Visitas escolares e talleres da exposición Converxencias Arte e Ciencia

Submitted by admin on Sáb, 12/01/2018 - 10:35

Ábrese o prazo de inscrición do 10 ao 21 de decembro para as visitas escolares e talleres da exposición Converxencias Arte e Ciencia, que desenvolverase no centro Ágora do 21 ao 25 de xaneiro de 2019 para o alumnado e profesorado de ESO, bacharelato e FP, e 5º e 6º de educación primaria.

 

Igaciencia, co finanzamento do Concello da Coruña, quere dar unha benvida ao vindeiro ano achegando unha proposta que propicia o tratamento STEAM nas aulas (Ciencia, Tecnloxía, Enxeñaría, Arte e Matematicas). Unha maneira de traballar a ciencia e a arte en proxectos conxuntos, que impliquen ambos  polos.

 

O enderezo onde inscribirvos é http://www.igaciencia.eu/ , a partir das 9 horas do día 10 de decembro, onde tamén veredes o calendario de ocupación que se irá cubrindo progresivamente. Os centros do concello da Coruña terán prioridade e, no caso de quedaren prazas libres, abrirase un segundo prazo de inscrición, do 8 ao 11 de xaneiro de 2019, para os centros educativos doutros concellos.

 

MAIS INFORMACIÓN:

http://www.coruna.gal/educacion/es/programas/detalle-programa/convergencias-arte-y-ciencia-visitas-escolares-a-la-exposicion-y-taller/contenido/1453659740336

Anos anteriores de Arte e Ciencia

Etiquetas