Rally Matemático e Científico sen fronteiras 2022

Submitted by admin on Dom, 01/09/2022 - 10:36

Patrocinan

Irem e Ires de Toulouse e  Facultade de Química de Santiago de Compostela.

Edición 2022

Este ano celebramos a XXX Edición do Rally Matemático sen fronteiras. Participa. Inscríbete no formulario que figura ao final deste apartado.

Proba de centro:  prevista para o 22 de marzo de 2022.A proba en centros terá lugar a partir das 4 da tarde, de 4 a 5 matemáticas e de 5 a 6 ciencias.

Final galega na Facultade de Química en Santiago:  1 de abril de 2022.

Superfinal en Toulouse: 12 de maio de 2022.

En función da evolución concretaremos o desenvolvemento da final galega.Non podemos asegurar que sexa posible retomar a celebración da proba final en Toulouse. Esa sería a primeira opción. De non ser así,  prevemos agasallar aos grupos gañadores cunha viaxe de carácter científico-matemático, guiada en galego, a algún punto de interese do Camiño de Santiago.   

A proba de 4º da ESO de Ciencias centrarase exclusivamente en Física e Química de 4º para facilitar a participación de máis centros educativos.

Iremos poñendo información adicional nesta mesma páxina, pero xa podedes revisar as convocatorias anteriores e incluso inscribirvos aquí no formulario que aparece ao final desta entrada.

Dispoñedes de información complementaria en varios apartados: http://igaciencia.eu/gl/taxonomia/rally e  http://www.igaciencia.eu/node/247  que ten as normas 2017 e as probas. En realidade, en cada inscrición anual hai material e información. Na de 2013 hai moitos exercicios. http://www.igaciencia.eu/sites/default/files/2017probascentroMATES.pdf http://www.igaciencia.eu/sites/default/files/Ciencias2017probacentro.pdf O primeiro enderezo mostra as instrucións do 2017. Os seguintes van a apartados onde se atopan as probas do 2016, 2015, 2014 e 2013 

 Aqui http://www.igaciencia.eu/en/node/210  é onde podes consultar as probas do 2015 Exames do 2015 aquí 

Inscrición de 2015 e probas da edición de 2014

Inscrición de 2014 e probas da edición de 2013

As bases cambiarán pouco respecto aos anos anteriores, pero as poñeremos aquí, así como os exames de 2018.  

Normas específicas 2019

Exames matemáticas 2018

Examen de Ciencias 2018

Exames de centro de 2019 aquí

Exames de centro de ciencias 2020 aquí 

Exames de centro de matemáticas 1, 2, 3 e 4, 2020 aquí

Exames de centro de matemáticas e ciencias 2021 nesta ligazón.

Deberase realizar unha inscrición por cada grupo participante antes do 18 de marzo.

Materia