O presidente da Real Academia Galega dará a conferencia central das actividades do día da Ciencia en galego

O día 4 de novembro, día da Ciencia en Galego, D. Xesús Alonso Montero,  Presidente da Real Academia Galega dará unha conferencia no Salón de Actos da Deputación de Lugo, ás 12 h.. A conferencia ten de título: Primeiras manifestacións científicas formuladas en lingua galega., Convídanse a todos os centros de Lugo a asistir a dita conferencia. Para asegurar que non se sobrepase a cabida do salón (164 prazas) solicitade a inscrición a secretaria@igaciencia.org. Neste momento imos en 100 prazas ocupadas. Tamén para as restantes conferencias.
O día 13 de novembro, ás 19 horas, conferencia do arquitecto e profesor do IES Xoán Montes, sobre A xeometría na obra plástica de Senén OlanoNa sala de exposicicóns da Deputación.
O día 15 de novembro conferencia de Marcelino Maneiro da Facultade de Ciencias de Lugo conferencia sobre a conexión entre arte e química a través da lingua, o título será "Estética e semiótica da Química: formulando con arte" onde se tratará de xeito divulgativo sobre fulerenos, aneis borromeanos, nós de Solomon, etc. No salón de actos do IES Leiras Pulpeiro ás 11 e media.
O día 20 de novembro Felipe Senén falará sobre Cosmogonías galegas