Xa sabemos os gañadores do XI Concurso galego de robótica

Submitted by admin on Sáb, 11/28/2020 - 00:47

Velaí os 4 premios acadados:

2 da cidade da Coruña

1º premio

IES Agra do Orzán, profesora Mª José Martinez Rey e alumno Jorge Gómez García de 4º da ESO que acadou o 1º premio

2º premio

IES Menéndez Pidal, profesora Paz Freire Campo, e alumno Daniel Güeto Sandás de 1º bach acadou o 2º premio

1 premio para os centros galegos:

IES Carvalho Calero de Ferrol, Profesora Ángeles Ruíz-Matas García e alumno Adrían Barcia Mosquera

1 Mención especial ao centro Divino Maestro de Ourense e ao profesor Daniel López, tanto pola participación de todos os alumnos de 2º e 3º da ESO como pola puntuación media acadada.

Agradecemento especial a todos e todas as que confiaron na viabilidade e interese deste proxecto de Igaciencia, especialmente ás monitoras e monitor pola súa implicación e ás profesoras e profesores por atreverse a lidar con todas as dificultades engadidas neste contexto de pandemia.

Consideramos que foi unha experiencia exitosa, aínda así desexamos poder desfrutar de novo da actividade presencial dos equipos programando e manipulando os robots. 

Fotos da entrega de premios coa presenza de Jesús Celemín, Concelleiro de Educación de Coruña:

Etiquetas