Ciencia

O COETG-AETG mostrou a súa andaina perante o alumnado de Enxeñaría de Telecomunicación

códigocero - Lun, 11/27/2017 - 16:11

O venres día 24 de novembro celebrouse na Escola de Enxeñería de Telecomunicación da Universidade de Vigo unha conferencia impartida polo secretario do COETG e da AETG (Colexio e Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia), Ricardo Fernández, dirixida aos alumnos do Máster en Enxeñería de Telecomunicación da EET da Universidade de Vigo. Fernández, na súa intervención, fixo un percorrido pola historia das telecomunicacións e a profesión do enxeñeiro de telecomunicación. Ademais, achegou unha charla expositiva sobre o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación e da Asociación, explicando as función de ambas entidades e os servizos que ofrecen tanto aos profesionais como aos estudantes, incidindo especialmente na traxectoria de ambas entidades das que este ano se conmemora o 50 e 25 aniversario respectivamente.
Ademais, o representante do COETG/AETG explicou aos alumnos as diferentes vertentes da profesión da enxeñería de telecomunicación e a súa transversalidade. Esta actuación enmarcase na liña de colaboración que o COETG/AETG mantén coa propia Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, facendo un achegamento os estudantes para darlles a coñecer tamén a existencia tanto da asociación como do colexio oficial e a importancia e vantaxes de formar parte deles.

Categorías: Ciencia

O MS Office para Android por fin funciona nos Chromebooks

códigocero - Lun, 11/27/2017 - 14:49

Dende o ano pasado os ordenadores portátiles con Chrome OS comezaron a poder correr aplicacións para Android, funcionalidade que foise estendendo entre distintos modelos de Chromebook, aínda que tras recibila percibían tamén unha curiosa carencia: as aplicacións ofimáticas de Microsoft non estaban dispoñibles. Agora parece que a eiva vén de superarse, e finalmente parece que o Microsoft Office xa corre sen problemas nos Chromebooks que teñen acceso a Google Play, tende de aplicacións para Android dende a que xa é posible instalar o Word, o Excel ou o PowerPoint, precisando dunha subscrición a Office 365 se queremos tirar un proveito completo destas aplicacións.
Estamos ante unha magnífica nova para moitos usuarios deste tipo de equipos (de grande éxito no ámbito educativo estadounidense) xa que abre interesantes posibilidades para o uso dos Chromebook en traballos de produtividade pois, aínda que eses equipos estean deseñados pensando nas solucións ofimáticas de Google, nalgúns contornos continúan a estar implantadas as solucións de Microsoft. Tamén é interesante esta opción para usuarios que non se atrevían a adquirir un Chromebook polas súas limitacións de software, e ao saber que poderán empregar ferramentas ofimáticas coas que están familiarizados resultaralles máis doado dar o salto a Chrome OS.

Categorías: Ciencia

R ampliará os datos de varias tarifas móbiles para achegarse ás ofertas da competencia

códigocero - Lun, 11/27/2017 - 14:23

O operador de telecomunicacións R, pertencente ao grupo Euskaltel, anuncia que o vindeiro 22 de decembro vai mellorar o volume de datos incluído en varias das súas tarifas, sen incremento de prezo, no que parece un axuste da súa oferta fronte á realidade do mercado, xa que non podemos esquecer que o seu servizo móbil chega a través da rede de Orange, a máis empregada polos operadores móbiles virtuais e das peor percibidas por parte dos usuarios en Galicia.
Entre as tarifas que verán aumentados os seus datos móbiles están as tarifas R 5GB e R 10GB, que pasarán a ofrecer 6 e 15 GB de datos; a tarifa 200 + 3 GB pasará a 5 GB; a tarifa plana 200 + 8 GB pasará a ter chamadas ilimitadas e 10 GB de datos; a plana + 5GB dobrará os seus datos; e as tarifas plana + 6 GB e + 10 GB pasarán a ter 15 e 25 GB respectivamente.
Estas ofertas renovadas continuarían a ter uns prezos complicados de encaixar no mercado actual (de non combinarse con outras tarifas) xa que, por exemplo, Amena, o operador de baixo custo de Orange, ofrece chamadas ilimitada e 10 Gb de datos por 19,95 euros/mes e chamadas ilimitadas e 25 GB de datos por 24,95 euros/mes, mentres que para esas condicións R cobraría 25 e 35 euros respectivamente.
Entre os cambios de tarifas de R destaca a aparición dunha nova tarifa móbil que por 45 euros/mes ofrece tarifa plana de chamadas e 50 GB de datos. Para liñas principais tamén lanzarán unha tarifa con 200 minutos en chamadas e 4 GB de datos por 16 euros/mes e outra de 500 minutos en chamadas e 5 GB de datos por 20 euros/mes.
Aparte dos cambios nas tarifas móbiles, R tamén anunciou que as conexións de banda larga fixa de 50 Mbps pasarán a ter 60 Mbps de velocidade a partires do 22 de decembro, de xeito que os clientes só terán que reiniciar o seu router para gozar da nova velocidade de acceso á Rede.

Categorías: Ciencia

MuyComputerPRO entrevista a Antonio Vidal, premio ao mellor científico de datos en España

códigocero - Lun, 11/27/2017 - 13:26

A web MuyComputerPRO, canle especializada en información tecnolóxica e un dos medios dixitais máis referenciais do ámbito TIC, vén de publicar unha entrevista co enxeñeiro galego Antonio Vidal, científico de datos de SIVSA, co gallo de ter sido galardoado co premio ao Mellor Científico de Datos de España, edición 2017. Na reportaxe, Antonio Vidal fai un percorrido polo proxecto que está na orixe do dito recoñecemento, pola súa experiencia profesional e, tamén, polo que está por vir en materia de tratamento de datos, tanto a nivel de formación como de aplicación e posta en marcha.
Como lembraremos, Vidal é enxeñeiro de Telecomunicación pola Universidade de Vigo. A día de hoxe é responsábel de Ciencia de Datos na empresa SIVSA, da que temos falado en Código Cero para salientar as vantaxes e características pioneiras das plataformas Fenix (para facilitar o día a día de clínicas e centros médicos) e Geenie (para axilizar nos organismos públicos a compra de bens dentro do sistema de Contratación Centralizada do Ministerio de Facenda).
O enxeñeiro distinguido, ademais, está a compatibilizar o traballo en SIVSA coa elaboración da súa tese de doutoramento na Universidade, baixo a dirección do catedrático Javier González Casteño e co obxectivo de dar forma a algoritmos que axuden (de maneira automática) a predicir o prezo de poxa dun servizo na nube, con vistas a minimizar custes na contratación dun servizo. Trátase do proxecto AWS SpotPred, en palabras de Vidal “un sistema que predí os prezos das poxas das máquinas virtuais Amazon EC2 e especialmente deseñado para asegurar que as subastas se gañen ao menor prezo posíbel”, o que posibilitaría a optimización de custes de infraestrutura nas empresas que usan os servizos de Amazon AWS na nube.
Os galardóns
Os premios Data Science Awards Spain 2017, impulsados por Synergic Partners, empresa do grupo Telefónica, distinguen as mellores iniciativas particulares e empresariais e de xornalismo de datos no eido da información a gran escala (Big Data). Para esta segunda edición, resolta recentemente, recibíronse máis de 300 propostas, a distribuír en tres categorías. O xurado elixiu aos gañadores nas categorías de científico de datos, na que triunfou Antonio Vidal; na modalidade de empresas que foi para Ebury e con mención de honra PepsiCo; e o premio ao mellor traballo de xornalismo de datos en España foi para Mar Cabra. Ademais, o xurado decidiu outorgar dúas mencións de honra na categoría de científicos de datos por un lado a Roberto Martín, como Mellor Visualización de Datos e, por outro, a Alejandro Baldominos coa mención á Mellor Solución de Arquitectura Big Data.

Categorías: Ciencia

O Concello de Cabanas crea dúas aulas multimedia no antigo consistorio

códigocero - Lun, 11/27/2017 - 13:01

O Concello de Cabanas (A Coruña) vén de crear dúas multimedia na antiga casa consistorial. Os novos espazos foron dados a coñecer polo alcalde, Germán Castrillón, quen informou que se trata de dúas estancias equipadas “coas últimas tecnoloxías” que requiriron, para o seu acondicionamento (derrube de tabiques, ampliación de superficie útil, achega de equipamento TIC de alumeado), dunha intervención orzamentada nuns 59.000 euros co-financiados por AGADER e a Consellería de Cultura. Coas dúas aulas multimedia, sinalou o rexedor, potenciarase a actividade do inmóbel, até o de agora sede da Escola Municipal de Música. A intención do Concello é entrar á formar parte da Rede CeMIT de Galicia nos vindeiros meses e iniciar a achega de accións formativas no eido da alfabetización dixital e do emprendemento.
As novas aulas están emprazadas no primeiro andar e, segundo engadiu Castrillón son cen por cen accesíbeis. A primeira sala conta con 13 CPU con monitor LED, impresora láser, proxector de vídeo, equipo de son con altofalantes, pantalla de proxección, cámara motorizada para vídeo-conferencias, mesas de aula e cadeiras. A segunda, concibida como complementaria da primeira, é unha aula multiusos con mesa para reunións, cadeiras, CPU con monitor LED e armario. Por último, o Concello tamén dotou o inmóbel dun sistema de alarma para garantir a súa seguridade.

Categorías: Ciencia

Vilar de Santos optimiza a súa web e implanta servizo de eAdministración

códigocero - Lun, 11/27/2017 - 12:50

O Concello de Vilar de Santos (Ourense) vén de levar a cabo unha serie de importantes avances en materia de tecnoloxías, transparencia e participación. Estas melloras, que responden ao Plan de Modernización Dixital posto en marcha hai uns meses, abranguen a modernización da web municipal e máis a implantación local da Administración Electrónica. O obxectivo xenérico do Concello é “fomentar a transición do modelo analóxico ao dixital co horizonte de 2018”, incorporando novos servizos e impulsando a xestión interna municipal. A orixe deste Plan está no convencemento de que as TIC e a Internet son “unha ferramenta fundamental para axilizar e dotar de maior eficiencia a relación que mantemos cos novos veciños e veciñas”.
Respecto á modernización e actualización do portal web, abrangueu a adopción dun novo formato, adaptado e adaptábel, cunha maior presenza nos dispositivos móbiles e nas redes sociais cara ao novo dominio, vilardesantos.gal, que xa está operativo. Segundo informou o Concello, grazas ás melloras aplicadas “poderemos compartir directamente os contidos en calquera aplicación social”, gozando, no que ao portal se refire, “dun deseño máis moderno, limpo, contidos máis accesíbeis e con capacidade para adaptarse a calquera dispositivo de navegación”. Ademais, o sitio tamén permite crear novos apartados “dun xeito máis doado de cara a adaptarse con maior axilidade ás necesidades informativas e de comunicación do Concello”.
Os traballos de actualización e optimización, levados a cabo pola empresa Ainet, deixan marxe ampla para a inclusión de novos servizos e funcionalidades e para ficar “en permanente actualización”. Ademais, a estrutura da nova web persegue estruturar os contidos en función do interese de quen a visite.
O novo portal, a maiores, incorporará unha aplicación municipal que arestora atópase en fase de probas e que se prevé estea operativa en xaneiro. Esta ferramenta, en palabras do Goberno local, permitirá non só acceder a contidos de interese, senón tamén comunicar de xeito electrónico ao Concello todo tipo de incidencias e consultas sobre cuestións como avarías de auga, saneamento, alumeado público, camiños, mobiliario urbano, etc.
A outra gran novidade da web, como dixemos, é a incorporación do novo servizo da Administración Electrónica, co que se pretende “dar cumprimento ás esixencias e normativas legais actuais e futuras”. O Concello comunicou que irá introducindo de maneira paulatina este servizo nos seus procedementos. Dentro deste proceso estase abrindo a sede electrónica (vilardesantos.sedelectronica.gal/info.0), que será “o punto de referencia para as xestións administrativas online coa Administración local, de información e de transparencia municipal”. O obxectivo é acadar “unha Administración sen papel, baseada nun funcionamento que non só sirva mellor aos principios de eficacia e eficiencia, de aforrar custos, senón que tamén reforce as garantías dos veciños nas xestións coa administración: simplificando e facilitando os procedementos con transparencia, en calquera momento e desde calquera lugar con acceso a Internet”.
Este proceso iniciouse no mes de agosto para implantar a Administración Electrónica na actividade diaria e os servizos municipais, coa plataforma Gestiona e a necesaria formación e acompañamento do persoal dos diferentes servizos municipais, ademais da adquisición de novos equipos.


Categorías: Ciencia

Actualizado o servizo de tradución Gaio con vocabulario dos eidos xurídico e administrativo

códigocero - Lun, 11/27/2017 - 10:24

O servizo de tradución Gaio, que ten aplicación móbil de seu para ser descargada de balde en Google Play e App Store, vén de ser obxecto dunha serie de melloras. Segundo fai saber a Xunta, a actualización do portal (tradutorgaio.xunta.gal) incorpora tres vocabularios personalizados diferentes: o xeral, o administrativo con nomenclatura das administracións galegas e nomes propios de lugares e persoas, e o xurídico con terminoloxía propia do campo xudicial e lexislativo. Xunto con estas incorporación, anovouse o deseño e mellorouse e simplificouse o funcionamento do tradutor, que segundo informa a Xunta, agora permite introducir na mesma caixa tanto o texto como a URL da web que se quere traducir.
Gaio, como lembraremos, é portal-aplicación que posibilita a tradución directa e inversa de textos e de webs en galego, castelán, portugués, inglés, francés e catalán. A axencia AMTEGA e a Secretaría Xeral de Política Lingüística puxeron á disposición da cidadanía este servizo hai dous anos, nos que rexistraron máis de 2,6 millóns de visitas e ao abeiro do cal traducíronse 430 millóns de palabras.
Segundo engaden AMTEGA e Política Lingüística, a nova versión de Gaio está adaptada a todos os dispositivos móbiles, permite reverter nun só clic o sentido da tradución e copiar, tamén, nun só clic o texto traducido. Outra das novidades é a tradución inmediata, que se vai xerando mentres o usuario introduce o texto orixinal.

Categorías: Ciencia

Los púlsares cumplen 50 años

Investigación y Ciencia - Lun, 11/27/2017 - 00:00
En noviembre de 1967, Jocelyn Bell y Antony Hewish detectaron una señal cósmica tan extraña que, en un primer momento, llegaron a pensar que podía tratarse de un mensaje extraterrestre. El hallazgo acabaría revelando uno de los objetos más fecundos de la astronomía moderna.
Categorías: Ciencia

La frustrada revolución nocturna de los ledes

Investigación y Ciencia - Dom, 11/26/2017 - 00:00
La transición desde las lámparas de vapor de sodio a los ledes (LED) en el alumbrado público debería haber ahorrado costes y quizás haber servido incluso para que volviésemos a ver el cielo nocturno. Nuevos datos tomados por satélites muestran que las cosas han discurrido de otra forma.
Categorías: Ciencia

La frustrada revolución nocturna de los LED

Investigación y Ciencia - Dom, 11/26/2017 - 00:00
La transición desde las lámparas de vapor de sodio a los LED en el alumbrado público debería haber ahorrado costes y quizá haber servido incluso para que volviésemos a ver el cielo nocturno. Nuevos datos tomados por satélites muestran que las cosas han discurrido de otra forma.
Categorías: Ciencia

O Black Friday converte ao fundador de Amazon no home máis rico do mundo

códigocero - Ven, 11/24/2017 - 22:00

O pasado verán, durante varias horas, as accións de Amazon.com Inc. experimentaron unha suba tal na Bolsa de New York que Jeff Bezos pasou a ser considerado o home máis rico do mundo, xa que superaba a Bill Gates por 1.500 millóns de dólares, e hoxe repetiuse a historia co gallo do Black Friday, o que levou a que Bezos non só adiantase a Gates, senón que tamén fose a única persoa do mundo que actualmente supera unha riqueza estimada de 100.000 millóns de dólares. Estamos ante a primeira vez que se supera esta marca dende 1999, ano no que Bill Gates conseguira tal fito.
As magníficas vendas durante estes días levou a que a accións da compañía de comercio electrónico de referencia a nivel mundial medrase en cotización bolsista un 2%, o que supón un incremento interanual do 18,4%, constatando a boa saúde da empresas.
Segundo os datos de Bloomberg, actualmente a persoa máis rica do mundo sería Jeff Bezos, seguido por Bill Gates, Warren Buffett, Amancio Ortega e Mark Zuckerberg, ou sexa, que 3 dos 5 homes máis ricos do mundo pertencen ao sector tecnolóxico e, de feito, tal proporción tamén se mantén entre os 10 homes máis ricos do mundo, xa que os postos do 8 ao 10 figuran Larry Ellison (Oracle), Larry Page e Sergey Brin (Google).

Categorías: Ciencia

Zimbabwe’s researchers hope political change will revitalize science

Nature - Ven, 11/24/2017 - 21:50

Academics optimistic that the end of Robert Mugabe’s authoritarian rule could boost research and international collaboration.

Nature News doi: 10.1038/nature.2017.23039

Categorías: Ciencia

Identidadedixital.gal, unha nova ferramenta para orientarnos no mundo dixital

códigocero - Ven, 11/24/2017 - 21:30

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de facer públicas as orientacións sobre Identidade Dixital dirixidas ao profesorado e ás familias, para un coñecemento máis exhaustivo da contorna dixital no ámbito educativo, resultado dun proxecto no que participaron un grupo de persoas relevantes do mundo dixital galego que responder a 57 preguntas concretas.
O material elaborado ao redor deste proxecto concretouse nun libro dixital bilingüe que pode descargarse de balde en formato PDF e unha serie de vídeos informativos (recollidos nunha canle de YouTube) que abordan cuestións como os riscos da Rede, a suplantación de identidade, as compras en liña por parte de menores ou incluso a explicación de terminoloxías propias do contorno TIC como netiqueta, infoxicación ou sexting. Todos estes contidos están recompilados nunha páxina web accesible a través do dominio identidadedixital.gal.
A participación nos vídeos do proxecto Identidade Dixital foi moi variada, de xeito que tanto podemos atopar docentes como profesionais do sector TIC. Algúns casos serían a doutora en Filoloxía Inglesa Alba Alonso, a docente e profesional do mundo da Informática Luz Castro, o profesor da IE Business School Enrique Dans, o presidente da asociación TADEGa Juan José Fernández García, o webmaster de Código Cero Marcus Fernández, o xornalista e docente Luis Fraga, a enxeñeira en Telecomunicacións Edita de Lorenzo, o informático co-autor do libro Los Nativos Digitales No Existen Javier Pedreira, o psicólogo Javier García, o avogado Víctor Salgado e o presidente do CPEIG Fernando Suárez, entre outros.
Estes materiais foron presentados esta mañá na sala Eisenman da Cidade da Cultura nun encontro con docentes da Rede de Formación do Profesorado e con profesorado encargado de elaborar contidos en materia de convivencia, no que tamén participaron o director xeral de Educación, FP e Innovación Educativa, Manuel Corredoira; e o subdirector xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado, Manuel Vila.
Estas orientacións enmárcanse dentro da Estratexia Galega de Convivencia 2015-2020 e súmanse a outros protocolos postos en marcha pola Consellería de Educación como os de Protección de Datos Persoais, de Atención Educativa Domiciliaria, de Urxencias Sanitarias, ou de Acoso e Ciberacoso. Todos eles teñen como finalidade dar apoio aos centros, aos docentes e ás familias con documentos e guías específicas.

O director xeral de Educación, FP e Innovación Educativa, Manuel Corredoira, participou na presentación de IdentidadeDixital.gal

Un dos vídeos pertencentes ao proxecto Identidade Dixital

Categorías: Ciencia

Unha tecnoloxía para axudar a golfiños varados leva o premio absoluto na Galiciencia

códigocero - Ven, 11/24/2017 - 19:31

A Tecnópole xa deu a coñecer os proxectos premiados na nova edición de Galiciencia, a feira da mocidade argalleira e científica, que se desenvolveu esta semana na sede do Parque Tecnolóxico de Galicia en Ourense. Finalmente a proposta gañadora absoluta foi un dispositivo salvavidas para golfiños varados, deseñado por dous estudantes vigueses. O sistema desenvolvido por Carlos Fole, Jaime Alonso, Miguel Herranz e Mateo Martínez do Colexio Montecastelo de Vigo, foi o mellor valorado polo xurado entre os 50 proxectos que competían polo premio final, dotado con 1.000 euros para financiar a súa participación noutra feira científica de carácter estatal, a Exporecerca 2018 (Barcelona).
Durante os tres días que durou a Galiciencia pasaron pola exposición de proxectos e as actividades paralelas máis de 2.000 visitantes. O evento, como dixemos, estivo organizado por Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole, coa colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT).
O innovador dispositivo merecedor do máximo galardón ten como principal obxectivo minimizar o varado de arroaces e outras especies de delfíns nas costas galegas, pero tamén permite facer un seguimento dos exemplares que transitan polo mar galego e rexistrar así as súas rutas máis habituais. Os alumnos, que bautizaron o seu invento co nome de SISEDE (Sistema de Seguimento de Delfíns), programaron un hidrófono para mergullalo no mar de maneira que, mediante a captación do son que emiten os golfiños, permita seguilos e emitir alertas á Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) e ao 112 cando se detecte que entran en zonas de perigo de varado.
Ademais, desenvolveron una aplicación móbil para que calquera poida fotografar a aparición de arroaces ou mesmo un varamento e enviar a imaxe cos datos de situación. Todo isto, en palabras dos seus creadores, “permitirá, ademais de salvar a vida de moitos golfiños, trazar mapas de tránsito destes cetáceos nas nosas costas ou en calquera outra na que se utilice o sistema, co obxectivo de restrinxir o tráfico marítimo nestas zonas concretas”.
O segundo premio, dotado con 500 euros para asistir á feira científica vasca homóloga da Galiciencia, correspondeulle ao estudo de Martín Ansia e Miguel Rodríguez, das Aulas Tecnópole, sobre os metais de sacrificio, utilizados para protexer contra a corrosión as estruturas metálicas ao aire libre, como os bancos dos parques. O equipo cubriu 18 placas de ferro con tres metais de sacrificio (magnesio, aluminio e cobre) e recubriunas cun ácido de PH alto. Co paso dos días descubriron que o que mellor protexe é o magnesio. A partir del, crearon un líquido protector anti-corrosión que puxeron a proba con éxito sobre pezas do mobiliario urbano de Ourense, coa vantaxe engadida de que é máis económico que os que se poden atopar no mercado.
En terceiro lugar quedaron Arnau Visuña e Adrián Aira, do CPI Poeta Uxío Novoneyra (Seoane do Courel, Lugo), que se propuxeron coñecer a fondo a poboación de bolboretas na aldea de Froxán, comparando a súa biodiversidade en dous hábitats diferentes. O equipo tomou mostras durante un ano, dende setembro de 2016 ata setembro de 2017, das bolboretas de día dun ecosistema de bosque mixto (sobreiras e castiñeiros) e dunha zona de prados sen rega (campazos). A mostraxe realizouse ao longo dun traxecto de 430 metros, fotografando todos os individuos atopados neles, e conclusión foi que a biodiversidade é lixeiramente maior no bosque que nos campazos. O equipo recibiu 200 euros para cubrir os gastos da súa participación no programa de actividades organizados polos Museos Científicos Coruñeses con motivo da Semana da Ciencia.
Mencións especiais
De xeito complementario, entregáronse varias mencións especiais por categorías. A radiografía dun cigarro de Ángela Reboredo e Andrea García, do IES Aller Ulloa de Lalín, foi recoñecida como o proxecto cunha mellor presentación e comunicación oral.
Como proxecto máis innovador, foi premiado o invernadoiro con autorrego de auga de mar, de Laura Costas e Inés Castro do Colexio Alborada de Vigo.
O proxecto de modificación xenética dun fungo desenvolvido por Carlos Casquero e Santiago Janeiro, do Colexio Internacional SEK-Atlántico de Poio (Pontevedra), foi distinguido polo método científico e proceso de investigación mellor definido.

Categorías: Ciencia

A sétima edición das JAI quere bater récords de empresas participantes e asistentes

códigocero - Ven, 11/24/2017 - 19:30

Hoxe a Universidade de Vigo achegou unha manchea de detalles sobre as Xornadas sobre Tecnoloxías e Solucións para a Automatización Industrial, coñecidas por xornadas JAI polas súas siglas en castelán, cuxa nova edición celebrase en marzo (entre os días 12 e 16) na Escola de Enxeñaría Industrial, coa previsión (e coa firme vontade por parte dos organizadores) de acoller máis empresas (un total de 20) e máis propostas innovadoras e intelixentes ca nunca. As xornadas, impulsadas novamente polo profesor do Departamento de Enxeñaría de Sistemas e Automática, José Ignacio Armesto, será nas súas palabras “un espazo de demostración de robótica colaborativa, impresión 3D e realidade virtual na que centros tecnolóxicos galegos exporán os seus deseños”.
Segundo engade, a nova edición do evento é un contexto excepcional para entender, realmente, todo o que rodea aos conceptos de Industria 4.0, tecnoloxías smart e a robótica colaborativa, entre outras cousas porque algunhas das firmas participantes lideran e impulsan proxectos punteiros nestes eidos.
As 20 empresas confirmadas proceden de Europa, América e Asia e abranguen, practicamente, “todos os ámbitos tecnolóxicos”. Segundo explica Armesto, as expectativas de asistencia da organización “son moi elevadas”, principalmente pola inclusión no programa do showroom de industria 4.0 e polo crecente interese que existe por coñecer as tecnoloxías de automatización e robótica. Así, agárdase que se superen os 1.000 asistentes da anterior edición. Novamente, un dos obxectivos é marcar diferenzas con respecto a outros eventos tecnolóxicos, apostando de cheo por achegar ás empresas á mocidade, “facilitando ao máximo que os e as estudantes teñan ocasión de coñecer tanto aos propios fabricantes dos produtos como ás empresas que son os seus clientes locais, os que nun futuro próximo lles ofrecerán un posto de traballo”. O obxectivo, polo tanto, é que “estudantes, fabricantes e usuarios profesionais poidan interactuar nun contexto tecnolóxico e universitario”.
O programa, que abrangue máis de 35 horas de presentacións técnicas e relatorios, abordará temas como robótica colaborativa e sensitiva, robótica móbil, seguridade industrial, análise de datos, ciberseguridade, IoT (Internet das Cousas), xemelgo dixital, mecatrónica, información a gran escala (Big Data), intelixencia artificial, comunicacións sen fíos ou eficiencia enerxética. Para isto, contarase con preto de 50 relatores procedentes de diferentes cidades e países, que presentarán as principais novidades e tendencias do sector.
Participarán vellas coñecidas das JAI como Phoenix Contact, Rockwell Automation, Schneider Electric e Siemens e outras de recente creación como Universal Robots ou MiR.

Categorías: Ciencia

Bota a andar a Maker Faire Galicia cunha xornada profesional

códigocero - Ven, 11/24/2017 - 16:30

Esta mañá botou a andar a Maker Faire Galicia na Cidade da Cultura, cunha xornada dedicada a profesionais, un Foro Industria 4.0 no que participou na súa inauguración i director do IGAPE, Juan Cividanes, onde sinalou que desde a Xunta estase a apostar polo investimento en sentido amplo, pero poñendo o foco na necesaria transformación da industria galega cara a extensión da fábrica intelixente e conectada.
Dentro da estratexia galega de Industria 4.0, o director do IGAPE sinalou que se tenderán pontes entre o mundo Maker e a industria, mediante programas específicos relacionados co desenvolvemento de novos provedores e coa xeración de espazos de innovación aberta e colaborativa para argalleiros, emprendedores e empresas que poidan traballar na creación de novos conceptos e produtos no tecido industrial galego.
O director do IGAPE celebrou que Galicia conte cun movemento Maker forte e dinámico chamado a xerar sinerxías que nos permitan avanzar en cabeza da nova revolución industrial, como poderá comprobar calquera que durante esta fin de semana se achegue á Maker Faire Galicia, encontro que o sábado e o domingo acollerá charlas, obradoiros e numerosas actividades para toda a familia que pretenden dar visibilidade á riqueza deste movemento, que conta en Galicia con moitos integrantes e unha grande diversidade de iniciativas.

Categorías: Ciencia

A Fundación TIC organizou en Lugo unha andaina contra os crimes machistas

códigocero - Ven, 11/24/2017 - 15:15

O presidente da Fundación TIC e da Deputación de Lugo, Darío Campos, e malia alcaldesa Lara Méndez, participaron hoxe na andaina convocada na cidade da Muralla para visualizar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, este sábado 25. A actividade (veciñanza, asociacións, colectivos locais), na que participaron centos de persoas, veu da man do alumnado da Fundación TIC, dentro da campaña Lugo En Negro. Durante a marcha, camiñantes de todas as idades encheron de bandeirolas negras o treito que vai da Escola de Imaxe e Son (Fundación TIC) á praza de San Marcos.
A andaina rematou diante da sede da Deputación, onde se procedeu á lectura, por parte da alcaldesa, dun manifesto institucional de repulsa polos crimes machistas. A continuación, unha parella de actores, realizou unha performance inspirada na loita das vítimas de violencia exercida polos homes.
Trátase da segunda marcha cidadá que os estudantes da EIS convocan con éxito de asistencia, na véspera da celebración internacional. Por certo que o alumnado da escola completou a marcha cun vídeo de denuncia que serviu, nas redes sociais, como reclamo para a participación e a mobilización. En datas vindeiras poderemos ver na Rede máis contidos que reflictan as accións desenvolvidas hoxe.
Aos alumnos e traballadores da TIC uníronse na camiñada usuarios do InLugo (o programa de divulgación tecnolóxico-dixital da Fundación) e veciños de todo o concello, institucións, asociacións sen ánimo de lucro e clubs deportivos. En concreto, participaron membros do C.B. Breogán, do C.D. Lugo, Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo, Asociación de Xóvenes Empresarios (AJE), Asociación de Viúvas de Lugo, SOMOS Unidos por el Cáncer, Federación de Asociacións de Veciños, Bonhomía, ASPNAIS e Asociación de Amas de Casa.

Categorías: Ciencia

A app DriiveMe chega a nosa terra ofrecendo alugueres de coches por 1 euro

códigocero - Ven, 11/24/2017 - 13:18

Estes días chegou á nosa terra unha aplicación móbil que, entre outras cousas de interese para os condutores que anden procurando alternativas ao coche propio (turistas, viaxeiros, condutores en xeral que chegan en tren, bus ou avión e que non dispoñen de automóbil a man), achega alugueres de vehículo a un euro e con seguro inclusive. Trátase da plataforma DriiveMe, que permite facer desprazamentos por España e que, na súa incursión estatal, comezou por terras galegas.
Neste intre pon a disposición da xente máis de 200 itinerarios dende os aeroportos e estacións de tren da nosa xeografía cara a puntos de destino análogos do territorio estatal (até o de agora, só a Barcelona e a Madrid). En Francia a plataforma conta cunha xeitosa comunidade de un millón de usuarios.
Para tirar partido desta ferramenta, o primeiro que hai que facer é darnos de alta na plataforma e logo seleccionar o vehículo que queiramos, amais do intre e a data da xornada en que temos proxectado coller o coche. Tamén hai que sinalar onde se vai entregar. O itinerario a seguir resérvase por un prezo simbólico dun euro. O que si que non terá prezo simbólico será o combustíbel e máis as peaxes das autoestradas de pago, que seguirá a ser tan caro coma sempre. O vehículo conta con seguro a todo risco contratado coa compañía Allianz. A previsión é de que nos vindeiros meses o servizo se espalle e permita viaxes alén das cidades españolas, a Portugal, Italia e Francia.

Categorías: Ciencia

Especialistas en agricultura smart enxalzan en Santiago as oportunidades de Internet

códigocero - Ven, 11/24/2017 - 12:22

Se os sectores de raizame máis innovadora apostan por chegar aos clientes a través de formatos, canles e contornas innovadoras, con máis razón deben facelo os sectores de raizames tradicionais: aqueles que impulsaron e alicerzaron a nosa economía durante séculos, por exemplo o agro, a gandería e máis a pesca. Este 23 de novembro celebrouse en Santiago, no Hotel Porta do Camiño, un encontro profesional que apuntou á necesidade de subirnos ás tecnoloxías smart dende os devanditos sectores produtivos básicos. Para subliñar esta necesidade, amosáronse múltiples exemplos de cousas que marcan un antes e un despois no ámbito agrogandeiro. O evento consistiu nun seminario abeirado ao programa europeo AgroSmartCoop, cuxo obxectivo é impulsar a innovación e a colaboración entre cooperativas de Francia, España e Portugal. Participaron reitores, directivos, técnicos de cooperativas e emprendedores dos tres países veciños. Coincidiron en enxalzar a aposta conxunta por iniciativas de innovación sustentábel e comercialización intelixente.
Entre os participantes atopouse Ruth Rodríguez, técnica de AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agrarias), que explicou que ao abeiro do programa AgroSmartCoop porase en funcionamento unha comunidade virtual onde as cooperativas das contornas xeográficas participantes poderán intercambiar coñecementos e experiencias, recibir formación e asesoramento en materias de innovación tecnolóxica sustentábel e comercialización intelixente. Tamén fornecerá a posibilidade de mostrar os produtos innovadores das cooperativas, para dar visibilidade ao seu gran potencial.
Pola súa banda, Cristina Fernández-Armesto, xerente da SAT Casa Grande de Xanceda, explicou como a súa entidade logrou notoriedade entre os consumidores e rendibilidade económica grazas “a optar por un modelo de negocio baseado na ecoloxía e o coidado da biodiversidade na súa explotación”. Segundo lembrou, “o 50% da xente que visita a granxa descoñece que fabricamos iogures, veñen pola experiencia e a aprendizaxe; logo proban o produto”. Polo que respecta ao exterior de Galicia, foi mediante redes sociais como conseguiron principalmente amosar a actividade dos animais da granxa e como viven.
Alberto Moreira Baptista, pró-reitor para a Área de Projetos Estruturantes da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD), entidade participante en AGROSMARTcoop, fixo fincapé na necesidade de encamiñar as nosas vendas por Internet, pero preparando o terreo axeitado: “O peor que pode pasar é crear unha tenda en liña e non ter a loxística preparada: os clientes perden confianza e non volven”. Segundo engadiu, “antes de comezar a parte de marketing e deseño de plataforma, ten que funcionar a embalaxe, a velocidade de entrega, o stock… senón, máis vale non comezar o traballo”.
María González, encargada de mercadotecnia e innovación na corporación alimentaria Capsa Food, indicou que o consumidor valora “etiquetas claras, que informen de compoñentes do produto e como se chegou a el”, dado que “hai cada vez meirande educación do consumidor, que fai preguntas e está preparado para escoitar”. Segundo engadiu, “a innovación xoga un papel importante para atopar substitutos”.
Alfonso Pérez, responsábel de I+D e Innovación da Aula de Produtos Lácteos da Universidade de Santiago de Compostela, recomendou que os comités de innovación sexan multidisciplinares , con visión económica, técnica e organizativa. Engadiu que “a descoordinación neste comité reduce gravemente a eficiencia do uso dos recursos humanos, técnicos e económicos da empresa e retarda a obtención de resultados”. Asemade, aconsellou tirar proveito de Internet como metodoloxía para innovar en vendas: “Quen proba a venda online con éxito, repite”.
Susana García, directora da Interprofesional do Viño (OIVE), sinalou que aspiran a aumentar cota de mercado ao viño, á conta de refrescos e cervexas con alcol. A OIVE conta con 12 millóns de euros para promoción. Segundo explicou, “cómpre tomar moitas decisións ao consumir viño: tipo, orixe, intre de consumilo… funcionan como atrancos de cara ao gran consumo. Buscamos que sexa un pracer tomalo, sen complicacións”.
Iago Quintana, director xeral de DairyLac, falou da evolución positiva da entidade, formada pola agrupación de varias cooperativas: “En 2016 procesáronse 24 millóns de litros de leite e facturáronse 7,7 millóns de euros. En 2017 as cifras son 38 millóns de litros e 14 millóns de euros.”
Como lembraremos, o proxecto AgroSmartCoop está liderado por AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agrarias) e constituído por oito entidades beneficiarias de seis contornas europeas pertencentes aos ditos tres países: Galicia, Castela A Mancha, Euskadi e Estremadura en España; Nouvelle – Aquitaine en Francia e o Norte de Portugal.

Categorías: Ciencia

Nobel laureates demand release of Iranian scholar facing death sentence

Nature - Ven, 11/24/2017 - 09:49

Letter from Nobel prizewinners denounces plight of Ahmadreza Djalali.

Nature News doi: 10.1038/nature.2017.23037

Categorías: Ciencia

Páxinas

Subscribirse a IGACIENCIA agregador - Ciencia