O rally día a día

 

 

Imos describir os pasos a dar polos participantes:

Primeiro, tratar o tema da participación na clase. Elixir grupos de 8 alumnos e alumnas entre os motivados a participar.

Segundo: inscribirse nesta web. Inscríbete aquí

Terceiro preparar aos alumnos

Cuarto: O día 18 de marzo, o día da proba, às 16 horas (un pouco antes) preparar unha aula cun ordenador con conexión á wifi do centro ou á Internet do centro.

Un profesor pode estar con varios grupos de calquera materia (cada un deles con acceso a un portátil con Internet). Non se ten que desprazar a ningún outro centro.

Recibida a proba, os alumnos deberán poñer as solucións nunha páxina web de Igaciencia, con algunhas explicacións dos pasos que seguiron. De ter problemas con Internet deberán envialo por email en formato odt ou word.

Corrixidas as probas, en poucos dias se convocarán aos tres primeiros grupos de cada concurso a Santiago, realizadas as probas e corrixidas pola organización e o profesorado participante, se declararán os gañadores. Ese mesmo día farase a entrega de premios.

Semana do 16 e 17 de maio os 40 alumnos dos 5 grupos gañadores, ademais de facer unha viaxe ás principais atraccións de Toulouse (Air Bus, Cité des sciences, Carcasonne,..) participarán nas súas probas os días 16 (ciencias ) e 17(matemáticas). Cada grupo deberá ir acompañado dun profesor.