Arte e Ciencia

Xornadas ARTE E CIENCIA
Que se desenvolverán o 18 e 19 de outubro, cunha duración total de  8 horas homologadas pola Consellería de Educación
 
Os  relatorios tratarán os seguintes temas:

  • -Xustificación da exposición. Arte e ciencia e as súas conexións.
  • -Escher, matemáticas e Arte
  • -Arte e ciencia na pintura: Vasarely, Juan Gris, Dalí, Calder, A Cor...
  • -Símbolos galegos
  • -Arte Dixital 2d e 3d
  • -O número de Ouro. Geogebra e Arte (recoméndase traer portátil con Geogebra instalado)
  • -Cúpulas xeodésicas
  • -Materiais para construír poliedros

Datas e horario de realización:
Lugar: Sala de Exposición da Deputación Provincial de Lugo. San Marcos s/n. Lugo.
Datas: Desenvolverase en outubro de 2013, durante os días 18 e 19
Horario: De 10 a 14 h o sábado e de 16,30 h a 20:30 horas o venres.
Valoración en horas de formación: 8 horas ( xornadas homologadas pola Consellería de Educación)
Prazas: 30
Destinatarios.- Profesorado de Primaria e Secundaria..
Custo da matrícula.- 15 €.
Criterios de selección.- Profesorado en exercicio e orde de chegada da inscrición. Terá prioridade para aquel profesorado que participe ou se comprometa a participar cos seus alumnos na exposición Arte e Ciencia que se celebrará este trimestre en Lugo. Se desexas asistir cos teus alumnos á visita concertada con obradoiros fai a solicitude aquí http://www.igaciencia.eu/drupal7/?q=node/88
http://www.crtvg.es/informativos/unha-exposicion-mostra-en-lugo-a-union-...