Resumos dos relatorios

PLAN DE ACCIÓN EN MATERIA DE SOFTWARE LIBRE Plan 2012 AMTEGA

Jose Alberto Couto Losada. Amtega

eXeLearning e MOODLE na área de Tecnoloxía.

Pilar Anta Fernández

Profesora de Tecnoloxía no IES de Sabón Arteixo e Profesora Asociada C. C. da Educación UDC

eXeLearning é unha ferramenta de autor para a creación de contidos deseñada especialmente para docentes que permite a publicación de contidos na web sen ter,necesariamente, coñecementos de linguaxe HTML.

Isto fai que sexa un complemento ideal para as plataformas LMS, Learning Management Sistem , como MOODLE o que permite aos profesores traballar na aula virtual dos Centros dependentes da Xunta de Galicia e da UDC.

A presente ponencia pretende compartir a experiencia de traballo na aula de Tecnoloxía e Electrotecnia en Bacharelato, facendo un paralelismo entre
Programa                                        Unidade Didáctica                                    Actividades
MOODLE                                              eXeLearning                                          Blogues,Xeoxebra,   Jclic…

Obradoiro de Moodle por Pilar Anta Fernández

Consistirá nunha iniciación á o manexo da plataforma Moodle.
 
Competencia matemática e Geogebra.
Inés Ben González (IES Vilar Ponte)

De igual maneira que "A adquisición das competencias básicas esixe establecer pontes entre as materias para unha integración dos contidos que sexa significativa, é dicir, que produza coñecemento" (LOE), o establecemento de pontes entre as competencias básicas, potencia o seu desenvolvemento. Unha ponte básica é a que se establece entre a competencia matemática e a competencia dixital.

Por outra banda, no avance do documento marco de Pisa 2012, despois dunha década de experiencia analizando as respostas do alumnado, conclúese que hai un conxunto de capacidades que son a base de cada un dos procesos chave para o desenvolvemento da competencia matemática (formular, utilizar e interpretar).  

No relatorio incidirase en dúas das capacidades implicadas: Representar e Utilizar axudas e ferramentas tecnolóxicas. Isto, á súa vez, permitirá poñer en conexión a competencia matemática e a dixital, pois empregarase Geogebra para traballar e visualizar diferentes formas de representación.

 "O silencioso dominio do Software Libre"
Ponente: Roberto Brenlla
 Que é e como se desenvolve realmente o Software Libre? É unha alternativa máis ou é "a escolla" natural para Administraciónsv Públicas, Ensino, Empresas...? Ata que punto podemos até esixir a súa implantación? Fundamentos éticos, metodolóxicos, legais, económicos e sociais.

Metodoloxía copyleft e proxecto Abalar

Pablo Nimo Liboreiro  e Xosé Luis Barreiro Cebey (Asesores da Consellería de Educación)

Tentaremos dar unha visión do uso de tecnoloxías abertas na educación. Partindo da propia filosofía na que está baseada o propio software libre (copyleft), falaremos da súa concreción práctica centrando a atención na importancia das fontes abertas (opensource). Ademais, relacionarémolo coa necesidade de que o profesorado galego coñeza licenzas Creative Commons como ferramentas legais que favorecen a creación e difusión de recursos educativos dixitais. Concretaremos estas ideas tecnolóxicas, no caso galego, nos sistemas libres instalados no equipamento do Proxecto Abalar, na constitución da intranet de centro educativo, así como nas aplicacións incluídas no Proxecto Webs Dinámicas.

Localización de Software Libre ao galego

Enrique Estévez Fernández, tradutor de Mozilla ao galego e Antón Méixome
No relatorio pretenderase amosar as nocións básicas de porque é posible traducir o software libre a outros idiomas explicando de forma moi básica os conceptos de i18n e l10n. Darase a coñecer a comunidade galega de localización de Software Libre e os principais proxectos que
levan os membros do Proxecto Trasno. Tamén se exporán os recursos, ferramentas, guías e acordos que segue a comunidade para localizar os diversos proxectos. Será unha exposición moi esquemática e na que se espera responder as preguntas e dúbidas que teñen os asistentes para facela o máis interesante posible para os asistentes. A tarde haberá un obradoiro no que se poderá pór en práctica o amosado no relatorio.O obxectivo é que a xente sepa como se pode localizar un aplicativo,como unirse a comunidade galega, que recursos pode utilizar para a tradución e que normas e criterios segue a comunidade galega.

Obradoiro de tradución ou localización ao galego

Enrique Estévez Fernández e Antón Méixome
No Obradoiro explicarase como instalar algún aplicativo de tradución asistida para localizar software libre ao galego. O obxectivo é amosarlle aos asistentes os pasos a seguir para localizar un aplicativo. Se é posíbel, o aplicativo de exemplo escollido será proposto polos asistentes ao obradoiro. Se non é posíbel, mostrarase o proceso que se ten que seguir cun par de aplicativos da escolla dos relatores.

Software Libre aplicado a simulación e modelización nas PEMEs produtoras.
Dr. Andrés Gómez Tato
Departamento de Aplicacións e Proxectos
Fundación CESGA

Ainda que a simulación é unha ferramenta crave para a competitividade das PEMEs, segundo se recoñece mundialmente, a súa utilización por parte das PEMEs galegas está ainda pouco espallida. Cando se utiliza,  está dominada polo software privativo e comercial e presenta barreiras para o seu desplegue como a falta de formación, o custe da infrastructura (tanto software como hardware) ou a carencia de información sobre a súa aplicabilidade ou posible soporte na súa utilización. O software libre de calidade para a simulación numérica pode ser unha alternativa viable para a introducción nas empresas sempre que conten coa axuda axeitada para incorporalo no seus procesos produtivos.
Neste ámbito, o CESGA en colaboración cos Centros tecnolóxicos AIMEN en España e CATIM e AIMMAP en Portugal, están facendo unha experiencia para estudar a viabilidade de prestar un servicio en Cloud para a simulación nas PEMEs que utilice software libre, pero que ademáis conte cos medios para axudar as empresas na súa formación no uso do software libre, a execución dos seus modelos tanto en local como na infrastrutura Cloud, e a resolución das incidencias que poidan ter.

No relatorio presentaranse as causas polas que se iniciou o proxecto, os obxectivos do mesmo, e a arquitectura tecnolóxica Cloud que está en funcionamento para o proxecto. Este está co-financiado polo programa POCTEP de cooperación transfronteriza España-Portugal (0448_CLOUDPYME_1_E). Pódese obter máis información en http://www.cloudpyme.eu.

Experiencia do CESGA no uso do SW. Libre aplicado en ferramentas colaborativas e e-learning.
María José Rodriguez Malmierca (CESGA)

Resumo:
A área de e-learning do CESGA leva dende o ano 96 empregando software libre para aplicar a diferentes proxectos e propostas de aprendizaxe e colaboración empregando as TIC. O relatorio amosará algunha das ferramentas e contornas que empregamos en diferentes servizos (como a plataforma de e-learning Aula Cesga, a edición colaborativa de textos, ou a multiconferencia) e proxectos (wiki-skills, Rural Schools & Cloud Computing, ehospital).

R e bioinformática:

Miguel Branco

O avance na investigación en bioloxía está hoxe por hoxe moi orientado na análise xenómica, na proteómica e na xenética poboacional. As novas correntes científicas deste ámbito están permitindo avances como resolver as grandes dúbidas sobre da Evolución e a Bioloxía Molecular e dando grandes resultados en farmacoloxía, medicina persoalizada así como na conservación medioambiental.

Froito da investigación nestas ciencias, nos últimos anos estivos obtendo unha inxente cantidade de datos e de cada vez máis. Tanto, que xa é imposible analizalos de xeito manual pois atopámonos con casos como son a análise de xenomas completos de especies, as miles de interaccións de proteicas e encimáticas ou as predicións de cambios ecolóxicos por extinción de especies. Con isto, a aplicación de recursos informáticos neste eido é vital.

A linguaxe de programación para análise estatística R e Bioconductor están a artellar case tódalas técnicas que permiten a análise dos datos obtidos nestas novas liñas de investigación, moi especialmente no eido da biomedicina. Son ferramentas capaces de filtrar, representar e analizar esa gran cantidade de datos obtidos. De feito, xa están facilitando chegarmos a medicina persoalizada e conseguir fármacos moito máis eficientes.

Nesta exposición preténdese mostrar os principais problemas neste campo científico e as aplicacións de R e Bioconductor para resolvelos.

Estatística con R

© Salvador Naya Fernández

Escola Politécnica Superior.

Departamento de Matemáticas. Universidad de A Coruña

Grupo MODES.

O programa de Software libre R, é unha linguaxe para o cálculo estatístico e a xeración de gráficos. R foi desenrolado inicialmente por Gentleman e Ross Ihaka do departamento de estatística da Universidade de Auckland, na actualidade a lista de colaboradores deste software libre foi crecendo exponencialmente con aplicacións a tódolos campos da estatística, considerándose hoxe en día como a lingua franca da estatística.

Entre as características deste programa R poden destacarse as seguintes: é unha linguaxe orientado a obxectos, a capacidade de combinar análises "pre-empaquetados" con análises  ad-hoc, específicos para cada situación determinada, a posibilidade de crear gráficos de alta calidade, as extensións específicas a áreas emerxentes como a bioinformática, a bioestatística ou a minería de datos.

Entre as razóns para elixir o R como paquete estatístico poderíase argumentar a  estabilidade, baixo consumo de recursos, dinamismo e gratuidade.

Nesta presentación expoñerase algunhas das aplicacións a problemas reais co paquete R en distintos campos como a bibliometría, a clasificación supervisada de materias ou o control de calidade dos combustibles de aviación.

 

 

SAGE

------------

Fancisco Botana

------

Sage é un sistema de álxebra computacional nado no 2006 da man de William Stein. Declara como misión "crear unha alternativa libre e de código aberto a Magma, Maple, Mathematica e Matlab" e consiste nun entorno desenvolvido en Python que engloba un bo número de programas de código aberto.

Na charla comentaranse aspectos relativos á instalación e diversas posibilidades de uso (local ou a través dun navegador web). Tamén se considerará o uso do "sagecell", unha recente derivación do sistema que fai posíbel acceder á súa totalidade dun xeito sinxelo e a interesantes novas formas de uso.-

 

INTERFACES WEB A SOFTWARE CIENTÍFICO
------------------------------

Mario Rodríguez Riotorto

Englobada na actual tendencia á computación na nube, existe a posibilidade de acceder a servidores remotos onde hai instalados programas de cálculo máis o menos sofisticados. Así, sen máis ferramenta que un navegador de Internet, podemos facer case todo tipo de cálculos simbólicos, numéricos e gráficos dende un ordenador, tableta ou teléfono móbil, sen apenas instalacións adicionais nos nosos dispositivos. Ás veces, estes servidores remotos ofrecen servicios limitados, de uso xeral, que poidan que non sexan exactamente os procesos concretos que un usuario necesita. A proposta que se fai, sempre con ferramentas libres, é a de instalar un servidor destas características nas nosas redes corporativas. Ferramentas de cálculo potente e contrastadas doadas de instalar hainas; un servidor web Apache+PHP é tamén doado de poñer a punto nun equipo informático e uns scripts que actúen como interface entre a web e os programas científicos tamén os hai.

As tecnoloxías que se presentan poden ser utilizadas tanto polos docentes que necesiten poñer a disposición dos seus alumnos prácticas e exercicios interactivos, como por empresas que necesiten ofrecer ós seus clientes ou empregados recursos de cálculo, estatísticas ou simulacións de procesos en liña.
 

MAXIMA, UN SISTEMA ABERTO DE CÁLCULO SIMBÓLICO. OBRADOIRO

---------------------------------------------------------

Mario Rodríguez Riotorto

Maxima nace no MIT durante a década dos setenta co nome orixinal Macsyma. Sendo inicialmente un sistema de álxebra computacional, hoxe é un programa de matemáticas xerais, que non só traballa no ámbito alxébrico e simbólico, senón tamén no numérico e gráfico. Con Maxima se poden resolver ecuacións, realizar cálculos matriciais e tensoriais, resolver integrais e ecuacións diferenciais, teoría de grafos e de conxuntos, cálculo numérico e estatístico. Permite facer gráficos en 2D e 3D de funcións explícitas, paramétricas e implícitas; así como de outros obxectos gráficos e xeométricos. Dispón tamén dunha sinxela linguaxe de programación que permite ampliar as súas posibilidades e crear novas funcións.

Maxima foi liberado con licenza GPL no ano 1998 polo Departamento de Enerxía dos Estados Unidos, pero xa na década dos oitenta servira de inspiración para outros sistemas de cálculo privativos como Mathematica ou Maple; ademáis de poder ser utilizado autónomamente, outros proxectos libres fan uso del como motor de cálculo simbólico. Durante a presentación e posterior obradoiro, farase especial fincapé no uso de Maxima no contexto das Ciencias e Tecnoloxía.

Contido:
- Números
- Álxebra e ecuacións
- Matrices
- Vectores e Campos
- Cálculo infinitesimal
- Análise de datos
- Unidades e constantes físicas
- Gráficos

/////////////////////////////////////////////////////////
 

Python e Geogebra 5

Manuel Díaz Regueiro

Estes programas de software libre, teñen como carácterística común a de pretender ser amigables, fáciles e para todos, tal como trasmiten a través dos respectivos lemas: Computer Programming for Everybody, di Python e Dynamic Mathematics for Everyone, di Geogebra.. Entre o dilema de facer ciencia para persoas escollidas e expertas e facer ciencia para todos, escollen a última opción.

Por outra banda, Python estase a converter nunha linguaxe de programación central para  moitos proxectos maís amplos (Sage, Blender, Maya, Rhino...) , ultimamente, tamén para Geogebra, ao que lle aporta a  potencia da súa linguaxe. Así,  desta maneira, Geogebra, deixa de ser un xoguete educativo para converterse nunha aplicación todo o seria que estas poden ser.  Pero, como podemos aproveitar Python desde un  punto de vista educativo?; pois,: por exemplo, utilizando o seu Logo. As fantásticas propiedades educativas desta linguaxe -Logo- poden volver  á aula da man de Geogebra. Ademais, como Python é unha linguaxe apropiada para as Ciencias, Matemáticas, e Tecnoloxía -ao igual que Geogebra-, as sinerxias dous dous programas fan que o resultado sexa abraiante. O profesor da área científica que non saiba Python e Geogebra  (e outras aplicacións que se ven neste Congreso)  ensinará unha Ciencia que xa non sintonizará co século XXI.

 

ENSINAR MATEMÁTICAS CON SCILAB

Consuelo Castro

Scilab é un programa de cálculo simbólico con unha linguaxe de programación de alto nivel.Posee unha gran versatilidad y facilidade para resolver problemas de matemáticas, física, inxeniería, etc. Es interactivo, de libre uso e dispoñible en múltiples sistemas operativos (Linux, Windows, ..). Didácticamente, o feito de que non teña unha interfaz amigable, obriga a o estudiante a un maior control y disciplina, a ser máis escrupuloso y cuidadoso e non deixarse llevar só por a intuición do manexo de los símbolos. Scilab úsase, habitualmente, para o ensino e a aprendizaxe das matemáticas. Os estudantes poden traballar de forma autónoma os conceptos matemáticos previstos no seu curriculum. De feito, hai universidades e institutos en Francia que usan Scilab no exame oral para a obtención do grado avanzado en matemáticas. Nas universidades españolas está introducíndose rápidamente pola seu libre disponiblidad e a súa comodidade de utilización (aínda que carece, de momento, de interfaz gráfica amigable)

UNHA FERRAMENTA DE SOFTWARE LIBRE PARA A FORMACIÓN EN CIENCIAS: EPILINUX
 Miguel Ángel Rodríguez Muíños
Técnico Informático e Coordinador do Proxecto EpiLinux,
                Dirección Xeral de innovación e Xestión da Saúde Pública,
                Consellería de Sanidade.

RESUMO -> EpiLinux é una distribución GNU/Linux que dispón dun conxunto de programas que a fan adecuada para a súa utilización en formación (tanto en ESO, Bacharel e/ou Universidade). A utilidade de EpLinux neste escenario é a de que posúe xa instalados, configurados e listos para actualizarse dos repositorios orixinais, un conxunto de programas que son axeitados para a formación: SOFA Statistics, SciLab, Sage, R (con varios GUI: RCommander, RStudio, RKward, ...), Quantum GIS, PSPP, PlotDrop, OpenBUGS, Octave, OpenEPi, Maxima, Magnus, Geogebra, FreeMat, EpiGrass, Epidat 4,... asemade das aplicacións "de uso común" LibreOffice, FireFox, Pidgin, VLC, ...
EpiLinux é una distro "live" e iso fai que se poida usar tanto na aula como na casa, en calquera equipo que sexa capaz de arrancar dende o USB ou o DVD sen "tocar" o Sistema Operativo instalado, sen necesidade de preocuparse por localizar, instalar, configurar,.. o software axeitado. Tamén dispón dun contedor de datos de exemplo e de documentación que serven para poder practicar inmediatamente cos programas sen necesidade de ter que localizalos e/ou incorporalos ao sistema e consultar os manuais e a documentación referente ao software engadido.

" educaBarrié na aula de ciencia e tecnoloxía. Aplicacións prácticas para Youtube e Audacity"  Xacobo de Toro Cacharrón.e Susana Vázquez Martínez. Gabinete de Mestres de educaBarrié

"educaBarrié, a canle educativa da Fundación Barrié, quere convertirse no  punto de encontro  dunha comunidade de profesores innovadores, compartindo recursos, formación e proxectos educativos  desde a web www.educabarrie.org.  
Nesta comunicación ensinarase a  utilizar algunhas ferramentas  gratuitas de audio e vídeo de gran utilidade práctica no  traballo diario de aula  e se fará un breve recorrido  informativo  polos
materiais de ciencia e tecnoloxía presentes na web de educaBarrié valorando posibles aplicacións TIC que as poden complementar ."

Compartición e Colaboración aproveitando a Web 2.0
Luis Vázquez López

Mellora da didáctica facendo uso das posibilidades que ofrece o novo contexto da WEB 2.0, cunha participación activa por parte dos alumnos, eles axudaron no desenrolo, co cal hai traballo en grupo nun proxecto real. Ademais esta experiencia favorece a redución do emprego do papel mellorando a sostenibilidade medioambiental.