Éxito dos equipos galegos do Rally en Toulouse

Parabéns a todos os equipos galegos que participaron na Final do Rally sen Fronteiras en Toulouse. Por primeira vez todos os equipos galegos acadaron a posición de gañadores subindo ao podio e recibindo a copa correspondente. Destacamos especialmente ao equipo do IES Lauro Olmo do Barco por acadar o primeiro posto internacional na súa categoría de 3º da ESO. O novo sistema de selección dos equipos mellora de ano en ano os resultados dos nosos concursantes.
Aquí iremos poñendo as fotos dos gañadores
http://www.laregion.es/articulo/valdeorras/matematicos-futuro/20140529080251471838.html
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2014/05/29/proximo-ano-pensamos-volver-final/0003_201405O29C9994.htm
A acta do Rally di o seguinte: Cada unha das clases participantes na Superfinal de Toulouse son gañadoras dunha rexión francesa ou internacional e o resultado é:

  • Na categoria 5°, gañadora, a clase "1-ESO-IES Terras de Transacos" (ex-aequo con dúas clases de Francia)
  • Na categoria 4°, gañadora a clase "2 ESO-IES a Sangriña" (ex-aequo con 3 clases de Francia)
  • Na categoria 3°, gañadora a clase "3 ESO-IES Lauro Olmo O Barco de Valdeorras", sen o ex-aequo, campiona absoluta de 3º, polo tanto.
  •  As clases de 4ºESO CPR Asunción de Sarria e a de 4º ESO IES Otero Pedrayo de Ourense non quedaron de primeiros como as anteriores, pero si finalistas subindo ao podio polo seus postos destacados.
  • As Fotos:
  • O CPR da Asunción de Sarria no Progreso
  • IES Otero Pedrayo de Ourense na Región e en foto
  • IES Lauro Olmo de O Barco de Valdeorras diante do centro da proba en Toulouse
  • IES Lauro Olmo de O Barco de Valdeorras preparados para facer a proba en Toulouse
  • O Equipo do IES a Sangriña de A Guarda
  • Varias fotos do equipo do IES de Trasancos

 

imaxe: