Datos do IV Congreso de Software Libre para Educación

IV CONGRESO DE SOFTWARE LIBRE PARA EDUCACIÓN

 

Inscribirse

OBXECTIVOS DA ACTIVIDADE.-

 

-Propiciar o intercambio e coñecemento mutuo entre investigadores e profesores de educación na área de software libre para o seu uso en educación..

-Brindar a posibilidade de encontro entre todos os profesores e profesoras de Galicia interesados no ensino da área científica-matemática-tecnolóxica, e mesmo das demais áreas do ensino, desde o punto de vista do uso de software libre, para facilitar o intercambio de ideas e experiencias así como a presentación e difusión de recursos didácticos.

-Ofrecer un  espazo para coñecer mellor e gozar do mundo do software libre con exposicións de diversas experiencias e mostras.

-Ver as posibilidades de uso do software libre nas empresas e na FP.

A actividade está orientada a facilitar a actualización do profesorado de Galicia, difundir os novos vieiros de software libre, impulsar o desenvolvemento da investigación en educación e en software libre, dar a ocasión de coñecer innovacións educativas e difundir distintas liñas para a aprendizaxe e ensinanza das distintas materias da educación.

-Formación de grupos de traballo de interesados nestes temas en toda Galicia.

Relación provisional de relatorios:

  • App Inventor 2 e Tablas Fusión. Inés Ben
  • Video en Educación Xacobo de Toro  (Experiencias en EducaBarrié. Fundación Barrié).
  • Obradoiro da Nova versión de eXeLearning e Moodle. Pilar Anta do IES de Arteixo e da UDC
  • ¿flops o dinosaurios? Andrés Gómez (CESGA)
  • Processing e a Exposición Sensores. Manuel Díaz
  • .Creación de videoxogos educativos en HTML5 Luz Castro (imaxin|software)
  • Arduino e Creación de Música Electrónica. Horacio González Diéguez (www.escoitar.org)
  • Uso de Software Libre na Rede Museística Provincial de Lugo Encarna Lago González,   Juan Ignacio Marquez Barros e Ángel Arcay Barral
  • Visita á sala de Realidade Virtual do CDTIC Galicia. Beatriz Montero da Oficina de Coordinación do CDTIC
  • Tablas fusión  Begoña López Castro
  • A polémica actualización da Lei de Propiedade Intelectual. Roberto Brenlla
  • App Inventor Paz Freire Campo
  •  Scratch Mª Luz Ramos e Xabier Lorenzo Abalde do IES de Brión
  • Raspberry Pi con Python e sensores, Manuel Diaz
  • Robótica Educativa con EV3. Hugo Carrillo
  • LIBROS ELECTRÓNICOS CON HTML5 E JAVASCRIPT. Mario Rodríguez Riotorto
  • Grasshopper. Manuel Diaz
  •  Os escornabots  Tucho Méndez,  Rafael Couto
  • INTRODUCCIÓN A ARDUINO EN LA EDUCACIÓN
    Tino Fernández Cueto. Profesor de electrónica e informática del CIFP Ferrolterra, Manuel Francisco Couceiro Martínez, Profesor de ESO y Bachillerato.
  •  
  • Rural School Cloud  María José Malmierca e Diego Nieto (CESGA)
  •  

Datas e horario de realización:

Desenvolverase durante os días 1 e 2 de xullo de 2015,  en horario de 10 a 14 h e de 16 a 20 horas.

Valoración en horas de formación: 16 horas (solicitada homologación á Consellería de Educación)

Lugar: Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG)  da Consellería de Traballo e Benestar en Santiago

Número de Prazas.- 150 homologadas, e 200 en total

Destinatarios.-Ten prioridade o Profesorado de Primaria e de Secundaria. Aqueles asistentes que non estean identificados en fprofe poderán ter certificación visada da Consellería, coa condición de ter a titulación adecuada e que non superen o 30% do profesorado rexistrado asistente.

inscrición gratuita. Custo da obtención do diploma matrícula.- 20 € ata o 10 de xuño. Despois, 30 euros

Comunicacións e Pósters. Aos inscritos que desexen presentar comunicacións sobre software libre en Educación, admitiranse propostas ata o 1 de xuño.

Criterios de selección.- Profesorado en exercicio e orde de chegada da inscrición -co correspondente pago de matrícula-.

Homologación-Solicitada homologación á Consellería de Educación   Inscribirse

Colaboran:  AMTEGA, Educa Barrié, CESGA.  O  CNTG Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia da Consellería de Traballo e Benestar

e Rural School Cloud

Resumos dos relatorios     Cartel  Inscribirse