Rally sen Fronteiras

Finalistas do Rally

Submitted by admin on Mér, 03/20/2013 - 16:32

Rally de Matemáticas

-Finalistas de 1º de ESO

IES Saturnino Montojo de Ferrol . 1ºC. Profesora Julia Méndez Álvarez. María Costoya

IES Primeiro de Marzo de Baiona. 1ºA. Profesora María Luisa Domínguez. Brais Cabaleiro

IES Alexandre Bóveda de Vigo. Grupo 1. Profesora Paloma Pérez Fernández. Susana Castiñeira.

-Finalistas de 3º de ESO

CPI Progreso de Catoira. 3º.Profesora Margarita Botana Souto. Raquel Castro Rodríguez

Fotos do Rally

Submitted by admin on Lun, 03/18/2013 - 16:32

As primeiras fotos do Rally. Poñeránse aquí as que enviedes. Comentarios Os alumnos desfrutaron moito da actividade!. Os alumnos estaban encantados de poder participar e implicáronse moito.

San Pelayo Enma -1 e CPI de Castroverde

Algunha foto durante a proba, e logo unha merecida merenda!

Eva Pazos Malvido
 

FAQ do Rally

Submitted by admin on Lun, 02/18/2013 - 16:32

-A que hora comeza a proba?

1,3,e 4º de Matemáticas realízanse ás 16 horas. 2º de Ciencia é as 16 horas. Pero 4º de Ciencias é unha hora máis tarde. Por que?

En principio todas eran as 16 horas, pero xa que hai alumnos e alumnas de 4 de matemáticas que participan en matemáticas e ciencias, para facilitarlles a participación nas dúas probas, poñemos a de ciencias de 4º so, 1 hora máis tarde. Comezará as 5 da tarde

Obxectivos do Rally

Submitted by admin on Ven, 02/08/2013 - 16:32

Obxectivos principais do Rally sen Fronteiras:

-Promover a ciencia e as matemáticas entre os estudantes.

-Demostrar que os temas de ciencias e matemáticas non está reservados para a elite, son atractivos e accesibles para todos

-Favorecer o traballo colaborativo, en equipo.

-Vivir as ciencias valorando imaxinación, dinamismo e creatividade.

-Abrir as fronteiras e participar xunto nun mesmo concurso de Ciencias con alumnos doutros países.

Inscríbete aquí

 

Razóns para un novo Rally

Submitted by admin on Xov, 02/07/2013 - 16:32

As características do novo rally e o formulario para inscribirvos atoparédelos en:
http://www.igaciencia.eu/node/55
Como sabedes, en Galicia levamos coordinándonos coa U. Paul Sabatier na celebración do Rally sen Fronteiras que ten unha superfinal en Toulouse, desde xa hai moito tempo. Hai poucos anos ampliaron o Rally de matemáticas a Ciencias polo que, nesta convocatoria, trátase de axustar a participación de Galicia
-Ao novo modelo

O rally día a día

Submitted by admin on Mar, 02/05/2013 - 16:32

Imos describir os pasos a dar polos participantes:

Primeiro, tratar o tema da participación na clase. Elixir grupos de 8 alumnos e alumnas entre os motivados a participar.

Segundo: inscribirse nesta web. Inscríbete aquí

Terceiro preparar aos alumnos

Cuarto: O día 18 de marzo, o día da proba, às 16 horas (un pouco antes) preparar unha aula cun ordenador con conexión á wifi do centro ou á Internet do centro.

Un novo concurso de Ciencias e Matemáticas: o Rally de Ciencias e Matemáticas 2013

Submitted by admin on Lun, 01/28/2013 - 16:32

 

Novidades na convocatoria 2013 da fase galega do Rally:  Inscríbete aquí. ao final deste texto

 

  • Convócase o I Rally Galego sen Fronteiras de Ciencias:

Destinado a 2º da ESO (proba de Ciencias da Natureza)  e a 4º da ESO (Física e Química, e Bioloxía- Xeoloxía)

Amplíase, xa que logo a todo o ámbito científico.