CPI Progreso de Catoira gaña a Superfinal do Rally Matemático de Toulouse con dous grupos

Por primeira vez nos 21 anos de Rally Matemático en Galicia  un centro galego, o CPI Progreso de Catoira, gaña a Superfinal do Rally Matemático de Toulouse en dúas categorías (segundo e terceiro da ESO).
Parabéns aos gañadores e especialmente á profesora  de ambos grupos, Margarita Botana Souto. O equipo do rally está moi satisfeito de que as modificacións realizadas nesta convocatoria facilitaran unha mellor escolla, así como de que se confirmara que a participación no rally de ciencias é unha boa vía para chegar, e mesmo triunfar, no rally matemático internacional.
Non debemos esquecer felicitar aos restantes grupos participantes en Toulouse, pois a súa intervención estivo en todo momento á altura duns dignos representantes galegos. Destacamos tamén a actuación dos alumnos Adrián e Martín, do IES Alexandre Bóveda, que se revelaron como verdadeiros artistas na festa de acollida deste evento.  
http://www.edu.xunta.es/web/node/9429
 
 

imaxe: