FAQ do Rally

-A que hora comeza a proba?

1,3,e 4º de Matemáticas realízanse ás 16 horas. 2º de Ciencia é as 16 horas. Pero 4º de Ciencias é unha hora máis tarde. Por que?

En principio todas eran as 16 horas, pero xa que hai alumnos e alumnas de 4 de matemáticas que participan en matemáticas e ciencias, para facilitarlles a participación nas dúas probas, poñemos a de ciencias de 4º so, 1 hora máis tarde. Comezará as 5 da tarde

-Todos os grupos deben ser de 8 alumnos?
Si, agás que xa participen todos os membros da clase.  Exemplo, se son 30 alumnos e xa participan 3 grupos de 8, o grupo que queda, de 6 pode participar, Entre seis e 10 pode ser o número de compoñentes do último grupo (ou outra combinación razonable de non máis de dez compoñentes, so neste caso)

-Cantos grupos dunha mesma clase poden formarse? Só un?
Non, tantos como sexan posibles.

Aínda que de cada materia e cada centro só pode ir un grupo á final galega. Se empatan dous grupos do mesmo centro e materia, o centro deberá seleccionar a un deles para a final.  

En caso de empate primará a diversificación por centros, de maneira que sexan centros diferentes os que vaian ás finais das distintas materias (materia e curso).

 

Pódese facer un grupo con alumnos de diferentes aulas (evidentemente o mesmo nivel)?

De distintas aulas non poden ser se o que queremos é conservar a maior paticipación posible. De permitilo asi, convertiriamolo nun concurso entre os mellores de cada centro.Teñen que ser dunha clase natural, ainda que como se organizan os grupos é cuestión dos alumnos e do centro. Cada grupo terá que vir reflexado nun informe xade do centro.

Como se vai celebrar a proba?. O ser unha proba online necesítase un ordenador por grupo ou un por alumno??

A proba. Os alumnos fan en papel ou no ordenador a proba. Cubren un fomulario web con respostas breves.
Despois envian o papel escaneado ou o texto escrito nun procesador por email.
Revisaranse os que teñan unha certa puntuación inicial das respostas breves (maior número de respostas correctas).
Cun só ordenador por grupo, evitando as comunicacións externas, pero non a posibilidade de busca ou cálculo do ordenador.
Os grupos non deberian comunicarse entre eles. Si dentro do grupo, claro.

-Como se desempata?
A igual puntuación, desempatarase por orde de inscrición, e tamén por participación do centro (número de grupos participantes), ademais do criterio de diversificación xa citado.
Como participa o profesor ou profesora na corrección?
Na fase final galega, no segundo exame que realizarán os tres grupos con máis puntuación, os tres profesores acompañantes, xunto cos da organización, farán a corrección inmediata da proba para determinar o grupo vencedor.
-Un grupo quere participar en ciencias e matemáticas. Pode? Si. Adaptaremos os horarios das  probas no caso de 4º da ESO, para que isto sexa posible.
-Son profesor de Bioloxía, poido presentar a un grupo a un exame de Física, materia que eu non imparto?
O exame vai ser de competencias básicas de ciencias, que se tratan  en distintas materias. Non son, xustamente, competencias exclusivas de ninguén. Ademais o fundamental é a decisión de participar por parte do grupo de alumnos.

En que data se celebra?

O día 16 de marzo de 16 a 17 horas todos os Rallies agás o de Ciencias de 4º da ESO que será de 17 a 18 horas (posibilitando así a participación dos mesmos alumnos en Matemáticas e Ciencias)

Como se inscribe unha clase ou clases?

Cubrindo os datos e na pregunta de cursos e grupos, poñer algo así como 2 grupos de 3ºA matemáticas e 3 grupos de 4º B matemáticas. Enviando, despor, por email, os listados xade de 3ºA e 4ºB sinalando con marcas distintas cada un dos grupos. A que correo, co que se fixo a  difusión.

Se un mesmo profe pode presentar grupos de distintos cursos e materias (por exemplo, un grupo de matemáticas de 1º e un de ciencias de 4º).

Si

A regra de pertencer a unha mesma clase (4º A ou 4ºB, por exemplo) é obrigada sempre?

Un grupo de alumnos de 4º A e 4º B están en Matemáticas B de cuarto cun mesmo profesor. Poden presentarse. Si. si están simultaneamente, na mesma clase co mesmo profesor, si

A proba máis en detalle:

As probas empezan ás 16 (agás a de Ciencias de 4º que empeza as 17 horas). Finalizan unha hora máis tarde.  A proba -de ciencias de 4º- será sobre competencias básicas e cuestións PISA.

Supoñamos o de matematicas de 4º:

De 4 a 5 da tarde realizarase esta proba.  Ás 5 da tarde, como prazo máximo, terán que ter cuberto e enviado un formulario en www.igaciencia.eu, co nome do centro, os compoñentes do grupo, o curso e matería e as respostas -breves- ás preguntas que recibirá o profesor ou profesora ás 4 menos 10, polo que ter unha impresora a mán non vós viría mal.
ADEMAIS, entre 5 e 5 cuarto enviarán ao correo electrónico que se indicará, ben o exame en detalle escaneado, ben o exame en word ou odt para, se a puntuación das respostas breves é suficientemente alta, ser revisado para determinar os tres primeiros postos gañadores.
A puntuación das respostas breves a poderedes cotexar coa planilla de respostas que vos enviaremos.
Proclamados os 3 primeiros, na semana seguinte faremos a proba (en Santiago seguramente, por ser o lugar máis céntrico). Nesa corrección intervirán tamén os tres profesores/as dos grupos finalistas.

A entrega de premios será ese mesmo día. Entre os premios figurarán os diplomas, libros (120) e a axuda para o desprazamento á Toulouse.

Neste momento temos conseguida a aportación da Consellería de Educación por mil euros. Estamos xestionando a consecución doutros mil máis. Terémosvos informados.

imaxino que a redacción das respostas será  sinxela. Dígoo porque se se utiliza como opción de envío das respostas breves o escaneado, el@s terán que redactar as respostas en word ou odt, e con esas idades non controlan todavía o editor de ecuacións nin ningún procesador de textos matemático...
Si, isto haino que explicar: se queres poñer expoñente pon ^; raiz de 3 podes poñer un código que expliques como r(3), raizde(3), raizc(3) ou ben o que pon a calculadora para ese valor (a expresión decimal). O complicado pode ser poñer algo con fraccions pois (1+raiz(5))/2 estaría ben como solución de (2x-1)^2=5 e 1+raizc(5)/2 non é o mesmo valor. Quizais xustamente escribir despois a expresión decimal do resultado, resolvería a posible ambiguidade.

En calquera caso pode escribirse en papel, coma outros anos, e escanealo e envialo como varias imaxes. Poñer no nome dos arquivos sempre centro, curso, grupo. Exemplo, IESFonmiña-4C, se non hai varios grupos e IESFonmiña-4C-2 se hai varios grupo e o que se envia é o grupo 2. Se son imaxes sucesivas poñer subíndices IESFonmiña-4C-2-1.jpg,IESFonmiña-4C-2-2.jpg para poder distinguilos.

Todos os grupos presentados terán un diploma acreditativo dixital que se enviará ao profesor/a. Para iso cómpre enviar os listados dos grupos e numeralos cando hai varios nun curso. Enviaremos información.

Os grupos da final galega terán diploma en papel e recibirán, cada alumno, un diploma acreditativo dixital do posto acadado na clasificación. Os cinco primeiros grupos de cada Rally irán nun autobús a Toulouse. Cada un dos 120 alumnos e alumnas será agasallado cun libro galego.