VIII Obradoiro e Concurso Galego " A Maxia da Robótica"

A MAXIA DA ROBÓTICA.  VIII Concurso Galego de Robótica
 
 
A Fundación Barrié acolle esta semana o VIII Concurso Galego de Robótica A Maxia da Robótica, no cal participarán preto de 2.335 profesores e alumnos de 62 centros de toda Galicia
 
Obradoiros Vigo: do 12  ao 15 de abril. De 9h a15h y de 16h a 18h
Obradoiros A Coruña: do 18  ao 22 de abril. De 9h a15h y de 16h a 18h
 
Proba final e entrega de premios. A Coruña, martes 26 de abril, de 10h a 13 h, para os equipos gañadores.
 
A Coruña, 11 de abril de 2016.- A Fundación Barrié e a Institución Galega da Ciencia  (IGACIENCIA) organizan en Vigo esta semana, do martes 12 ao venres 15 de abril e en A Coruña, do luns 18 ao venres 22 de abril, o VIII Concurso Galego de Robótica A Maxia da Robótica, no cal participarán preto de 2.235 alumnos e 100 profesores de 62 centros educativos de toda Galicia, de educación secundaria e terceiro ciclo de educación primaria.
 
O obxectivo do obradoiro A maxia da robótica é achegar á xente nova e á cidadanía en xeral ao mundo da robótica, mediante a montaxe de sinxelos robots, facéndoo comprensible e resaltando a súa importancia e as implicacións no seu propio futuro. Para iso, bríndase a oportunidade de participar en grupo na montaxe e programación dun robot móbil cun kit de LEGO. Dun xeito sinxelo e divertido o alumnado participante familiarizarase tanto cos robots como coa linguaxe da robótica. Para este obradoiro non é necesario ter coñecementos en programación nin en electrónica previos, pois a electrónica está integrada nun ladrillo intelixente e a programación realízase nun contorno visual sinxelo para que ata os máis pequenos poidan construír e deseñar os seus robots dando paso, despois da montaxe, á parte de programación.
 
Ao tempo que se pretende que sintan a paixón pola aprendizaxe, os rapaces e rapazas participantes intégranse nun grupo no cal deben compartir obxectivos e realizar un traballo colaborativo para poder resolver os desafíos que se lles propón ao longo da experiencia. Ao remate do obradoiro, de dúas horas de duración, cada grupo terá acadado un número de puntos que lle permitirán optar aos premios do VIII Concurso Galego de Robótica 2016.
 
Tanto a robótica como a programación introducíronse en Galicia como materias optativas desde este curso, polo que estas actuacións cobran máis sentido e maior interese pois xa poden ser consideradas curriculares. Así mesmo, o emprego dixital será en 2020 o maior nicho de emprego, tanto en Galicia como no resto de España e Europa.
 
O certame puxo de manifesto a gran implicación no concurso dos alumnos con menor motivación cara ao estudo , a importancia do equipo e non do individuo e a gran relevancia das competencias transversais nesta competición (traballo en equipo, negociación, liderado, competencia, etc.)
 
A Institución Galega da Ciencia  (IGACIENCIA) vén promovendo e organizando esta actividade que se desenvolveu, en anos anteriores, coa colaboración dos Concellos respectivos, nas cidades de Lugo, Santiago, Burela e Lugo, de novo. É o quinto ano consecutivo que a Fundación Barrié acolle esta iniciativa, no marco de educaBarrié, o seu espazo de relación coa comunidade educativa que aglutina toda a oferta educativa, neste caso no eido da súa actividade de divulgación da ciencia. A Fundación esfórzase por achegar a ciencia aos escolares e fomentar novas vocacións científico-tecnolóxicas, cun programa de actividades ao longo do curso escolar, (www.fundacionbarrie.org) nunha nova mostra máis do sólido compromiso da Fundación Barrié coa investigación en Galicia.
 
A participación aumentou notablemente  este ano, de tal maneira que no primeiro día de inscrición agotáronse todas as prazas da semana e foi necesario clausurar a inscrición. Ver http://www.igaciencia.eu. IGACIENCIA é unha asociación entregada á difusión e promoción da Ciencia, sobre todo a nivel de primaria e secundaria. Entre as actividades que promove figuran os Obradoiros Concurso Galego de Robótica, o congreso de Software Libre para Educación, os Rallys de matemáticas e Ciencias a nivel internacional, exposicións propias de Arte e Ciencia e a publicación periódica das súas revistas Labirinto e Labirinto Dixital.
 
COLEXIOS PARTICIPANES EN VIGO:
 
MARTES 12: 
De 9 a 11: Colegio Casa de la Virgen Cangas / Colegio Marcote 
De 10 a 12: Colegio Los Sauces Vigo / IES a Guía. Vigo 
De 11 a 13: IES Ponte Caldelas 
De 12 a 14: IES Nº 1 Ribeira 
De 13 a 15: IES Escolas Proval 
De 16 a 18: Asociación Escola Rosalía de Castro/ Colegio Niño Jesús de Praga 

MIÉRCOLES13 
9 a 11: CPI Covaterreña Baiona 
10 a 12: Colexio Plurilíngüe Divina Pastora, Ourense. 
11 a 13: IES Santo Tomé Freixeiro Vigo 
12 a 14: IES Alexandre Bóveda Vigo  
13 a 15: IES Otero Pedrayo de Ourense / IES de Teis-Vigo /IES A Paralaia
16 a 18: IES Politécnico de Vigo 

JUEVES, 14 
9 a 11: IES Rosais 2 Vigo 
10 a 12: IES Torrente Ballester Pontevedra 
11 a 13: Colegio Niño Jesus de Praga 
12 a 14: IES de Tomiño 
13 a 15: IES Perez Tizón. Tui 
16 a 18: Colexio Padre Míguez 

VIERNES, 15 
9 a 11: Colegio Apóstol Santiago Vigo 
10 a 12: CPR Plurilingüe Santiago Apóstol, Ponteareas. 
11 a 13: IES Beade 
12 a 14: IES Valle Inclán. Pontevedra 
13 a 15: CPI Castroverde 
 
COLEXIOS PARTICIPANES EN A CORUÑA:
 
LUNES 18 
9 a 11: IES Urbano Lugrís, Malpica / IES Plurilingüe Elviña 
10 a 12: IES Viós Abegondo 
11 a 13: IES Monte Neme, Carballo 
12 a 14: IES Marqués de Sargadelos / Ceip de Cervo / IES Poeta Díaz Castro 
13 a 15: CPI Virxe da Cela de Monfero 
16 a 18: Colegio Santo Domingo FESD, A Coruña 

MARTES 18: 
9 a 11: Colexio Compañía de María, Santiago 
10 a 12: IES Sofía Casanova, Ferrol 
11 a 13: IES Concepción Arenal, Ferrol 
12 a 14: IES Ricardo Carballo Calero, Ferrol 
13 a 15: IES Ramón Caamaño, Muxía
16 a 18: CPR Jesús Maestro 

MIERCOLES 20: 
9 a 11: IES Isaac Diaz Pardo, Sada 
10 a 12: IES Menéndez Pidal. A Coruña 
11 a 13: CPI San Sadurniño 
12 a 14: IES Francisco Asorey. Cambados 
13 a 15: IES A Pinguela. Monforte 
16 a 18: IES de Meaño 

JUEVES 21: 
9 a 11: IES Agra do Orzán. A Coruña 
10 a 12: IES de Ortigueira 
11 a 13: CPI de Atios Valdoviño 
12 a 14: IES Eusebio da Guarda. A Coruña 
13 a 15: CPI Luís Díaz Moreno. Baralla 
16 a 18: CPR San José Pontedeume 

VIERNES 22: 
9 a 11: IES de Breamo. Pontedeume 
10 a 12: IES Terra de Trasancos. Narón / IES Muralla Romana, Lugo 
11 a 13: IES Agra de Leborís. A Laracha 
12 a 14: IES Perdouro. Burela / IES Alfoz de Valadouro 
13 a 15: IES A Cachada. Boiro 
16 a 18: IES Fonmiñá. A Pastoriza 
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2016/04/13/vigo-coruna-aco...