Gañadores dos Concursos Inventa en Galego e Sensores para Todos

Submitted by admin on Mar, 12/09/2014 - 16:32

A entrega de premios farase no Centro Sociocultural Ágora de A Coruña, ás 11 e media da mañá do día 12 de decembro, venres. Os equipos gañadores farán unha presentación dos traballos  merecedores dos premios. Parabéns a eses equipos gañadores, e aos profesores e profesoras que, como dicía Plutarco, ou Yeats, non conciben a educación dos rapaces como o traballo de encher un cubo senón de provocar un incendio de paixón pola Ciencia ("Education is not filling a bucket, but lighting a fire").