Solicitude de IGACIENCIA á DXPL

Dado que a DXPL uniuse á conmemoración do día da Ciencia en Galego, solicitouselle axuda para esta celebración. Ainda que asistiron a unha reunión a contestación do día 10 de maio foi " non hai cartos e hai crise"

Solicitámoslle, desde IGACIENCIA,  o financiamento da traducción de software libre científico ao galego e o mesmo " non hai cartos e hai crise"

Propúxoselle entón a traducción do sistema operativo Android (para móbeis, TV...) ao galego e dímoslle as razóns que o farían desexable e conveniente. Contestación " o estudaremos"

Ben, quen quere unirse á traducción do Android ao galego?

Se tes interese apuntate ao congreso de software libre científico de igaciencia que podes ver nestas mesmas páxinas http://www.igaciencia.eu xa que nese congreso trataremos ese tema...