Investigarte: un novo concurso de EducaBarrié

Un novo concurso de educaBarrié en colaboración co Campus Vida e o  Instituto de Investigacións Sanitarias de Santiago.
InvestigArte quere asociar  o mundo dainvestigación e o da creatividade a través da imaxe ( vídeo, fotografía e ilustración)  e  pretende servir de  espazo de  encontro entre  a escola e os investigadores destas entidades.  Está dirixido a alumnado de ESO, Ciclos e Bacharelato.
Gracias de antemán pola vosa colaboración.

http://www.investigarte.es/

Mario Rodríguez Riotorto e o CESGA colocan Maxima na rede

Na páxina

http://maxima.cesga.es

podedes experimentar, realizar os cálculos que queirades facer e presentar  calquera gráfica, curva ou superficie, en galego, en móbil, desde clase  ou casa cun programa de software libre como Maxima, sen royalties e sen pagar nada.

Parabéns á Mario Rodríguez Riotorto e ao CESGA polo éxito da proposta!.

Inscríbete á nosa newsletter

Inscríbete na nosa newsletter e benefíciate do desconto especial do 25% no curso de Arte con Geogebra. ¿A qué esperas?

 
 

Grupo de traballo de construción dunha impresora 3D "Clone Wars"

Seguindo o proxecto "Clone Wars" tratariase de facer unha ou varias impresora 3d con materiais sinxelos
http://asrob.uc3m.es/index.php/Proyecto:_Clone_wars
Onde? en Lugo. En Coruña e Vigo xa existen estes grupos de traballo.
Un segundo grupo podería ser o de toma de datos para realizar medidas de experimentos en electricidade, magnetismo,  son, electrónica, mecánica, óptica e/ou calor.
con ExpEy
E un terceiro de proxectos con Arduino

II Congreso de Software Libre para Educación

O II Congreso de Software Libre para Educación (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas) e Educación celebrarase, en Santiago, a principios de xullo de 2013 como o primeiro congreso do ano pasado 2012 en Lugo.

Estades convidados e convidadas a participar levando un relatorio dos vosos traballos de aula. O Congreso pretende ser o lugar de encontro de todos os profesionais e profesores que utilizan na súa profesión, na súa empresa, ou no seu centro educativo, o software libre.

As actas do I congreso de Software Libre poderán conseguirse neste congreso.

Igaciencia promove e sostén o día da Ciencia e da Tecnoloxía en Galego

 O día da Ciencia e Tecnoloxía en Galego celebrarase o día 5 de novembro de 2012, apoiado por variass organizacións, entre elas IGACIENCIA, que fai o cartel. Para saber se unha organización é convocante ou non, abonda con  con mirar na súa páxina web.
Máis información en http://www.cienciaengalego.org
 O día 16 de outubro todos os centros deberían facer actividades coa  bicicleta (a ver si as elecións teñen un resultado distinto por unha vez).

Inscribirse no curso a distancia sobre Competencias matemáticas e artísticas con Geogebra (Arte con Geogebra)

Nos últimos tempos, e desde diversas autoridades e organismos faise un énfase crecente sobre a importancia do ensino das matemáticas en situacións e contextos preto dos estudantes e do seu

Páxinas

Subscribirse a IGACIENCIA RSS