Ciencia é Cultura

Dado que diversos organismos galegos definen a Ciencia como un tema escolar (de infantil?) e non de cultura que lle interesa á maioría da poboación, iniciamos esta actividade propoñendo que o profesorado envíe á Consellería de Educación e Cultura, ás Deputacións, e as concellerías de Cultura de Galicia e ao mesmo Parlamento demandando a consideración cultural  da Ciencia por parte deses organismos.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/opinion/2017/05/12/span-langglcarlo...

Feliz Ano 2017. Feliz Ciencia en Galego 2017!

A ONU declarou o ano 2017 como o Ano Internacional do Turismo Sostible , nós traducímolo a 2017-Viaxes pola Ciencia nas que vos convidamos a participar:

-Celebrando a Viaxe do Beagle, a viaxe científica de Darwin que cambiou a maneira de pensar sobre a orixe das especies, a evolución e o papel da xenética neste proceso. A Bioloxía fíxose intelixible e adquiriu unha historia de miles de millóns de anos de evolución, marcada tamén pola evolución xeolóxica.

Resumo Anual e actividades directas de Igaciencia en Ciencia en Galego

Citamos, a modo de breve resumo, as actividades que realizamos en Igaciencia ao longo do ano 2016. Comezamos polo¡a entrega de premios de Sensores e Inventa en Galego en febreiro e polo  Rally Científico e Matemático en marzo e abril, a continuación realizamos o VIII Concurso Galego de Robótica en A Coruña e Vigo e a súa espectacular final (2300 alumnos) e, en maio, os nosos centros quedaron campións na Superfinal do Rally Matemático en Toulouse.

O día da Ciencia en Galego 2016 no Parlamento Galego

Igaciencia estivo presente na conferencia sobre Gallástegui, homenaxeado no día da Ciencia en Galego, realizada no Parlamento de Galicia. E é o momento de agradecer a todos aqueles que participan neste día, fundamentalmente desde os centros educativos galegos. Queremos responder ás "Moitas, moitas grazas" de Eva e de moitos outros profesores e profesoras coas nosas Moitas, moitas grazas pola vosa participación. Que dure, que estamos aínda no mes da Ciencia en Galego.

Ciencia en Galego, Ciencia é Cultura

Para recibir material adicional do día da Ciencia en Galego feito por Igaciencia, inscríbete aquí mesmo.

Con isto conseguiredes unha pequena miniexposición do día da Ciencia en Galego. Contrapartida? Que tal se nos contades como saíron os experimentos, en cales gozaron máis, que dixeron dos carteis, que habería que mellorar, etc. e toda aquela información que nos queirades dar.

Subscribirse a RSS - Ciencia é Cultura