V Obradoiro e Concurso Galego de Robótica

Obradoiro a Maxia da Robótica

Nas datas: de 25 de febreiro ao 1 de marzo de 2013

Día 2 de marzo entrega de premios e libre

Lugar, na Fundación Barrié da Coruña  Inscribirse Máis detalles      Saber máis, en que consiste?      HORARIOS PROVISIONAIS

Organiza: IGACIENCIA, colabora educaBarrié, a iniciativa educativa da Fundación Barrié

 

e como entidade colaboradora a ETS de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Vigo

Para alumnado de 5º e 6º de Primaria, ESO,  Bacharelato ou FP. Concurso:  Os participantes poden optar aos premios do V concurso escolar galego de robótica.

Cada grupo, cun máximo de 40 alumnos debe vir acompañado de  profesores ou profesoras, preferentemente de Tecnoloxía, TIC, matemáticas ou ciencias. Para poder satisfacer a varios centros con menos de 40 alumnos poderán asignarselles a mesma hora e estarán simultaneamente á mesma hora.


Debe dar os datos do seu centro e escoller unhas datas preferidas, finalmente comunicarémoslle a aceptación 

Obxectivos

Nesta actividade o que se pretende é achegar aos cidadáns e cidadás á robótica, un campo de absoluto futuro e aproveitar a súa “maxia” para promover a cultura científica na sociedade galega.

A maxia da Robótica é un compendio de actividades (obradoiro – exposición - concurso) encamiñadas a unha experiencia de aprendizaxe, deseñada para

 -Familiarizar e explorar o campo da Robótica

-Potenciar as habilidades creativas e de innovación propias dos adolescentes que gustan aprender da tecnoloxía e especialmente da robótica.

O propósito de mostrar aos mozos e mozas a robótica está vinculado ao potencial con que conta este sector da poboación para crear e innovar e os desexos naturais por explorar o novo e actual. A robótica brinda a posibilidade de concibir, crear e poñer a funcionar obxectos, favorece o desenvolvemento de procesos cognitivos de alto nivel nas persoas que se involucran con estes recursos, así como, a posibilidade de comprender funcionamentos, efectos e comportamentos de situacións reais recreándoas.

-Facer comprensible o mundo de robótica á cidadanía en xeral, resaltando a súa importancia e as implicacións no seu propio futuro.

-Facilitar e motivar o achegamento dos nenos e nenas e da cidadanía á Ciencia e Tecnoloxía mediante a montaxe de sinxelos robots.

-Integrar coñecementos e empregar elementos básicos de programación, mecánica, electrónica, física e matemáticas, nun único proxecto.

Porque a robótica é unha disciplina na que se cruzan ou atopan, outras áreas das ciencias e a enxeñería. Non pretendemos "ensinar" robótica senón mostrar algúns elementos simples que son parte da robótica, pequenas pinceladas dela pero que, sen embargo, permiten entender de forma práctica aspectos de física, matemáticas, informática, etc.

- Apreciar a paixón pola aprendizaxe, os desafíos, e o desexo de vencelos, grazas ao feito de afrontar os retos robóticos que se vaian propoñendo.

Toda a programación se escribe nun PC e “é transferida” ao robot Mindstorms polo que, ademais, os nenos obteñen os beneficios adicionais de adquirir ou mellorar as súas habilidades informáticas.

-Integrarse nun grupo, compartir obxectivos e realizar un traballo colaborativo. Condicións necesarias para poder afrontar a resolución dos desafíos que se lles presentan.

 

A quen está destinado?

Estudantes de terceiro ciclo de Primaria, ou de Secundaria.

Cada grupo, cun máximo de 40 alumnos e alumnas, acompañado polo profesorado correspondente.

Cando? Datas: do 25 de febreiro ao1 de marzo de 2013. Horario de 9 a 15 horas e de 16 a 18 h. (Horas de entrada: son as horas en punto de 9 a 13 horas e as 4 da tarde)

 

A duración da visita completa é de dúas horas.

Profesorado: Presentación da actividade e exposición das posibilidades didácticas.

Como participar?

Inscrición  será exclusivamente a través do formulario que se atopa na parte inferior desta páxina.

A prioridade virá determinada pola orde de chegada para a primeira quenda de cada centro.

A comunicación do horario definitivo asignado realizarase a través desta páxina.

Onde se celebrará?  En Coruña, na Fundación Barrié,

Fundación Barrié
Cantón Grande, 9. 15003 A Coruña

www.fundacionbarrie.org

Antes de inscribirte, para poder guiarte na data e hora, mira os xa  inscritos no V Concurso Galego de Robótica 

Inscribirse

View Larger Map Ano Galego da Arte e a Ciencia 2013