“Amazon Web Services (AWS) é muito maior e tem melhores clientes de qualidade, mas a nuvem do Google é uma ameaça para Amazon, porque é mais rápida”. Com estas palavras, um ex-funcionário da AWS respondeu a algumas perguntas de usuários do Reddit em uma sessão de Pergunte-me qualquer coisa.
Sua resposta foi baseada na importância que dão aos clientes a prestação de serviços de computação na nuvem.
Mesmo que ele disse que o tamanho da nuvem da Amazon e sua importância no ecossistema atual de serviços de nuvem é inegável e muito difícil de bater, descobriu altos rendimentos de velocidade dos serviços Google, incluindo versões beta privado.
A outra pergunta do grupo, descartou a possibilidade de uma “guerra na nuvem”, uma vez que “ninguém hoje pode rivalizar com o tamanho da AWS” .
“O Google não é a concorrência, mas no horizonte da AWS já começou a chover”, disse ele depois de descrever sua experiência na plataforma da grande G.
Link: Ex Amazon Employee: Google Is ‘A Threat ‘To Amazon’s Cloud (The Business Insider)
The country has had the most infections so far, but has released little information.
Nature News doi: 10.1038/nature.2013.13000
Imported African animals released into the wild spread chytridiomycosis.
Nature News doi: 10.1038/nature.2013.13013
Funding drop may thwart ambitions to lead economic development in Africa.
Nature News doi: 10.1038/nature.2013.13017
A Rede galega homenaxea
este 17 de maio a Roberto Vidal Bolaño, o dramaturgo e actor
compostelán homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, autor
de obras tan importantes para a renovación do noso teatro como por
exemplo Laudamuco, señor de Ningures, Días sen gloria ou
Doentes, entre outras
moitas. Bolaño
aparece hoxe reflectido en múltiples espazos web e dende moi
diversos puntos de vista, cousa que non fai máis que confirmar a
riqueza e complexidade do seu legado, fornecedor de innumerábeis
lecturas, aínda que sempre co nexo común do compromiso social, a
crítica política, a comunicación directa co público, a busca de
novas linguaxes e códigos expresivos e, tamén, a defensa
irrevogábel do galego.
A
obra e a vida de Vidal Bolaño centra este venres a achega
informativa de medios como Praza.com
(o percorrido audiovisual pola súa traxectoria artística), Sermos
Galiza (Vidal Bolaño, a
luz que non se apaga) ou
Galicia Confidencial (alumando
escuras actas); artella tamén a contribución de páxinas web de
entidades vinculadas á cultura galega, como a
do Consello da Cultura Galega, a da
asociación que leva o nome do escritor compostelán (unha das
páxinas máis activas e comprometidas coa divulgación do legado de
Vidal Bolaño), a da Universidade de Santiago (que estes días achega
unha completa análise,
a xeito de bitácora, das obras do autor de As actas
escuras), a da Real
Academia Galega (que conmemorou este xoves o Día das Letras
Galegas en Santiago, cun concerto-recital, ao tempo que homenaxeou a
Vidal Bolaño) ou a da Secretaría
Xeral de Política Lingüística (que forneceu en liña
certames-exposicións, xogos, material didáctico, vídeos e demais
recursos para o seu aproveitamento coa comunidade educativa).
Salientar tamén as contribucións da Escola
Superior de Arte Dramática ou do Centro
de Estudos Galegos da UCM, que comprometeuse a informar en
detalle das principais características do dramaturgo compostelán en
diferentes recantos de Madrid.
Con
motivo da celebración, este 17 de maio, do Día Mundial das
Telecomunicacións e da Sociedade da Información (amais de ser o Día
de Internet), o Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de
Telecomunicación de Galicia vén de lanzar unha nova edición
especial da súa revista A
Nosa Rede.
Amais disto, e coincidindo coa devandita celebración (que este ano
festéxase a través do epígrafe As
TIC e a mellora da seguridade viaria),
o colexio profesional publicou o seu tradicional
Manifesto,
unha
achega tradicional que se difunde cada ano
co gallo desta festa das TIC. O documento, que xa está visíbel este
17 de maio, en
formato pdf, fornécese co xornal La
Voz de Galicia
na súa edición xeral, e tamén nas canles habituais de comunicación
do COETG-AETG, a web de seu e máis a
devandita revista especial.
Tanto
no manifesto como nesta publicación, a entidade profesional galega
tira proveito da celebración, e da temática deste ano (estradas,
coches e condutores máis seguros grazas ao pulo das novas
tecnoloxías), para animar “a
todas as institucións, públicas ou privadas, empresas e
particulares a desenvolver políticas, aplicacións, equipos,
propostas ou prácticas TIC tendentes a incrementar a protección
viaria e a minimizar a distracción do condutor, así como a promover
e difundir as vantaxes do uso das TIC a bordo dos vehículos, co fin
de mellorar a seguridade nas estradas da nosa comunidade”.
E engade: “E
queremos salientar que as TIC non só poden salvar vidas, senón que
constitúen unha oportunidade única para as empresas galegas, ante
as que se abre unha importante vía de crecemento, que abrangue dende
as TIC avanzadas para sistemas de transporte intelixente e seguridade
viaria que utilizan unha combinación de tecnoloxías de
comunicación, localización e automatización, incluídos radares
nos automóbiles para evitar accidentes, ata os interfaces de
usuarios fiables e sistemas de comunicación en vehículos, que
optimicen a condución eliminando distraccións relacionadas con
tecnoloxías pouco seguras”.
A capacidade transformadora da tecnoloxía é unha forza imparable que vén modificando a forma en que nos relacionamos con mundo a todos os niveis. A sociedade dixital non é o futuro é o presente. Estámolo a percibir constantemente nas conexións ultrarrápidas que permiten comunicacións inmediatas con calquera lugar do mundo; nos dispositivos móbiles desde os que tanto xestionamos a vida laboral ou o ocio como controlamos o fogar de xeito remoto e tamén o percibimos nos servizos públicos que, progresivamente, trasladan á Rede os mesmos trámites que antes so tiñan a opción presencial.
En todos os eidos as TIC deslizan o seu pulo transformador para introducir beneficios e avances que nos facilitan a vida, optimizan recursos, acadan unha maior eficiencia ou axudan a obter mellores resultados. Por iso, este ano o Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información fai foco nun aspecto concreto, dedicando esta xornada ás TIC e a Seguridade Vial. Un área na que a tecnoloxía pode contribuír desde varias perspectivas, actuando como freo á sinistralidade e como panca impulsora da sostibildade medioambiental.
Como no resto dos cometidos nos que se involucran, as TIC non serán protagonistas únicas. Non frearán por si soas o número de vítimas mortais nas estradas, nin serán o elemento único que diminúa a contaminación que provoca o tráfico cada vez máis crecente. Pero unida ás normas adecuadas, a educación pertinente e ás infraestruturas precisas a tecnoloxía será, en moitos casos, a columna vertebral que permita cumprir o obxectivo marcado pola Unión Europea de reducir á metade o número total de vítimas nas estradas de Europa en 2020.
E deste xeito, latente máis que patente pero imprescindible, a tecnoloxía ocupa cada vez un maior espazo, transformando as aulas tradicionais en dixitais, axilizando a relación entre as administracións e os cidadáns, aforrando, tempo, custes e desprazamentos e xerando novas oportunidades de negocio nun sector que está a manter o emprego a pesar da crise. Tamén en Galicia, a sexta Comunidade con maior número de empresas tecnolóxicas do Estado e que desde 2009 mantén o número de empregados por riba dos 15.000. Un mérito dos empresarios e profesionais do sector tecnolóxico, grazas ao seu esforzo, a súa creatividade, e a súa aposta pola innovación e a internacionalización.
A Administración autonómica galega é consciente do papel chave das TIC e, por iso, en 2009 iniciou unha nova etapa na que a tecnoloxía tivo nome propio cunha estratexia tecnolóxica global, 2014.gal, que está a avanzar nas actuacións previstas. Nos últimos tres anos o obxectivo foi sentar as bases para que Galicia xogue un papel protagonista na Sociedade da Información. As actuacións do Plan de Banda Larga para conseguir unha Galicia conectada, a posta en marcha de Plans de Modernización na Administración pública e na Xustiza, os proxectos TIC na Educación como Abalar están a avanzar cara as metas marcadas: a eAdministración, unha xustiza máis moderna, proxectos innovadores na sanidade e na área de Benestar, ou a transformación das aulas tradicionais en dixitais. Quédanos aínda o importante treito de consolidar estas medidas e cumprir os obxectivos finais.
Pola súa capacidade transformadora o futuro das TIC pasa por estar presentes en todos os sectores produtivos. Este é un proceso inaprazable, marcado pola necesidade inminente de modelos máis eficientes e competitivos, indispensables para poder saír da actual crise económica.
E nesa dirección se encamiñan o pasos da política tecnolóxica da Xunta abordando, por primeira vez, iniciativas tecnolóxicas para incrementar a competitividade dos sectores primarios e mellorar servizos de especial importancia para o cidadán.
Neste momento, no que sumar esforzos é especialmente importante, Galicia conta con tres factores para obter resultados positivos: a capacidade do sector tecnolóxico, o potencial de profesionais cualificados e o compromiso dun Goberno autonómico que aposta pola tecnoloxía como catalizador do cambio.
El telescopio de neutrinos IceCube, en el Polo Sur, detecta 28 neutrinos de alta energía. Su origen más probable estaría más allá del sistema solar.
O terceiro
trimestre do ano poranse á venda en Europa o novo ZTE Grand
X2 In, un smartphone de fabricación chinesa que funciona cun procesador
Intel Atom Z2580 de ata 2 GHz, sistema operativo Android 4.1, pantalla IPS de
4,5 polgadas cunha resolución de 1.280 x 720 píxeles, cámara de 8 Mpíxeles con
gravación de vídeo a 1.080p, que busca achegar unhas altas prestacións a un
prezo bastante axustado (como é habitual nos terminais de ZTE).
Este novo smartphone, que estes días está a amosarse na Conferencia MedPi en
Mónaco, chega con 1 Gb de RAM, 8 Gb de almacenamento interno ampliable con
tarxetas microSD de ata 32 Gb e batería de 2.000 mAh, e incorpora a función
My-Pop de ZTE para facilitar a súa operación cunha soa man.
Resulta interesante ver como un fabricante chinés dos que máis relevancia
internacional está a acadar nos últimos anos sexa un dos que se atreve a
integrar os novos procesadores de Intel para móbiles, que presumen de conseguir
un bo rendemento mantendo unha boa autonomía, chegando a optar por tal
tecnoloxía no que podería ser o seu móbil insignia durante os vindeiros meses.
A
chegada de Resident Evil: Revelations
á Nintendo 3DS foi recibida con entusiasmo por moitos afeccionados á saga de
Capcom, en boa medida por supor un xiro cara ao xénero do survival horror propia das primeiras entregas da saga, aínda que
sen perder os elementos de acción que tomou nos últimos tempos, e para non
limitar a dispoñibilidade deste título e compensar aos xogadores pola decepción
que supuxo o Resident Evil 6 a semana
que vén estrearase en plataformas domésticas, concretamente para Xbox 360,
PlayStation 3, Wii U e PC.
Dado que estamos ante o salto dun xogo dunha consola portátil, ou sexa, cun
nivel gráfico moi limitado, a pantallas de grande tamaño, é de esperar certo
temor por parte dos xogadores de atoparse ante un título menor, e para evitar este tipo de reticencias esta semana estrearon
en PlayStation
Network, o Bazar
de Xbox LIVE e Steam
unha versión de demostración que permítenos probar unha parte da campaña do
xogo na que controlamos a Jill Valentine abordando un barco pantasma na procura
do seu antigo compañeiro, Chris Redfield.
Trailer da versión para Wii U de Resident Evil: Revelations
The harlequin ladybird carries a parasite that causes it no harm but kills other native species.
Nature News doi: 10.1038/nature.2013.13011
Os
seareiros do ourizo azul de SEGA están de parabéns, pois a primeira entrega das
súas aventuras, Sonic the Hedgehog, vén
de someterse a un proceso de remasterización para dispositivos móbiles con
Android e iOS, o que supón a estrea
deste xogo en dispositivos con Android (a un prezo de 2,81 euros) e a
renovación da súa versión
para iPhone e iPad (á venda por 2,69 euros) que agora amosa un rendemento
fluíndo (ata 60 imaxes por segundo), vese correctamente na pantalla ancha do
iPhone 5, permite xogar con Tails ou Knuckles e permite desafiar a amigos no
novo modo de xogo Contra reloxo.
Estamos ante a primeira vez que Sonic the
Hedgehog ofrece a posibilidade de xogar con Tails ou Knuckles dende o
primeiro momento, aínda que as novidades non quedan aí, senón que tamén goza
dunha banda sonora remasterizada, novos taboleiros de puntuacións e logros.
Trailer de lanzamento da nova versión móbil de Sonic the Hedgehog
ARCHOS continúa a colocar no mercado tablets a un prezo
bastante competitivo, e a última incorporación ao seu catálogo vai na mesma
liña, pois para o mes que vén vai vender por 179,99 euros o ARCHOS
80 xenon, que vén a ser un dispositivo con procesador Qualcomm Snapdragon de
catro núcleos a 1,2 GHz (con gráfica Adreno 203), Android 4.1, pantalla de 8
polgadas e conectividade tanto Wi-Fi como 3G, polo que resulta moi atractivo
para que busca un tablet para acceder á Rede en mobilidade. Deste xeito temos
unha boa opción para quen queira aproveitar as tarifas de banda larga móbil que
asolagan o mercado e que teñen prezos cada vez menores (ou ante a posibilidade
de compartir a tarifa de datos contratada con tarxetas SIM secundarias tal e
como ofrecen varios operadores por un prezo adicional moi reducido).
O ARCHOS 80 xenon goza dunha pantalla IPS de 8 polgadas cunha resolución de
1.024 x 768 píxeles (polo que para moitos pode ser unha boa alternativa ao iPad
mini), ten 1 Gb de RAM, 4 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante
tarxetas microSD de ata 64 Gb), cámara posterior de 2 Mpíxeles e webcam frontal,
GPS (para Google Maps e incluso acceso ao navegador GPS de Google), Bluetooth,
acceso a Google Play e un deseño relativamente compacto, cun grosor de 11,3
milímetros e un peso de 440 gramos.
International
Data Corporation (IDC) fai repaso do mercado de teléfonos móbiles durante o
primeiro trimestre do ano, confirmando que as plataformas Android e IOS están a
dominar o sector en todo o mundo, supondo entre ambas plataformas o 92,3% dos
envíos de smartphones, destacando tamén o feito de que Windows Phone
conseguiu arrebatarlle a BlackBerry o terceiro posto a nivel mundial, o que
validaría a alianza entre Microsoft e Nokia para introducir unha alternativa a
estas plataformas dominantes, mentres que o lanzamento de BlackBerry 10 aínda
non é suficiente para que BlackBerry recupere a súa posición comercial (aínda
que cómpre destacar que a súa distribución aínda é moi reducida).
Android conseguiría unha cota de mercado do 75% durante o primeiro trimestre do
ano, o que supón unha importante mellora con respecto ao mesmo período do ano
anterior (no que tiña só o 59,1% dos smartphones distribuídos), xusto o
comportamento contrario que iOS, que pasou do 23% en 2012 ao 17,3% este ano. A compañía
que se beneficiaría principalmente da emerxencia de Android sería Samsung, que
está a ser o principal expoñente do sistema operativo promovido por Google.
E, ao igual que hai unha especie de enfrontamento entre Samsung/Android e Apple,
con Nokia/Windows Phone e BlackBerry parece acontecer o mesmo, con
comportamentos opostos no mercado, de xeito que BlackBerry OS pasou dunha cota
do 6,4 a un 2,9%, mentres que o sistema operativo móbil de Microsoft medrou do
2% ao 3,2% (converténdose na plataforma móbil de maior crecemento interanual).
Outras plataformas móbiles baseadas en Linux, Symbian e outras plataformas
continúan a perder presenza, o que fai por en dúbida se as plataformas que
pretenden ver a luz ao longo do ano teñen oco suficiente para poder acadar un
mínimo de relevancia que faga rendible desenvolver aplicacións para as mesmas.
Benefits of electrical brain stimulation lasted months but critics point to study's small size as a weakness.
Nature News doi: 10.1038/nature.2013.13012
Lack of investment threatens science in Organisation of Islamic Cooperation countries.
Nature News doi: 10.1038/nature.2013.13014
O espazo web de Mancomún vén de informar da inauguración da Aula AGASOL, unha canle de teleformación sobre tecnoloxías e plataformas libres para aqueles interesados en aplicar programas abertos nos seus negocios, ben de cara a un aproveitamento persoal, ou a unha creación de contidos... e todo isto avalado pola bagaxe das empresas especializadas en software libre que conforman AGASOL (Asociación de empresas Galegas de Software Libre). E quen se atopa detrás deste nome? Pois AGASOL, un grupo de empresas galegas ligadas ao coñecemento sen barreiras que se agrupan para tentar acadar maiores oportunidades de negocio, exercer como interlocutores dun sector en fase expansiva na nosa terra e, ao tempo, promover un modelo de Sociedade do Coñecemento no que resulta clave a liberdade para mellorar os programas informáticos e facer públicos e accesíbeis eses progresos. Indo ao que nos ocupa, dende a entidade empresarial galega apuntan que a finalidade da aula é a de mellorar o contacto coas ferramentas libres cunha meta ben definida: aumentar a competitividade, permitir o aforro de recursos e aproveitar todas as potencialidades da informática no traballo ou no negocio. Emporiso, coa Aula AGASOL quérese fornecer unha plataforma tecnolóxica ao alcance de todos mediante unha formación específica para o uso de ferramentas e aplicacións ceibas, así como o uso de diferentes contidos formativos creados en software libre ou estándares que fan posíbel a súa actualización. Asemade, en AGASOL ofrécese a opción dunha titoría e seguimento docente coas ferramentas de formación eLearning en programación aberta. Segundo verbas dos representantes de AGASOL,“este é un exemplo da calidade e proxección que está a ter o software libre galego” e a través da súa marca Libres para aprender, libres para crear, queren facer realidade unha boa teleformación e unha ampla oferta de contidos.
Coincidindo coa
celebración estatal do Día Mundial das Telecomunicacións e o Día
de Internet (este venres 17 de maio), o ministro de Industria, José
Manuel Soria, anunciou
hoxe que o Goberno destinará 477 millóns de euros a proxectos
tecnolóxicos innovadores co fin de impulsar a I+D+i e
“incrementar a competitividade a través da incorporación de
novas tecnoloxías á economía estatal”. Do total de
axudas, 422 millóns destinaranse a préstamos e 55 millóns de euros
a subvencións. Soria fixo saber que a convocatoria de axudas de 2013
publicarase nos vindeiros días e avogou por impulsar “un
axeitado desenvolvemento e emprego das TIC, que
servirán como instrumento para o cambio cara a un modelo de
crecemento económico sustentable”,
subliñou.
Con
este fin de apurar ao máximo o cambio de rumbo produtivo cara a
actividades opostas ás que nos levaron á crise, Soria engadiu que o
Goberno fixo un esforzo “para mellorar as
condicións de financiamento desta convocatoria e
fomentar o investimento en I+D+i.”. Así, o pago das axudas,
nas súas dúas modalidades de subvención e préstamo, efectuarase
con carácter anticipado parcial en dous pagos. O primeiro, que será
polo 75% da axuda total, realizarase en 2013 e o segundo, en 2014. Para facilitar a obtención da axuda, o Ministerio de Industria tamén
engade que fixou nun 25% do importe total das axudas as garantías
que os adxudicatarios deberán presentar, fronte ao 35% do ano
pasado. Os préstamos para estes proxectos concederanse a un tipo de
interese do 0,528% (Euribor a 1 ano) cun prazo de amortización de 5
anos, incluídos 2 de carencia, fronte ao interese do 3,95% da
convocatoria do ano pasado. As axudas en forma de subvención,
engadiu Soria, acadarán un 20% ou un 12% do proxecto para PEME e dun
15% ou un 9% para o resto, segundo a valoración que se estableza de
cada proxecto.
Os proxectos que queiran
optar ás axudas deberán estar incluídos nalgunha destas
prioridades temáticas: industrias do futuro (Internet do futuro,
computación na nube; tratamento masivo de datos, aplicacións para o
ecosistema móbil, aplicacións para cidades intelixentes);
ciberseguridade e confianza dixital; aplicacións e soluciones TIC
orientadas á mellora da competitividade da PEME; evolución da
Administración Electrónica; aplicacións de xestión ambiental; e
aplicacións e solucións relacionadas cos contidos dixitais. O prazo
para presentar proxectos iníciase ao día seguinte da publicación
de convocatoria e finalizará o 6 de xuño.
O pasado mes de abril, o Real Club Celta de Vigo e
Vodafone España estreitaron
un pouco máis o seu acordo de colaboración, un achegamento
formalizado en agosto de 2012 e que permitiu, entre outras cousas, o
desenvolvemento de varias iniciativas conxuntas de proxección mutua
(Vodafone mellorou a cobertura de Balaídos, forneceu de entradas de
balde para os partidos entre os seus clientes, amais de entregar
material publicitario do equipo galego, asinado polos xogadores, nos
colexios da contorna, entre outras cousas).
O paso dado este mes de
abril no camiño dunha meirande colaboración diríxese a posibilitar
que aboados e seareiros reciban ao longo da tempada agasallos
tecnolóxicos, da man da operadora, como por exemplo smartphones
de última xeración. Este poderanse recoller no estadio e máis
nas tendas de Vodafone na provincia de Pontevedra. A liña de
agasallos completarase con camisetas oficiais do club e material de
promoción extra asinado polos xogadores.
Eduardo Bastarós, manager da unidade de
negocio de particulares de Galicia de Vodafone España, comentou ao
respecto deste novo acordo e dos obxectivos da operadora: “Con
esta innovadora iniciativa Vodafone amosa unha vez máis o seu
compromiso co celtismo. Sendo como é o noso compromiso estar preto
dos nosos clientes, cremos que a través do fútbol e, nesta ocasión,
o Celta de Vigo poden axudarnos a conseguir este obxectivo”.
Esta mañá déronse
a coñecer os resultados do Diagnóstico
sobre a Sociedade da Información nos fogares galegos da man da
directora da Axencia para a Modernización de Galicia (AMTEGA), Mar Pereira, e
do director xeral do Instituto Galego de Estatística (IGE), José Antonio Campo
Andión. Este estudo elaborado polo Observatorio da Sociedade da Información e a
Modernización de Galicia (OSIMGA), e dispoñible
para a súa descarga en formato PDF, analiza a evolución da penetración TIC
en Galicia entre os anos 2008 e 2012 dentro do convenio entre AMTEGA e IGE, de
xeito que aprovéitanse os datos recollidos pola Enquisa de Condicións de Vida das Familias do IGE para seren
analizados polo OSIMGA.
Esta colaboración supuxo un incremento da mostra de máis de 7.000 enquisas a
fogares con respecto a anteriores estudos do OSIMGA, o que facilitou unha maior
desagregación dos datos segundo áreas xeográficas, á vez que se evitan
duplicidades (co conseguinte aforro económico).
O período analizado polo estudio conclúe que o ritmo e adopción das TIC nos
fogares galegos é superior ás medias española e europea, de xeito que entre
2008 e 2012 puidemos ver como a presencia de ordenadores nos fogares medrou un
29,9% e a contratación da Internet incrementouse un 53,4%, de xeito que a
distancia que separa a Galicia de España e Europa foise acurtando.
Cómpre ter en conta que estes datos están limitados ao ámbito doméstico, pois
actualmente o consumo da Internet dende contornos de mobilidade é moi elevado,
polo que podemos entender que o uso das TIC é maior do que podemos deducir dos
datos recollidos neste informe do OSIMGA.
Pero para analizar a situación galega non podemos deixar de lado as
características sociodemográficas, rexistrándose unha clara correlación entre a
penetración da Internet no fogar co número de habitantes dos seus concellos, o
que vese claramente no caso da Coruña, cidade que ten unha penetración
doméstica da Rede dun 72,2%, superando en 15,9 puntos á media galega, mentres
que en vilas con menos de 5.000 habitantes a contratación da Internet no fogar
apenas chega ao 36%.
Consultados os cidadáns sobre os motivos que os levan a non contratar conexión
á Rede no fogar aseguran que “non o
necesitan”, que “non o queren” e
que “é moi caro”, mentres que a falta
de cobertura é un factor cada vez menos importante, que afectaría só ao 6% dos
fogares da nosa comunidade autónoma.
Outra variable que afecta considerablemente á contratación de acceso á Rede no
domicilio é a idade, de xeito que os 92,7% dos mozos accederon á Rede nos
últimos 3 meses, mentres que en persoas de entre 65 e 74 anos tal porcentaxe
caería ao 12,6%, rexistrándose un claro descenso no uso da Internet a partir
dos 45 anos. A estes datos afecta especialmente a presenza de cativos no fogar,
de xeito que en 7 de cada 10 domicilios cun neno en idade escolar faise uso das
TIC, superando en máis de 15 puntos as porcentaxes rexistradas no resto de
fogares.
O sexo tamén supón unha barreira de acceso á Internet difícil de comprender
hoxe en día, e que por fortuna vai mudando, de xeito que os 6,5 puntos de
diferenza entre homes e mulleres no uso da Internet caeu ata os 3,9 puntos en
2012, conseguíndose en Galicia unha fenda dixital de sexo menor que a do Estado
(que aínda é de 5,2 puntos).