Ciencia en Galego

Colabora e/ou Participa

Para este VIII día da Ciencia en Galego, para realizar actividades propostas, crear ou recibir material, para comentar o que se está a facer no teu centro:

Participa e/ou Colabora inscribíndote aquí

Para actividades relativas a novacarta.eu, enviar fotos, vídeos ou calquera outro material interesante do teu concello, para calquera consulta sobre o funcionamento de novacarta.eu, para saber como podes colaborar a maiores ou asistir a algunha charla para elixir respresentantes de zona de nova carta,

inscríbete aquí

 

 

Feliz Ano 2017. Feliz Ciencia en Galego 2017!

A ONU declarou o ano 2017 como o Ano Internacional do Turismo Sostible , nós traducímolo a 2017-Viaxes pola Ciencia nas que vos convidamos a participar:

-Celebrando a Viaxe do Beagle, a viaxe científica de Darwin que cambiou a maneira de pensar sobre a orixe das especies, a evolución e o papel da xenética neste proceso. A Bioloxía fíxose intelixible e adquiriu unha historia de miles de millóns de anos de evolución, marcada tamén pola evolución xeolóxica.

Resumo Anual e actividades directas de Igaciencia en Ciencia en Galego

Citamos, a modo de breve resumo, as actividades que realizamos en Igaciencia ao longo do ano 2016. Comezamos polo¡a entrega de premios de Sensores e Inventa en Galego en febreiro e polo  Rally Científico e Matemático en marzo e abril, a continuación realizamos o VIII Concurso Galego de Robótica en A Coruña e Vigo e a súa espectacular final (2300 alumnos) e, en maio, os nosos centros quedaron campións na Superfinal do Rally Matemático en Toulouse.

O día da Ciencia en Galego 2016 no Parlamento Galego

Igaciencia estivo presente na conferencia sobre Gallástegui, homenaxeado no día da Ciencia en Galego, realizada no Parlamento de Galicia. E é o momento de agradecer a todos aqueles que participan neste día, fundamentalmente desde os centros educativos galegos. Queremos responder ás "Moitas, moitas grazas" de Eva e de moitos outros profesores e profesoras coas nosas Moitas, moitas grazas pola vosa participación. Que dure, que estamos aínda no mes da Ciencia en Galego.

Ciencia en Galego, Ciencia é Cultura

Para recibir material adicional do día da Ciencia en Galego feito por Igaciencia, inscríbete aquí mesmo.

Con isto conseguiredes unha pequena miniexposición do día da Ciencia en Galego. Contrapartida? Que tal se nos contades como saíron os experimentos, en cales gozaron máis, que dixeron dos carteis, que habería que mellorar, etc. e toda aquela información que nos queirades dar.

Conferencia de Ánxela Bugallo sobre Isidro Parga Pondal, organizada por Igaciencia

No IES Menéndez Pidal de Zalaeta, en A Coruña o 18-11, celebrouse unha conferencia de Ánxela Bugallo, profesora da Facultade de Formación do Profesorado da Coruña, organizada por Igaciencia, sobre Isidro Parga Pondal co motivo do dia (mes) da Ciencia en Galego. A conferencia, moi interesante, destacou a Isidro Parga Pondal como o modelo de galego ao que non hai barreiras impostas que lle impidan progresar, máis que os sufrimentos e represalias que sufreu (como vén sendo habitual).

Bota a andar a exposición "A ciencia e a Tecnoloxia da Luz" en Lugo

Quizais este vídeo da Fundación TIC de Lugo poda explicar algo de que vai a exposición. En realidade necesitaríanse varias horas...

https://www.youtube.com/watch?v=tQYhF_TeLv0

 

Inauguración da exposición "A Ciencia e a Tecnoloxía da Luz" no Museo Provincial de Lugo

O día 16 de novembro, luns, ás 20 horas inaugurarase a exposición "A Ciencia e a Tecnoloxía da Luz" no Museo Provincial de Lugo. Convidámosvos a participar nesta festa da Luz no Ano Internacional da Luz á primeira visita guiada en Lugo. Pero desde o día 14 xa se pode visitar.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Ciencia en Galego