Rally sen Fronteiras

O 13 de Marzo de 2018 realizaremos a primeira proba, proba nos centros, do VI Rally científico e matemático sen fronteiras, que ven sendo o 26 Rallye Matemático sen Fronteiras. A final galega terá lugar o nove de abril na Facultade de Química de Santiago, e a superfinal en Toulouse a finais de maio ou en xuño. 

Cartel do Rally 2014

Sempre é gratificante ver a Cité des Sciencies en Toulouse e participar na Superfinal. InscríbeteRally2014

Novas do Rally 2014 e preguntas máis frecuentes

Novas

Data da proba online nos centros, o día 17 de marzo de 4 a 5 da tarde. Necesítase estar inscrito previamente.

Final galega e entrega de premios e agasallos aos finalistas: 28 de marzo. Cómpre que teñades presente a data porque utilizamos a aula máis grande do campus, a  aula de Bioloxía da Facultade de Químicas na que non é doado cambiar de data. Tédeo presente a hora das excursións, viaxes, etc...

Inscrición no Rally sen Fronteiras 2014

Patrocina

Primeiros pasos do Rally sen Fronteiras 2014

Imos describir os pasos a dar polos participantes:

Primeiro, tratar o tema da participación na clase. Elixir grupos de 8 alumnos e alumnas entre os motivados a participar.

Segundo: inscribirse nesta web. Inscríbete aquí

Terceiro preparar aos alumnos

Cuarto: O día 17 de marzo, o día da proba, às 16 horas (un pouco antes) preparar unha aula cun ordenador con conexión á wifi do centro ou á Internet do centro.

CPI Progreso de Catoira gaña a Superfinal do Rally Matemático de Toulouse con dous grupos

Por primeira vez nos 21 anos de Rally Matemático en Galicia  un centro galego, o CPI Progreso de Catoira, gaña a Superfinal do Rally Matemático de Toulouse en dúas categorías (segundo e terceiro da ESO).
Parabéns aos gañadores e especialmente á profesora  de ambos grupos, Margarita Botana Souto. O equipo do rally está moi satisfeito de que as modificacións realizadas nesta convocatoria facilitaran unha mellor escolla, así como de que se confirmara que a participación no rally de ciencias é unha boa vía para chegar, e mesmo triunfar, no rally matemático internacional.

Clasificados na fase final galega do Rally 2013

Celebrada a final da fase galega do Rally sen Fronteiras 2013 na Facultade de Química de Santiago o resultado foi o seguinte:

-Finalistas de 1º de ESO

Primeiro premio IES Alexandre Bóveda de Vigo. Grupo 1. Profesora Paloma Pérez Fernández. Susana Castiñeira.

Segundo premio IES Saturnino Montojo de Ferrol . 1ºC. Profesora Julia Méndez Álvarez. María Costoya

Terceiro Premio IES Primeiro de Marzo de Baiona. 1ºA. Profesora María Luisa Domínguez. Brais Cabaleiro

 

-Finalistas de 3º de ESO

Finalistas do Rally

Rally de Matemáticas

-Finalistas de 1º de ESO

IES Saturnino Montojo de Ferrol . 1ºC. Profesora Julia Méndez Álvarez. María Costoya

IES Primeiro de Marzo de Baiona. 1ºA. Profesora María Luisa Domínguez. Brais Cabaleiro

IES Alexandre Bóveda de Vigo. Grupo 1. Profesora Paloma Pérez Fernández. Susana Castiñeira.

-Finalistas de 3º de ESO

CPI Progreso de Catoira. 3º.Profesora Margarita Botana Souto. Raquel Castro Rodríguez

Fotos do Rally

As primeiras fotos do Rally. Poñeránse aquí as que enviedes. Comentarios Os alumnos desfrutaron moito da actividade!. Os alumnos estaban encantados de poder participar e implicáronse moito.

San Pelayo Enma -1 e CPI de Castroverde

Algunha foto durante a proba, e logo unha merecida merenda!

Eva Pazos Malvido
 

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rally sen Fronteiras