Luz

Fotos da exposición da Luz en Coruña e conclusións

Unha das opinións máis repetidas foi a de que non chegan dúas horas para cada centro, que se necesitan tres horas para ver a exposición. O cal quere dicir que todo o que se ve é apreciable e digno de ver e admirar. Iso, expresado polos rapaces énchenos de orgullo e satisfacción: o que presentamos lles interesa, é significativo para o seu futuro, queren velo e aprendelo, é interesante, xenial e é ciencia e en galego...

Sentímolo por aqueles centros que non puideron levar aos seus alumnos. Os que si foron teñen unha visión da Luz, da Ciencia e do futuro distinta.

 

Desde o día 22 ata o día 30 de setembro pode visitarse a exposición en carteis sobre a LUZ no Centro Ágora na Coruña

Desde o día 22 ata o día 30 de setembro pode visitarse a exposición en carteis sobre a LUZ no Centro Ágora na Coruña.

En que horario? De 8 da mañá ata as 9 da noite, o horario de apertura do Centro Ágora de Coruña. 40 carteis sobre a Ciencia e a Tecnoloxía da Luz e un gran poster sobre Historia da Astronomía.

Exposición "A Ciencia e a Tecnoloxía da Luz" na Coruña do 26 ao 30 de setembro. Inscríbete aquí

A exposición sobre "A Ciencia e a Tecnoloxía da Luz" celebrarase en:

--A Coruña, no centro Ágora, do dia 26 ao día 30 de setembro de 9 a 15 horas

Breve descrición 

Algunhas fotos

Cartel

Nova exposición " A Ciencia e a Tecnoloxía da Luz" en Coruña, no Ágora do día 26 ao 30 de setembro

Nova exposición " A Ciencia e a Tecnoloxía da Luz" en A Coruña, no Centro Ágora do día 26 ao 30 de setembro en horario de 9 horas a 15 horas.

As inscricións realizaranse aquí, nesta páxina, proximamente.

Patrocinados pola Deputación de A Coruña e polo Concello de A Coruña (Concellería de Cultura) realizarase a demanda dos centros que non puideron asistir á exposición no ano anterior.

Talleres e obradoiros no Muncyt o 12 e 13 de decembro. Inscríbete

.

 

A CIENCIA E A TECNOLOXÍA DA LUZ no MUNCYT

Decembro, día

Horario

Venres, 11

Sábado, 12

Domingo, 13

Bota a andar a exposición "A ciencia e a Tecnoloxia da Luz" en Lugo

Quizais este vídeo da Fundación TIC de Lugo poda explicar algo de que vai a exposición. En realidade necesitaríanse varias horas...

https://www.youtube.com/watch?v=tQYhF_TeLv0

 

Inauguración da exposición "A Ciencia e a Tecnoloxía da Luz" no Museo Provincial de Lugo

O día 16 de novembro, luns, ás 20 horas inaugurarase a exposición "A Ciencia e a Tecnoloxía da Luz" no Museo Provincial de Lugo. Convidámosvos a participar nesta festa da Luz no Ano Internacional da Luz á primeira visita guiada en Lugo. Pero desde o día 14 xa se pode visitar.

Unha lección de clase que me molou máis que ningunha outra

Un alumno  do  CEIP López Ferreiro definiu así a súa visita á Exposición " A Ciencia e a Tecnoloxía da Luz" na Galería Sargadelos de Santiago. En conclusión, a exposición non só é que sexa abraiante, completa, e integradora de diversos tipos de tecnoloxías, medios e recursos. Senón que ademáis, mola. E mola máis que ningunha outra lección de clase.

https://dicoruna.es/dicoruna-noticia/servlet/Noticias?accion=2&ver=19&ni...

Exposición "A Ciencia e a Tecnoloxía da Luz" en Santiago, Lugo e A Coruña

As tres exposicións sobre "A Ciencia e a Tecnoloxía da Luz" está previsto que se celebren en:

--Santiago, na Galería Sargadelos, do día 3 ao 11 de novembro (do día 4 ao día 10 haberá visitas guiadas).

--Lugo, no Museo Provincial de Lugo, do día 14 ao 29 de novembro (do día 23 ao 27 de novembro hai visitas guiadas).

--A Coruña, no Muncyt, do dia 11 ao día 13 de decembro (só o día 11 haberá visitas organizadas para centros escolares).

Unha breve descrición delas

Subscribirse a RSS - Luz