O Futuro da Educación

Fálase frecuentemente do futuro das pensións, do futuro do traballo, pero pouco do Futuro da Educación. A Educación Universal é unha conquista do século XX que respondía  á necesidade de ter obreiros, e empregados cualificados nas industrias e funcionarios competentes no estado.. Educábamos para o traballo futuro nesas industrias, incluso a organización escolar é o resultado de adaptarse a modelos de organización industrial.

Pero que pasa se no futuro non hai traballo? Educamos para non traballar ou seguimos educando preparando aos alumnos para empregos inexistentes con contidos irrelevantes e torturantes?

Haberá impostos para os robots que nos quiten os traballos humanos no futuro? Nese caso, que razón teremos para educar aos nosos cativos no futuro? Que sentido terá unha educación preparando uns traballos que non existirán, polo que nunca exerceremos?

Se a exactitude contable dos anos 30 foi a orixe da preparación nunha exactitude matemática que é innecesaria para comprender un mundo real, aproximado, inexacto, con suposicións simplificadoras.  Que vai pasar con esa metodoloxía dunha exactitude (por riba da comprensión) na que as máquinas son dominantes. Levaremos aos nosos alumnos a competir coas máquinas en memoria, en exactitude de cálculo? Imos empezar unha guerra que non vamos a gañar?

Un experto inglés hai uns días propoñía unha solución: "diminuír o ritmo das invencións tecnolóxicas". É esa a solución, que xa propoñía Unamuno, "Que inventen eles", ou propoñer unha metaeducación? E que pasa se os eles que inventan son as mesmas máquinas?

http://one.elpais.com/nick-bostrom-filosofo-advierte-los-riesgos-la-supe...
http://elpais.com/elpais/2017/04/20/ciencia/1492681696_254215.html
http://economia.elpais.com/economia/2016/10/16/actualidad/1476612103_361...
http://economia.elpais.com/economia/2017/01/13/actualidad/1484302845_716...
http://economia.elpais.com/economia/2016/12/26/actualidad/1482781242_699...
http://www.bbc.com/capital/story/20170424-the-next-generation-of-jobs-wo...
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2017/05/06/universidades-g...
http://www.lavanguardia.com/politica/20170505/422310924759/manuel-rivas-...
http://www.smithsonianmag.com/innovation/artificial-intelligence-key-per...
http://tecnologia.elpais.com/tecnologia/2017/05/29/actualidad/1496056628...

Para entender todo isto, tes que asistir aos congresos do Futuro da Educación

Datos do Congreso O Futuro da Educación

ENTIDADE CONVOCANTE: IGACIENCIA                                 

MODALIDADE DE FORMACIÓN.- Congreso.

.Inscríbete
OBXECTIVOS DA ACTIVIDADE.-

-Propiciar o intercambio e coñecemento mutuo entre investigadores e profesores de educación na área dos cambios na Educación provocados polos espectaculares avances tecnolóxicos dos últimos anos.

Resumos no Congreso 2017

Inscríbete Resumos dos relatorios     Cartel Datos do congreso Programa Provisional

Marisé Perez Mariño. Ex Directora Xeral de Educación da Xunta de Galicia. No futuro ¿ educaremos?

Subscribirse a RSS - O Futuro da Educación