Ciencia

Os nosos investigadores mostran no CITIC como crear contornas seguras con recursos matemáticos

códigocero - Ven, 11/24/2017 - 09:33

Estes días (onte e hoxe) estanse celebrar na sede do CITIC (Centro de Investigación TIC), no Campus de Elviña na Coruña, uns encontros que sitúan a Galicia como referente nunha cuestión innovadora de interese internacional: a cuestión da confluencia entre matemáticas e novas tecnoloxías e de como este traballo conxunto, entre unhas e outras, pode asegurar contornas online e offline máis seguras e protexidas ou accións máis eficientes e eficaces en rescates, incidencias e catástrofes. Trátase das quintas Xornadas sobre Seguridade e Defensa, que este ano desenvólvense baixo o epígrafe Tendencias e Demandas en Tecnoloxías Matemáticas e TIC e que están organizadas polo devandito CITIC, por CESEDEN, o Instituto de Matemática Industrial (ITMATI), o grupo M2NICA e máis a UDC (Universidade da Coruña). Ao longo das dúas xornadas estase a mostrar o potencial de tecnoloxías concretas como o primeiro sistema de detección temperá de sismos e tsunamis en España, baseado en modelos matemáticos e algoritmos numéricos que predín o seu potencial destrutivo antes de que acontezan.
Tamén se está a expoñer un modelo matemático de distribución loxística en condicións humanitarias que, por primeira vez, fai prevalecer a seguridade dos cooperantes. Estes son algúns dos contidos do trece charlas do evento, nas que representantes da Armada Española, de entidades investigadoras e de empresas como Airbus e Getronics, entre outras, expoñen casos de éxito no ámbito da seguridade e a defensa. “En todos eles, os modelos matemáticos, a utilización de algoritmos numéricos, a súa implementación eficiente en computadores e o uso Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) foron parte da solución”, explica Carlos Vázquez, catedrático Matemática Aplicada da Universidade da Coruña (UDC), investigador adscrito a ITMATI e do CITIC e presidente do Comité Científico e Organizador. Segundo fai saber Vázquez, “este encontro busca o achegamento de grupos de investigación en matemáticas e TIC con industrias e institucións relacionadas coa seguridade”. Por ámbitos de actuación, o investigador salienta “o avance do Big Data”, a información a gran escala, un dos eidos con máis oportunidades para todos os grupos que participan no evento, porque “permitirá a incorporación dos datos reais para calibrar os modelos”. Esta é razón de que unha das mesas redondas da xornada xire arredor da información inxente: Oportunidades no ámbito de Big Data. As súas relacións coa seguridade e a defensa.
No evento tamén participan empresas galegas punteiras como Torusware, salientando a importancia das tecnoloxías de seu (plataformas e algoritmos específicos) para facer fronte ás crecentes ameazas na Rede, desenmascarando informacións a tempo real mediante a análise automática e masiva de datos.
O encontro lévase a cabo grazas á colaboración entre ITMATI, o CITIC, o Centro Superior de Estudos da Defensa Nacional (CESEDEN) e a UDC (coa colaboración do Instituto Matemático Interdisciplinar da UCM). Tamén contan coa participación doutras entidades e empresas participantes como: Airbus Defense and Space, Appentra, Armada-Flosub, General Energy, Getronics, Insitu, Randed, Roa, Torusware ou Zima Corp.
Esta actividade enmárcase no marco do convenio de colaboración entre o Ministerio de Defensa e o Consorcio Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI), para a organización e o desenvolvemento destas xornadas. Tamén colaboran a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia a través da Rede Tecnolóxica de Matemática Industrial (Rede TMATI) e do convenio que ITMATI ten con esta Consellería.

Categorías: Ciencia

¿De qué modo ataca el zika al cerebro?

Investigación y Ciencia - Ven, 11/24/2017 - 00:00
El virus favorece que ciertas células inmunitarias atraviesen la barrera hematoencefálica del cerebro y destruyan algunas neuronas, lo que causa complicaciones neurológicas.
Categorías: Ciencia

A galega Tecalis, convidada por Ecuador para establecer sinerxías arredor das TIC

códigocero - Xov, 11/23/2017 - 22:56

Tecalis, empresa TIC con sede en Milladoiro (Ames) está de xira en Ecuador mostrando as súas liñas de actividade (software a medida, deseño e desenvolvemento web, estratexias dixitais avanzadas) e máis exemplos concretos de dixitalización, innovación e desenvolvemento. A firma galega, que foi convidada polo Misterio de Telecomunicacións e da Sociedade da Información de Ecuador co obxectivo de “crear sinerxías en canto á transformación tecnolóxica”, tivo ocasión de coñecer de primeira man diferentes emprazamentos e eventos relacionados co sector TIC, incluíndo as instalacións e boa parte do equipo humano do propio ministerio.
Segundo nos contan dende Tecalis, o convite responde a un interese concreto do país americano: reforzar a súa aposta por diferentes sectores estratéxicos e establecer, arredor deles, sinerxías bidireccionais entre Ecuador e España. Entre estes sectores primordiais atópase o eido TIC, facendo especial fincapé no desenvolvemento de software e nas tecnoloxías IT, entre outros ámbitos potencialmente impulsores da súa economía.
Pola súa banda, Tecalis, empresa tecnolóxica 100% galega situada no Parque Empresarial de Novo Milladoiro (comarca de Santiago), está a consolidarse como referente no sector IT (Tecnoloxías da Información polas súas siglas en inglés) e na transformación tecnolóxica, e atópase en pleno proceso de espallamento, sendo Ecuador uno dos mercados de interese por parte da compañía.
Dentro da axenda de visitas organizadas esta última semana polo Goberno de Ecuador, Tecalis tamén foi convidada á Sétima Convención Anual da Asociación Latinoamericana de Exportadores de Servizos (ALES 2017) que se celebrou en Quito.

Categorías: Ciencia

Os desenvolvedores galegos de Google xuntaranse en Pontevedra o 16 de decembro

códigocero - Xov, 11/23/2017 - 22:00

O vindeiro 16 de decembro a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Campus Universitario da Xunqueira (Pontevedra) acollerá entre as 9:00 e as 20:00 horas o GDG DevFest Galicia 2017, encontro dirixido a desenvolvedores que fan uso de tecnoloxías de Google e que mediante relatorios e obradoiros impartidos por expertos de referencia busca congregar a máis de 300 persoas, tendo os interesados en acudir simplemente que rexistrarse en Eventbrite, xa que este evento é totalmente de balde.

Programa de actividades

Polo momento están confirmados os seguintes relatorios:
- Desenvolvemento móbil: Native vs. Web – Abdón Rodríguez (IBM Research) e Saúl Molinero (NYC)
- Supercarga da túa app con Firebase Cloud Functions – Paola García (Chefly)
- Adeus ao Curriculum Vitae, ola Software Libre – Antón Rodríguez (Optare Solutions)
- Personal Branding para developers – Vanesa Gallego (Google Launchpad)
- Hot Dog or not con Machine Learning APIs e Firebase Cloud Functions – Carlos Azaustre (Chefly)

Os obradoiros que terán lugar no DevFest serán os seguintes:
- Introdución a Angular – Ana Cidre
- Introdución a Git - Elo Coto (A Industriosa, VigoTech)
- Detección de obxectos con Machine Learning e Tensor Flow – David de la Iglesia (Gradiant)
- Implementar Google Analytics con Google Tag Manager – Eoghan Henn (searchVIU)

Categorías: Ciencia

Aberto o prazo para presentar webseries á quinta entrega do Carballo Interplay

códigocero - Xov, 11/23/2017 - 17:10

A quinta edición do certame de contidos dixitais e series online Carballo Interplay, que se celebra os días 4, 5, 6 e 7 de abril de 2018, xa ten aberta o prazo de inscrición para que todas aquelas persoas que o desexen presenten as súas achegas (webseries ou proxectos de webseries) á sección oficial do festival, que repartirá máis de 5.000 euros en premios. Segundo informa o Concello poden facelo ata o 18 de febreiro a través da web www.carballointerplay.com. As contribucións participantes deberán estar producidas entre os anos 2016 e 2018 e ter un mínimo de tres capítulos emitidos no momento de inscrición. Ademais, poden ser de calquera duración, temática, xénero, de imaxe real ou animación, nacionais ou internacionais.
Das webseries recibidas, un xurado composto por profesionais dos contidos dixitais e da cultura, premiará a mellor contribución, a mellor iniciativa internacional e a mellor proposta en versión orixinal en galego con 800 euros e trofeo, para cada categoría.
A escolla do público, pola súa banda, levará 400 euros e trofeo. A mesma contía recibirá a webserie gañadora do premio do xurado novo, que nace nesta quinta edición do festival. Tamén haberá un premio ao mellor guión e un premio á mellor dirección, dotados con 200 euros e trofeo. Finalmente, entregaranse cadanseu trofeo á mellor actriz e ao mellor actor.
Ademais, o Carballo Interplay ofrecerá de novo un premio de 1.500 euros para o mellor proxecto de webserie en galego. O galardón resolverase cunha presentación en directo (un pitching) durante o festival e a dotación económica deberá destinarse á produción dos primeiros capítulos da serie en liña premiada, que se proxectarán na sexta edición do festival.

Categorías: Ciencia

Samsung estrea no seu país o spot rodado no consistorio de Lalín

códigocero - Xov, 11/23/2017 - 13:46

Anunciámolo en abril: Samsung tiña programado rodar en Lalín un spot publicitario de seu, tendo como fío condutor a promoción dun televisor de última xeración. A peza audiovisual, ademais, contaría cun sobranceiro pano de fondo: o interior do consistorio lalinense, a referencia obra dos arquitectos Mansilla e Tuñón. Finalmente a rodaxe foi adiante e onte mesmo, o Concello deu a coñecer a estrea do spot por parte da multinacional coreana. O Goberno local tamén fixo saber que o anuncio foi incorporado aos arquivos mundiais da entidade para ser emitido a nivel internacional en datas vindeiras. Como resultado, engade o Concello, “Lalín darase a coñecer en todo o mundo”.
A peza, que dura uns 20 segundos, constitúe en palabras do concelleiro Francisco Vilariño “unha carta de presentación única do noso concello”, ao tempo que servirá “para poñer en valor o consistorio como un dos maiores recursos de Lalín para atraer visitantes”.
Vilariño tamén fixo saber que a estrea levouse a cabo tendo como marco inicial o mercado de Corea do Sur, o mercado natural da compañía, e que máis adiante dará o chimpo ao ámbito internacional. O edil mostrou a súa satisfacción polo resultado do traballo desenvolvido no Castro Tecnolóxico deseñado polos prestixiosos arquitectos Mansilla e Tuñón, un senlleiro emprazamento arquitectónico e urbanístico que finalmente logrou impoñerse a outras contornas potencialmente candidatas, como Xapón ou Brasil.
O spot, nun plano máis concreto, xira en torno á escaleira helicoidal do consistorio, unha estrutura curva que dá a volta ao mundo acompañada da música orixinal do compositor Víctor Reyes. Vilariño salientou “a mestura de arquitectura, música e tecnoloxía” que propón o vídeo, dando como resultado “unha nova perspectiva artística onde o elemento arquitectónico harmoniza cos sons, encaixando á perfección as curvas da escaleira coas do produto e conformando una pureza de liñas e imaxes que sorprende ao espectador”.

Novo anuncio de Samsung

Categorías: Ciencia

Microsoft quere que regalemos Surface Pro e Xbox One S no Nadal

códigocero - Xov, 11/23/2017 - 13:35

Case todo o comercio español sumouse á febre do Black Friday este ano, e unha compañía que tamén se apuntou este ano en España é Microsoft, que na súa tenda en liña vén de abrir unha sección de ofertas de Black Friday realmente atractivas para os interesados en facerse con produtos das gamas Surface ou Xbox.
Quen desexe unha tableta profesional capaz de funcionar como un ordenador completo con Windows 10, de grande utilidade para os estudios e o traballo, pode atopar un par de lotes de Surface Pro con funda teclado a prezos moi axustados: o modelo con procesador Intel Core M custa 749 euros (o que supón un aforro de 349,99 euros) e a versión con procesador Intel Core i5 véndese a 999 euros (o desconto sería de 299,99 euros). Adicionalmente tamén hai descontos do 30% en varios accesorios.
No caso da consola Xbox One S temos que a versión con disco duro de 500 GB está á venda por 179,99 euros (en lotes con xogos como Assassin"s Creed Origins ou Sombras de Guerra, o que suporía un aforro de 100 euros), reducindo así a porta de entrada a esta plataforma de xogo, mentres que de mercar a Xbox One X cun Elite Controller poderase gozar dun desconto de 25 euros no mando. Durante estas datas os mandos personalizados tamén terán un desconto de 15 euros.
Temos así que Microsoft ofrece até o luns numerosas ofertas que poden ser unha atractivas compras anticipadas de Nadal ou, simplemente, unha boa oportunidade para facerse con produtos polos que xa se ten interese.

Para Microsoft o Surface Pro e a Xbox One S son grandes agasallos de cara ao Nadal
Categorías: Ciencia

Os composteláns teñen unha cita dupla coa recuperación de computadores en desuso

códigocero - Xov, 11/23/2017 - 13:05
Exterior do Centro Sociocultural de Vite

O colectivo compostelán Tropa Verde vai organizar este 23 de novembro dous obradoiros destinados non só a facernos lembrar que é posíbel darlles segundas e terceiras vidas aos computadores que criamos “liquidados”, senón tamén a salientar que este labor de recuperación podemos levalo a cabo nós mesmos coas nosas propias mans (espírito Maker). Os dous talleres, inseridos na campaña Longa vida aos teus residuos electrónicos, enmárcanse tamén nas actividades da Semana Europea da Prevención de Refugallos. A cita dupla será primeiro no centro sociocultural de Vite (ás 17.00 horas) e logo no do Ensanche (ás 19.30 horas). A iniciativa vén da man do colectivo Tropa Verde (Concello de Santiago e a firma Teimas) e as empresas Revetia e Recyclia.
O obxectivo destas dúas actividades é que os/as asistentes tomen conciencia do “importante que é para o medio ambiente unha correcta xestión deste tipo de refugallos”. Ademais, váiselles ensinar a valorizar de maneira sinxela algúns destes aparellos. Segundo informan as entidades responsábeis destes obradoiros, “facer un traballo de restauración de equipos informáticos pode evitar a emisión de CO2 equivalente ao consumo dun coche durante 1.600 quilómetros”.
Nos obradoiros realizarase casos prácticos de reutilización para computadores, mostrando ás persoas participantes como abrir a carcasa e os principais compoñentes que se poden cambiar, o borrado seguro da información dos discos duros e como volver instalar o sistema operativo.
Para seguir co lema da Tropa Verde, Reciclar ten premio, sortearase entre todas as persoas participantes un PC de sobremesa refugado.
Tropa Verde recorda tamén que só en España “xéranse 800 mil toneladas ao ano de residuos eléctricos e electrónicos, dos que apenas un terzo se xestionan de maneira acaída”.

Categorías: Ciencia

Santiago lanza web para facer comunidade arredor dos seus múltiples espazos verdes

códigocero - Xov, 11/23/2017 - 12:04

Santiago ten máis zonas verdes cá media europea (é a cidade galega con máis metros cadrados de natureza por habitante, preto de 27 metros cadrados por habitante), e para mostrar este rico patrimonio medio ambiental e paisaxístico, o Concello vén de lanzar unha páxina web específica, Compostela Verde, a nova presenza en liña do Departamento de Parques. O sitio, que tamén é unha ferramenta e unha comunidade na que os internautas poderán contribuír achegando fotos ou datos, foi dado a coñecer polo concelleiro de Medio Ambiente, Xan Duro, acompañado de Miguel Lois Barreiro, de Ferrovial, entidade encargada de desenvolver o portal. Segundo fixeron saber, trátase dun recurso dixital que será “de enorme utilidade” e que estará en proceso continuo de mellora e de de enriquecemento. Un proceso de mellora e enriquecemento parello ao que “vive” e “experimenta” a longa listaxe de espazos verdes da capital galega.
Miguel Lois Barreiro explicou que “a día de hoxe están xa cargados no portal preto de 1.700 elementos, pero a intención é seguir completando a información”. Segundo engadiu, o miolo da páxina é un mapa “no que se poden activar ata 14 capas diferentes con recursos moi variados”. Neste recurso, dixo, están sinalizados os parques e xardíns de Compostela, as árbores singulares (con información detallada de cada exemplar) e as 66 masas arboradas identificadas no municipio. Asemade, achégase información detallada sobre os espazos singulares ao abeiro dos propios parques e sobre máis de 500 elementos relacionados coa auga (muíños, fontes, lavadoiros…), e preto de 400 elementos patrimoniais (petróglifos, hórreos, palcos de música…).
Outras capas mostran as hortas urbanas, os miradoiros naturais ou construídos, os máis de 80 parques infantís do municipio e as máis dun cento de instalacións deportivas. Por último, pódese consultar información sobre os parques biosaudábeis, as áreas de compostaxe, os equipamentos socioculturais, os espazos habilitados para cans ceibos e os sendeiros de Compostela.
A web complétase con información do Departamento municipal de Parques e Xardíns, cun espazo de novas e cun acceso directo á Liña Verde para que a veciñanza poida presentar incidencias.

Categorías: Ciencia

Empresas mexicanas visitan a sede de Redegal en Ourense

códigocero - Xov, 11/23/2017 - 10:16
Os empresarios mexicanos reunidos co equipo de Redegal e coa Deputación de Ourense

Redegal, axencia galega de mercadotecnia dixital e ecommerce, acolleu onte a segunda xornada da Misión Comercial Inversa que organiza o Clúster TIC Galicia, unha iniciativa patrocinada pola Xunta (a través do IGAPE) e que busca fortalecer as relacións comerciais e de cooperación con empresas mexicanas para que dean conta do potencial e das posibilidades do noso tecido empresarial e do noso pulo innovador. Durante a xornada, unha delegación mexicana (os responsábeis de Dentix México, Deportes Martí, West Mex, Piagui, Agencia Digital, Medio Tiempo, Desarrolladora en Proyectos de Seguridad Electrónica IT, Ubiquity brands e ABC XYZ Espacios de inversión) visitou as instalacións de Redegal en Ourense, onde os seus integrantes tiveron oportunidade de coñecer as principais liñas de traballo da firma galega e mailo seu equipo de traballadores.
Cómpre lembrar que Redegal mantén estreitas canles de colaboración co país americano. De feito, en 2014 inaugurou a súa oficina en Cidade de México, onde conta xa con números clientes de diversos sectores e representa o 26% da facturación. En palabras de Jorge Vázquez, director executivo (CEO) de Redegal, “México foi noso primeiro paso para a internacionalización e é un pracer poder recibir aos nosos partners mexicanos na nosa sede galega”.
O programa da visita, que se prolongará ata o venres, inclúe unha axenda de encontros con outras empresas punteiras de Galicia. Durante a xornada deste xoves, os participantes volverán de novo ás oficinas de Redegal na sesión de tarde.
Na xornada de onte, a delegación mexicana tamén tivo ocasión de coñecer o casco histórico de Ourense e de visitar a sede da Deputación de Ourense, onde se reuniron co presidente Manuel Baltar.

Categorías: Ciencia

En ratones, la ketamina actúa como antidepresivo solo si es administrada por investigadores varones

Investigación y Ciencia - Xov, 11/23/2017 - 00:00
Obtienen un resultado distinto según si el experimentador es hombre o mujer.
Categorías: Ciencia

Tener un perro reduce el riesgo de sufrir enfermedades cardiovasculares

Investigación y Ciencia - Xov, 11/23/2017 - 00:00
Un equipo de científicos llegó a esta conclusión tras analizar datos del registro nacional de Suecia recogidos durante doce años.
Categorías: Ciencia

A Deputación de Lugo inicia a integración no seu seo do persoal e actividade da Fundación TIC

códigocero - Mér, 11/22/2017 - 22:50

Este mércores iniciouse oficialmente o proceso de disolución da Fundación TIC da Deputación de Lugo e a da integración do seu equipo humano e das liñas de actividade no seo do organismo provincial. Así o fixo saber o presidente da Fundación TIC e da Deputación, Darío Campos, quen decidiu incluír a cuestión na orde do día do padroado da Fundación TIC, celebrado esta tarde para aprobar o seu orzamento, un presuposto que xa acubillaba cambios motivados polo devandito acordo de disolución. Segundo engadiu Campos Conde, o primeiro paso será a aprobación por parte do padroado da modificación dos estatutos da TIC; o segundo corresponderá á Xunta de Galicia, que deberá aceptar este cambio nos estatutos. Para rematar, a Corporación provincial tamén terá que aprobar no pleno a subrogación, por parte da Deputación, tanto do persoal como da actividade da TIC.
O Presidente incluíu este asunto na orde do día do padroado no que se aprobou o presuposto para 2018. Este ascende a 1.651.290 euros, baixando nun 8% debido “á falta de encomenda de xestión do InLugo, que irá asumindo directamente a Deputación”. Segundo se fixo saber, no orzamento provincial incluiranse os fondos necesarios para continuar coas actividades de fomento da autonomía e envellecemento activo a través das TIC para maiores, nas que cada ano participan milleiros de lucenses de toda a provincia, sendo, en palabras da Deputación, un éxito de participación e seguimento.
O presidente da Deputación engadiu que a TIC manterá e reforzará no 2018 as liñas de actuación que está a levar a cabo nos últimos exercicios: garantir un ensino de calidade na Escola de Imaxe e Son; contribuír á promoción da provincia a través da cooperación cos Concellos; e reforzar o labor social co apoio á rede asociativa. Tamén continuará coas actividades para maiores ata avanzar na integración da TIC na Deputación, “garantindo, deste xeito, que esta programación non cese”.
Formación referencial
A TIC impulsará as actividades destinadas a manter a calidade da formación da EIS, incidindo “nas prácticas en escenarios reais e no contacto directo con profesionais de prestixio do sector audiovisual”. Ademais, a igualdade de oportunidades volverá ser “un dos obxectivos da entidade”. Nesta liña, a Fundación manterá a gratuidade da matrícula por undécimo ano consecutivo para que os mozos e mozas lucenses interesados nos ciclos de realización e produción poidan estudar na EIS, con independencia do poder adquisitivo das súas familias.
Labor social
Segundo se fixo saber hoxe, outra das prioridades da TIC seguirá a ser o seu labor social. Por unha banda, a través do apoio ao tecido asociativo da provincia (este intre hai asinados convenios de colaboración con preto de 180 entidades sociais, culturais, deportivas e veciñais, para a realización de audiovisuais que contribúan a difundir as actividades destas entidades). Por outra banda, este labor tamén se reflectirá nas actividades destinadas a promover o envellecemento activo dos maiores da provincia a través das novas tecnoloxías.

Categorías: Ciencia

AI-controlled brain implants for mood disorders tested in people

Nature - Mér, 11/22/2017 - 20:58

Researchers funded by the US military are developing appliances to record neural activity and automatically stimulate the brain to treat mental illness.

Nature News doi: 10.1038/nature.2017.23031

Categorías: Ciencia

Compostela acollerá un segundo Startup Weekend dirixido ao sector da educación

códigocero - Mér, 11/22/2017 - 20:00
Participantes na edición do ano pasado de Startup Weekend EDU

Tras cinco edicións do Startup Weekend en Galicia, o ano pasado o evento reformulouse para orientarse á educación, e este ano continúan pola mesma senda, de xeito que entre os días 15 e 17 de decembro celebrarase no Centro Abanca Obra Social de Santiago de Compostela a segunda Techstars Startup Weekend EDU, na que persoas ligadas ao mundo da educación, a tecnoloxía e o emprendemento danse cita para identificar e propor solucións a retos da educación de hoxe en vía.
Os participantes divídense en equipos que traballarán xuntos durante 54 horas para crear ferramentas de base tecnolóxica enfocadas a resolver un problema concreto na educación ou entre os estudantes de calquera nivel educativo.
Por iso, a organización do evento convoca a estudantes interesados no deseño de interfaces, o emprendemento ou a mellora da educación, profesores con ganas de compartir a súa visión e experiencia, desenvolvedores informáticos, deseñadores, emprendedores e, en definitiva, calquera que poidan axudar a levar adiante os retos que se propoñen nestas xornadas de colaboración.
Este novo Startup Weekend EDU contará cun par de relatoras (Alba Alonso e Raquel Pedrouso), un xurado moi diverso (composto por Víctor Salgado, Jacobo García-Durán, Pablo Gajino, Mari Carmen López Gómez e Guillermo Viña) e un amplo número de mentores (María José Rodríguez Malmierca, Roberto Pérez Marijuán, Isaac Gómez, Ciu Longuina, Cristina Gamallo, Alba Alonso e Rosa Vázquez Roel).

Categorías: Ciencia

Lightning makes new isotopes

Nature - Mér, 11/22/2017 - 19:56

Physicists show that thunderstorms trigger nuclear reactions in the atmosphere.

Nature News doi: 10.1038/nature.2017.23033

Categorías: Ciencia

European Medicines Agency to move to Amsterdam

Nature - Mér, 11/22/2017 - 19:56

The European Union’s drug regulatory body will leave London because of the United Kingdom’s Brexit plans.

Nature News doi: 10.1038/nature.2017.23025

Categorías: Ciencia

How alkali flies stay dry

Nature - Mér, 11/22/2017 - 19:56

Waxy and hairy covering enables flies to dive underwater without getting wet.

Nature News doi: 10.1038/nature.2017.23027

Categorías: Ciencia

O CITIC acolle a nova edición das Xornadas sobre Seguridade e Defensa

códigocero - Mér, 11/22/2017 - 16:52

Os días 23 e 24 de novembro vaise celebrar na sede do CITIC (Centro de Investigación TIC), no Campus de Elviña na Coruña, a nova edición dun evento destinado a facer avanzar a conxunción entre matemáticas e novas tecnoloxías para acadarmos a meirande eficiencia posíbel en materia de protección de persoas e bens, rescates en catástrofes, resposta ante ciberataques ou resolución de emerxencias. Estamos a falar das quintas Xornadas sobre Seguridade e Defensa, que este ano se desenvolven baixo o epígrafe Tendencias e Demandas en Tecnoloxías Matemáticas e TIC e que están organizadas polo devandito CITIC, por CESEDEN, o Instituto de Matemática Industrial (ITMATI), o grupo M2NICA e máis a UDC (Universidade da Coruña).
Participarán empresas galegas punteiras como Torusware, salientando a importancia das tecnoloxías de seu (plataformas e algoritmos específicos) para facer fronte ás crecentes ameazas na Rede, desenmascarando informacións a tempo real mediante a análise automática e masiva de datos.
Nas xornadas, que como dixemos diríxense a buscar o achegamento das TIC e as tecnoloxías de cómputo avanzado, fomentando o avance da seguridade a defensa, desenvolveranse relatorios e unha mesa redonda titulada: Oportunidades no ámbito de Big Data. As súas relacións coa seguridade e a defensa.
O encontro levarase a cabo grazas á colaboración entre ITMATI, o CITIC, o Centro Superior de Estudos da Defensa Nacional (CESEDEN) e a UDC (coa colaboración do Instituto Matemático Interdisciplinar da UCM). Tamén contarán coa participación doutras entidades e empresas participantes como: Airbus Defense and Space, Appentra, Armada-Flosub, General Energy, Getronics, Insitu, Randed, Roa, Torusware ou Zima Corp.
Esta actividade enmárcase no marco do convenio de colaboración entre o Ministerio de Defensa e o Consorcio Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI), para a organización e o desenvolvemento destas xornadas. Tamén colaboran a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia a través da Rede Tecnolóxica de Matemática Industrial (Rede TMATI) e do convenio que ITMATI ten con esta Consellería.

Categorías: Ciencia

A Fundación TIC vai plasmar nas redes a importante actividades dos hostaleiros lucenses da APEHL

códigocero - Mér, 11/22/2017 - 16:52

A Fundación TIC da Deputación de Lugo vai achegar contidos á Rede sobre o importante traballo que despregan os 800 hostaleiros da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo (APEHL). Máis polo miúdo, a contribución da Fundación TIC baséase nun vídeo de promoción da APEHL, que será lanzado na web fundaciontic.org e máis no amplo abano de redes sociais nas que a entidade formativa e divulgativa ten presenza (Facebook, Twitter, YouTube). O vídeo foi proxectado hoxe mesmo, no acto de conmemoración do 40 aniversario da asociación. Participaron na cita o presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto á alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López.
Segundo fixo saber Campos Conde, o “a Deputación é a única administración galega que colabora con este colectivo para impulsar a actividade dos máis de 800 profesionais lucenses que o integran a través dun investimento de 60.000 euros”.
O titular da entidade provincial felicitou a APEHL polo seu aniversario e, de xeito especial, a catro profesionais homenaxeados no acto de hoxe: Ángel López-Leytón, Alberto García García, Santiago Argüeso e José Luís Loureiro. Asemade, puxo en valor as contribucións de todos os profesionais que integran este asociación e salientou as súas catro décadas de “intenso traballo en defensa e impulso dun dos sectores punteiros da economía da nosa provincia: o hostaleiro”.
Tamén recordou que a contía de 60.000 euros achegada este ano ás actividades da APEHL, da man da Deputación, foi adicada á elaboración de material informativo sobre oferta turística e gastronómica da provincia. Por exemplo, salvapratos co mapa da provincia que inclúen códigos QR sobre puntos de interese turística nos concellos, eventos como as xornadas gastronómicas Estase cocendo (adicada ao cocido); ou a iniciativa Cume Tapas, que afondou sobre o pratos da Ribeira Sacra. Ademais, fíxose promoción exterior da campaña E para comer, Lugo, e organizáronse cursos de formación, como o de especialización en enoturismo, que se baseou no aproveitamento cultural da viticultura.

Categorías: Ciencia

Páxinas

Subscribirse a IGACIENCIA agregador - Ciencia