Rally sen Fronteiras

O 13 de Marzo de 2018 realizaremos a primeira proba, proba nos centros, do VI Rally científico e matemático sen fronteiras, que ven sendo o 26 Rallye Matemático sen Fronteiras. A final galega terá lugar o nove de abril na Facultade de Química de Santiago, e a superfinal en Toulouse a finais de maio ou en xuño. 

FAQ do Rally

-A que hora comeza a proba?

1,3,e 4º de Matemáticas realízanse ás 16 horas. 2º de Ciencia é as 16 horas. Pero 4º de Ciencias é unha hora máis tarde. Por que?

En principio todas eran as 16 horas, pero xa que hai alumnos e alumnas de 4 de matemáticas que participan en matemáticas e ciencias, para facilitarlles a participación nas dúas probas, poñemos a de ciencias de 4º so, 1 hora máis tarde. Comezará as 5 da tarde

Obxectivos do Rally

Obxectivos principais do Rally sen Fronteiras:

-Promover a ciencia e as matemáticas entre os estudantes.

-Demostrar que os temas de ciencias e matemáticas non está reservados para a elite, son atractivos e accesibles para todos

-Favorecer o traballo colaborativo, en equipo.

-Vivir as ciencias valorando imaxinación, dinamismo e creatividade.

-Abrir as fronteiras e participar xunto nun mesmo concurso de Ciencias con alumnos doutros países.

Inscríbete aquí

 

Razóns para un novo Rally

As características do novo rally e o formulario para inscribirvos atoparédelos en:
http://www.igaciencia.eu/drupal7/?q=node/55
Como sabedes, en Galicia levamos coordinándonos coa U. Paul Sabatier na celebración do Rally sen Fronteiras que ten unha superfinal en Toulouse, desde xa hai moito tempo. Hai poucos anos ampliaron o Rally de matemáticas a Ciencias polo que, nesta convocatoria, trátase de axustar a participación de Galicia
-Ao novo modelo

O rally día a día

 

 

Imos describir os pasos a dar polos participantes:

Primeiro, tratar o tema da participación na clase. Elixir grupos de 8 alumnos e alumnas entre os motivados a participar.

Segundo: inscribirse nesta web. Inscríbete aquí

Terceiro preparar aos alumnos

Cuarto: O día 18 de marzo, o día da proba, às 16 horas (un pouco antes) preparar unha aula cun ordenador con conexión á wifi do centro ou á Internet do centro.

Un novo concurso de Ciencias e Matemáticas: o Rally de Ciencias e Matemáticas 2013

 

Novidades na convocatoria 2013 da fase galega do Rally:  Inscríbete aquí. ao final deste texto

 

  • Convócase o I Rally Galego sen Fronteiras de Ciencias:

Destinado a 2º da ESO (proba de Ciencias da Natureza)  e a 4º da ESO (Física e Química, e Bioloxía- Xeoloxía)

Amplíase, xa que logo a todo o ámbito científico.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rally sen Fronteiras