Rally sen Fronteiras

O 14 de Marzo de 2017 realizaremos a primeira proba, proba nos centros, do V Rally científico e matemático sen fronteiras, que ven sendo o 25 Rallye Matemático sen Fronteiras. A final galega terá lugar o 30 de marzo na Facultade de Química de Santiago, e a superfinal en Toulouse a finais de maio ou 2 de xuño. 

Final da fase galega do Rally Científico Matemático, comezo da fase internacional

Finalizada a proba galega do Rally matemática e a correspondente entrega de premios, o xoves día 30 de marzo na Facultade de Química, xa coñecemos os grupos que nos  representantarán na fase internacional que terá lugar en Toulouse.
1º de ESO Matemáticas
IES Plurilingüe Rosalía de Castro-Santiago. Curso 1º ESO A. Profesora Sara María López Álvarez.
2º de ESO Matemáticas
IES O Couto-Ourense. Curso 2º ESO B. Profesora Rosa Díaz Lama
3º ESO Matemáticas
IES Eduardo Blanco Amor-Ourense. Curso 3º B. Profesor Carlos Ferreiro García
4º ESO Matemáticas

We are the champions

Levamos catro anos, os catro anos de existencia do novo Rally científico e matemático, creado e dirixido por Igaciencia, gañando na Superfinal do Rallye Matemátique en Toulouse. Nos 20 anos anteriores do Rallye Matemático só un grupo galego gañou un ano en Toulouse. Necesitábase mellorar, dar un xiro de temón. Agora gañamos en parellas de dous ou de tres, copamos as copas dos gañadores. A razón, organización e normas transparentes que só deixan pasar aos millores e a maior participación e autonomía dos centros.

Gañadores do Rally Matemático e Científico sen Fronteiras 2016

O día 8 de abril realizouse na Facultade de Química a final da fase autonómica. Acudiron os 15 grupos finalistas da fase de centros.

Ao remate das probas entregáronse os agasallos a todos os participantes. Resultaron clasificados en cada unha das categorías para viaxar á superfinal de Toulouse, o día 13 de maio, os seguintes centros:

 Matemáticas

1º de ESO

IES a Sangriña de A Guarda. 1A.  Profesora Carmen López Fernández

Finalistas do Rally Matemático e Científico sen Fronteiras 2016

Parabéns a todos os participantes polos resultados e o bo funcionamento dos grupos!

Os gañadores desta fase asistirán á final galega e á entrega de premios o día 8 de abril na aula de Bioloxía da Facultade de Química, ás 11:30 horas os grupos de 4º de ESO e ás 12 da mañá os grupos de 1º,2º e 3º de ESO. 

Os alumnos virán co DNI correspondente.

Inscrición no Rally sen Fronteiras 2016

Patrocinan

O Equipo Galego formado polos gañadores do Rally Científico Matemático 2015 gañan de novo en Toulouse

Desde IGACIENCIA, como entidade organizadora e responsable da boa marcha dos equipos galegos que seleccionamos entre case centenar e medio de equipos, prácenos comunicar que os nosos equipos resultaron gañadores na proba final do Rally Matemático de Toulouse o día 22 de maio.

Novas do rally 2015 e preguntas máis frecuentes

Novas

Data da proba online nos centros, o día 16 de marzo de 4 a 5 da tarde (as de ciencias de 5 a 6 da tarde). Necesítase estar inscrito previamente.

Final galega e entrega de premios e agasallos aos finalistas: 8 de abril de 2015. Cómpre que teñades presente a data porque utilizamos a aula máis grande do campus, a aula de Bioloxía da Facultade de Químicas na que non é doado cambiar de data. Tédeo presente a hora das excursións, viaxes, etc... Así como a data da Superfinal en Toulouse o 24 de maio.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rally sen Fronteiras