IV Día da Ciencia en Galego e entrega de premios, nova “retocada” na prensa

A celebración do IV Día da Ciencia en Galego e a entrega de premios do concurso, organizados por IGACIENCIA, son novas que aparecen en El Progreso hoxe, 10/11/2013, aínda que o texto precise ser traducido para poder entendelo e axustalo á realidade:
O presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, lembrou o 50 aniversario dunha exposición bibliográfica sobre ciencia en galego que se celebrara no Círculo das Artes, na conferencia Primeiras manifestacións científicas formuladas en Lingua Galega, para celebrar o IV Día da Ciencia en Galego organizado por IGACIENCIA; tamén fixo entrega dos premios do Día do Científico Galego dos concursos que Igaciencia convocou con motivo do Día da Ciencia en Galego.
 
Na imaxe aparecen os alumnos da escola de Lago, Valdoviño. 
imaxe: