tecnoloxías, xunto con outras como o xestor de paquetes de Node (npm) e Webpack para aumentar a súa produtividade ao ser quen de desenvolver aplicacións modernas que sexan flexíbeis e sinxelas de manexar, manter e probar”.
Este obradoiro insírese na estratexia de Vitae a prol de mellorar a formación e capacitación dos nosos profesionais e empresas no sector das novas tecnoloxías da información, centrándose na mesma medida nos aspectos humanos e organizativos que nos aspectos tecnolóxicos.
O encargado de impartir estes contidos será Félix Horro Pita, enxeñeiro técnico en Informática e profesional con máis de 13 anos de experiencia como programador na empresa Corunet, amais de co-desenvolvedor de grandes proxectos para empresas do talle de Inditex, Abanca ou BricoKing.

Categorías: Ciencia

El origen termodinámico del consumo metabólico de los seres vivos

Investigación y Ciencia - Mér, 01/24/2018 - 00:00
Un trabajo propone una solución simple a un enigma que ocupaba a los biólogos desde hace un siglo.
Categorías: Ciencia

Control eficiente de nanorrobots de ADN

Investigación y Ciencia - Mér, 01/24/2018 - 00:00
Por medio de campos eléctricos se ha logrado controlar máquinas moleculares nanométricas hechas de ADN, y de modo que giren muy deprisa. Se abre así la vía hacia un uso eficiente y a gran escala de estas nanomáquinas, limitado hasta ahora por la lentitud de las técnicas basada en enzimas o filamentos de ADN.
Categorías: Ciencia

Páxinas

Subscribirse a IGACIENCIA agregador - Ciencia