Selecciona os obradoiros (por orde de preferencia) aos que queres asistir

Submitted by admin on Thu, 06/20/2013 - 16:32

A asistencia a cada un dos obradoiros está limitada a 30 persoas. En caso de ser necesario, seleccionaremos a primeira opción das persoas que cubran este formulario seguindo a orde desta inscrición.

Completa os apartados de Número de Rexistro de Persoal (se eres funcionario/a ou se o tes), título/nº de rexistro noutro caso, centro de traballo ou diplomatura-licenciatura realizada. Datos precisos para facer a acta de asistentes e relatores.

A inscrición no II Congreso de Software Libre é gratuíta

Submitted by admin on Fri, 06/14/2013 - 16:32

 

Por mor do cambio de lugar de celebración do II Congreso de Software Libre a inscrición  é gratuíta.Na nova ubicación dispoñemos dun salón con maior cabida, co cal aínda se pode dispoñer dalgunhas prazas máis e así ampliar a inscrición.

Lugar de celebración: CNTG Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia da Consellería de Traballo e Benestar

CPI Progreso de Catoira gaña a Superfinal do Rally Matemático de Toulouse con dous grupos

Submitted by admin on Sat, 05/18/2013 - 16:32

Por primeira vez nos 21 anos de Rally Matemático en Galicia  un centro galego, o CPI Progreso de Catoira, gaña a Superfinal do Rally Matemático de Toulouse en dúas categorías (segundo e terceiro da ESO).

Parabéns aos gañadores e especialmente á profesora  de ambos grupos, Margarita Botana Souto. O equipo do rally está moi satisfeito de que as modificacións realizadas nesta convocatoria facilitaran unha mellor escolla, así como de que se confirmara que a participación no rally de ciencias é unha boa vía para chegar, e mesmo triunfar, no rally matemático internacional.

Alonso Montero, o presidente da RAG, transmite ás novas -e novísimas- xeracións Ciencia en Galego

Submitted by admin on Tue, 05/14/2013 - 16:32
Progreso
Nova no Progreso da entrega.  Explicación do título do Progreso: hai 50 anos Alonso Montero e Epifanio Ramos organizaron unha exposición en Lugo sobre textos en galego de todo tipo.

Unhas cento vinte persoas, entre elas, alumnado  do IES Änxel Fole, IES Leiras Pulpeiro e IES Lucus Augusti asistiron á entrega de premios do IV Día da Ciencia en Galego e á conferen

Clasificados na fase final galega do Rally 2013

Submitted by admin on Thu, 04/11/2013 - 16:32

TodosCelebrada a final da fase galega do Rally sen Fronteiras 2013 na Facultade de Química de Santiago o resultado foi o seguinte:

-Finalistas de 1º de ESO

Primeiro premio IES Alexandre Bóveda de Vigo. Grupo 1. Profesora Paloma Pérez Fernández. Susana Castiñeira.

Segundo premio IES Saturnino Montojo de Ferrol . 1ºC. Profesora Julia Méndez Álvarez. María Costoya