II Congreso de Software Libre para Educación, Primeiros relatorios confirmados.

Lugar de celebración   Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG)  da Consellería de Traballo e Benestar en Santiago Días 1 e 2 de xullo de 2013. Duración 16 horas. Inscribirse
 
  • BioStatFLOSS: Unha ferramenta para a educación en BioEstatística. Miguel Ángel Rodríguez Muíños (Dirección Xeral de Saúde Pública. Consellería de Sanidade. Xunta de Galicia)
  • App Inventor. Os primeiros pasos en Android. Manuel Díaz Regueiro
  • Obradoiro de Youtube Susana Vázque e Xacobo del Toro
  • "Innovación Educativa e teleformación con Software Libre", Roberto Brenlla (Tegnix)
  • Estatística con Scilab. Consuelo Castro (IES de Trasancos)
  • Obradoiro de ExeLearning por Pilar Anta -do IES de Sabón (Arteixo) e da UDC

  • Obradoiro de Geogebra e Arte dentro do ano de Arte e Ciencia de Igaciencia. Manuel Díaz Regueiro.
  • Obradoiro de Maxima. Mario Rodríguez Riotorto

  • Mesa Redonda sobre EPUB 3, as súas posibilidades, o futuro dos libros escolares dixitais, e a interactividade con HTML5. Como integrar unha calculadora -e máis- nun libro dixital. Membros da mesa: Francisco Botana (UVigo), Manuel Díaz (Igaciencia),...

 
  • Infraestrutura técnica e Software Libre no Proxecto Abalar. Xunta de Galicia".

    Relator: Pablo Nimo Liboreiro.

    Temática: sesión sobre as licenzas Copyleft e Creative Commons e a súa aplicación en Abalar. Sesión semellante á ofrecida o ano pasado na Xornada de Lugo, pero ampliada coa información empregada na intervención realizada na Libre Software World Conference 2012 sobre como está montada e soportada toda a estrutura Abalar baixo o sistema Puppet e a sostenibilidade económica.

  • Abalar: caso de éxito de centro educativo.

    Centro educativo: CEIP Ramallosa (Teo, A Coruña). Relatores:  Francisco Nanín Castro e Benxamín Salgado Gómez.

    Temática: exposición dun caso real de utilización do equipamento Abalar incorporado ao proxecto educativo de centro.

  • Oficina de coordinación de Software Libre.

    Relator: persoal da Amtega.

    Temática: Realizar unha sesión específica sobre Software Libre a cargo da Oficina de Coordinación de Software Libre da Amtega, dando a coñecer os seus obxectivos e servizos ofrecidos:

      • Plan de Acción en Software Libre 2013

      • Procedemento de liberación e políticas de reutilización da Xunta de Galicia.

      • Ferramentas de xestión de proxectos dispoñibles na forxa mancomun.org

      • Licenciamento e propiedade intelectual no Software Libre.

      • Estándares abertos e interoperabilidade.

      • Outros servizos da Oficina de Software Libre: asesoramento, difusión do SwL na administración.

  • Rede CeMIT.

    Relator: persoal da Amtega

    Temática: A rede CeMIT. Evolución a Software Libre seguindo o modelo Abalar. Funcións da rede CeMIT e difusión do SwL á cidadanía

  •  

  • Solicitada Homologación á Consellería de Educación por 16 horas. Podese presentar comunicacións ao Congreso.

  • Colaboran: Consellería de Cultura e  Educación, AMTEGA, Educa Barrié e CESGA. e o CNTG Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia da Consellería de Traballo e Benestar

  • Para saber máis Software libre na educación