Nova Carta de Galicia

novacarta.eu

Conseguir recoller ou facer un gran número de datos xeoreferenciados e comentados do teu Concello (ou dunha viaxe escolar, dunhas vacacións) utilizando unha base de datos que está en proceso de xestión, "Nova Carta Xeométrica de Galicia", ou ben unha propia do centro que entreguedes. Celebramos así os 200 anos do comezo (1817) da Carta Xeométrica de Domingo Fontán  e pretendemos emular, colectivamente, os seus traballos durante 17 anos nos que conseguiu o primeiro mapa de Galicia que foi realizado con medicións matemáticas. Neste caso será o primeiro mapa cultural, científico,  turístico, literario, económica e historicamente relevante feito con GPS, e medios informáticos e a colaboración de todos.

Haberá premios para os que máis enderezos e mellor comentados nos fagan chegar. Explicitaremos aquí as distintas modalidades de premios como a mellor paisaxe da provincia da Coruña, a mellor paisaxe de Galicia, a mellor foto de arquitectura, a mellor gravación de son de música popular, o lugar máis literario, etc.. así ata 40 premios.

Claves: o lugar en desenvolvemento http://www.novacarta.eu conterá a entrada á consulta dos datos xeográficos/culturais e turísticos e ás correccións deses datos. A App novacarta permitirá enviar automaticamente posicións GPS á base de datos. Se non a tes poderás baixala desde aquí ou desde novacarta.eu. Con esa App tamén poderás enviar fotos, vídeos ou sons.

En calquera caso daremos as instruccións para que xeredes unha base de datos MySql no voso centro onde escribades os datos que estamos a pedir cos comentarios e aportacións que desexedes. Para concursar enviadesnos esa base de datos cos media(foto, video, son) correspondentes.

 

A App novacarta.apk (Pódela descargar ao teu PC. Despois só tes que copialo á memoria do teu teléfono co cable USB, e ejecutalo pulsando sobre el para que se instale no teu móbil. Lembra que antes de isto primeiro debes activar a instalación de fontes descoñecidas no teu celular. Podes atopar como facelo neste artígo . Ademais, se non funciona ao recibilo como adxunto nun correo ou ao realizar o anterior, lembra ir a Ajustes > Seguridad no teu móbil e alí asegurarse de marcar a casiña que di: Fuentes Desconocidas – Permitir la instalación de aplicaciones de orígenes distintos a Play Store. Ou algo parecido (segundo a marca). Aínda segues sen telo instalado? Baixa o arquivo ao teu PC e fai un borrador no sistema de correo que tes no PC e no móbil (pero desde o PC) e adxúntalle ese arquivo novacarta.apk. Faille clic desde o móbil a ese adxunto do borrador para instalalo.

Versión 1.01 de novacarta. Cando varie a versión podes borrar a anterior e subir a nova. Nesta corrixidouse o erro de presentar datos privados.

novacarta.apk Para descargar a App pincha no enlace http://www.novacarta.eu/novacarta.apk

Minimanual http://www.novacarta.eu/manual.docx

Haberá premios que iremos detallando sucesivamente e que entregaremos no día da Ciencia en Galego 2017 aos que máis e mellores datos xeolocalizados fagan, incluíndo fotografías, vídeos e sons.

Colabora e/ou Participa

Para este VIII día da Ciencia en Galego, para realizar actividades propostas, crear ou recibir material, para comentar o que se está a facer no teu centro:

Participa e/ou Colabora inscribíndote aquí

Para actividades relativas a novacarta.eu, enviar fotos, vídeos ou calquera outro material interesante do teu concello, para calquera consulta sobre o funcionamento de novacarta.eu, para saber como podes colaborar a maiores ou asistir a algunha charla para elixir respresentantes de zona de nova carta,

inscríbete aquí

 

 

Subscribirse a RSS - Nova Carta de Galicia