Finalistas do 9º Concurso Galego de Robótica

Final: 4 de maio de 2017
Despois dunha dura pero divertida (e aproveitada de aprendizaxe) competición en Vigo e a Coruña vimos a declarar os finalistas de cada unha das categorías (nos primeiros momentos, ata finalizar serán provisionais)

Finalistas do 9º Concurso de Robótica de Vigo

Unha vez rematada a primeira semana da actividade en Vigo, xa podemos comunicar os grupos Finalistas que poderán acudir á final que se celebrará o xoves, 4 de maio, na sede da Fundación Barrié na Coruña.

Final da fase galega do Rally Científico Matemático, comezo da fase internacional

Finalizada a proba galega do Rally matemática e a correspondente entrega de premios, o xoves día 30 de marzo na Facultade de Química, xa coñecemos os grupos que nos  representantarán na fase internacional que terá lugar en Toulouse.
1º de ESO Matemáticas
IES Plurilingüe Rosalía de Castro-Santiago. Curso 1º ESO A. Profesora Sara María López Álvarez.
2º de ESO Matemáticas
IES O Couto-Ourense. Curso 2º ESO B. Profesora Rosa Díaz Lama
3º ESO Matemáticas
IES Eduardo Blanco Amor-Ourense. Curso 3º B. Profesor Carlos Ferreiro García
4º ESO Matemáticas

Obradoiro e Concurso de Robótica en A Coruña. Abril 2017

Inscríbete nesta mesma páxina

Antes de realizar a inscrición é conveniente que lembres que:

Cómpre mirar antes de cubrir o formulario o CALENDARIO PROVISIONAL  que se irá cumplimentando paulatinamente, de maneira case inmediata os dous primeiros días. Posteriormente débese comprobar se o centro aparece no calendario pois esa é a confirmación de que a inscrición se realizou con éxito. Lembrade refrescar a páxina para ir vendo os cambios.

Obradoiro e Concurso de Robótica en Vigo. Abril 2017

Inscríbete nesta mesma páxina

Antes de realizar a inscrición é conveniente que lembres que:

Cómpre mirar antes de cubrir o formulario o CALENDARIO PROVISIONAL  que se irá cumplimentando paulatinamente, de maneira case inmediata os dous primeiros días. Posteriormente débese comprobar se o centro aparece no calendario pois esa é a confirmación de que a inscrición se realizou con éxito.

Obradoiro e Concurso Galego de Robótica 2017

Obradoiro e Concurso Galego de Robótica 2017

Celebrarase en Vigo os días 4, 5, 6 e 7 de Abril e en Coruña os días 24, 25, 26, 27 e 28 de abril. Final sobre o 4 ou 5 de maio de 2017

Lugar:

En Vigo, na Fundación Barrié, Rúa Policarpo Sanz, 31, 36202 Vigo, Pontevedra. 

En Coruña, na Fundación Barrié, Rúa Cantón Grande, 9, 15003 A Coruña

Categorías:

Destinado a alumnado de 5º e 6º de Primaria, ESO,  Bacharelato e 1º ciclo de FP.

Inventa en Galego (con App Inventor). Concurso de Sensores. Concurso de actividades con GPS no ano das Viaxes científicas.

Inventa en Galego (con App Inventor)

As bases, que podedes ver aquí, son semellantes ás de dous anos anteriores e tamén contará co patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e de Igaciencia. A modo de resumo, céntrase en:

Crear programas en App Inventor por un equipo de alumnos e alumnas de Primaria ou Secundaria de Galicia, presentados por un ou unha profesor/a.

Inscrición no Rally sen Fronteiras 2017

Patrocinan ou colaboran

Feliz Ano 2017. Feliz Ciencia en Galego 2017!

A ONU declarou o ano 2017 como o Ano Internacional do Turismo Sostible , nós traducímolo a 2017-Viaxes pola Ciencia nas que vos convidamos a participar:

-Celebrando a Viaxe do Beagle, a viaxe científica de Darwin que cambiou a maneira de pensar sobre a orixe das especies, a evolución e o papel da xenética neste proceso. A Bioloxía fíxose intelixible e adquiriu unha historia de miles de millóns de anos de evolución, marcada tamén pola evolución xeolóxica.

Páxinas

Subscribirse a IGACIENCIA RSS