Alonso Montero, o presidente da RAG, transmite ás novas -e novísimas- xeracións Ciencia en Galego

am

Unhas cento vinte persoas, entre elas, alumnado  do IES Änxel Fole, IES Leiras Pulpeiro e IES Lucus Augusti asistiron á entrega de premios do IV Día da Ciencia en Galego e á conferencia de D. Xesús Alonso Montero sobre Primeiras manifestacións científicas formuladas en lingua galega.  Mentres 50 alumnos e varias profesoras do IES Félix Muriel de Rianxo, visitaban a exposición Arte e Ciencia na sala xustamente debaixo do Salón da Conferencia. O documento co que se presentaron os premios.

Explicación do título do Progreso: hai 50 anos Alonso Montero e Epifanio Ramos organizaron unha exposición en Lugo sobre textos en galego de todo tipo.

 

 

imaxe: