Converxencias Arte e Ciencia 2022 na Coruña

Submitted by admin on Lun, 12/06/2021 - 23:31

Converxencias Arte e Ciencia 2022 na Coruña

Converxencias arte e ciencia. Visitas escolares á exposición e obradoiro quedan pospostas ata nova data. 

A exposición "Converxencias, arte e ciencia", organizada pola Institución Galega de Ciencia (IGACIENCIA) e o Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, enmárcase dentro das actividades de difusión da ciencia e da cultura científica na sociedade, para mostrar as sinerxías e vínculos entre a arte e ay ciencia, propiciar a comprensión do método científico, a resolución de problemas, o espírito crítico e o interese social pola ciencia e a innovación como base do progreso.

A quen vai dirixido?:

Alumnado de ESO, BACH e FP do Concello da Coruña e de toda Galicia.

Está aberta a inscrición a outros centros educativos de Galicia.

Tamén existe a posibilidade de adaptar a sesión a alumnado de 5º e 6º, da Escola de Arte e a Universidade da Coruña.

Prezo / Custo:

Gratuíto.

Obxecto:

O obxectivo fundamental dos talleres-exposición é ilustrar e profundar no diálogo entre a ciencia, a arte e a tecnoloxía, primando en todo momento a compoñente didáctica e divulgativa para achegarse ao público xeral e, especialmente, á mocidade. Trátase dunha proposta que propicia o tratamento STEAM nas aulas (ciencia, tecnoloxía, enxeñería, arte e matemáticas). Unha maneira de traballar a ciencia e a arte en proxectos conxuntos, que impliquen ambos os polos.

Desenvolverase no Centro Ágora, A Coruña.

Coordenadas: 43.363208, -8.426765

Na exposición preténdese explorar esa interacción dinámica das conexións entre a arte e a ciencia, para establecer visións integradas e integradoras, para iso selecciónanse obras e autores representativos de distintos movementos artísticos ao longo do tempo.

A viaxe iníciase na arte celta e céntrase especialmente en movementos artísticos dos últimos séculos e remata con obras de arte dixital 3D recentemente expostas en congresos internacionais.

A exposición implicitamente denota taller-exposición, coa seguinte estrutura:

ESTRUTURA E COMPOSICIÓN DA PROPOSTA PARA 2022

Cada grupo realiza as seguintes actividades:

-Presentacn animada sobre o método compositivo e o uso da cor por Juan Gris.

-Parte expositiva

  • Paneis interpretativos que poñen de manifesto as conexións coa ciencia das distintas obras obxecto de análise.
  • Obras de arte dixital impresas en 3D de Manuel Díaz.
  • Novos poliedros realizados por centros educativos e premiados no concurso Novos Poliedros, realizado no 2021.

-Obradoiros

En función das características do grupo, desenvolveranse algúns dos seguintes obradoiros para implementar a parte expositiva:

  •  Conxunto de actividades relacionadas coa simetría:
    • Simetrías 2D (Libros de espellos, escitura de Leonardo, programa os 17 grupos de simetrías…)
    • Simetrías 3d (poliedros, simetrías especulares, caleidoscopios poliédricos…)
  •   Tramas e ilusións ópticas;
  •   Espirais de Fibonacci;
  •  Topoloxía. Cordas topolóxicas e banda de Möebius
  •   Creando e interpretando mosaicos: xogo da Alhambra, tipo Escher, de Penrose
  •   Grupos---Dun poliedro, dunha figura plana
  •   Zome, Polidróns, Icosaedro áureo, Tensegridades, Xogos 3D…
  • Os poliedros na Arte

Cando:

Dende o 24/01/2022 ata o 28/01/2022

Do 24 ao 28 de xaneiro: visitas e talleres para os centros educativos de 2 horas de duración, en horario 9:00 a 11:00, 10:40 a 12:40 ou 12:15 a 14:15.

Do 24 ao 27 de xaneiro: parte expositiva aberta ao público en xeral, en horario de 15.00 a 21.00 h.

Inscricións:

Dende o 09/12/2021 ata o 15/01/2022

A través do formulario de inscrición que figura despois do calendario

Prazo de inscrición: desde o 9, ás 17:00, ata o 16 de decembro de 2021 para os centros educativos do concello da Coruña, un grupo por centro.

De 17 de decembro de 2021, ás 10:00, ao 10 de xaneiro de 2022 para os centros educativos doutros concellos, un grupo por centro.

De ter posibilidade, os centros de calquera municipio, poderán inscribir máis grupos do 11 de xaneiro, ás 10:00 h, ao 15 de xaneiro de 2022 .

Contacto:

IGACIENCIA

Inés Ben

secretaria@igaciencia.org

Servizo Municipal de Educación

Tel. 981 184 200 (ext. 12041). educacion@coruna.es

Requisitos:

Preferiblemente grupos de ata 40/sesión pero adaptarase o número en función da normativa sanitaria vixente.

En caso de dúbida, establecer contacto a través de secretaria@igaciencia.org

Organizador:

IGACIENCIA http://www.igaciencia.eu

Programa financiado polo Concello da Coruña

Enderezo:

Centro Sociocultural ÁgoraLugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Inscrición: Faise nesta mesma entrada cubrindo o formulario. A orde de inscrición guiará o calendario que poñeremos aquí. Máis información e detalles neste pdf.

A inscricion comeza as 17 horas do día 9/12/2021.

CONVERXENCIAS ARTE E CIENCIA 2022 A Coruña

Calendario  Visitas concertadas centros educativos

               Data

Horario

 

 

 

 

 

9:00 -11:00

IES de Carral   4º ESO 39

CIFP Paseo das Pontes 1º FP básica 20

IES Agra do Orzán 1º Bac 32

IES PLurilingüe Elviña 1º Bac 24

IES Menéndez Pidal  4° ESO 40

10:40-12:40

CPI A Xunqueira

3º ESO 31

IES Fernando Blanco

3º e 4º ESO 30

IES Manuel Murguía

4º ESO 30

IES Rafael Puga Ramón 3º ESO 25

IES Pl. Rosalía de Castro 1º Bach STEAM 40

12:15-14:15

CPI Dr. López Suarez. Friol 3º e 4º ESO 22

 

IES Rafael Puga

3° ESO  28

IES Plurilingüe Adormideras-4º ESO 27

IES Menéndez Pidal  4° ESO 40

Principio del formulario

Data preferida
Luns
Martes
mércores
xoves
Venres
Hora preferida
Exemplos
5º e 6º
2º ESO,3ºESO, 4ºESO, 1º Bach
1º BAC    E  4º ESO
FP de grao Medio
Taxonomía