Obradoiro Galego de Robótica en Vigo

 

logo educabarrie

logo educabarrie

facebook

youtube

flickr

rss

 

 

Coñécenos

Participa

Profesores

En Familia

       

A MAXIA DA ROBÓTICA - VIGO

 

Igaciencia e educaBarrié, a iniciativa da Fundación Barrié para a comunidade educativa, organizan en Vigo o Obradoiro "A maxia da robótica" para escolares de toda Galicia.

  • Data: 19 - 22 de maio de 2015
  • Lugar: Fundación Barrié, sede de Vigo (Policarpo Sanz, 31)
  • Dirixido a: Alumnado de 5º e 6º de Primaria, ESO, Bacharelato e ciclos formativos de toda Galicia.

Os centros educativos que queiran participar no obradoiro e concurso A maxia da robótica deben inscribirse a través da páxina web de IGACIENCIA

 

Obxetivos:

   

O obxectivo desta actividade é achegar o estudantado á robótica, un campo de absoluto futuro, e aproveitar a súa "maxia" para promover a cultura científico-tecnolóxica no alumnado galego. A maxia da robótica é un compendio de actividades (obradoiro - concurso) encamiñadas a unha experiencia de aprendizaxe, deseñada para:

  • Familiarizar e explorar o campo da robótica.
  • Potenciar as habilidades creativas e de innovación propias dos adolescentes que gustan aprender da tecnoloxía e especialmente da robótica.

O propósito de amosar aos mozos e mozas a robótica está vinculado ao potencial de este sector para crear e innovar, así como fomentar os desexos naturais por explorar o novo e actual. A robótica brinda a posibilidade de concibir, crear e pór a funcionar obxectos, favorece o desenvolvemento de procesos cognitivos de alto nivel nas persoas que se involucran con estes recursos, así como, a posibilidade de comprender funcionamentos, efectos e comportamentos de situacións reais recreándoas.

 
 

contacto

 

 

Se desexa recibir información actualizada das actividades da Fundación Barrié pode solicitalo en www.fundacionbarrie.org