Ciencia

Un seminario afondará no procedemento para formar parte do rexistro de asesores dixitais de Red.es

códigocero - Lun, 04/09/2018 - 08:30

O Centro Demostrador TIC (CDTIC) da AMTEGA acolle, o día 13 de abril, un seminario práctico para mostrarlles ás PEME como solicitar a súa inscrición no Rexistro de Asesores Dixitais de Red.es.
Esta actividade está dirixida a profesionais do ámbito dixital interesados no asesoramento a empresas en materia de economía dixital. Para participar na xornada cómpre inscribirse na web do CDTIC ou a través da súa aplicación dispoñible para plataformas Android e iOS. A asistencia é de balde e aínda é posible anotarse para asistir, xa que as prazas, polo momento, non están cubertas.
O seminario, de carácter eminentemente práctico, será impartido por un técnico de Red.es que exporá ás persoas asistentes todos os detalles do programa Asesores Dixitais de Red.es e nela, ademais, realizarase, a modo de exemplo, unha solicitude para formar parte do Rexistro de Asesores Dixitais.
Lembremos que o Programa Asesores Dixitais ten como obxectivo ofrecer ás PEME un asesoramento individualizado no seu proceso de transformación dixital, concretándose na realización, por parte de axentes especializados, dun plan de dixitalización para a incorporación das TIC nos seus procesos (xestión do negocio, relación con terceiros, comercio electrónico, dixitalización de servizos e solucións), para o que habilitarase proximamente unha convocatoria de axudas de ata 5.000 euros por PEME.

Categorías: Ciencia

A webserie Buster trunfa no Carballo Interplay

códigocero - Lun, 04/09/2018 - 07:00

O pasado sábado rematou unha edición máis do Carballo Interplay, festival de contidos dixitais que un ano máis confirmou como se pechan as distancias entre as novas plataformas e as tradicionais, á vez que se tenden pontes entre ambos mundos na procura de sinerxías.
O encontro tamén quere servir para destacar os mellores traballos en formato de webserie, para o que teñen uns premios que desta volta contou cun xurado composto polo guionista e realizador Carlo Padial, a crítica Desirée de Fez, o xornalista Iago Fernández, a actriz María Tasende, o guionista Oscar Cruz (en representación da Asociación Galega de Guionistas) e a directora Anxos Fazáns (en representación da Asociación de Directores e Realizadores de Galicia) quen decidiron outorgar os seguintes premios:
- Mellor webserie estatal, dotado con 800 euros e trofeo, para Buster
- Mellor webserie internacional, dotado con 800 euros e trofeo, para Emilia envidia
- Mellor webserie en versión orixinal en galego, dotado con 800 euros e trofeo, para Monumento
- Premio do xurado novo, dotado con 400 euros e trofeo, para Bright Summer Night
- Premio CREA á mellor dirección, dotado con 200 euros e trofeo, para David Saínz por Buster
- Premio AGAG ao mellor guión, dotado con 200 euros e trofeo, para David Saínz por Buster
- Premio á mellor actriz, dotado cun trofeo, para Macarena Gómez por Dorien
- Premio ao mellor actor, dotado cun trofeo, para Manuel Noguera por Buster
O público, pola súa banda, concedeu cos seus votos o Premio do Público, dotado con 400 euros e trofeo, a Mambo.
O pasado xoves tamén tivo lugar un pitching de proxectos de webseries en galego, que contou con Alberto Fernández Torres (subdirector de contidos e transmedia de RTVE Digital), Maya Nieto Maidagán (directora dixital en Globomedia), José Pereira (director da Área de Innovación e Negocio da CRTVG), Xose Regueira (concelleiro de Promoción Económica de Carballo) e Sonia Méndez (directora do Carballo Interplay) avaliando as candidaturas e decidiu outorgar o Premio ao mellor proxecto de webserie en galego, dotado con 1.500 euros para a produción dos tres primeiros capítulos, a Sígueme, de Nuria Cancela, Alba Pego, Laura Pose e Aitor Ramos.

Categorías: Ciencia

La NASA se prepara para lanzar su próximo telescopio cazaplanetas

Investigación y Ciencia - Lun, 04/09/2018 - 00:00
El Satélite de Sondeo de Exoplanetas en Tránsito (TESS), cuyo lanzamiento está previsto para el 16 de abril, buscará exoplanetas cercanos similares a la Tierra.
Categorías: Ciencia

La limitada ciencia tras las discutidas técnicas de Cambridge Analytica

Investigación y Ciencia - Dom, 04/08/2018 - 00:00
La revista Nature examina los fundamentos comprobables del «targeting psicográfico».
Categorías: Ciencia

A Cámara de Santiago formará en videoxogos a nosa mocidade

códigocero - Ven, 04/06/2018 - 23:00

Quen queira formarse nunha das industrias de meirande proxección e maior potencial creativo do noso tempo, os videoxogos, vai ter en Compostela unha boa oportunidade para facelo. Estamos a falar do programa Constrúe o teu Futuro. Videoxogos e emprendemento, organizado pola Cámara de Comercio en Santiago en colaboración (achegando financiamento) coa Cidade da Cultura de Galicia e a Fundación INCYDE a través do Fondo Social Europeo. A iniciativa arrinca o 16 de abril no Centro de Emprendemento do Gaiás e está especialmente dirixida a menores de 30 anos, preferente no paro e sen cursar actividades de ensino no presente. O obxectivo é achegarlles claves de valor para convertérense en emprendedoras/es do lecer dixital ou, simplemente, para ampliar coñecementos e capacidades.
A formación inclúe as principais disciplinas vinculadas á creatividade, innovación e tendencias dentro do mundo do videoxogo (produción de imaxe en 3D, desenvolvemento visual, efectos visuais ou simulación), modelos de negocio, dirección de proxectos, roles de equipo técnico e tecnoloxía, área de mercadotecnia (Google Analytics, SEO, SEM, Growth hacking), área xurídico-fiscal, finanzas e área de dirección de proxecto final.

O Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura de Galicia

O programa, no que poderán participar un máximo de 25 persoas, celebrarase ata o 25 de maio no Centro de Emprendemento de la Cidade da Cultura de Galicia (Monte Gaiás, s/n), de martes a xoves en horario de 16:00 a 18:00 horas. Amais do devandito, abrangue titorías individuais entre o alumno e o consultor, sempre dentro do horario de apertura do centro de emprendemento do Gaiás (de 8:00 a 22:00 horas). As persoas interesadas en participar poden poñerse en contacto coa Cámara de Comercio de Santiago (981596800; vivero@camaracompostela.com) ou consultar o programa completo e inscribirse na súa páxina web.

Categorías: Ciencia

Telegram podería deixar de estar dispoñible en Rusia en poucos días

códigocero - Ven, 04/06/2018 - 22:30

Unha das plataformas alternativas a WhatsApp, Telegram, que nos últimos días celebraba ter superado os 200 millóns de usuarios mensuais activos, recibiu o mes pasado unha petición xudicial de entrega das súas chaves de cifrado ao FSB (un dos organismos sucesores do KGB), tendo un prazo de 15 días para cumprir coa resolución, e dado que tras superar o prazo non atenderon á demanda, o goberno ruso iniciou os trámites para limitar o acceso a Telegram.
Aínda que Telegram ten un volume de uso pouco relevante a nivel mundial, é a aplicación máis popular en Rusia e os países do seu contorno, de aí que o FSB quixese facilidades para poder descifrar as comunicacións a través desta ferramenta, e dado que Telegram rexeitou tal demanda, iniciaron hoxe os trámites xudiciais para que no territorio de Rusia se restrinxa o acceso á ferramenta de mensaxería de Telegram.
Deste xeito é moi probable que nos vindeiros días os provedores de acceso á Internet en Rusia reciban instrucións para bloquear o acceso a Telegram, o que tería un grande impacto no volume de uso de tal plataforma.

Categorías: Ciencia

A Universidade da Coruña achega no CITIC e na FIC respostas para afrontar os retos da ciberseguridade

códigocero - Ven, 04/06/2018 - 20:29

O Centro de Investigación TIC (CITIC) e a Facultade de Informática da UDC foron estes días os epicentros do debate arredor da ciberseguridade e de como temos que afrontar, cos instrumentos que temos, o gran reto da protección da información (con datos medrando de maneira exponencial e saíndose dos seus acubillos tradicionais para chegar aos obxectos que manexamos). Estamos a falar do Ciclo CyberCoruña 2018, que xuntou onte e hoxe, na sede do CITIC, unha manchea de referenciais e prestixiosos expertos en materia de coñecemento e métodos para salvagardalo.
O reitor da Universidade de A Coruña, Julio Abalde, foi o encargado da inauguración do evento, que, en palabras da UDC, “foi un punto de encontro entre profesionais dos ámbitos empresarial, público, militar e académico, que ofreceron os seus puntos de vista sobre a situación da ciberseguridade a nivel mundial”.
O Ciclo CyberCoruña 2018. Actualidade Europea en Ciberseguridade: da formación ao usuario estivo orientado na súa primeira xornada aos actores industriais e do sector público, así como aos investigadores e a academia. Na sesión de hoxe, que tivo lugar na Facultade de Informática da UDC, compartíronse as accións que se están levando a cabo tanto a nivel de programas de formación, como a nivel de oportunidades de investigación e de desenvolvemento de produtos e servizos.
Segundo destacan fontes da Universidade, o Máster en Ciberseguridade da UDC tivo gran protagonismo na xornada. O reitor, de feito, salientou que esta oferta académica (achegada en colaboración coa Universidade de Vigo) “rompe a idea de que as universidades non se poñen de acordo entre elas”. Asemade, expresou a súa arela de acadar que “as empresas e institucións se impliquen”, xa que o máster pretende achegarse á “realidade do que necesitan as empresas” para “ofrecer unha formación máis axeitada”.
O coordinador de CyberCoruña 2018, Fidel Cacheda, profesor da UDC e investigador do CITIC, foi o encargado de moderar a mesa redonda e destacou “a diversidade da comunidade de relatoras e relatores”, como o profesor da Universidade de Tecnoloxía de Tallín, Olaf Maennel; a directora de Comunicación e Proxectos de APWG (Anti-Phishing Working Group), Zoriana Dmytryshyna; o director de Seguridade da Comunicación de Navantia, Francisco Soto Belchi; o director de Ciberintelixencia Estratéxica de Prosegur, José María Blanco Navarro; a delegada de Protección de Datos (DPO) de Grupo Euskaltel, Susana Rey Baldomir; e o investigador do CITIC e coordinador do Máster en Ciberseguridade da UDC, José Carlos Dafonte Vázquez.

Categorías: Ciencia

Skype facilitará as retransmisións en directo e a gravación de vídeo e podcasts

códigocero - Ven, 04/06/2018 - 20:00

Skype non só leva sendo un referente para a realización de videoconfrencias a través do ordenador, senón que tamén converteuse nunha ferramenta moi práctica para medios de comunicación e creadores de contido para a realización de entrevistas, conexións en directo ou gravación de podcasts, aínda que a aplicación non se deseñara para tal finalidade, pero finalmente Microsoft decidiu que a creación de contidos pasará a estar na cerna da aplicación de Skype para escritorios.
Polo momento temos unha versión preliminar de Skype for Content Creators, deseñada para que abrir novas posibilidades a usuarios de todo o mundo que queiran gravar vídeo, podcasts ou realizar retransmisións en vivo, sen ter que investir en caro equipamento de estudio. Esta aplicación para Widnows 10 e macOS permitirá selecciónar un modo de creación de contido para poder gardar as comunicacións de Skype directamente a software con tecnoloxía NDI (Network Device Interface) como Wirecast, Xsplit e Vmix, e, unha vez gravada a conversa será posible importala de xeito doado en aplicacións como Adobe Premire Pro ou Adobe Audition para a súa edición. Os usuarios tamén poderán personalizar a aparencia da conversa de Skype, para que poida inserirse nunha retransmisión en directo dun xeito axeitado.
Ao non ser preciso empregar hardware de captura, Skype convértese nunha solución moi atractiva para a creación de contido colaborativo de audio e vídeo, podendo retransmitirse en directo unha videoconferencia a través de distintas plataformas con só un par de pasos.
O lanzamento oficial de Skype for Content Creators para Windows 10 e macOS está previsto para o vindeiro verán.

Categorías: Ciencia

Unha xornada de presentación da plataforma É-Saúde poderá seguirse nas aulas da Rede CeMIT

códigocero - Ven, 04/06/2018 - 19:30

A AMTEGA e a Universidade Sénior da Coruña colaboran no marco do Plan Dixital de Galicia nun itinerario formativo destinado á capacitación dixital de persoas maiores de 50 anos. Deste xeito, dentro das actividades previstas para este ano, o vindeiro día 10, de 11:00 a 13:00 horas, celebrarase unha xornada de presentación da plataforma É-Saúde do SERGAS nas instalacións da Universidade en Ferrol (Edificio de Apoio o Estudo - Campus de Esteiro), que se retransmitirá por videoconferencia a seis aulas da Rede CeMIT (Abegondo, Leiro, Pontevedra, Ribadeo, Santa Comba e Valga).
A presentación ten un enfoque eminentemente práctico co obxectivo de amosar as facilidades da xestión en liña que ofrece a plataforma con exemplos prácticos sobre a solicitude das citas médicas, o acceso á historia clínica do paciente ou a consulta da medicación dende calquera dispositivo sen necesidade de desprazamentos aos centros de saúde.
Esta é a segunda presentación da plataforma do SERGAS que se fai tras o boa acollida que tivo a primeira celebrada o pasado 19 de marzo e que se retransmitiu en 19 aulas CeMIT, coa participación de máis de 150 persoas.
O pasado 1 de marzo realizouse a primeira das actividades planificadas no marco do proxecto europeo: Proxecto Erasmus+ KA204 TICTac +55 - Técnicas de aprendizaxe combinadas na ensinanza das TIC para persoas maiores de 55 anos, baixo o título As TIC como unha destreza de vida nas persoas adultas e maiores europeas.
Ao longo de 2018, a Universidade Sénior da Coruña, na súa labor como aliad@ dixital, ten prevista a convocatoria de diferentes charlas informativas, presentacións e talleres que terán lugar de forma presencial nas súas instalacións e que, a través dos medios técnicos da Rede CeMIT, poderán ser seguidas ao longo de todo o territorio galego sen necesidade de realizar desprazamentos a través do sistema de videoconferencia.

Categorías: Ciencia

Windows 10 poderá correr aplicacións de 64 bits en procesadores ARM

códigocero - Ven, 04/06/2018 - 13:45

Aínda que o anuncio dos primeiros portátiles con Windows 10 baseados en procesadores ARM resultaba moi prometedor, principalmente por poder contar con equipos sempre conectados e con duracións de batería impresionantes, agora que comezan a chegar ao mercado ordenadores como o Asus NovaGo, podemos comprobar que a versión de Windows 10 que utilizan está aínda moi limitada, sendo só compatible con software de 32 bits, o que fai que haxa aplicacións modernas que non poidan empregarse. Esta limitación comentábase que sería temporal, e por fin temos unha previsión do que durará, xa que Erin Chappie, directora xeral para Windows, asegurou a Engadget que o SDK para aplicacións ARM64 anunciarase no Microsoft Build que celebrarase entre os días 7 e 9 de maio en Seattle.
Este novo SDK permitirá que os desenvolvedores poidan recompilar as súas aplicacións para correr en 64 bits en ordenadores con procesadores ARM, incrementando a compatibilidade do software, aínda que precise a súa recompilación.
Teremos así os alicerces para que os equipos con procesadores ARM poidan gozar de certo futuro, xa que a limitación de correr só aplicacións de 32 bits era demasiado restritiva e incluso ía contra o rumbo actual de Windows 10.

Categorías: Ciencia

Lugo presentará en Greencities, ante gobernos locais de todo o mundo, o seu proxecto smart

códigocero - Ven, 04/06/2018 - 13:43
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez

O proxecto smart do Concello de Lugo (dirixido a converter a cidade da Muralla nun espazo máis sustentábel, racional, eficiente, mellor xestionado e comunicado e máis amábel con residentes e turistas) vaise poder ver ao detalle nun dos encontros máis referenciais (senón o que máis) do eido estatal no ámbito das urbes intelixentes. Falamos do evento Greencities, a novena edición do Foro de Intelixencia e Sustentabilidade Urbana, senlleiro acontecemento sobre xestión urbana smart que se celebra no Pazo de Feiras e Congresos de Málaga (FYCMA), entre os días 25 e 26 de abril. O Concello de Lugo estará presente nas xeiras de traballo en rede.
Participarán representantes de concellos de toda España e dunha manchea de países pero tamén empresas e profesionais por conta propia, todas e todos xuntando forzas (e compartindo coñecementos) a prol de facer das nosas cidades mellores sitios para vivir, botando man das novas tecnoloxías e dos seus novos elementos: datos a gran escala (Big Data), comunicacións de alto rendemento, cálculo avanzado, aprendizaxe das máquinas (Machine Learning) ou Internet das Cousas (IoT).
Concretamente, a Málaga desprazarase o enxeñeiro Municipal, Miguel Ángel Negral, que mostrará os detalles e os obxectivos de Lugo Smart City, a iniciativa de 4,1 millóns de euros para converter a cidade luguesa en intelixente e sustentábel. Segundo avanzou a conto desta participación en Greencities o concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, “estarmos presentes neste foro, que na pasada edición reuniu a 200 cidades e 38 países, con máis de 3.400 visitantes e 900 empresas e entidades presentes; supón unha oportunidade para completar a visión de smart, un concepto que entende que ten que ser global e transversal a todas as áreas municipais, de aí xa que o proxecto se realizara dende distintas concellerías e diversas áreas”.
Piñeiro salienta que o evento “entronca ademais co modelo de cidade que queremos para Lugo dende o Goberno, unha cidade sustentábel, eficiente e innovadora; máis accesíbel, cómoda e humana, con máis espazos públicos para uso público e coa persoa no centro de toda acción política”.
O Concello lucense tamén salienta as potencialidades do programa de presentacións do congreso, constituído por conferencias e mesas redondas, así como por unha zona expositiva con solucións amplas e diversas para cubrir as necesidades específicas das cidades intelixentes, “con gran protagonismo das Tecnoloxías da Información e a Comunicación, e os procesos de transformación dixital”. Tamén haberá espazos específicos para o networking e a xeración de oportunidades de negocio e colaboración.

Categorías: Ciencia

O Concello de Santiago mostra aos investigadores da USC as oportunidades do seu proxecto de cidade smart

códigocero - Ven, 04/06/2018 - 12:01

A sede do centro tecnolóxico CiTIUS, emprazado no Campus Sur da Universidade de Santiago, acolleu onte a presentación do proxecto Smartiago, a iniciativa de cidade intelixente do Concello, posta en marcha con vistas a converter a capital galega nunha urbe máis sustentábel e optimizada e mellor comunicada e xestionada. A presentación correo a cargo do concelleiro de Medio Ambiente, Convivencia e Informática, Xan Duro. Na cita participou o persoal investigador da Universidade de Santiago (case medio cento de investigadoras e investigadores). O obxectivo foi mostrarlles aos grupos de I+D as oportunidades que supón para a USC o programa de Compra Pública Innovadora polo que o Concello de Santiago vén de captar cinco millóns de euros de fondos europeos.
Xan Duro explicou que “Santiago é a primeira cidade do Estado en asinar co Ministerio de Economía o acordo para poñer en marcha o proceso de Compra Pública Innovadora para resolver retos relacionados coa sustentabilidade”. O edil tamén lembrou que “o Concello compostelán recibirá case cinco millóns de euros de fondos europeos para a primeira fase do proxecto Smartiago, a de captación das solucións innovadoras”. Para a segunda fase, que sería a do desenvolvemento das aplicacións, estímase un orzamento de máis de 6 millóns de euros, de fondos propios do Concello.
Asemade, recordou que o proxecto Smartiago abrangue tres liñas estratéxicas: a da xestión sustentábel e intelixente dos refugallos sólidos urbanos, a da mobilidade intelixente e respectuosa co medio e a do alumeado ornamental intelixente para a conservación do patrimonio.

Categorías: Ciencia

Contact mostra ás empresas da Tecnópole e San Cibrao as vantaxes da dixitalización

códigocero - Ven, 04/06/2018 - 10:32
César González, director executivo de Contact Comunicación

O vindeiro 18 de abril, hai unha cita na Tecnópole sobre as vantaxes da dixitalización e os procesos para acadala plenamente. A cita, dirixida a empresarias/os da Tecnópole e do Polígono de San Cibrao das Viñas, virá con feitura de almorzo tecnolóxico e nel os participantes terán a oportunidade de coñecer até que punto a innovación dixital, no seo das súas empresas, pode ser un ingrediente importante (e nalgúns casos crucial) para a competitividade, a rendibilidade, o espallamento internacional, a optimización e o crecemento.
A persoa encargada de impartir a sesión será César González, director executivo (CEO) de Contact Comunicación, empresa local responsábel de senlleiros desenvolvementos tecnolóxicos, como por exemplo Orama, unha innovadora ferramenta de promoción socio-cultural que aposta, precisamente, pola dixitalización, a dispoñibilidade e a ubicuidade. González, na súa intervención, mostrará as fórmulas máis axeitadas para que as PEME poidan captar novos clientes a través da modernización TIC dos seus negocios. Estes procesos, adianta o responsábel de Contact, “permiten crear un ecosistema que axuda á empresa a estar presente en todas as fases da venda”.
O almorzo, que terá lugar o mércores 18 de abril a partir das 9.30 no Edificio CEI, está aberto a inscrición gratuíta.
Esta serie de almorzos tecnolóxicos enmárcase no obxectivo de Tecnópole de contribuír a promover activamente a competitividade das súas empresas e centros tecnolóxicos. Este formato de participación reducida procura, en palabras da Tecnópole “a actualización de coñecementos sobre temas legais, administrativos, comerciais ou relativos a tendencias do mercado” e concíbese “como un espazo de relación entre as empresas do Parque entre elas e con outras, xa sexa en termos de contactos comerciais ou para o inicio de proxectos de innovación conxuntos”.


Categorías: Ciencia

O alumnado de Novicrea 4.0 coñeceu a fondo o funcionamento da Tecnópole

códigocero - Ven, 04/06/2018 - 09:49

Na mañá deste 4 de Abril, os alumnos-traballadores do Obradoiro Novicrea visitaron as instalacións da Tecnólope, o Parque Tecnolóxico de Galicia, emprazado en San Cibrao das Viñas. O Obradoiro Novicrea 4.0, como lembraremos, leva dende novembro en funcionamento e fornece de emprego a 20 persoas de Celanova, Bande e Verea. A iniciativa, na que colabora o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) dando apoio tecnolóxico e formativo, diríxese a impulsar a inserción laboral na comarca de Celanova e vén da man dos devanditos Concellos.
A actividade está coordinada por Antonio Piñeiro, cuxo obxectivo (e do seu equipo) é fornecer dun obradoiro de emprego que, amais de ser un obradoiro, sexa un espazo de exploración para proxectos formativos de futuro, proxectos relacionados directamente coas TIC.
Volvendo á visita á Tecnópole, máis polo miúdo ao seu edificio CEI, a responsábel de Proxectos do Parque Tecnolóxico de Galicia, Beatriz Monfort, explicou o funcionamento do complexo empresarial e os servizos que se prestan ás empresas emprazadas nel. Segundo salientaron os responsábeis de Novicrea 4.0, o coñecemento da actividade e funcionamento da Tecnópole e os seus servizos brindaranlles ós alumnos unha posibilidade máis de establecemento no caso de que decidan adicarse a emprender no sector das novas tecnoloxías cando rematen o obradoiro de emprego.
Máis datos sobre Novicrea 4.0
O Obradoiro de Emprego das Novas Industrias Creativas (Novicrea 4.0) marca diferenzas con respecto a outras iniciativas semellantes de inserción e promoción laboral ao adicarse por completo ás novas tecnoloxías da información, apostando por novos viveiros de emprego relacionados coa industria 4.0. O obradoiro imparte catros módulos de novas tecnoloxías como son Big Data, Audiovisuais e Produtos Multimedia, Desenvolvemento de Apps Web e Marketing.

Categorías: Ciencia

¿Cómo se forman los pliegues del cerebro?

Investigación y Ciencia - Ven, 04/06/2018 - 00:00
La técnica de los organoides ha permitido observar los mecanismos físicos y biológicos que gobiernan el plegamiento del cerebro humano.
Categorías: Ciencia

A visión innovadora, nexo común dos 15 proxectos que acelerará ViaGalicia quinta edición

códigocero - Xov, 04/05/2018 - 23:32

A quinta edición da aceleradora galega de proxectos innovadores, ViaGalicia, xa ten iniciativas concretas ás que acelerar, asesorar, impulsar e formar. Trátase de 15 proxectos todos eles co nexo común da innovación e de ter, en común e por separado, unha visión renovadora do panorama produtivo e emprendedor galego. Ademais, a tecnoloxía é outro dos alicerces sobre os que se asentan. Por temáticas concretas, van dende propostas para a creación de nanosatélites ao audio profesional, dende a fabricación de táboas de surf até o desenvolvemento de dispositivos USB que son quen de evitar programas malware. A orixinalidade e o alto grao de desenvolvemento son outros dos ingredientes comúns.
A aceleración arrinca o vindeiro 1 de maio no Centro de Negocios de Porto de Molle. Recibirán 125.000 euros con feitura de préstamos participativos e subvención a fondo perdido. Segundo informa a impulsora principal de ViaGalicia, o Consorcio da Zona Franca de Vigo (co apoio firme da Xunta de Galicia), presentáronse á quinta edición da palestra empresarial 200 proxectos. Para elixir os finalmente “acelerábeis”, o comité valorou entre outras cousas a capacidade de retorno do investimento para potenciais investidores nos proxectos, as posibilidades de captar clientes e validar os produtos con eles durante o proceso de aceleración e a súa relevancia estratéxica no tecido empresarial galego, así como a solidez dos equipos e a súa presentación nos DemoDay que tiveron lugar os pasados 23 e 24 de marzo en Lugo e Vigo, respectivamente. Nestas xeiras de demostración, como lembraremos, participaron os proxectos que chegaron á fase de academia, seleccionados entre as máis de 200 iniciativas que se presentaron inicialmente a esta quinta edición de ViaGalicia.
Entre os 15 proxectos elixidos atópanse Alén, fabricante de satélites chave en man; AuthUSB, que deseñou unha ferramenta para a prevención de todo tipo de ataques en dispositivos USB; Direct Dump, un sistema que facilita un proceso de autocertificación forense dirixido a peritos informáticos ou forzas de seguridade; Data Monitoring, que deseña solucións IoT (Internet Of Things) de seguimento de depósitos de auga e leite e RocketForms, plataforma que xera formularios interactivos para a súa inserción en páxinas web.
Dentro da contorna dixital atópanse os proxectos Livetopic, asesor financeiro en liña; Legalmit, bufete virtual en liña para avogados; ou Tidyant, unha aplicación para a xestión do ciclo de venda e post-venda de empresas de servizos técnicos. Ademais, seleccionáronse iniciativas como Ertha Surfboards, fabricante de táboas de surf eco-friendly; Xtonebox, adicada á fabricación de equipos vintage de alta fidelidade e audio profesional; ou Colibrí, centrada na venda de scooters con deseños atractivos e a última tecnoloxía en mecánica.
A agroalimentación tamén estará presente, coa escolma de catro proxectos relacionados co sector: Galician Brew, premiada gama de cervexas con personalidade propia; Bisqato, nova marca galega de queixos e pastas brandas de calidade; Orballo, a primeira plantación de té ecolóxico certificada de Europa; e Grilier, sazonador gourmet saudábel para grellada.
Ademais, aos quince proxectos seleccionados cómpre sumar Emsamble, dirixido ao desenvolvemento dun sistema de arquitectura modular que chegou até a fase de Academia da anterior edición e que agora obtivo pase trala súa inscrición na convocatoria extraordinaria Fast Track que ViaGalicia abriu por primeira vez o pasado mes de febreiro.
Sinalar que agora, despois da valoración do comité técnico (formado por representantes do Consorcio Zona Franca de Vigo, a Axencia Galega de Innovación, Xesgalicia e Vigo Activo), as dezaseis iniciativas comezarán a súa aceleración a partir do vindeiro 1 de maio no Centro de Negocios de Porto do Molle, en Nigrán. Durante un período de seis meses traballarán xunto a un equipo de expertos co obxectivo de mellorar o modelo de negocio xa definido previamente para consolidalo de face a futuras roldas de investimento. Neste treito do camiño, amais de recibir titorías especializada e asesoramento, contarán cun financiamento de ata 125.000 euros, en forma de préstamos participativos, máis unha subvención a fondo perdido.

Categorías: Ciencia

Por fin podemos gravar mensaxes de voz en WhatsApp sen manter o dedo sobre a pantalla

códigocero - Xov, 04/05/2018 - 22:30

Dende hai bastantes semanas está a falarse dunha nova funcionalidade que estaba a ultimar a súa chegada a WhatsApp, e que finalmente xa está dispoñible para os usuarios que teñan instalada a última versión da súa beta para Android: a posibilidade de gravar notas de audio sen manter pulsado o botón do micrófono.
Até agora, cando queriamos gravar unha nota de audio, debiamos premer o botón de gravación durante todo o tempo no que esteamos a falar, o que podía resultar incómodo para mensaxes de certa duración, e para facer que este proceso sexa máis agradable agora está a activarse a posibilidade que, cando premamos a tecla de gravación, podamos deslizar o dedo cara arriba para bloquear o botón de gravación, de xeito que podemos separar o dedo da pantalla e premer o botón de parar cando rematemos a nosa gravación sonora.
Se queremos gozar das betas de WhatsApp podemos inscribirnos ao seu programa de probas da súa aplicación para Android.
Cómpre lembrar que a posibilidade de bloquear o botón de gravación en WhatsApp xa leva tempo dispoñible oficialmente na aplicación para iOS.

Categorías: Ciencia

O Goberno de Ames visita as dependencias da empresa tecnolóxica Tecalis Innovación

códigocero - Xov, 04/05/2018 - 19:00

A empresa Tecalis, centrada en servizos TIC avanzados, vén de amosar as súas importantes liñas de actividade e os seus compromisos sociais e igualitarios perante o Concello de Ames. Foi no transcurso dunha visita do alcalde, José Miñones, ás instalacións que a dita firma ten no Polígono Novo Milladoiro, unha estadía na que participaron (entre outras/os integrantes da Administración local e da compañía TIC) a concelleira de Promoción Económica, Isabel González, o director xeral de Tecalis, Isidoro Martínez, o director de operacións, Alberto Campos, e maila directora de desenvolvemento corporativo, Berta Caro.
Na visita, os directivos da empresa Tecalis Innovación (que participou a finais do pasado mes de febreiro no Mobile World Congress (MWC), tal e como sinalamos en Código Cero salientando a potencialidade empresarial da plataforma Signen, presentada no referencial evento tecnolóxico e de mobilidade) fixeron un percorrido polos seus proxectos recentes e polos seus procesos de espallamento (conta cunha delegación en Madrid e delegacións comerciais en México DF), que abranguen a vindeira apertura de novas oficinas e colaboracións nun breve espazo de tempo, poñendo o foco nos mercados latinoamericano e o norteamericano.
Tecalis, como lembraremos, é unha empresa de novas tecnoloxías, adicada ao desenvolvemento áxil a medida de solucións na nube e deseño UX, e á consultoría estratéxica dixital e a proxectos tecnolóxicos especializados na transformación dixital. Entre os proxectos de Tecalis atópanse desenvolvementos de alta tecnoloxía a medida, ciberseguridade, datos a gran escala (Big Data), blockchain, aplicacións móbiles, solucións adaptadas ás necesidades concretas de empresas, administracións públicas, organizacións e asociacións, en todo o territorio nacional e tamén a nivel internacional.
Segundo puideron coñecer de man os membros do Goberno local, Tecalis inviste directamente en I+D+i e dispón de tecnoloxías patentadas a nivel europeo. Ademais mantén relevantes acordos de colaboración coa Universidade da Coruña (UDC) e a Universidade de Santiago de Compostela (USC). Asemade, é un dos patróns fundadores da Fundación Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información (CITIC) e as Comunicacións de Galicia ( FCITICG).
A día de hoxe, Tecalis informou que se atopa mergullada “nun período de medre e espallamento mediante estratexias de innovación, RSE (Responsabilidade Social Empresarial) e igualdade, co obxectivo de converterse nun referente no sector”. A firma, a este respecto, comentoulle ao Concello que un dos primeiros pasos como empresa a prol da igualdade foi a recente incorporación de Tecalis ao Clúster TIC Galicia da man dunha muller, Berta Caro, “un feito histórico no sector, así como a promoción da contratación de mulleres no seu persoal”, engadiu o equipo directivo da entidade.

Categorías: Ciencia

A Xunta investirá 500 millóns de euros para avanzar na eAdministración

códigocero - Xov, 04/05/2018 - 19:00

Alberto Núñez Feijoo, destacou hoxe a aprobación no Consello da Xunta do contrato de xestión plurianual da AMTEGA que disporá de máis de 500 millóns de euros até 2021 para desenvolver 50 programas e responder aos fins estratéxicos entre os que destacan: reforzar a cohesión dixital da Administración; promover os servizos públicos dixitais; fomentar a capacitación dixital; promover a economía dixital; apoiar o crecemento do ecosistema dixital; garantir a dispoñibilidade dos servizos públicos dixitais; e aplicación de medidas instrumentais e de eficiencia. O reforzo da cohesión dixital da Administración afectará tanto ao funcionamento interno da Administración como á súa relación coa cidadanía.
En relación aos servizos públicos dixitais, o presidente da Xunta sinalou que afectará a ámbitos como o comercio a empresa e a industria, a xustiza, a Administración ou o ámbito social. No tocante á xustiza, lembrou o compromiso de implantar un modelo de sala de vistas totalmente dixital; así como estender a sinatura dixital e o sistema de xestión de arquivos e obxectivos relacionados cos delitos ao 95% dos órganos xudiciais.
No eido da Administración, destacou a necesidade de mellorar a sede electrónica e poñer en marcha a carpeta do cidadán ou incrementar nun 60% a porcentaxe de accesos. E no ámbito social, consolidarase a Historia Social Única Electrónica, ademais de avanzar no modelo de Fogar Dixital.
Sobre o fomento da capacitación dixital, Feijoo subliñou o compromiso de promover o talento no eido das TIC; avanzar no Plan de Inclusión Dixital; ou a extensión das redes de alta velocidade nos centros de ensino e da educación dixital, co obxectivo de chegar aos 20.000 alumnos.
Así mesmo, e para promover a economía dixital ofreceranse ferramentas dixitais ao sector turístico e mellorarase a rede de oficinas; poñeranse as TIC ao servizo da xestión dos arquivos, museos e o patrimonio; dixitalizaranse tamén os sectores primarios; e modernizarase o transporte por estrada, para facilitar o transporte baixo demanda.
Para apoiar o crecemento do ecosistema dixital, destacou o obxectivo de estender a banda larga, para que o 96% da poboación teña acceso a redes de 30 Mbps.
Garantir a dispoñibilidade e a seguridade dos servizos públicos dixitais, co desenvolvemento do Plan de Seguridade da Xunta; e implantar medidas instrumentais e de eficiencia, como a aprobación definitiva da Lei de Administración dixital, a consolidación da contratación centralizada, e a mellora das infraestruturas, sistemas e redes corporativas que dan servizo aos 3.000 centros da Administración autonómica, son outros obxectivos que se atopan dentro desta estratexia.

Categorías: Ciencia

Cuonda e Emilcar FM levan os seus podcasts a Spotify

códigocero - Xov, 04/05/2018 - 19:00

Hai 3 anos Spotify experimentou unha importante actualización para adaptarse mellor ás demandas do público, e entre as novidades incluíron máis que música, concretamente clips de vídeo e podcasts, contidos que non parecían ter conseguido destacar en España, probablemente pola pouca adaptación ao noso mercado, o que parece que está a cambiar, pois xusto hoxe varios dos podcasts máis populares no Estado veñen de anunciar a súa estrea en Spotify.
Por unha banda temos que a primeira rede de podcast independentes en español, Cuonda, asinou un acordo global con Spotify que traduciuse na estrea en tal plataforma dos podcast de tecnoloxía e ciencia Binarios, Mixx.io e El Método, aos que en cousa dunha semana uniranse o resto de programas de Cuonda (Histocast, Apple Coding, Politibot, Los Hilos de Washington, Velocidad Absurda, Yarmanitas, La Propagadora, Universo Paralelo, Hacía falta, Entrevistas con la Historia…). Os responsables desta plataforma confían en que a súa incorporación a Spotify axude a superar un dos maiores atrancos do podcasting en español: o descubrimento por parte de novos oíntes, debido á alta fragmentación de plataformas para a escoita (e a dificultade para atopar contidos en español en plataformas como iTunes).
Por outra banda tamén temos que Emilcar Daily e o resto de podcast da rede Emilcar FM (Cena para tres, Still Lost, Proyecto Macintosh, Cinema TV, Promopodcast, Están locos estos romanos, Colegas, Ímpetu, Eureka, Entre trabajadores, Lactando, A pie de pizarra, Nutrimatrix, Preestreno, Trending, Plug & Drive, Bacteriófagos, Trasteando en la escuela, 4 ventanas, Perspectiva, Un paseo por Shanghai, Swisspain e Gran Angular) completaron xa a súa integración en Spotify, de xeito que agora temos un novo xeito para escoitar todos estes contidos sonoros no ordenador e en dispositivos móbiles, sendo esta solución atractiva por estar dispoñible tanto para iOS como para Android.

Categorías: Ciencia

Páxinas

Subscribirse a IGACIENCIA agregador - Ciencia