Obradoiro Galego de Robótica: zona Sur, en Vigo, do 19 ao 22 de maio 2015

Obradoiro Galego de Robótica: zona Sur, en Vigo, do 19 ao 22 de maio de 2015

Cando? do 19 ao 22 de maio de 2015. Onde? En Vigo, na Fundación Barrié, Rúa Policarpo Sanz, 31, 36202 Vigo, Pontevedra. Onde se inscribe un centro? nesta mesma páxina igaciencia.eu Cando se abre a inscrición? O día 10 de abril de 2015 ás 9 da mañá. 

A Fundación Barrié decidiu que, dado que quedaron centros sen poder inscribirse, xa que se pechou a inscrición o mesmo día de abrila, había que darlle esta nova oportunidade de facelo aos centros que o estaban esperando. Ademais de responder á avaliación feita polo profesorado participante que pedía maior duración do concurso. O ano que vén haberá unha competición en Coruña e na semana seguinte en Vigo, en febreiro, e despois unha superfinal cos campións das dúas primeiras fases.

Pedídelle aos vosos profesores e profesoras que vos leven ao Obradoiro Galego de Robótica: zona Sur en Vigo. Lémbradelle que o día 10 de abril ás 9 teñen que inscribirse para coller unha posición cómoda de participación.

Obradoiro Galego de Robótica, un obradoiro do que sairás sabendo algo de programación de robots e de que vai iso da robótica. Non o podes perder!.

Inscrición e orde das inscricións.  A orde da inscrición determina a capacidade de escoller día e hora do obradoiro. Äbrese ás 9 da mañá do día 10 de abril. De todas as maneiras darémoslle preferencia (dun día) aos centros que non participaron no obradoiro de Coruña este ano

- a partir do 10 de abril (para os centros que non participaran este ano)
- a partir do día 11 (para calquera centro)
- a partir do 12 (para calquera centro e alumnos  que xa participaran (ou non) este ano,

imaxe: