O día da Ciencia e Tecnoloxía en Galego celebrarase o día 5 de novembro de 2012, apoiado por variass organizacións, entre elas IGACIENCIA, que fai o cartel. Para saber se unha organización é convocante ou non, abonda con con mirar na súa páxina web.
Máis información en http://www.cienciaengalego.org
O día 16 de outubro todos os centros deberían facer actividades coa bicicleta (a ver si as elecións teñen un resultado distinto por unha vez).
Sgapeio infórmanos que: Apertura do Ano Internacional da Estatística
O dia 16 de febreiro de 2013 tivo lugar, na Facultade de Matemáticas, a apertura do Ano Internacional da Estatística coa conferencia titulada "Ata onde as finanzas se poden contar", impartida por Silvia Barco Tato, Directora de Control Financiero e Middle Office no Banco Gallego. A presentación desta conferencia, en formato pdf, está dispoñible na páxina Web da SGAPEIO, no menú "Formación e Actividades - Ano Internacional".
"Art and science will eventually be seen to be as closely connected as arms to the body. Both are vital elements of order and its discovery. The word 'art' derives from the Indo-European base 'ar', meaning to join or fit together. In this sense, science, in the attempt to learn how and why things fit, becomes art. And when art is seen as the ability to do, make, apply or portray in a way that withstands the test of time, its connection with science becomes more clear."
Sven Carlson, Science News (1987)
Dado que a DXPL uniuse á conmemoración do día da Ciencia en Galego, solicitouselle axuda para esta celebración. Ainda que asistiron a unha reunión a contestación do día 10 de maio foi " non hai cartos e hai crise"
Solicitámoslle, desde IGACIENCIA, o financiamento da traducción de software libre científico ao galego e o mesmo " non hai cartos e hai crise"
Propúxoselle entón a traducción do sistema operativo Android (para móbeis, TV...) ao galego e dímoslle as razóns que o farían desexable e conveniente. Contestación " o estudaremos"
Páxinas