I Congreso sobre Software Libre para Ciencia, Matemáticas e Tecnoloxía

I Congreso sobre Software Libre para Ciencia, Matemáticas e Tecnoloxía  en Lugo os días 2 e 3  de Xullo de 2012

I Congreso sobre Software Libre para Ciencia, Matemáticas y Tecnologia  en Lugo los días 2 y 3  de Julio de 2012

No CEI-Nodus de Lugo e dentro do Ano Galego da Tecnoloxía

I CONGRESO DE SOFTWARE LIBRE PARA CIENCIA, MATEMÁTICAS E TECNOLOXÍA

Convocado por IGACIENCIA no marco do Ano Galego da Tecnoloxía

Relación provisional de relatorios:

Competencia matemática e Geogebra.  Inés Ben González. IES Vilar Ponte de Viveiro

Python e Geogebra 5 . Manuel Díaz Regueiro ... Obradoiro de Geogebra

Software Libre aplicado a simulación e modelización nas PEMEs produtoras.
Traballo que se está levando a cabo no CESGA sobre o uso de SW. Libre aplicado a simulación e modelización en empresas produtoras de Galicia e N. de Portugal.
Dr. Andrés Gomez Tato (Responsable do Departamento de Aplicacións Científicas e Proxectos do CESGA)

Software Libre aplicado ao e-ensino e ferramentas colaborativas.
 Experiencia do CESGA no uso do SW. Libre aplicado en ferramentas  colaborativas e e-learning.
María José Rodriguez Malmierca (Responsabel do Departamento de e-learning e ferramentas colaborativas do CESGA).

Scilab por Consuelo Castro Vázquez. IES Terra de Trasancos de Narón

Geogebra na área de Tecnoloxía Javier Macho Eiras da Escola de Arte Pablo Picasso e da UDC

eXeLearning e Moodle na área de Tecnoloxía Pilar Anta Fernández do IES de Sabóne da UDC e Obradoiro de Moodle

Estatística con R Salvador Naya Fernández (UDC)

Maxima, un sistema aberto de cálculo simbólico. Conferencia e obradoiro. Mario Rodriguez Riotorto (programador de Maxima e do equipo de desenvolvemento do programa Maxima dende o ano 2005)
 Interfaces web a software científico.Mario Rodriguez Riotorto (programador de Maxima)

 Sage. Francisco Botana Universidade de Vigo

Drupal 6 ou 7? Indicacións para a migración. Manuel Díaz Regueiro

 

Datas e horario de realización:

Desenvolverase en xullo de 2012, durante os días 2 e 3, en horario de 10 a 14 h e de 16 a 20 horas.

Valoración en horas de formación: 16 horas (solicitada homologación á Consellería de Educación)

 Lugar: CEI-Nodus de Lugo.

Custo 10 euros

Prazas: 75

 

O Congreso ten un prezo de 10 euros, pero está limitado a 75 persoas (pola limitación dos ordenadores). Terá preferencia o profesorado e o segundo criterio será por orde de inscrición.en http://www.igaciencia.org/entradac.asp

 

 

 

Homologado provisionalmente  pola Consellería de Educación  por 16 horas