Razóns para un novo Rally

As características do novo rally e o formulario para inscribirvos atoparédelos en:
http://www.igaciencia.eu/drupal7/?q=node/55
Como sabedes, en Galicia levamos coordinándonos coa U. Paul Sabatier na celebración do Rally sen Fronteiras que ten unha superfinal en Toulouse, desde xa hai moito tempo. Hai poucos anos ampliaron o Rally de matemáticas a Ciencias polo que, nesta convocatoria, trátase de axustar a participación de Galicia
-Ao novo modelo
-Aos recursos existentes -escasos-, polo que se abre a posibilidade de repartir os gastos entre varios centros e, así, facer máis viable a viaxe a Toulouse. Desta maneira, poden ir alumnos de 5 centros distintos -5 grupos de 8 alumnos-. Un grupo finalista por cada un dos concursos.
-A un modelo moito máis flexible que non impida a participación aos centros, ou dependa da participación do centro do lado, ao non ter que desprazarse o profesor ou profesora para vixiar a proba noutro centro.Iso si, o exame debe ser feito diante dun profesor que debe asegurar un comportamento razoable do alumnado na proba. Un modelo, en suma, no que non haxa que mirar qué centros están inscritos para inscribirse.
-Ao currículo galego. Preténdese que a participación do profesorado na elaboración das probas aumente, sobre todo no caso de ciencias. Pídese a colaboración e, para iso, establecerase unha canle de participación.-Para promover a participación do profesorado participante na corrección das probas.
En resumo, máis simple, máis participativo, máis barato para os centros, máis aberto ás ciencias, máis cooperativo entre centros e departamentos. E con máis confianza nos nosos alumnos e profesores.

Por último, e en defensa do valor educativo da tecnoloxía, nestes momentos de cambio e reducción dela, farase unha proba de tecnoloxía, elaborada polo profesorado participante, que non terá conexión con Toulouse.