Inscribirse nas actividades do 2º semestre de 2014 de Igaciencia

Poden escollerse varias sesións Concurso de Inventor http://www.igaciencia.eu/drupal7/?q=node/144 http://www.igaciencia.eu/drupal7/?q=node/143. Se, nunha das sesións, non se inscribe un mínimo de 5 persoas daráselles a oportunidade de sumarse ás que se realizarán noutra localidade. Horario de 16 a 20 horas pola tarde e de 10 a 14 horas pola mañán. En Lugo e Coruña, traede o voso portátil. Xa remataron...
Inscrición: antes do 20 de outubro. Data límite de entrega dos traballos: 9 de novembro. Cómpre inscribirse para recibir máis información e, se cómpre, axuda en ideas ou pasos a realizar. http://www.igaciencia.eu/drupal7/?q=node/143
Inscrición: antes do 20 de outubro. Data límite de entrega de traballos: 9 de novembro. Cómpre inscribirse para recibir máis información e, se cómpre, axuda en ideas ou pasos a realizar. http://www.igaciencia.eu/drupal7/?q=node/144
Na semana do 17 ao 21 de novembro, no marco da exposición Sensores, realizaranse varios obradoiros de sensores. Poderán participar un máximo de 3 centros cada día, co horario seguinte: de 9.45h a 11:45, de 12 a 14 horas e de 16 a 18 horas ou ben de 14 a 16 horas (como opción alternativa) Onde? Na sala de exposicións da Deputación de Lugo. Tamén se poderá reservar visita só para a exposición, do 30 de outubro ao 27 de novembro. Propostas de actividades con sensores: ver en http://www.igaciencia.eu/drupal7/?q=node/143 Xa non queda prazas, pero si ocos, se vos inscribides, enviaremosvos os ocos. Os que se apunten despois quedarán en lista de espera. Ver o calendario provisional (xa case definitivo) na seguinte entrada
Nas datas do 3 ao 14 de novembro, na Sala Sargadelos de Santiago, estará aberta ao público a exposición Arte e Ciencia. Inaugúrase o día 3 de novembro. Se queres asistir co teu centro a unha visita guiada, elixe o día. Despois de inscribirte preguntarémosche o tramo horario de preferencia, entre os seguintes: 10:30 a 12 h; 12:15 a 13:45h e 16:30 a 18 h. Destinarase aproximadamente 1 h a visita-guiada e 1/2 h a obradoiro.