Proxectos premiados de Inventa en Galego 2019

Enviado por admin o Lun, 06/10/2019 - 15:32

Proxectos premiados no Concurso Inventa en galego 2019. ORGANIZA: IGACIENCIA PATROCINA: Xunta de Galicia-SXPL

 

 

Autores

Profesor/a

Curso / Centro

Descrición realizada polos autores

 

1º Premio

Apps do centro IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo

 

As apps do centro xiran arredor da temática de creación de empresas na que estiveron traballando os alumnos e alumnas.

 

Esencial

 

Fariña Villar, Andrea

Lado Canosa, Lucía

Marcote Sánchez, Eva

Santiago Suárez, Lucía

Ángel Acción Lamas

1º Bacharelato

TIC I

IES Eduardo Blanco Amor. Culleredo

Actualmente o mundo está moi dixitalizado, pero non todo o mundo está acostumado, especialmente as persoas maiores. Por iso… Esencial é unha aplicación galega que ten como obxectivo principal facer máis simple a vida das persoas maiores, a través dunha aplicación sinxela e fácil de empregar.

 

BACHtoMusic

 

Anguera Zemba, Júlia Misaki

Bermejo Fernández, Iago Antón

Garea Vázquez, Nicolás

Gijón Yubero, Selva

Infante Ramos, Marta

Ángel Acción Lamas

1º Bacharelato

TIC I

IES Eduardo Blanco Amor. Culleredo

BachtoMusic é unha aplicación que permite aos nosos clientes mercar calquera dos nosos produtos (partituras, instrumentos…) e para isto dispoñemos dun completo catálogo e servizo de reservas de aulas de ensaio e do noso estudo de grabación, proporcionando un servizo áxil, rápido e seguro.

 

                                                                                                                         CicloFood

 

Iván Camino Queijo

Patricia Mato Miragaya

Andrea Robado Iglesias

Susana Sánchez Mato

Ángel Acción Lamas

1º Bacharelato

TIC I

IES Eduardo Blanco Amor. Culleredo

Ciclofood é unha aplicación de pedidos a domicilio, onde os usuarios da Coruña poderán pedir a comida de calquera restaurante que se encontre na Coruña.

O usuario poderá consultar a información da nosa empresa e tamén de cada restaurante, onde se sitúa, o seu horario, que comidas ofrece, o seu telefono, ou a súa páxina web.

O usuario terá que realizar unha selección da comida do restaurante elixido, e tamén entre levar o seu pedido en bicicleta ou en moto.

 

TodoDeporte

 

Caamaño Martínez, Damián

Martínez Alonso, Jorge

Rodríguez Suárez, Brais

Ramonde Martínez, Samuel

Ángel Acción Lamas

1º Bacharelato

TIC I

IES Eduardo Blanco Amor. Culleredo

Todo deporte é unha aplicación de material deportivo de todo tipo situada en Corveira.

Esta aplicación permite aos clientes coñecernos máis a fondo, vernos nas redes sociais, saber máis sobre a nosa tenda, enterarse dos produtos e prezos, así como aclarar dúbidas, tamén sirve como forma de estar ao tanto dos artigos máis novidosos e da súa calidade.

Aplicación fácil de usar e moi útil onde poderás obter información sobre a nosa tenda de deportes e coñecernos máis a fondo.

 

2º Premio

Apps presentadas polo IES Ramón Menéndez Pidal

 

Nas apps presentadas por este centro destaca especialmente a finalidade coa que se crean as apps de Axuda, así como a colaboración intercentros.

 

A Tribuna

 

 

 Daniela Domínguez Pérez  e Jorge Corrás Ramos

Paz Freire Campo

1º de Bac

IES Menéndez Pidal.

A Coruña

 

Que actividades podes levar a cabo coa App?

-Localizacións da Tribuna: podes visitar vía street view algúns dos sitios nomeados na novela como si puideses estar no mesmo lugar que as personaxes.

-Audios de ambiente: tedes uns audios nos que exalumnos do noso instituto versionaron fragmentos da novela.

-Xogos de preguntas: preparamos un xogo de preguntas sobre a novela e sobre Emilia Pardo Bazán, así pódese aprender un pouco máis sobre o tema.

-Imaxes: a aplicación está decorada con imaxes da época .

-Vídeos: podes disfrutar dunha serie de audiolibros con música e imaxes para unha mellor experiencia, lidos por exalumnos.

11 apps de Axuda

 

Marta Pernás Pedreira, Iria Pérez Guillemette, Kenya Pérez-Galmán Varela,

Paula Pérez Fernández, Carolina Lumbreras Vázquez, Ainara Dalmau Mendizábal, Cristina Fontela Pérez, Ramón Ferreiro Álvarez e Tomás Mañas Fernández.

 

Paz Freire Campo

Isabel de la Puente Vaquero

2º de Bac

IES Menéndez Pidal.

A Coruña

 

As apps están sendo colgadas na web do proxecto Deseño e Son para que todos os posibles beneficiarios as aproveiten.

As Apps de axuda foron unha das nosas aportacións neste curso.

Das xuntanzas de colaboración entre CEE Elviña, Zalaeta e CEE Lourdes xurdiu a posibilidade de deseñar elementos que facilitaran as posibilidades de comunicación dos rapaces e rapazas de Aspanaes.

Na preparación dos ensaios e os concertos inclusivos xurdíu a suxerencia de adaptar as Apps musicais para as rapazas de Aspronaga.

Desde Zalaeta propuxemos exemplos de Apps que permiten pulsar e facilitar a comunicación en situación cotiáns. Os especialistas do CEE Elviña propuxeron situacións nas que as Apps poden ser de utilidade no seu centro.

Alumnado de 2º de Bach do IES de Zalaeta, atendendo ás necesidades demandadas (por Aspanaes) e as características que nos especificaron (tipo de letras, pictogramas recoñecibles, audios simples, distancias entre elementos…) deseñou e programou as APPs de axuda.

Para as Apps empregamos os pictogramas de Arasaac (Portal Aragonés de la Comunicación Aumentativa y Alternativa) e App Inventor (editor de APPs del MIT).

As apps quedan á dispoñibilidade de quen as poida considerar de interese.

Moitas delas están en galego e castelán e iremos creando novas versións cos comentarios e demandas que recibamos.

 

Etiquetas