A páxina de ciencia en galego

http://www.cienciaengalego.org

Este ano Igaciencia propón a tecnoloxía como tema do Ano galego da Ciencia

http://www.cienciaengalego.org/drupal6/node/136

O Logo, a temática anual, os homenaxeados, a actividade lúdica

Engranaxe de DAvinci

Imos dedicar a temática anual á Tecnoloxía

Propoñemos xa que logo a Leonardo da Vinci como exemplo de xenio tecnolóxico Universal e asi o reflectimos no logo, cunha engrenaxe de Leonardo no seu Libro de notas.

Este ano propoñemos dedicar o día da Ciencia en Galego á Tecnoloxía, polo que nomeamos os científicos a homenaxear. Leonardo da Vinci, como científico Universal e universalmente coñecido, e Ramón Verea, como inventor galego dunha das primeiras calculadoras.

Conviría lembrar que as calculadoras teñen como precedentes tecnolóxicos os ábacos, as máquinas de calcular de Pascal  (1623-1662) e Leibniz, e outras. Babage fai máquinas  mecánicas que son antecesoras non só das calculadoras senón dos ordenadores actuais, asi que inventar, inventar a calculadora pode ser unha afirmación esaxerada para este galego da Estrada en América pero sí é un personaxe que fai máquinas que funcionan, mellores que as existentes, e as patenta, tendo como profesión a de periodista.

Nas seguintes fontes, pódense consultar distintos aspectos da vida e obra do último personaxe citado:

http://www.lavozdegalicia.es/deza/2009/10/23/0003_8055567.htm

 En TecOb - El gallego que inventó la calculadora

La Voz de Galicia- Curantes ignora dónde nació su inventor de la calculadora

Engines of Our Ingenuity- Verea’s Calculating Machine(Fuente de la imagen)

Documento de la patente de Ramón Verea, septiembre de 1878

belay- Ano Cultural na Estrada - Ramon Verea?

http://www.taringa.net/posts/info/1394912/El-_inventor_-de-la-calculadora.html

En canto a que actividade lúdica e tecnolóxica imos desenvolver ou propiciar como actividade xeral será a bicicleta. Que tal un premio ao percorrido en bicileta máis rápido en cen metros e nun kilométro? Para as diversas idades. E á concentración máis grande de bicicletas en toda Galicia? formando parte do Listado de records Guinnes da Ciencia en Galego.

Ídevos adestrando